Você está na página 1de 1

DOG Núm.

74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20841

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 5 de abril de 2018 polo que se dá publicidade á resolución da


mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesor
contratado doutor.

Mediante a Resolución do 7 de xuño de 2017 foi publicada a oferta de emprego público


para o ano 2017.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24


de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril
(BOE do 13 de abril); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procede-
mento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de
setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profe-
sorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decre-
to  101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados
polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); na normativa pola cal
se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada
polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que
mediante Resolución do 5 de abril de 2018 se convoca un concurso para a provisión dunha
praza de profesor contratado doutor.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.)


pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web
http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
CVE-DOG: tlwu2f23-rfq2-9p37-jf16-xvmnaiqy97q4

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día
seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de abril de 2018

O reitor da Universidade da Coruña


P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Você também pode gostar