Você está na página 1de 3

 Coloque o pronome átono onde corresponda, seguindo as normas xerais:

Exemplo: Moito__repetín__, pero nunca __fixo__ caso (llo, me). / Moito llo repetín, pero
nunca me fixo caso.
o _____digo_____o que penso dela e mira_____como se pon (lle, a).
o Quero_____que_____diga_____ela (o).
o Se______queres______saber_____, a min_____importas_____moito (o, me).
o Para que____saibas_____, eu non______fixen______(o, o).
o _____vin_____a el e_____dei______o teu recado (o, lle).
o Quizá_____veña_____ grande (lle).
o Non_____digas_____nada (lles).
 Poña “te” ou “che” segundo cumpra. Razoe a resposta en cada caso (parte presencial).
Coloque o pronome no seu sitio. Se hai máis dunha posibilidade, utilíceas todas:
o Non____vin o sinal que____quedou despois do accidente.
o ____escoitaba____ben a gusto, pero teño que marchar.
o O cadelo____ha____morder____como non vaias con tino.
o Seica____rebentou____o pantalón?
o Pois agora____mallo____o lombo por non faceres caso.
o É perigoso andar por baixo dos guindastres; se____esmagan____non o contas.
o Ao saírmos do traballo____veremos____na tasca.
o Aínda____mollaron____ben o coche.
o Alguén____roubou____do caixón os papeis.
o Sempre____regalan____xoias.
 Reescriba a oración “Oínlle cantar ópera” antepoñéndolle os seguintes elementos: “non”,
“onte”, “nunca”, “xa”, “tamén”, “quizais”, “xa che dixen que”:
 Complete os seguintes enunciados coas formas “te” e “che”:
o A ti contei___ a verdade.
o Onte non ___ atopamos.
o Mandamos___ marchar.
o Por que ___ farían esa trampa?
o Ti aínda non ___ erguiches?
o Haberá que ir buscar___ ao colexio.
o Chamei___ arredor das seis, pero non ___ deu a gana de baixar.
o O can mordeu___.
o O can mordeu___ unha perna.
 Substitúa os enunciados en cursiva polas formas pronominais correspondentes segundo o
modelo que se lle propón (lea detidamente a explicación que se lle dá para elaborar o
exercicio):
Exemplo:
o María trouxo os caramelos ao seu irmán. / María tróuxollos.
- “Os caramelos” é CD; entón substituímolo polo pronome de CD de terceira persoa
masculino plural: “os”.
- “Ao seu irmán” é CI; entón substituímolo polo pronome de CI de terceira persoa
masculino singular: “lle”.
- “Lle”+”os” = “llos”: “Tróuxollos”.
o Sirve o caldo aos teus irmáns.
o Di a verdade a estes homes.
o Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe.
o Tróuxonos un regalo ben bonito.
o Ensinouvos todo canto sabía.
o Fixo unha empanada aos seus convidados.
o Terás que levar ao oculista os lentes vellos.
o Deu un bico aos pais pola mañá.
o Amosei aos visitantes o museo da cidade.
o Darei a ti todo canto me pidas.
o Non che quero esas nabizas.
 Substitúa a cursiva por un pronome átono. Indique se son formas de CD ou CI.
o O venres faremos ese traballo.
o Hai que gañar aos do quinto.
o Aínda non nos trouxo o almorzo.
o Por fin amañaron a estrada.
o Deunos o aguinaldo.
 Nos seguintes enunciados, substitúa primeiro o CI e despois o CD.
Exemplo: Trouxeron (a nós) un agasallo. / Trouxéronnos un agasallo. Trouxéronnolo.
o Fixeron (a el) a chaqueta.
o Xoán pediu (a vós) un favor.
o Gañei (a ti) todas as partidas.
o Regalaron (a min) os cromos.
o Contastes (a eles) os segredos.
o Roubaron (a nós) as entradas.
o Chamou (a nós) a atención.
o Botou (o berro) a Pedro.
o Impartiu (a lección) aos alumnos.
o Contou (a eles) a mentira.

E pensaban que non a verían máis, pero daquela aconteceu que, ao saíren do porto, o
motor do Benaura fallou unhas cantas veces, coma se tusise para ceibarse do afogo, e ao
fin calou de todo.
Revisárono alí mesmo, polo momento sen poder descubrir que era o que fallara e, cando
despois de dúas horas continuaban na mesma situación, ou aínda peor porque só lles
quedaban dúas horas ou pouco máis de luz, decidiron voltar á terra, onde pasaron a noite.
Ao día seguinte, a media mañá, Dídac xa solucionara o problema, á fin de contas moi
sinxelo, pois tratábase simplemente dunha peza gastada que non collía o xogo, e abondou
con substituíla por outra, das que levaban de recambio, para que todo funcionase
normalmente.
Despois de comer, cando xa estaban para reemprender a viaxe, Alba decatouse da
presenza da muller, a uns cincuenta metros, e díxollo a Dídac, que virou a cabeza e,
inseguro, dixo:
--¿Coidas que pode querer algunha cousa? ¿Se cadra, que a levemos connosco?
--Non cho sei...
E acenáronlle para que se achegase, máis ela continuaba sen moverse, mirándoos, ata que
Alba dixo:
-Ímonos.
M. de Pedrolo, Mecanoscrito da segunda orixe. Galaxia

Exercicio

 Os pronomes persoais caracterízanse, entre outras cousas, por faceren referencia ás


denominadas persoas gramaticais. Localíceos no texto e indique a persoa á que se refiren.
 Falamos de pronomes de primeira persoa, segunda, etc., pero tamén distinguimos
pronomes átonos de tónicos. Que motivos xustifican esta clasificación? Divida en átonos
e tónicos os pronomes persoais localizados anteriormente.
 Lembre que a próclise ou énclise (anteposición e posposición con respecto ao verbo) do
pronome átono están condicionadas. Cales son as regras básicas que as regulan? Intente
reconstruílas a partir do texto.
 A estrutura á que fan referencia os pronomes átonos, ¿ocuparía a mesma posición ca
eles? Compróbeo.
 É posible a supresión dalgunha forma pronominal do texto sen que a oración na que se
inclúe se vexa alterada?