Você está na página 1de 3

TEMA 10 LITERATURA

A POESÍA DE FINS DO XX E COMENZOS DO XXI. Temas e autores dos


80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

Caracterízase por unha verdadeira eclosión poética e por unha


evolución do xénero que desemboca na decadencia do socialrealismo
anterior e na diversidade temática e formal. Na década dos 70 coménzase a
ruptura co socialrealismo mais non será até 1976 coa publicación de Con
pólvora e magnolias de Ferrín; que supón a superación definitiva da poesía
social e a consolidación de contidos de carácter intimista, existencialista e
cultural. Aparecerán tamén colectivos poéticos como Rompente. A partir
dos 80 vaise consolidar esta tendencia rexida polo culturalismo, a
preocupación formal e temática, e nos 90 aparecrán novas voces con
temáticas feministas, de determinadas ideoloxías e de revisión do papel da
poesía.

A POESÍA DOS 80

Ten as siguientes características: ruptura co socialrealismo (prodúcese o


distanciamento entre o poeta e a sociedade), búsqueda de novos suxeitos
líricos, experimentación e interdisciplinariedade, culturalismo e
intertextualidade, integración de elementos de cultura urbana e marxinal,
incorporación do erotismo explícito, recreación mítica e preocupación
formal.

Hai 4 tendencias. O culturalismo: A poesía cunha linguaxe capaz de integrar


as estéticas doutras literaturas. Aos motivos universais engádense unha
temática intimista e reflexiva tendendo ao decadentismoo. Destacan Miguel
Anxo Fernán Vello coa triloxía Seivas de amor e tránsito, Do desexo en
corpo e sombre e Memorial de brancura cunha arquitectura coidada tendo
como eixo central o amor, o corpo feminino, o desexo, a sombra, a
ausencia, a soidade. Manuel Forcadela con Ferida acústica do río con
referencias a Homero, Ramiro Fonte con As cidades da nada e Xosé María
Álvarez Cáccamo con Praia das furnas. A poesía do cotián: Poetizaron
aspectos do cotián e reflectiron de maneira intimista consideracións
autobiográficas pero non abandonaron a reflexión social. Linguaxe directa e
non se preocupan da forma. Destaca Manuel Rivas cunha poesía con
motivos da vida cotiá, atención a conflitos entre persoas e retrato de
espazos fronteirizos entre o rural e o urbano. As súas obras son Balada nas
praias do Oeste, Mohicania e Ningún cisne. A experimentación: destaca
Manuel Vilanova creando universos mitolóxicos nunhas obras
vanguardistas e rupturistas como E dereivos eu do mester de cobras. A
poesía da muller: Nesta década incorpóranse mulleres á lírica e
caracterízanse polo seu rexeitamento e polo intimismo femenino. Destacan
PIlar Pallarés que liga o sentimento amoroso, o sufrimento e a morte en
Livro das devoracións, Ana Romaní con poemas con presencia do amor, a
natureza e o paso do tempo como en Das últimas mareas; e Xela Arias que
combina texto e imaxe como en Tigres coma cabalos. Alén destes, autores
como Lois Pereiro mesturan estas tendencias e fan referencias ao cine, a
música rock, decadencia e á morte, salienta Poesía última de amor e
enfermidade.

A POESÍA DOS 90

Haberá novos autores debido ao xurdimento de editoriais novedosas e


certames dirixidos a autores inéditos, contacto directo co público ou a
tradución para o galego de diferentes poetas. Hai que salintar a
reivindicacións de figuras marxinadas da sociedade polas escritoras cunha
nova sensibilidade en temas como a solidariedade, liberdade, ecoloxismo,
erotismo, cunha ilnguaxe sexualizada e relectura dos mitos tradicionais.

Caracterízase polo tratamento intimista de temas eternos; temas sociais


desde sensibilidades desmitificadores, provocativas, alternativas; poemas
ligados á expriencia cotiáe á biografía, predominio dun ton vivenciale
expresión apaixonada, linguaxe e estilo directos e coloquiais, preferencia
polo versolibrismo.

Hai 3 tendencias. O discurso natural: relacionado co mundo do cotián con


rexistros conversacionais. É intelixible e emotiva e destacan Rafa Villar con
temas como o erotismo, reflexión temporal e preocupación política
mesturados cunha figuración marítma e simbolismo como en Liques na
memoria ou Migracións. O discurso libertario: póñense en evidencia os
prexuízos e implicacións da linguaxe recibida. A lingua como forza
emancipadora e de resistencia. Destacan María Xosé Queizán e Yolanda
Castaño que escribe Elevar as pálpebras e Profundidade de campo nas que
está a evolución da experiencia adolescente e as vivencias eróticas
denunciando o consumismo e relflexionando sobre a beleza, as apariencias
e consecuencias. O discurso hermético: É unha poesía culta, densa e
autoreflexiva que non presenta orde lóxica tendo desvíos de norma e
polisemia. Pertencen María de Cerbeiro e Chus Pato que tematiza a
necesidade de autocoñecemento recuperando o silenciado e reclamando a
liberación política e persoal. Escribe Urania e Nínive.

Abranguer todos os poetas da actualidade é imposible e a falta de


perspectiva só permite indicar que se continúan as tendencias anteriores
con autores como: Carlos Negro, Marta Dacosta, María Lado, Estíbaliz
Espinosa, Sechu Sende.

Você também pode gostar