Você está na página 1de 4

ACTIVIDADES 10% 3º AVALIACIÓN

XEOGRAFÍA DE ESPAÑA
Alba De Evan Freijedo
UNIDADE 9: POBOACIÓN

1. Sinala os actuais recontos de poboación.

4. Define a Taxa de Natalidade española. Por que é tan baixa a Taxa de Fecundidade en España?

5. Que consecuencia demográfica derívase para o noso país dunha Taxa de Natalidade tan baixa?

6. Define a Taxa de Mortalidade española. Que é a Taxa de Mortalidade Infantil?

7. Que factores determinaron a baixada na Taxa de Mortalidade?

8. Define a Taxa de Crecemento Natural ou Vexetativo.

9. Que son os movementos migratorios? Como se calcula o Saldo Migratorio? Tendo en conta o Saldo Migratorio,
como se calcula o Crecemento Real en cifras absolutas e en cifras relativas?

10. O cadro das migracións podemos esquematizarlo así:

Resume as características de cada un destes tipos migratorios.

Migracións estacionais ou temporais

Migracións interiores

Migracións definitivas

ao continente americano

Migracións exteriores

a Europa

11. A poboación española alcanza os 46 millóns, pero non está uniformemente repartida. Que se entende por
Densidade e como se formula? Cal é a Densidade media española? Onde se dan as concentracións máis altas?

12. O Crecemento Natural da poboación española pasou por tres fases ao longo da historia demográfica. Que
características presentou cada unha destas fases?

13. Entendemos por estrutura da poboación a repartición desta segundo sexo e grupo de idade (novas, adultos e
anciáns). Cal é o grupo de idade que máis crece e por que?

14. Define Poboación Activa. Como se calcula a Taxa de Poboación Activa e a Taxa de Poboación Parada?

15. Que evolución seguiu a Taxa de Poboación Parada a partir de 1.975?

16. Cal é a evolución da Poboación Activa por sectores?

17. Que características e evolución futura presenta a poboación española en canto a fecundidade, mortalidade,
grupos de idade, taxa de actividade, movementos migratorios e crecemento real?
UNIDADE 10. ESPAZO URBANO

1. Indica onde predomina o poboamento rural disperso e o poboamento rural concentrado.

2. En xeral, que características presentan os pobos españois?

3. Ata a Revolución Industrial, as cidades preindustriais pasaron por varias etapas na súa evolución morfolóxica e
funcional: A cidade prerromana/ A cidade romana- cristiá /Cidade preindustrial/ A cidade medieval- islámica/ A
cidade renacentista/ A cidade barroca.

Sinala as características de cada unha delas.

4. Sinala os factores que inciden no desenvolvemento das cidades industriais.

5. Co crecemento industrial e a afluencia de poboación inmigrada, acometéronse obras como a derriba das murallas
e as infraestruturas viarias para o desenvolvemento dos transportes. Sinala o tres espazos máis afectados pola
planificación urbana.

6. Explica o desenvolvemento dos arrabaldes e as chabolas nas grandes cidades españolas.

7. Nos anos sesenta do século XX, co éxodo rural, o crecemento desordenado das cidades españolas puxo de
manifesto graves deficiencias así como a carencia de vivendas para acoller ás novas poboacións. Sinala que
características danse nas cidades deses anos.

8. Que evolución seguiron as cidades españolas a partir de 1.973?

9. As cidades actuais presentan unha estrutura urbana na que podemos distinguir catro grandes áreas. Indícaas.

10. Resume os principais problemas que presentan as cidades españolas na actualidade.

11. Explica como é a distribución da poboación no territorio español. Que son as áreas metropolitanas?

12. Por que se dá unha desigual repartición das cidades no territorio español? Que diferenzas hai entre a periferia e
o interior?

13. Que características presentan as metrópoles nacionais?

14. Que características presentan as metrópoles rexionais?

15. Que entendemos por Submetrópolis rexionais?

16. Dentro da rede urbana europea, onde situariamos o sistema urbano español?. Explica, resumidamente, os
desequilibrios principais a nivel rexional.
UNIDADE 11. ESPAÑA EN EUROPA

1. Explica os desequilibrios a nivel rexional e os obxectivos da política rexional da Unión Europea.

2. Instrumentos financeiros da política rexional europea.

3. Que repercusións nacionais ten a política rexional da UE?

4. Explica os principais obxectivos para emendar os desequilibrios territoriais que se dan nos países da UE.

5. A Segunda Guerra Mundial debilitou extraordinariamente a Europa, coa perda de influencia no campo
económico e político. O plan Marshall estadounidense sacou do caos económico á vella Europa, pero no plano
político só ían contar os dous grandes bloques, EEUU e a URSS, como se viu na crise da Canle de Suez ou no comezo
da «guerra fría». Que pasos déronse entre as vellas potencias europeas para unirse nunha política común?

6. Sinala os obxectivos principais da Unión Europea.

7. Indica o catro criterios ou variables macroeconómicas que debían controlar os países da Unión Europea para
acceder á moeda única ou euro. Que países formaron parte da Unión Económica e Monetaria en 1998? Que países
quedaron fóra?

Você também pode gostar