Você está na página 1de 25

Era unha vez un coello ao que só lle gustaba o verde.

Leituga, brócoli, chícharos, col, espinacas, alcachofas,


pementos, xudías, grelos… todo VERDE.
Un día chegou a formiga e trouxolle UN anaco de
chocolate, pero…

Mira que rico, é do


mellor cacao galego
ao 70%, xa verás
Hum! Non me gusta
o MARRON, só me
gusta o verde!
Chegou tamén o rato e dixo:

Proba DOUS
tomates, que son moi
ricos e moi bos
Grrrr… Non me
gusta o
VERMELLO, só o
verde.
Veu un pato e díxolle:

Toma, TRES
rebandas de pan, son
de hoxe e están
fresquiñas
Pero… non me gusta
o branco, só me
gusta o verde
Chegou un gato…

Aquí tes CATRO


sardiñas ricas en
omega-3
… e un porco.
E CINCO
berenxenas tamén, que
son sas e teñen
poucas calorías
Aiiinnnnn, que non
me gusta o GRIS
nin o MORADO,
só me gusta o
verde!!!
Quixeron tentalo tamén un burro…

Tooma, proooba,
SEIS cenorias
… e unha vaca. Pero nada de nada.

E tamén SETE
millos, que vas
quedar esmirriado
Non, non e non, non
quero LARANXA,
nin AMARELO, non
me gustan! Só me
gusta o verde
Animouse o can para ver se o convencía…

Veña que están moi


boas, OITO
salchichas de pavo
Mira, NOVE
arandos. Son
antioxidantes!

E tamén probou a ovella, pero non tivo sorte.


Que só me gusta o
verde. E iso é ROSA
e AZUL, e non me
gusta así.
Puaaaajjjj!!!!
Ata que apareceu o moucho canso e dixo:

ACABOUSE!!!

O coello non pode


seguir así, imos
facer unha sopa.
Dun nun, engadiron á pota:
Un anaco de chocolate
Dous tomates
Tres rebandas de pan
Catro sardiñas
Cinco berenxenas
Seis cenorias
Sete millos
Oito salchichas
Nove arandos

E botar tamén todo o


verde!

Dixo o moucho.
Remexeu e remexeu… Coceu e recoceu… e listo!

Que rico! Isto está


para chuparse as ás!
Digo, as patas!
O coello achegouse e cheirou…
… probou un pouco…

… e un pouquiño máis.
E lambeu a pota, as patas e os bigotes!
A mellor comida que
probei na miña vida!
Outra ración por
favor!
Jejeje! Ai que
parviño fun!

Este coello! Que


pensaba que só lle
gustaba o verde
Fin.

Você também pode gostar