Você está na página 1de 7

Augusta Ada King, naceu o 10 de novembro de 1815;

filla do afamado poeta Lord Byron e Anna Isabella Milbanke


unha matemática e activista política e social.
Adquiriu o título de condesa de Lovelace ao contraer matrimonio
con William King, así que pasou a ser coñecida co nome de Ada Lovelace.

Esta muller é considerada a primeira programadora


da historia, grazas ao conxunto de anotacións que escribiu, onde predí
o futuro da tecnoloxía.

EDUCACIÓN

Dende moi cativa demostrou un gran interese polos números, recibiu unha boa educación a
mans de diferentes profesores, mentores e institutrices en diferentes campos como francés,
múscica, alemán, ciencias e matemáticas; tivo a oportunidade de estudar na University College
de Londres xunto con Augustus De Morgan. Un dos maiores problemas ao que tivo que
enfrontarse Ada ao longo da súa carreira foi a “limitación mental” que sufrían as mulleres na
época Vitoriana, prohibindo así exhibir a súa intelixencia ao mundo.
Ada coñeceu a Mary Somerville, unha ilustre autora e científica, coa que mantivo unha intensa
correspondencia sobre matemáticas avanzadas. Foi ela quen lle presentou ao que no futuro
sería o gran encontró da súa vida, o matemático Charles Babbage. O denominado pai da
informática.

Grazas á súaposición social, coincidiu con Charles Babbage mentres el traballaba na Máquina
das Diferencias; o rápido entendemento do seu funcionamento sorprendeu tanto a Babbage,
que el mesmo citouna como a “encantadora de números”.

A MÁQUINA ANALÍTICA

Foi tal a amistade forxada entre estas dúas mentes privilexiadas, que cando a Charles
ocurréuselle a idea da creación dunha nova máquina máis avanzada, Ada foi a súa man dereita.
Este aparello denominado a máquina analítica pensada para executar calquera tipo de cálculo
matemático, hoxe en día está considerada como o precedente dos ordenadores actuais.

Está composta por altas columnas de rodas


< dentadas apiladas, comunicadas entre si por
< engranaxes e pancas e alimentada por unha
v máquina de vapor. A programación levábase a
h cabo mediante tarxetas perforadas, que facían
k funcionar toda a maquinaria e tamén podían
b utilizarse para almacenar datos; este sistema foi
u utilizado para programar os primeiros ordena-
d dores dende os anos 50 ata mediados dos 80.

Nos deseños de Babbage, describíanse case todas as características e elementos básicos incor-
porados hoxe en día, por iso foi imposible construíla, a tecnoloxía da época era insuficiente.

En 1840, o Matemático deu unha conferencia en Turín sobre o seu invento. A ela asistiu Luigi
Federico Menabrea, un enxeñeiro militar. Este quedou impresionado pola máquina, e escribiu
nunha revista francesa un artigo titulado “Esquema da Máquina Analítica”. O único documento
publicado, no que describe a estrutura básica da máquina.

Durante 1842 e 1843, Ada Lovelace traduciu este artigo ao inglés, engadindo unha serie de
anotacións explicativas. Estas notas duplicaban o tamaño do texto orixinal de Menabre,
convertindo esta publicación nun dos documentos máis importantes da historia da
computación, non só deduciu e preveu a capacidade dos ordenadores para ir máis alá dos
simples cálculos de números, mentres que outros centráronse únicamente nestas capacidades.

Esas anotacións conteñen o avance de moitas ideas modernas da programación como bucles,
enunciados e o concepto da computación de propósito xeral. Máis alá da resolución de
ecuacións numéricas, Lovelace propuxo a posibilidade de que mediante a manipulación de
símbolos poderíase operar sobre calquera tipo de información, incluíu nas anotacións un
algoritmo que demostraba como se podía utilizar a máquina para computar unha secuencia de
números complexos, creando así o primeiro programa de ordenador da historia, e conseguir
resultados sen intervención humana. Esta opción naquela época supoñía un avance
extraordinario e revolucionado. Estas anotacións ublicáronse en 1843, asinándoas coas súas
iniciais, por medo a ser censuradas polo feito de ser muller.

FALECEMENTO

En 1852 Ada Lovelace faleceu, aos 36 anos, a causa dun


cancro de útero. Está soterrada xunto ao seu pai na parroquia de Hucknall Torkard, en
Nottinghamshire.

REPERCUSÓN NO PRESENTE

B. V. Bowden reintroduciu en 1950 as anotacións de Ada Lovelace e publicounas en Faster Than


Thought, un congreso sobre máquinas dixitais de computación. Dende entón, Ada Lovelace
recibiu moitas honras póstumas polo seu traballo.

En 1980, o Departamento de Defensa dos Estados Unidos, nomeou unha nova linguaxe
informática chamada Ada, en honor ao seu nome.

O 16 de outubro é o día de Ada Lovelace, rende homenaxe a todas as mulleres do ámbito


internacional que contribuíron no campo da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.
George Gordon Byron, 6º barón de Byron; mundialmente coñecido
como Lord Byron. Foi un poeta inglés e unha das maiores personali-
dades do movemento romántico.

22/01/1788 - 19/04/1824

Anna Isabella Milbanke, 11º baronesa de Wentworth e baronesa


de Byron, mellor coñecida como Lady Byron, foi a esposa do poeta
Lord Byron, matemática e activista.

17/05/1792 - 16/05/1860

Mary Fairfax Greig Somerville foi unha matemática, astrónoma e


j científica escocesa. Citada como a “raíña das ciencias do século XIX”
XIX

26/12/1780 - 29/11/1872
Charles Babbage foi un matemático e científico da computación
británico. Deseñou e implementou unha máquina para calcular,
de diferencias mecánicas para calcular táboas de números.

26/12/1791 - 18/10/1871
Fontes de
información
https://www.genbetadev.com/desarrolladores/ada-lovelace-la-primera-programadora-
de-la-historia

https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/ada-lovelace-la-primera-
programadora-informatica-831452174403

http://www.publico.es/culturas/ada-lovelace-mujer-invento-informatica.html
https://www.infobae.com/tecno/2017/02/12/7-datos-curiosos-sobre-ada-lovelace-la-
primera-programadora-de-la-historia/
https://espacio.fundaciontelefonica.com/evento/ada-lovelace-la-encantadora-de-
numeros/

https://www.biography.com/people/ada-lovelace-20825323

https://www.vix.com/es/btg/curiosidades/4500/quien-fue-ada-lovelace

http://cienciadivertida.gal/mujeres-en-la-ciencia-ada-lovelace/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/12/10/ada-lovelace-implicacion-
maquina-analitica-babbage/00031355146716765243152.htm

https://es.wikipedia.org/wiki/Ada_Lovelace

https://www.feandalucia.ccoo.es/docu/p5sd10410.pdf

Você também pode gostar