Você está na página 1de 3

 Nas oracións seguintes, sinale os adxectivos e indique o seu grao:

o O coche do meu curmán frea máis có do teu veciño.


o Esta casa é grandísima.
o Os zapatos que me prestaches quédanme moi frouxos.
o O xersei daquel escaparate é menos caro có de Zara.
o O piso que mercaron quédalles máis lonxe do traballo có que tiñan antes.
o A arroutada que fixeches saíuche ben cara.
o Esta mesa é máis ancha que alta.
o Prefiro ir de vacacións mellor a París ca ás Illas Canarias.
o Algúns relatos de Suso de Toro son divertidísimos.
o Os exercicios de Lingua son máis doados cós de Física e menos entretidos cás
actividades de Historia.
o A novela que lin resultoume tan divertida como me dixo o encargado da libraría.
o Ir ao cine é máis interesante que ver na televisión os programas sobre os famosos.
o As aventuras de Shin Chan son tan instrutivas coma as dos Simpson.
o Os viños do Salnés son máis famosos cós do Ribeiro.

 Nas oracións seguintes utilice os adverbios e as conxuncións precisas para completar


oracións comparativas.
o Laura Pausini é ........ famosa .......... Bisbal.
o Obter o título é ........... doado ............ coidaba ao comezo do curso.
o O rapaz da primeira fila resultou ser ........ intelixente ............... parecía.
o O profesor de galego corrixiu os exames ......... rápido ........ de Historia.
o Carlos Sainz gañou ........... carreiras ........... Ari Vaatanen.
o Pau Gasol é ........... xogador de baloncesto ......... Sabonis.
o Raúl González marcou ........... goles coa selección española ........ co Real Madrid.
o Os produtos dese centro comercial son ......... baratos ......... das tendas da miña vila.
o As medidas sancionadoras do Goberno contra os condutores son ........ rigorosas ..........
se anunciara.
o Os ordenadores de hoxe en día teñen ........... capacidade ......... de hai dez anos.

 A partir dos adxectivos que se indican, aplique os recursos necesarios para formar
superlativos.
o Famoso:
o Pesado:
o Lento:
o Guapo:
o Louro:
o Intelixente:
o Espelido:
o Resistente:
o Duradeiro:
o Entretido:
 A partir dos adxectivos que se indican, elabore oracións comparativas de igualdade,
inferioridade e superioridade coidando de respectar as normas gramaticais.
Esta tarefa pode ter resposta libre e ser corrixida polo profesor. Nese caso, as respostas
que se ofrecen poden ser só orientativas para o alumno.
o Rápido:
o Extenso:
o Fría:
o Forte:
o Luminosa:
o Cómoda:
o Confortable:
o Silencioso:
o Pacífico:
o Intenso:
 A partir das oracións elaboradas no exercicio anterior, transfórmeas en oracións de
superlativo relativo.
o Rápido:
o Extenso:
o Fría:
o Forte:
o Luminosa.:
o Cómoda:
o Confortable:
o Silencioso:
o Pacífico:
o Intenso:

 A partir da observación da seguinte imaxe, redacte un texto breve de carácter descritivo


(entre 8 e 12 liñas) utilizando oracións comparativas (igualdade, inferioridade e
superioridade) e de superlativo de acordo coas regras gramaticais.
Lea o texto e responda ás preguntas que se formulan deseguido:
“A parroquia de Roás déitase ás beiras do río Anllo no verdadeiro corazón da Terra Chá,
onde os carballos son máis fermosos ca en ningún outro lugar da terra, especialmente na
primavera, cando empezan a follecer. O Anllo, que polas terras de Abadín é aínda un río
de curso decidido e semellante dos outros, ó entrar en Goá faise repousado e dubidoso,
tanto que no preciso límite entre esta parroquia e a de Moncelos divídese en dous, e o
brazo menor colle o nome de Guisande para ir facer a famosa lagoa de Valverde, onde
disque xace asolagada unha cidade con lousados de ouro, verdes polo tempo e o lidro das
augas”.
Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras. Edicións Xerais
 Sinale os adxectivos do texto.
 Indique cales dos adxectivos son explicativos (epítetos).
 No texto hai unha oración comparativa. Sinale cal é e constrúa outras tres semellantes
utilizando adxectivos do texto.
 Sinale no texto unha forma comparativa sintética. Indique dous comparativos sintéticos
de “bo”, “malo” e “grande”.
 Indique cales son os substantivos correspondentes aos adxectivos que aparecen no texto.

Você também pode gostar