Você está na página 1de 1

A CIG insta a Correos a que cumpra co establecido no

Acordo Xeral e actualice o prezo do carburante.


Os sindicatos asinantes do III Convenio
e Acordo Xeral (CCOO, CSI-F, UGT e
SL), incumpren sistematicamente o
pactado coa empresa, mantendo a
boca pechada sobre este problema sen
esixirlle a Correos que se sente a
negociar conforme ao establecido no
Acordo xeral que di textualmente:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento


profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar,
dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio
Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do
carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de
determinación de cálculo e cobramento deste.

Segundo o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, o prezo do carburante


en Galiza e o mais caro de toda a península, dende xaneiro deste ano o prezo do
carburante se incrementou en Galiza nun 1,7%, seis veces máis que no resto de
España, onde a suba foi do 0,28%.

CCOO, UGT, CSIF e S.L. deixan claro que do persoal rural só lles interesa os
seus votos pero non os seus dereitos. O persoal rural esta perdendo cartos
grazas á empresa coa complicidade destes sindicatos

A CIG Solicita con respecto ao persoal rural:

-A suba inmediata do prezo do combustible coa actualización dos prezos,


que dende o ano 2011 non se revisan.

-Que, Correos realice as xestións necesarias coa finalidade que os 4


céntimos de diferenza entre o que paga Correos 0.2302 céntimos por
indemnización por aportación de vehículo quilometro día e os 0,19 céntimos
establecidos na administración non tributen na declaración da renda.

-Que, o que se cobra por indemnización por aportación de vehículo non se


teña en conta para a concesión das Axudas de Acción Social, do contrario
este colectivo sempre estará condenado a estar sen elas.

COA CIG NA RÚA A LOITA CONTINÚA

http://cigcorreosgaliza.blogspot.com

Você também pode gostar