Você está na página 1de 9

Tema 1.

Desde o punto de vista de cómo era Galicia na idade moderna: como nos vían.

No século XVI e xvii a idea que se ten de Galicia é negativa pola inexistencia da nobreza
culta elegante e a cantidade de galegos que ia a traballar a Castela e Portugal. O que veían
eran os nobles moi nobres ou os galegos pobremente vestidos, que comían mal e levaban
unha vida moi arrastrada. O que veían non era moi positivo. Non queren subliñar que os
vascos, navarros, etc facían exactamente o mesmo. Hai que distinguir o prexuizo
portugués do Castelán.
O prexuizo portugués ten un compoñente político pero no século XVI a gran épica
portuguesa fala de nos como bárbaras, reproche histórico, é raro atopar a referencia que
foron un dia o mesmo reino. A emigración galega no século XVII desaparece moitisimo
e cando se recupera no século XVIII cambia (honrado, traballador) hai un cambio no tipo
de emigrante que presta servizos para a comunidade portuguesa e eso vese moi ben na
prensa portuguesa, no teatro, etc. Os galegos eran plenamente ou non humanos.
O prexuízo de castela son famosas as frases de Tirso de Molina, Calderón, lope de Vega.
(personaxes galegos que era o simpático, as mulleres galegas dudaban se eran animales
ou persoas). O certo é que hai unha imaxe moi estendida que fala moi negativamente da
poboacion galega. Hai un caso moi interesante que Tirso de Molina visita Galicia e fai
unha transformación radical sobre a sua percepción dos galegos. Maria hernandez la
gallega. A parte negativa lévana os portugueses. (la lindona de Galicia outra obra). No
século XVIII cambia a imaxe dos galegos polo cambio de traballos somos
imprescindibles no campo laboral. Eso é o que aparece na prensa do século XVIII, imaxe
positiva tamen a das mulleres. A imaxe exterior, era unha imaxe negativa de moito éxito.
Outra forma de ver o que pensaba de nós eran os visitantes. Era un dos territorios menos
visitados. Un territorio que nunca foi visitado por un rei reinante. En 1493 os reis visitan
Galicia. Modifican a situación entre a monarquia e Galicia na idade media, conseguiron
a primeira modernización de Galicia.
A visita de Juana la Loca impacto cultural bastante notable.
Carlos V estuvo aquí. Fai Cortes de Santiago de 1520 no convento de San Francisco.
Tamen Felipe II e fora de ahí acabouse ata Felipe III.

Por tanto desde o punto de vista da monarquia e importantes ministros visitaron Galicia.
Fora deles, os visitantes estranxeiros transmiten unha imaxe moi oscilante pero desde o
punto de vista histórico é unha fonte de ver con lupa.
A perspectiva nunca é a mesma e non é fiable porque é adaptada desde a perspectiva que
tiñan. Mais interesante son as visións que dan os ilustrados. Alexander YARDIN.
Explican a vida das cidades. Os xuizos son case sempre negativos e sobretodo nas
dificultades para aloxarse, comer, perspectiva subxetiva.

Construcción da identidade.
O punto de partida é un agravio.
Galicia non tiña unha cartografia nin ninguen trata de facela ata moi tarde. Non existe
unha descripción unha corografía (obra en donde se explica o territorio, as suas
características e ponse en relación cos feitos históricos que dan a identidade). Todos os
territorios do século XVI están relatando corografías, empeza Valencia. Son crónicas que
financiaban as clases poderosas. Hai unha afloracion nas corografías pero galacia non
participa ata moito despois ata o licenciado Sagrario Molina, describe a primera
descripción de Galicia. Libro que se vai a copiar mil veces na idade moderna. Unha parte
notable esta en verso, os erros son monumentales. Moi valorada. Obra oficialista
encargada polo real oficial de Galicia, traballa para o gobernador, ten unha compeñente
política moi notable.
Alvaro de Cadaval intentou facer outra construcción pero non foi capaz.
Historiadores eclesíasticos. Historia de mosteiros, diócesis pero o que falta e a crónica
urbana.
Frai Fernado de Oxea plantexa o plan de facer unha historia de Galicia, o final fai unha
historia do apóstolo. Tamen nesta liña destaca Mauro Castellá Ferrer.
No período de 1642-1655 guerra con Portugal reaparece este intereses pola historia de
Galicia.
A falta de colaboración de Galicia da guerra con Portugal empezan as acusacions de
cobardía (Quevedo), por parte da nobreza veuse como insulto. Apareceron unhas obras
crónicas de Galicia que din mais ou menos o mesmo. (Felipe de la Gándara: primeiro
cronista de Galicia). Aparece unha historia de Galicia que reivindica a nobreza.
Benito Vazquez e Alvarez Sotelo dedicaron a parte do seu tempo obras de historia. Os
dous pasaron polo colexio de irlandeses de San Patricio. Ahí coincidiron con O’ Sullivan.
As suas bases son os cronistas anglosaxóns. Son obras completamente diferentes e
atopamos de verdade unha reivindicación de Galicia, non fala ben dos nobres, falan do
medio económico, aire completamente novo.
Rioboo Seixas.
No ultimo tramo da ilustración hai unha idea academicista da historia.

Tema II: A poboacion.


Para estudar a poboacion de Galicia é necesario disponer de censos de carácter
estatísticos.
No século XVI e XVII carácter estrictamente fiscal. Recontaban veciños (nucleos
familiares) ou casas, non habitantes.
Rexistros parroquiais: tardíos e mal levados.
Século XVIII.
Censos e recontos:
Padróns calle-hita 1708-9
Vecindario de Campoflorido o de Uztáriz de 1717
Catastro de la Ensenada (1752/53)
Vecindario do Catastro
Censos modernos
Censo de Aranda
Censo de Floridablanca
Censo de Godoy
Archivos parroquiais xeneralizados
Nacimentos, matrimonios e defuncións
Cumplimento pascual
Rexistros de confirmación
Pago de albas
Documentacion territorial
Padróns municipais
Rexistros castrenses
Carácterísticas demográficas da Galicia MODERNA.
Cifras da poboación xeral. É un século de crecemento: o crecemento sistemático da
producción agraria que coincide co resto de europa, (elevadas temperaturas que fai que
se expanda o territorio cultivado) empezara en 1480-1520. As primeiras sinais de
agotamento son en 1580 cando se experimentan sinais de enfriamento do clima.
O segundo dato é a reconstrucción total de todos os países de signo medieval.
As cousas empezan a ir mal apartir de 1580 polos contaxios da peste, os axuntamentos
como Santiago montaban un sistema de protección porque recibirán un aviso de que había
pero non hai fontes de contraste para asegurar se había ou non.
Empeza a haber problemas de contaxio e de fame a finais do século XVI. Hai un cambio
climático. O pequeno inverno europeo. As colleitas son peores e a población segue
medrando e hai menos que comer. A esto súmaselle que chegou a peste.
En 1591 habia cerca de 700.000 habitantes. Galicia a pesar disto foi das menos afectadas.
As zonas que perderon mais poboacion perderon case un 20% cercanas a Asturias e certas
áreas costeiras. É un 20% repartido. Sen embargo da crise saese moi rápido. A crise barreu
a nenos e vellos polo que a poboacion piudo medrar moi rápido.
No século XVII non hai un censo que nos permita saber unha poboacion pero calcúlase
que pudo estar cerca dun millón de persoas, polo tanto é crecemento enorme.
A primeira metade do século XVIII tamen é magnifico ata 1752 pero na segunda metade
do século XVIII estáncase avanza xa o que vai pasar no século XIX que é a perda
paulatina significativa da poboacion dentro do territorio español. Era o 13% da poboacion
no conxunto da península no século XVI e XVII.
É unha poboacion eminentemente rural. Solo un 2% estaba na cidade aunque o
dinamismo das cidades e das vilas situados nas costas foi moi importante no século XVI.
Destaca a crise do sector pesqueiro polo enfriamento do clima o que fai que os bancos de
sardiñas non se acheguen a costa.
No século XVII Santiago recupéraase despois da peste de finais do século XVI e
exemplificase como o modelo de evolución demográfica en Galicia exceptuando
No modelo urbano na segunda metade do século XVII cambian radicalmente: Ferrol e
Coruña pasando a ser as cidades mais grandes. Polo tanto é un sistema urbano moi débil.
Tanto o mundo rural como urbano periódicamente sufrían crises. A finais do século XVI
coa peste que durará uns 3 ou 4 anos. No século XVII crises moi fortes apenas se saben.
Non hai ningunha que tivera o impacto da anterior. No século XVIII a de 1709-10 é o
último brote de peste. Morren miles de persoas sobretodo en Santiago pero os datos que
hai que non se sabe se foi a peste clásica. Os contaxios podían vir da xente que estaba
moi mal alimentada. A ultima gran crise foi a de 1768-69-70 (tres anos de choiva
seguidos) aprodeceron todas as colleitas. Ademáis había que competir co resto dos países.
Uns 20 anos de crisis espallados.
O crecemento non é igual a toda Galicia nin a poboacion urbana. Hai desaxustes, o que
medra é a Galicia occidental fronte a Galicia de Ourense e Lugo.
A Galicia de Lugo e Ourense sumaban o 53% da superfie,, en 1591 teñen 52,5% pero no
século XVIII e XVIII pasa a ser un 39%. Mentras que a Galicia occidental que ten un
29% presenta un 44% no século XVII e XVIII. Hai un cambio totalmente de orientación.

(FALTA)

Poblacion extraordinariamente dispersa. Unha das consecuencias é de carácter


demográfico. A poboacion é exogámica, tamen ten efectos na selección de padriños. Tes
que buscar padriños nas parroquias do lado, efectos secundarios que teñen un claro
componente social. No matrimonio a troco son matrimonios moi exogámicos. Influe na
escolarización dos nenos, o fraude fiscal, etc. A finais do século XVI un obispo dixo que
tiñamos que meternos en pobos para culturalizarnos pero era inviable por decreto para
reconstruir micro-cidades.
O baixo miño: área de maior crecemento e a zona de maior emigración, tamen destaca a
zona do Val da Ulla pero menos dramático que o anterior.
Non hai un comportamento único, a configuración do territorio ten moito que ver coa
configuración do hábitat. Hai áreas de Galicia que non emigran.
Na idade media os galegos xa emigraban. Sabese que por alguna fonte que os galegos
pasaban a segar a Castela e a Portugal. (fontes hospitalarias e actas de matrimonio, non
son fiables porque un san xa non deixaria rastro ningún) a inmensa maior parte dos
emigrantes non aparece aí. O conxunto de homes que emigraban non volvían a Galicia,
emigración definitiva.
Para o século XVII encontramonos cun panorama migratorio mais complexo: áreas
receptoras de emigrantes galegos deixan de selo. Houbo unha crise en Castela que fixo
que non fixera falta tanta man de obra. Necesitanse zonas para irse pero non hai zonas
suficientes. A emigración a Andalucia é totalmente diferente. Tempo de viaxe moi
notable. Están sobretodo na zona oriental (Malaga, Almeria) van a traballar en cidades ou
na agricultura especializada aprobeitando o baleiro demográfico que deixaran os
moriscos. Van a orientarse a outra Andalucia, a occidental. Ese modelo vai a recibir unha
rectificación pero xa non van a Sevilla urbana senon á rural, os maiores latifundos
trigueiros de España e tamen vai a zonas vitícolas (Jerez de la Frontera). Enlazaban
traballos diferentes. Cando ian andando a Andalucia ian vendendo os seus productos.
(sogueiros). En Cadiz son aguadores, mozos de cordel (trballos non cualificados). Na
segunda metade do século XVII non se podía ir a Portugal. Non tiña necesidade de man
de obra, haberia que esperar ata o século XVIII cando se firma a paz e cando necesitan
man de obra.
No século xvii temos un movemento que non afecta a toda a Galicia, a que mais é a
Galicia occidental. Aparece a ANDALUCIA occidental, Cadiz.
No século XVIII o exceso demográfico poñen en marcha todos os mecanismos da
emigración.
Ausencia debido ao servizo militar. A xente vai tratar de evitar ir e ponse en marcha a
emigración. Marchan antes dos 24.

Emigración a américa s.xvi é familiar. Non deixaba ir só aos homes casados. O modelo
que lle interesaba a Galicia era ida e volta. Cando chegamos no século XIX da a volta.
A emigración a América empeza no século XVII, emigrados en Cadiz métense nos barcos
como traballadores, quedaban en América. Empeza pola zona da Guarda, logo a área de
Padrón, val da ulla, Salnés xa no século XVIII. Apartir da segunda metade do século xviii
empezan a emigrar os solteiros.
Leis de rabanstein
Emigración femenina xa no século XVI, criadas, nodrizas. Traballos temporeiros moi
rendibles que en teoría volvían as suas casas.
A recepción de emigrantes é nula. O que buscan son destinos urbnaos. Ferrol, A Coruña,
Vigo, Pontevedra. Rurais xeralmente portugueses.
Proceden fundamentalmente italianos (peluqueiros,modistos, cantantes de óperas,
fabricantes de pasta):homes casados. Tamen alemans e austriacos, franceses (panadeiros)
escapando da revolución. Minorias: maltases. irlandeses
Empresarios.
(completar)

Tema 3: AGRICULTURA E GANDARÍA

Siglo XVI

Sementase millo miudo na área occidental. Significa intensificación do cultivo, a terra


non descansa, é necesario unha disciplina colectiva. O gando é ovino. O proceso de
intensificación empeza nesta época na Galicia occidental e os vales ricos de Ourense.
Aparición dos nabos, fundamentais na alimentación. Servian para nitroxenar a terra,
aportaba calidade á terra e alimentar a xente. No resto da Galicia temos centeo porque o
trigo era moi esixente, difícil de panificar. É un modelo que se basea nun cereal de
primavera, o millo miudo ocupaba unha gran parte na alimentación.
Os cereais de inverno (centeo, trigo) desde que se sementan e se recollen pasa moito
tempo, son moi lentos. Iisto significa que se temos cereais de ciclos diferentes podíase
planificar. Nas zonas más evolucionadas de Galicia, comezan a complicarse as rotacions
e os procesos de producción. A terra non descansa, meteronse en complicacions para
sacar o maior beneficio posible. Na outra Galicia,( Lugo, Ourense) seguen co modelo de
rotación bienal ata o século XVIII.
Coa crise de finais do século XVI presentanse problemas na poboación e chega o cultivo
do millo no século XVII. Foron os campesiños mais fortes os que cultivaron o millo.
Chega por Asturias e por Portugal. Na área de Tui chega a influencia de Portugal.
O millo conforme avanza o século XVII avanza substituindo o millo miudo porque teñen
o mesmo ciclo biolóxico. O resultado é tan bo que vai substituindo ao centeno e vaille
comer terreo ao trigo e cando chegamos ao 1700 o 70% é millo americano.
A primeira consecuencia é que con menos ou mais terra conseguese moita producción e
isto significaría o boom da poboación. O millo vai a desbordar a terra cultivada e vai ir
espallándose por territorios que antes non estaban cultivados. Vai collendo zonas baixas
e vai subindo por territorios altos para cultivar mais millo. No século XVIII está toda a
terra cultivada, non hai nada novo que puidera modificar o sistema productivo.
No século XVII no Salnés Morrazo hai unha complexizacion mais intensa das rotacions
de forma que a terra non descansaba nunca. Toda a Galicia occidental vai a existir rotando
cultivos. A finais do século XVII vai a ver unha mini revolución que é a aparicion de
pastos artificiais (os prados se sementan). Unha leguminosa moi importante é o trébol. O
que se prodece é a importar de semente da área holandesa. O cambio fundamental é o
cambio da gandaría. As ovellas van a desaparecen na Galicia occidental porque o novo
sistema agrario é decir xa non hai pastos e terras comunais é incompatible con este
modelo. Vai a sufrir unha merma cualitativa moi notable pero a cambio hai unha
transformación cualitativa do gando, gando moito mellor e estabulado. O que se procede
é estabulalo para dar mais carne, leite, coiro e sobre todo esterco. Polo tanto hai menos
gando pero moito mais productivas. O gando intensivo é femenino mentras que no mundo
do pastoreo era masculino polo que modifica o sistema de traballo. As zonas comunais e
de pastoreo pasan a estar divididas e pechadas para reforzar o outro modelo.
Agricultura de policultivo de subsistencias con pouca terra e pouco gando. Chega un
momento que a producción é insuficiente e teñen que recurrir a outras actividades ou a
emigración.
En canto ao cultivo vitícola prodúcese no Ribeiro na conca baixa do rio Miño. Era un
viño que tiña bastante mercado. Será consumo interior, urbano.
O reparto homoxeneo da terra que caracteriza o sistema galego. Mentras o Sur de Espña
predomina o latifundio o que temos en Galicia é unha sociedade rural.
A distribución da propiedade da terra a partir do catastro. En torno ao 70% do
campesinado está en situacion de poder quedar na pobreza. Cando se produce unha crise
agraria van a entrar nunha fase de pobreza. Non é o campesinado mísero. Permanente
endeudamento. A EMIGRACION foi a gran válvula de escape. Había unha minoría, un
20% que todo o que cultivaba chegáballe o que excedente podía convertirse en acreedor.
E logo había unha minoría que se podía permitir contratar xente, algún criado, etc.
O foro é un arrendo a moi longo prazo. É un modelo con multiples intereses. O problema
do arrendo é unha situacion de sobresalto porque non hai garantías de que che poidan
renovar. Trataban de non correr riscos, rebelan que non estaban botando aos campesiños.
No sistema foral o campesino ten prazos que son moi largos. No seculo XVI é cando se
fai de xeito espontánea un cambio sustancial referido ao prazo do foro. Os que recurren
ao foro son grandes institucions. Para o pequeño propietario non ten sentido. A vantaxe
que ten o foro é que o desde o punto de vista cronolóxico é autoxestionario. Tiña tres
vidas dun rei mais 29 anos polo que o campesinado asegurábase 120 anos de usufructo
dunha terra.
No século XVI había pouca xente en Galicia enton deronse foros en poucas cantidades.
O que facian era aforar unha gran parcela que arrendaban. Calculan e función da
superficie e do cultivo. Campesino moi estable salvo que deixe de pagar a renda.
Convírtese nun especulador. Sistema moi estable que non presenta unha conflictividade
moi forte.
Cousas peculiares do foro: o tipo de cereal no que se pagaba a renda. Non se pagaron en
millo en case ningún sitio. O millo non aparece nas contabilidades dos cabildos. O millo
comiano as galiñas. Querían cobrar a renda en trigo ou en centeno. Deixaronse parcelas
para cultivar centeo para pagar a renda. Isto fixo que non se aplicaran novidades. Pero o
campesino era libre para cultivar só que tiña que pagar a renda. O sistema foral nas áreas
de viñedo a renda é proporcional a colleita. Os mosteiros asegúranse que a rende lles
chegue e son conscientes de que as cepas non producen ao ano seguinte.
Cando chegamos ao século xviii prodúcese un problema, a fidalguía son os principais
foreiros dos cabildos catedralicios. Os individuos intermediaros que se fixeran fortes
reclaman a enfiteusis (foro permanente).
No século XVIII o problema vai chegar coas desamortizacions de Felipe V. O foro pasou
a medir 30-40 anos, deronse moitos pleitos. Cando en vista de que todo do século XVII
era diferente os primeiros foreiros quixeron sacar tallada desta situacion. Os pleitos foron
cos que querían perpetuar o foro.
As ordes monásticas recibiron orde desde arriba do que todas as rendas de Galicia
recibirán arrentamento. Nunca se convertiu o foro nun arrendo porque era inviable.
O problema veu coas desamortizacions.
A renda era fixa non proporcional. Era a chave do sistema foral. O inconveniente do foro
é o referente ao sistema de réxime do comunal. Non toda a terra era aforada. Fai imposible
calcular a propiedade plena e a propiedade aforada. O que declaran no catastro é o que
pagan por parcela. En grandes unidades sabemos a quen lle pertenecían os foros. Na zona
do Salnés a renda da terra o 62% a fidalgos e nobres. Un modelo onde a maior parte
pertenece a fidalguía e na zona de Xallas a fidalguía corresponderialle o 44% da renda.
No caso de Tras Deza 80%. A parte real da propiedade da terra dos campesiños. Perdía
un 30-33% da propiedade da terra para o pago foral. Logo viña a segunda renda que tiña
que pagar. O diezmo 10% da colleita e logo 0,5% doutras rentas como o Voto de Santiago,
outras rentas do 1%. Total quedabanse co 40% da terra.
Distinta valoración do monte e da terra inculta nas zonas de Galicia.
A paisaxe de Galicia é unha paisaxe construida, sobretodo a rural. Os reis católicos é que
necesitaban arbores para o mor. A cultura do bosque en Pais Vasco productores de ferro
e a madeira para os barcos. Os bosqueiros (dedicanse ao cultivo do monte e coidado do
monte). Os reis católicos van a proceder a implantar un tipo de lexislacion que afecta a
Galicia desde o primeiro momento. A política forestal do estado. fan unha expropiación.
A partir de ahí quedaba prohibido cortar arbores sen permiso. Aos campesiños están leis
non lle gustan nada. A loita sistematica do estado pola política da deforestación vs
campesinado. O estado non ten forza impositiva. En Galicia era todo señorio pero o
campesino ia polo seu rego e facia o que lle dera a gana. As leis foron incumplidas ata o
reinado de Felipe II. As leis van ir acompañadas por un sistema de comisarios que
recorrían todo o norte peninsular para vixiar as zonas onde había talas cortes. Crearonse
masas boscosas que pasan a denominarse devesas reais delimitadas con marcos que van
a ter un control moi espefiica. Estas arbores tiñan como finalidade facer barcos. No século
XVII públicase a normativa de Bustamante, tomouse moi enserio das devesas e reforza o
sistema de control dos bosques. Luis XIV leva a cabo unha política forestal que non deixa
pe a que se tale arbores. O certo é cando chegan os borbons tratan de recuperar a marina
de guerra e hai unha pequeña normativa que son as ordenanzas xerais e de Marina.
Funcionarado dedicado aos montes. Xavier Garcia Sarmiento. O que vai facer o estado é
reforzar as inspeccions. Vaise implantar un sistema que se pode ver actualmente. Para o
campesinado esta lei é brutal e houbo que modificala. A altura de 1753 hai moitisimas
debesas reais onde a única especie que se tiña que poñer era o carballo, madeira dura. O
carballo en Galicia medra mal. A falta de capacitación profesional para o poda do
carballo. En cada parroquia a partir de 1756 tiña que haber unha debesa e un viveiro. A
debesa real abrila enriba do comunal. A debesa pechabase para que non entraron ovellas,
nin cabras. O de ver un valo circundando un cacho de monte era insufiblre. O viveiro era
a complicación porque había que vixiar que os plantons estivesen ben. Todo esto era unha
alteración do terreo inculto en Galicia. Os valos tirábanse sistemáticamente,
queimabanse, etc.
A alteración dos usos colectivos, a delimitación de usso como o pastoreo, descortezar
libremente o corcho onde sae o tanino, utilizabanse para curtir peles. (o tanino do
albariño). A bellota comprabase no pais vasco. O sistema da lúa para plantar a cargo das
parroquias. O sistema das debesas estaba ben pensado pero o campesinado non estaba
para nada de acordo.
O uso dunha arbore da monarquia hispánica pasaron a ser porpiedade da monarquia
hispánica. O que está debaixo da arbore pasa a ser de realengo. Se non eres o dono do uso
non eres o dono da arbore. O que era a vuelo é do estado. todo o que pasa do chan é do
estado, o suelo é do estado. a xestion do inculto vai estar baixo vixilancia do estado. cando
se fai o catastro a superficie é o 2% de masa forestal en 1753 hoxe en dia supera o 62%.
Isto nunca valeu para a industria naval porque a madeira era moi torcida. Cando se deron
conta foi cando se fomentou a chegada do pino. Chegou espontáneamente do pino do
norte de Portugal.

O cultivo de rozas hai que telo moi en conta. A nomenclatura actual sobre os montes
(comunal, non comunal, do Estado) é un producto do século XIX cando o Estado
procedeu as desamortizacions xerou un novo tipo de organización comunal.
Nestas zonas coincide coas zonas de voces ou de varas. Podes traballar e obter proveito
se a tua familia é de aí. Pon en relación o monte coas linaxes ou familias que compoñen
unha comunidade.
En toda Ourense predominan os montes concejil. Hai practicas comunais das que se
refiren á explotación do castaño. O secado do castaño. Os montes eran de utilización
común. Sistema de protección conservacionista.
No occidente hai un cambio na política forestal. As debesas reais quedan supeditadas aos
ríos.
A xestión do mar: ordenanzas de 1751 a xestion da marina vai a estar dividada entre
martímos e terrestres. Os martimos daselle o monopolio exlusivo da pesca e dos areiais.
De forma que os terrestres tiñan prohibido incluso a recollida de algas para abonar a terra.
A Praia vai ser o monopolio das mulleres dos marítimos. Vai a ser transcedental de todo
a xestion da área rural galega. O territorio da costa é o habitar retraido para deixar as
zonas de cultivo mais libres posibles. O que se puxo nas debesas eran carballo albar cando
o noso é o carballo negral.

A INDUSTRIA E O COMERCIO
A protoindustria rural:
Hai unha industria moi expandida importancia para a supervivencia de moi poucas
familias. Hai outro nivel das industriais importantes para a supervivencia de moi poucas
comarcas.
Hai outro nivel dunha industria que se coloca no mercado
Actividades de carácter familiar estarían os ferreiros, os carpinteiros, cuestions básicas
que non fai falta que non haxa moitos. Pode haber 1 en cada parroquia na zona occidental.
Non en todas as zonas consumen o mesmo nivel de ferro. Profesions que están ben
retribuidas, son ao mesmo tempo agricultores, case nunca teñen aprendices mais que os
propios fillos, asegura un bo nivel de vida pero so nesa casa. Os carpinteiros xa teñen un
nivel de vida inferior.
Grupo 2: industrias importantes de producción zonal, como por exemplo os oleiros,
curtidores, importantes para a supervivencia de comarcas. Son zonas que traballan os
homes e as mulleres son as que comercializan. Tiña un competidor. A producción de
Talavera. Outra producción son as caleiras, producen cal para pintar as casas de blanco.
Tiñan propiedades de protección en contra de varias enfermedades en Sanxenxo, Catoira.
A función de curtidos é moi importante mais no xix que no xviii. Santiago era a maior
productora de curtidos de toda España. É unha tradición urbana. No mundo rural saia para
facer zocos, o consumo de coiro era moi escaso. Onde había unha producción sistemática
de curtidos era nos nucleos urbanos. Facia falta agua corrente para limpar as peles da
sangue e dos restos animais. Tiña asegurada a materia prima e tiña duas canles de agua
Sar e Sarela. No século XVIII esta industria medra enormememente co comercio de
américa. Ia fundamentalmente telas de lenzo. Cando chegaron as peles a Coruña, crense
cortidurias na área de Ferrol, Pontedeume, Santiago. A conexión carril-santiago reforzase
porque hai unha posibilidade de exportar a zona de baixo ulla e Santiago.
A gran industria vai a ser a textil e a pesca.
A industria textil sempre foi de autoconsumo. No seculo xvi a cabana gandeira e ovina.
Pezas de lan (mantas e cobertores e roupa de vestir) por mor da entrada do millo deixa de
ser productora de lan, as clases urbanas consumen lá de Castela. Conforme avanza o
tempo importa productos de lan e convertese en productora de lenzos. A producción de
liño era escasa xa que necesitaba moita auga, regadío. A terra moi boa decidia tela en
cousas para comer. A superficie agraria dedicada a liño era moi escasa.
A partir dos anos 20-30 do século XVIII cando se empezou a coñecer alteraba todas a
teorías. A fabricación de lenzos en Europa produciase en áreas de montaña cando había
tempo libre. En Galicia produciase en zonas de val onde había tempo libre relativamente.
O que pasaba en Galicia era o que pasaba en Paises Baixos, Irlanda. Era a necesidade de
obter recursos complementarios en economías deficitarios. A producción agraria non
daba mais de si, a producción de lenzos veu da man da emigración.
O que se fixo moi importar a fibra pola apertura de Coruña e Vigo de comerciar
directamente con Inglaterra, Paises baixos, etc. O comercio estranxeiro facilitou a
exportación de liño, saia de Ucrania.
O fiado é un traballo exclusivamente femenino. Están traballando constantemente. Para
poder facer unha vara de lenzo facian falta 3 ou catro meses de fiado. Terá unha
repercusión xa que as nenas que fian non iran a escola. Tecian os homes.
Na costa, producción de palillado. Tiñan un coñecemento de zonas europeas. Pontevedra
cidade e Camariñas. Cando Galicia se convirte en mandar barcos de soldados hai unha
relación. Normalmente eran mulleres nais, e eran tamen redeiras. Donde hai producción
de palillado eran tamen redeiras de estopa.

TEMA 6.

Você também pode gostar