Xa falta pouco para o grande momento da apertura oficial da nosa
Biblioteca para este curso 2018-2019… o vindeiro martes, 2 de outubro. Neste curso, os luns pechamos.
Ben sei que xa tedes moitas gañas de visitarme e acompañarme
nas sesións dos patios e nos días en que baixaredes cas /cos vosas/-os titoras/-es ao espazo lector.
Quero recordarvos que na miña casa gusto de ter todo ben
ordenadiño, cada libro no seu lugar e que me disgusto moito cando comezo a ver publicacións fóra de sito ou guindadas de calquera maneira nas estanterías…ou estragadas ou dobradas ou escritas ou perdidas. Así que teño unha petición que facervos:
COIDADE DOS MEUS AMIGOS OS LIBROS!!!
Como sei que me aprezades moito, igual eu a vós, sei que así será.
Dentro de ben pouco terá lugar unha celebración ben especial…
O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!
Coma todos os anos festexarémolo dun xeito moi especial para o
que precisarei da vosa axuda…
PODO CONTAR CONVOSCO, NON SI?
Xa vos contarei. De momento agardo o martes con moita ilusión,