Você está na página 1de 15

DOG Núm.

74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20826

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2018 pola que se convoca concurso de acceso a


prazas de corpos docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24


de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE
do 13 de abril), en diante, LOU, no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se
establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios, en
diante RDAN, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo cal se regula o réxime
dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante, RDCA), e a teor do
establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004,
do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de
outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante, EUDC), en execución
da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2017,
aprobada pola Resolución do 7 de xuño de 2017 (DOG do 16 de xuño), e modificada pola
Resolución do 12 de decembro de 2017 (DOG do 20 de decembro).

Esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o art. 36 dos EUDC resolveu
convocar concurso de acceso, polo sistema de promoción interna, das prazas de catedrá-
tico de universidade que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas
seguintes bases.

Bases da convocatoria
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDAN, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outu-
bro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a nor-
mativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada
polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto,
pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou


prazas convocadas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20827

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no


artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a
corpos de funcionarios/as docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Requisitos xerais.

Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán
reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de
solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea,
ou nacional daqueles estados, aos que, en virtude de tratados internacionais establecidos
pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de tra-
balladores/as.

Tamén poderá participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados
membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, e os seus
descendentes sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita
idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de na-
cionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos
pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira non


comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de
xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha


Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. As
persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non
foron sometidos a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu
Estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que
sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20828

2.2. Requisitos específicos.

De conformidade co disposto no punto 2º do artigo 62 da LOU, na redacción dada


pola disposición derradeira segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro,
poderán presentarse aos concursos das prazas comprendidas na presente convocatoria
os/as funcionarios/as de carreira do corpo de profesores/as titulares de universidade,
catedráticos/as de escola universitaria ou da escala de investigadores/as científicos/as
dos organismos públicos de investigación, que prestasen, como mínimo, dous anos de
servizos efectivos baixo a dita condición.

Os/as funcionarios/as que participen neses concursos deberán estar acreditados/as


para o corpo docente de catedráticos/as de universidade.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de


outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26
de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de
funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de


finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de
posesión.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como
anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no pra-
zo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

convocatoria do Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, en-
tenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Maestranza, 9,


A Coruña), ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de
Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do
2 de outubro). As solicitudes que se presentaren por medio das Oficinas de Correos debe-
rán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas
antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por
medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20829

Os dereitos de exame serán de 41,56 euros e ingresaranse na conta corrente


ES76 0049‑5030-15-2516011262, concursos-oposicións; no Banco Santander Central His-
pano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entida-
de ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome e
apelidos da persoa interesada e a referencia da praza a que concursa. En ningún caso a
mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución
do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na
base 3.1.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo cau-


sa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non po-


súan a nacionalidade española e teñan dereito a participaren deberán presentar unha fo-
tocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos
que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do
nacional doutro Estado con que teñan o devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar
declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é
o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que
se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pa-
gamento as persoas que sexan membros de familia numerosas clasificadas na categoría
especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa, os membros de familias
numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documental-
mente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da
minusvalía ou do documento acreditativo de familia numerosa segundo corresponda.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa, as persoas que figurasen como
demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación
da presente convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego,
aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20830

3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir poderán emendarse en calquera momen-
to, de oficio ou a petición da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas
aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa
modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a
presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición
desta natureza, excepto causa excepcional sobrevinda, xustificada e discrecionalmente
apreciada pola Universidade.

4. Admisión dos/das aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes o vicerreitor de profesorado da


Universidade da Coruña ditará unha resolución aprobando a relación provisional de as-
pirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será
publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/
services/electronic_board) e a título divulgativo no enderezo da internet: http://www.udc.es/
persoal/ga/pdi/concursos/funcionarios.asp.

4.2. Contra a devandita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclama-


ción ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa
publicación. Resoltas as ditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación
definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas pu-
blicacións producirán os mesmos efectos da notificación persoal ás persoas interesadas.
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

5. Comisión de acceso.

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da comisión é


a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no
artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do
servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro a
que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os


currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consulta-
dos no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20831

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando conco-
rra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo
reitor. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas
poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Resolta a renun-
cia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos
suplentes, na súa falta, por orde correlativo, nos demais casos resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguin-
te á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o devandito
prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución do/da presidente/a titular.

5.4. Dentro do devandito prazo, o/a presidente/a, logo de consultar cos restantes mem-
bros ditará unha resolución que se notificará a todas as persoas interesadas cunha an-
telación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se lles cita,
convocando a:

a) Todos os membros titulares da comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar


acto de constitución desta e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de
selección. Na citación indicarase o día, hora e lugar para o acto de constitución.

b) Todos/as os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, para realizar o acto


de presentación de concursantes, con indicación do día, lugar e hora para a realización do
devandito acto; para estes efectos o prazo entre a data prevista para o acto de constitución
da comisión de acceso e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder
de dous días hábiles.

5.5. A constitución da comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros.


Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia do seu
presidente será substituído polo vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será
substituído, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo
menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e
o/a secretario/a. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal
condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.

Se unha vez comezada a primeira proba a comisión quedase con menos de tres mem-
bros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20832

no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os mem-
bros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. No acto de constitución a comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de


presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que


puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non pre-
vistos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do
1 de outubro.

6. Acto de presentación.

6.1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, as persoas candidatas


entregarán ao/á presidente/a da comisión de acceso, por quintuplicado, a seguinte docu-
mentación:

a) O curriculum vitae, en que se detallarán ou seu historial académico, docente, inves-


tigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publica-
cións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O curriculum vitae deberá axustar-
se ao modelo que se achega como anexo IV.

b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de


lle ser adxudicada a praza a que concursa. O devandito proxecto axustarase, de fixarse na
convocatoria, ás especificacións establecidas.

6.2. Non acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións sobre a
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

celebración das probas deban serlles comunicadas. Así mesmo, determinarase, mediante
sorteo, a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, data e hora de inicio
das probas.

6.3. O secretario da comisión de acceso garantirá que a documentación que entreguen


os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.

7. Realización das probas.

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento


que establece o artigo 12 da normativa aprobada por Acordo do Consello de Goberno do

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20833

10 de decembro de 2008 pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcio-


narios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da comisión entregaralle ao/á presidente/a un
informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas
concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos
membros da comisión de acceso.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase en base aos votos favorables recibi-
dos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa
posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.

8. Proposta.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte á finalización das probas publi-
carase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a comisión de acceso, a proposta
motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas
as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as
concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.

8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da comisión de acceso ou, de ser o
caso, o/a secretario/a entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Co-
ruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da docu-
mentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

certificación do/da secretario/a da comisión en que se faga constar a data de publicación


no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará


á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña de onde deberán retirala.
No entanto, no caso de interposición de recurso non poderá retirarse ata que a resolución
impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia
da documentación para outros efectos.

8.4. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de


haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que
non fose retirada será destruída.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20834

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar no prazo de vinte
días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta, nos lugares e conforme ao
procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Adminis-


tración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o
exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non
estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado,
o acceso á Función Pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro
(Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou
psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor
de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o es-


tablecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do personal ao servizo
das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 4 de xaneiro de 1985).

Aquelas persoas que tivesen a condición de funcionarias públicas de carreira estarán


exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b), deberán
presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universida-
de ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de
cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a


docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola comisión que especificará a deno-
minación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente
rexistro para os efectos de outorgamento de número do Rexistro de Persoal e inscrición
nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e
ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universi-
dades.

9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación
do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20835

posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a docente


universitario de carreira do corpo de que se trate.

10. Comisión de reclamacións.

10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas con-
cursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a
trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclama-
ción será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de
universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro
da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A comisión de reclamacións oirá aos membros da comisión contra cuxa proposta
se presentara a reclamación, e ás persoas candidatas que participasen no concurso.

10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas ga-
rantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres
meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión. O trans-
curso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación
presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía
administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-adminis-
trativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa.

11. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o


día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co dis-
posto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes
contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto no
artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 4 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso


Reitor da Universidade da Coruña

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20836

ANEXO I
Número de concurso: 18/002. Número de prazas: 1.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Química Orgánica.
Departamento: Química.
Actividade docente e investigadora: materias da área.
Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 18/003. Número de prazas: 1.


Corpo: catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Microbioloxía.
Departamento: Bioloxía.
Actividade docente e investigadora: 610G02018 Microbioloxía e Biotecnoloxía Ambiental.
Centro: Facultade de Ciencias.

ANEXO II
Praza de catedrático/a de universidade.
Área de coñecemento: Química Orgánica.
Praza número: 18/002.
Comisión titular:
Presidente: Mascareñas Cid, José Luis, catedrático de universidade, Universidade de San-
tiago de Compostela.
Secretario: Sarandeses da Costa, Luis Alberto, catedrático de universidade, Universidade
da Coruña.
Vogal 1ª: Lete Expósito, Esther, catedrática de universidade, Universidade do País Vasco.
Vogal 2ª: Carreño García, María del Carmen, catedrática de universidade, Universidade
Autónoma de Madrid.
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

Vogal 3º: Granja Guillán, Juan Ramón, catedrático de universidade, Universidade de San-
tiago de Compostela.
Comisión suplente:
Presidente: Guitián Rivera, Enrique Carlos, catedrático de universidade, Universidade de
Santiago de Compostela.
Secretario: Jiménez González, Carlos, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Quintela López, José María, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.
Vogal 2ª: Fernández Fernández, Rosario, catedrática de universidade, Universidade de
Sevilla.
Vogal 3ª: Sotomayor Anduiza, Nuria, catedrática de universidade, Universidade do País
Vasco.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20837

Praza de catedrático/a de universidade.


Área de coñecemento: Microbioloxía.
Praza número 18/003.

Comisión titular:
Presidente: González Villa, Tomás, catedrático de universidade, Universidade de Santiago
de Compostela.
Secretaria: Herrero López, María Concepción, catedrática de universidade, Universidade
da Coruña.
Vogal 1ª: Llagostera Casas, Montserrat, catedrática de universidade, Universidade Autóno-
ma de Barcelona.
Vogal 2º: Gutiérrez Fernández, Juan Carlos, catedrático de universidade, Universidade
Complutense de Madrid.
Vogal 3ª: Martín González, Ana María, catedrática de universidade, Universidade Complu-
tense de Madrid.

Comisión suplente:
Presidente: López Romalde, Jesús Ángel, catedrático de universidade, Universidade de
Santiago de Compostela.
Secretaria: Pérez Nieto, Maréa Teresa, catedrática de universidade, Universidade de Vigo.
Vogal 1ª: Béjar Luque, María Victoria, catedrático de universidade, Universidade de Gra-
nada.
Vogal 2º: Vila Estapé, Jordi, catedrático de universidade, Universidade de Barcelona.
Vogal 3º: Ferreiros Domínguez, Carlos, catedrático de universidade, Universidade de San-
tiago de Compostela.
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20838

ANEXO III
Solicitude de participación
DATOS DA CONVOCATORIA
Número de concurso: Corpo docente:

Área de coñecemento:

Departamento: Centro:

Actividades asignadas á praza:

DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS


Primeiro apelido: Segundo apelido: Nome:

Data de nacemento: Lugar de nacemento: Provincia de nacemento: NIF:

Domicilio/Lugar para efectos de notificacións: Código postal:

Concello: Provincia: Enderezo electrónico e teléfono:

Caso de ser funcionario/a público de carreira:


Denominación do corpo ou praza: Data de ingreso:

Organismo: Número rexistro persoal:

Situación:
Servizo activo Servizos especiais Excedente voluntario

Outras:______________________________________________________________________________________________

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA


Copia do documento de identidade
Copia compulsada do título de doutor
Copia da resolución que acredite estar acreditado/habilitado para o acceso ao corpo da praza
Folla de servizos (só para concursos pola quenda de promoción interna)
Xustificante bancario do pagamento das taxas
Outros (especificar):
O/a abaixo asinante
SOLICITA: ser admitido/a ao concurso da praza que se fai referencia comprometéndose, no caso de superalo,
a formular o xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de
abril.
CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

DECLARA: que son certos todos e cada un dos datos consignados nesta solicitude, que reúne as condicións
exixidas na convocatoria anteriormente referida, e todas as necesarias para o acceso á Función
Pública.

En_______________________ , ____________de________________________________________ de 20___


(sinatura)

REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20839

ANEXO IV
Curriculum vitae

Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición,


cualificación se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedica-


ción, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.


CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, edi-


torial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras (autor ou coau-


tores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20840

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora,


carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, acti-
vidade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e


data de celebración).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.


CVE-DOG: 2ytnq2l5-omi1-elx2-22y0-k4ttltvcnwi5

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Você também pode gostar