Escolar Documentos
Profissional Documentos
Cultura Documentos
FFLAN
LAN DE CASTAÑAS
DE CASTAÑAS
Necesitamos:
Necesitamos:
• ½ kg de castañas
• 250 g de castañas
• 250 g de azucre
• 1 l de leite
• 4 ovos
• 250 g de azucre
• 2 vasos de leite
• 4 ovos
• 1 tubo de vainilla (opcional)
• Caramelo líquido
Como a facemos:
Como a facemos:
Cócense as castañas con auga o tempo preciso para
Cocer as castañas en leite durante 30 minutos.
poder quitarlles a segunda pel. Unha vez peladas
48
FLAN DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 500 g de castañas • 4 ovos
• ¾ l de leite • 150 g de manteiga
• 150 g de azucre • 250 g de nata
• Un pouco de vainilla
Como a facemos:
Pélanse as castañas e bótanse a cocer no leite ao que se
lle engaden 100 g de azucre, a manteiga e a vainilla. 449
949
Cando estean ben cocidas póñense nunha fonte fonda,
engádense os ovos e bátese todo co batedor.
Faise caramelo nun molde de flan e vértese o preparado
nel. Cócese no forno ao baño maría durante 30 minutos
aproximadamente.
Cando o flan estea frío adórnase coa nata montada.
Contóunola: Adrián Barrero Díaz, 2º ESO.
FLAN DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• Castañas
• Leite
• Azucre
• Un sobre de flan en po
Como a facemos:
Faise caramelo co azucre. Caramelízase o molde. Nun
50 cazo ponse un litro de leite a ferver e bótaselle o sobre
de flan remexendo un pouco. Cócense as castañas e
pásanse polo pasapurés, ou polo batedor, e bótanse na
mestura. Déixase arrefriar.
Contóunola: Concha, nai de Alberto Suárez Rodríguez,
5º de EP.
GALLETAS DE CASTAÑAS
Necesitamos: • 4 ovos
• 500 g de castañas con pel • Fariña (a que admita)
• 250 g de azucre con lévedo en po
• ¾ litro de leite • Rela de limón
• ½ litro de nata montada • Un chorriño de coñac
Como a facemos: en auga fervendo botar as castañas
amozcadas e cocer ata que se desprenda a pel. Pelalas. Poñer o
leite a quecer cun pouco de canela en rama. Botar as castañas e
cocer con pouco lume, engadindo leite pouco a pouco se fose 551
151
necesario. Cando estean ben cocidas pasalas polo pasapuré,
engadir o azucre, a rela de limón e o coñac; mesturar ben.
Cando o puré estea frío engadir a nata e mesturar. Engadir os
ovos un a un, remexendo ben. Botar a fariña pouco a pouco,
mesturar ata ter unha masa pouco dura, pero o
suficientemente consistente.
Quentar o forno a 200o. Poñer montonciños de masa na
bandexa do forno e cocer ata que estean douradas.
Contóunola: Estrella Díaz Álvarez, mestra de Infantil.
MERENGA DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 400 g de castañas maias (maiolas ou do canizo)
• 200 g de chocolate
• 2 culleradas de mel
• 4 ovos
• 2 culleradas de azucre moído
Como a facemos:
As castañas maias póñense un día en remollo. Despois
52 lávanse e pélanse.
Machucadas pásanse polo pasapurés. Bótanselles mel,
chocolate relado e azucre, poñéndoas enseguida con
pouco lume sen deixar de removelas para que espesen.
Bótanse nunha compoteira e cando a crema estea fría
cóbrese cunha merengada feita coas claras dos ovos e
dúas culleradas de azucre lustre.
Se se quere pódese meter uns minutos no forno para
dourar o merengue .
Contóunola: Alba Fernández Méndez, 1º ESO .
MOUSSE DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 250 g de puré de castañas
• 50 g de abelás
• 25 g de azucre de lustre
• 50 g de turrón brando
• 400 g de nata montada
Como a facemos:
Quentar o puré de castañas nunha cazola. 553
353
Mesturar as abelás enteiras co azucre de lustre e verter
isto nunha pota e poñer ao lume remexendo ata que
estean caramelizadas as abelás. Retiralas e estendelas
nunha prancha de cociña.
Cando estean frías hai que desfacelas nun morteiro,
mesturalas co turrón, co puré de castañas e por último
coa nata montada.
Metelo na neveira polo menos 6 horas.
Contóunola: Cristina López Igón, 2º ESO .
MOUSSE DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 kg de castañas
• 150 g queixo cremoso
• 150 g de azucre
• 250 cc de nata líquida
Como a facemos:
Quitar a primeira pel das castañas. Cocelas procurando
54 que non se desfagan. Quitar a segunda pel e reservar.
Bater todos os ingredientes con 4 castañas e un pouco da
auga da cocción ata obter unha crema.
Facer montonciños nun prato e adornar co resto das
castañas.
Contóunola: Octavio Manuel Villasante Fernández, 2º
EP.
OURIZOS DE CHOCOLATE
Necesitamos:
• 1 kg de castañas
• 100 g de chocolate puro
• 100 g de manteiga
• Azucre
• 20 g de améndoas
Como a facemos:
Cócense e pélanse as castañas. Déixanse arrefriar e 555
555
mestúranse coa manteiga, o chocolate e o azucre (ao
gusto) e trabállase ben ata formar unha pasta fina.
Fanse bólas e coas améndoas imítanse as pugas
cravándoas por todo o arredor.
Contóunola: Julia Díaz Gómez, mestra de Primaria.
56
PASTEL DE PIÑA E CASTAÑAS
Necesitamos:
• ¾ kg de castañas
• 2 litros de leite
• 2 sobres de flan
• Caramelo líquido
Como a facemos:
Untamos o molde con caramelo líquido. Cubrímoslle o 557
757
fondo con toradas de piña. Por encima poñemos as
castañas esmigalladas que xa tiñamos cocidas nun litro
de leite.
Por riba das castañas botamos o flan que fixemos co
outro litro de leite.
Metémolo na neveira e cando estea callado dámoslle a
volta.
Contóunola: Ana, nai de Fiamma Villagarcía Álvarez,
4º EP.
PASTEL DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 2 culleradas de mel
• 500 g de castañas
• 1 rama de anís
• 500 g de azucre
• Canela
• 100 g de chocolate
Como a facemos:
Pélanse as castañas e póñense a cocer co anís. Faise un
puré con elas e bótanselles 400 g de azucre, o mel e o
58
chocolate relado. Ponse a cocer con pouco lume
removendo constantemente para que espesen.
Déixanse arrefriar e vértense nunha compoteira
formando unha pirámide coa axuda de dúas culleres.
Bátense dúas claras de ovos no seu punto, bótaselles o
azucre e cóbrense con el. Salpica con canela.
Contóunola: Alba Fernández Méndez , 1º ESO.
PASTEL DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• Castañas • Un pouco de azucre
• Ovos • Chocolate
• Un pouco de manteiga
Como a facemos:
Nunha pota bótanse as castañas con suficiente auga para
que queden cubertas. Cando estean cocidas escorrémolas e
pelámolas. 559
959
No vaso do batedor botamos as castañas, un pouco de
azucre e as xemas dos ovos. Batemos e pasamos a unha
cunca.
Bátense as claras dos ovos a punto de neve e vaise
engadindo o contido da cunca e remexendo.
Finalmente cóllese un molde, úntase con manteiga, vértese
nel a mestura e introdúcese no forno. Cando estea listo
prepárase o chocolate e bótase no pastel.
Contáronnola: Beatriz e Yolanda Rodil Fernández, 4º ESO.
PASTEL DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 6 ovos • 1 vaso de aceite
• 2 bolsas de lévedo • 8 vasos de fariña
• 2 iogures naturais • 1 kg de castañas ou as
• 3 vasos de azucre que se desexen
Como a facemos:
Cocemos as castañas peladas nunha pota con
abundante auga. Cando estean brandiñas sacámolas,
60
esperamos a que arrefríen e quitámoslles a última pel
que teñen.
Mestúranse e baten cun batedor todos os ingredientes
menos as castañas e despois engádense estas.
Remexemos un pouquiño e logo botamos no recipiente
e poñémolo no forno coa temperatura máxima ata que
vexamos que xa está cociñado.
Contóunola: Alba Fernández Ramos, 4º ESO.
PASTEL DE CASTAÑAS
Ingredientes: Cobertura:
• Un bote de 370 g de • 200 g de marmelada
leite condensado de albaricoque
• ½ kg de castañas • 200 g de chocolate
cocidas para postre
• 100 g de manteiga • 50 g de manteiga
• 6 ovos • 40 g de azucre
661
161
Como a facemos:
Disolver o leite en ½ litro de auga quente; engadir as
castañas e a manteiga e pasalo polo batedor ata obter
un puré fino.
Engadir as xemas e cocer a baño maría, removendo
continuamente ata que a crema espese lixeiramente.
Deixala arrefriar e incorporar as claras montadas a
punto de neve.
Vertelo nun molde untado con manteiga e cocelo con
forno forte ao baño maría ata que estea callado, uns 40
minutos.
Mesturar a marmelada de albaricoque co azucre e
quentar con pouco lume ata que estea fundida.
Fundir a baño maría o chocolate en anacos coa
manteiga.
Desmoldar o pastel, cubrir co baño de albaricoque e
deixar arrefriar.
62 Xa frío, cubrir enteiramente co chocolate e deixalo na
neveira 2 ou 3 horas antes de servilo.
Contóunola: Estrella Díaz Álvarez, mestra de Infantil.
PASTEL DE CASTAÑAS
Necesitamos: • 3 ovos
• 750 g de castañas • 1 rama de anís
• 150 g de fariña fina • Azucre
• ¼ litro de leite • Chocolate
• 50 g de manteiga • Sal
Como a facemos:
Para empezar cocemos as castañas con auga, sal e a rama
de anís. Unha vez cocidas, pelámolas e esmagámolas. 663
363
Mentres tanto imos remexendo a manteiga, o leite, a fariña
e os ovos. Ben unido todo pasamos a mesturalo coas
castañas, formando todo unha masa lisa. Logo vertémolo
nun molde, que previamente engraxamos con manteiga e,
ou ben o metemos no forno, ou o poñemos ao baño maría.
Despois de que o saquemos do molde cubrímolo cunha
capa de crema de chocolate, podemos engadirlle á masa
azucre na mesma proporción á crema de chocolate.
Contóunola: Alba Fernández Ramos, 4º ESO.
PASTEL DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 kg de de castañas • Medio vaso (dos de
• Unha cullerada de auga) de leite
manteiga • Anises
• Unha taza de azucre • Sal
• 4 xemas • Fariña de millo
Como a facemos:
64 Lávanse e cócense as castañas, con pel, en auga con sal.
Unha vez cocidas pélanse e esmáganse. Ponse a ferver o
leite. Bótaselle o azucre e a manteiga e déixase cocer uns
minutos. Despois engádense as castañas, os anises, as
xemas e a cullerada de fariña de millo. Déixase cocer
dous minutos remexendo. Bótase a mestura nun molde
previamente engraxado. Métese ao forno uns minutos
ata que estea callado. Desmóldase e sérvese.
Contóunola: Pilar, nai de Meritxell Pin Gasia, 5ª EP.
PASTEL DE CASTAÑAS E
CHOCOLATE
Necesitamos:
• 1 kg de castañas • 1 libra de chocolate con leite
frescas • ¾ l de leite
• 200 g de azucre • Manteiga
Como a facemos: pélanse as castañas, cócense con leite,
escórrense e quítaselles a pel. Pásanse polo pasapurés
aínda quentes e engádense 200 g de manteiga, o 665
565
chocolate relado e o azucre, remexendo ben.
Untamos un molde redondo bastante fondo con
manteiga e vertemos nel o preparado, presionando
contra o fondo. Metémolo na neveira durante varias
horas. Quitámolo do molde e por último cubrímolo
cun baño de chocolate. Antes de servilo volvémolo
meter na neveira ata que arrefríe.
Contóunola: Carmen Sánchez Beres, profesora de
Secundaria
66
PASTEL DE CASTAÑAS E
CHOCOLATE
Necesitamos:
• 500 g de castañas
• 100 g de azucre de lustre
• 100 g de manteiga
• 100 g de chocolate
Como a facemos: 667
767
Pelar as castañas e botalas en auga fervendo para
quitarlles a segunda pel. Acábanse de cocer con leite.
Escórrense e pásanse polo pasapurés e antes de que
arrefríen engádeselles a manteiga. Remexer ben e
engadir o chocolate relado e o azucre. Volver a remexer
ata formar unha crema fina.
Botar nun molde untado con manteiga. Deixar arrefriar.
Darlle a volta e colocar nunha fonte.
Contóunola: Margarita Fernández Vázquez , 2º ESO.
PASTELÓN
Necesitamos:
• ½ kg de castañas
• 1 kg azucre
• 400 g manteiga
• 1 ducia ovos
• 1 kg fariña
• 2 sobres de lévedo en po
68 • Chocolate
Como a facemos:
Póñense os ovos, a fariña, a manteiga, o azucre, o lévedo
e as castañas todo nun molde. Bátense e ao forno.
Cando estea, ponse por riba unha capa de chocolate.
Contóunola: Jorge Díaz Rozas, 3º ESO .
PASTELÓN DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 cunca de castañas cocidas
• 250 g de nata líquida
• 4 xemas de ovo
• 4 culleradas de azucre
• 2 culleradas de fariña de millo
• Follado
669
969
Como a facemos:
Botar nun cazo a nata, o ovo e o azucre mesturando
todo, despois botar a fariña de millo; seguir remexendo
e ao final botar a cunca de castañas cocidas, peladas e
pasadas polo batedor.
Deixar arrefriar uns minutos e logo botar no follado e
cocer 15 minutos no forno.
Contóunola: Amparo, nai de Ana Blanco Estrada, 3º EP.
PUDIN DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 kg de castañas • ½ l de nata líquida
• Medio vasiño de café • 6 culleradas de azucre
• Rela de limón • 6 ovos
Como a facemos:
Cocer as castañas e pasalas polo pasapuré.
Bater os ovos, engadir o puré de castañas e o resto dos
70 ingredientes.
Vertemos esta mestura nun molde con forma de rosca
que estea previamente caramelizado. Poñémolo a cocer
a baño maría durante 80 minutos a 1600.
Déixase arrefriar e dáselle a volta nunha bandexa.
Contóunnola: Ana, nai de Claudia Pardo Ramos, 6º EP e
irmá de Carlos Ramos López , 3º ESO.
PUDIN DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 kg de castañas
• ½ l de leite
• ½ l de nata
• 13 ovos
• Rela de limón
• 200 g de azucre
• 1 copa de viño do Porto ou media de café 771
171
Como a facemos:
Pasar 800 g de castañas polo pasapurés. Bater os ovos co
azucre e mesturalo todo. Botalo nun molde no que
previamente fixemos caramelo.
O resto das castañas esmigállanse e bótanse por riba.
Meter no forno a 1600 durante 45 minutos ao baño
maría.
Contóunola: Oliva, nai de Nerea Fernández Pérez, 3º
EP.
72
PUDIN DE CASTAÑAS PARA
MICROONDAS
Necesitamos: • 3 culleradas de azucre
• 200 g de confeitura • 100 g de noces
de castañas • 1 vaso de nata líquida
• 3 ovos • 4 culleradas de azucre de
• 150 g de biscoitos de lustre
soletilla • 1 vaso de leite
773
373
Como a facemos: mesturar a confeitura co leite, os ovos
batidos, os biscoitos esfaragullados, as noces en
anaquiños e o azucre. Bater todo.
Engraxar un molde de coroa con manteiga.
Meter no microondas 10 minutos ao 75% de potencia.
Sacar e deixar repousar 5 minutos; volver ao
microondas durante 3 minutos máis. Quitar do molde.
Montar a nata co azucre e poñela no centro da coroa.
Adornar con chocolate líquido.
Contóunola: Estrella Díaz Álvarez, mestra de Infantil.
74
PURÉ DE CASTAÑAS
Necesitamos: • 300 g de nata líquida
• ½ kg de castañas • 6 xemas de ovo
• 1 l de leite • 100 g de chocolate amargo
• 1 pau de vainilla • 1 vaso de ron
• 60 g de azucre • Nata montada para decorar
Como a facemos: pelar as castañas e escaldalas durante 3
minutos; escorrelas e pelalas. Cocelas en ½ l de leite, co
azucre e a vainilla, durante unha hora. Trituralas e facer
775
575
un puré con elas e o leite necesario. Cocer o resto do leite
coa vainilla sacada de cocer as castañas.
Bater as xemas, verter sobre elas o leite fervendo, e con
pouco lume, remover ata formar unha crema. Engadir o
puré de castañas que deberá estar espeso. Deixar que
arrefríe. Incorporar a nata un pouco montada e o ron.
Meter no conxelador, darlle voltas de vez en cando.
Desmoldar nunha fonte fonda. Derreter o chocolate
amargo e cubrir o puré. Montar a nata e adornar con ela.
Contóunola: Digna, irmá de Álvaro Fdez. Lorido, Infantil.
PURÉ DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• Castañas
Como a facemos:
Cocemos as castañas, que teñen que estar peladas e
despois de cocidas esmiuzámolas e xa está o puré feito.
Contóunola: Balbina , avoa de Merixell Pin Gasia, 5º EP.
76
ROLO DE CASTAÑAS E
CHOCOLATE
Necesitamos:
• 1 kg de castañas
• 125 g de azucre
• 125 ml de nata líquida
• 300 g de chocolate
Como a facemos:
Ferver as castañas. Engadir os 125 g de azucre, a metade
777
777
da nata líquida e facer unha crema. A outra metade da
nata líquida mestúrase co chocolate fundido e déixase
arrefriar.
Nun plástico de cociña estender parte da crema de
castañas; noutro plástico estender o chocolate. Despois,
unha vez frío poñemos a capa de crema de castañas e
enrolamos como un brazo de xitano.
Contóunola: Ángeles, nai de Ángela Álvarez López de
Infantil.
R OSCA DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 12 ovos
• 12 culleradas de azucre
• 1 cullerada de lévedo en po
• 800 g de fariña
• 400 g de castañas
Como a facemos:
78 Temos que partir 12 ovos nunha cunca e batelos.
Engadimos a fariña e o lévedo e seguimos batendo e
por último engadimos o azucre.
Cocemos as castañas e pelámolas.
Botamos a mestura nun molde e engadimos as castañas
cocidas en cachos. Métese no forno ata que se faga. Ao
sacalo adornamos con castañas reladas.
Contóunola: Matilde, avoa de Kevin Rellán Fernández,
6ºEP.
SOUFLÉ DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• ½ kg de castañas
• 4 ovos
• 150 g de azucre
• 1 chisco de vainilla
• ½ l de leite
• 30 g de manteiga
Como a facemos: 779
979
Amozcamos as castañas e cocémolas 30 minutos ata que
se poidan pelar. Unha vez peladas séguense cocendo no
leite coa vainilla e o azucre durante 15 minutos.
Pasamos todo polo pasapurés e, sen deixar de movelo,
mesturámolo coas xemas e despois coas claras a punto
de neve para logo, por último, untar coa manteiga unha
fonte de forno e botar nela a preparación. Déixase con
forno suave durante 25 minutos.
Contóunola: Hugo Rodríguez López, 1º EP.
80
SOUFLÉ DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 kg de castañas • Canela ou anís
• ½ l de leite • 4 ovos
• Azucre • Manteiga
Como a facemos:
Pélanse as castañas e póñense a cocer en auga. Deixámolas
que fervan un momento para quitarlles a pel máis fina.
Logo póñense a cocer, con pouco lume, no leite cunha
881
181
ramiña de canela ou con anís. Cando estean ben cocidas
pásanse pola peneira e engadímoslles antes de que
arrefríen dúas culleradas de manteiga. Mestúrase ben e
engádenselles as xemas e o azucre (ao gusto). Mestúrase
moi ben e esténdese sobre unha fonte de forno untada de
manteiga e cóbrese coas claras a punto de neve. Métese no
forno uns vinte minutos, salpicando con azucre, ata que
quede dourado. Sácase e sérvese antes de que baixe.
Contóunola: Mª Pilar, nai de Alba Pin Gasia, Infantil.
SOUFLÉ DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 70 g de manteiga
• 4 xemas de ovo
• 4 claras de ovos
• Leite
• ½ kg de castañas
• Sal
82 Como a facemos:
Pélanse as castañas e cócense con leite.
Unha vez cocidas, escórrense e pásanse por unha
peneira fina. Ponse este puré, xunto co azucre e coa
manteiga a secar ao lume durante uns minutos. Retírase
do lume e engádense as xemas de ovo e as claras a
punto de neve.
Úntase un molde con manteiga e azucre e vértese nel a
pasta para cocela.
Contóunola: Belén Díaz Sánchez, 6º EP.
TORTA DE CASTAÑAS
Necesitamos:
Para o biscoito:
• 4 culleradas de azucre • 1 cullerada de
• 4 ovos azucre
• 4 culleradas de fariña • 1 vasiño de ron
• 1 cullerada de canela en po • 50 g de manteiga
• Fariña e manteiga para o • ½ vaso de nata
molde Para a decoración: 883
383
Para o recheo: • Nata montada
• ½ kg de castañas • Cacao en po
Como a facemos:
Para o biscoito:
Bátense os ovos e o azucre. Engádese a fariña pasada
polo cendal, mestúrase todo e bótase nun molde,
previamente untado con manteiga e fariña.
Métese no forno durante 20 minutos a 180o.
Para o recheo: cócense as castañas amozcadas entre 20 e
30 minutos, pélanse e esmáganse co batedor. Engádese o
azucre, o ron, a manteiga fundida e a nata, pouco a
pouco, sen deixar de bater.
Ábrese o biscoito pola metade e énchese coa crema de
castañas.
Para decorar salpícase con cacao en po e con nata
montada.
Contóunola: Beatriz González Galán, 2º ESO.
84
TORTA DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 300 g de castañas
• 1 cunca de queixo cremoso
• 200 g de nata
• 100 g de azucre
• 80 g de manteiga
• 1 copa de xerez
• 150 g de galletas 885
585
• 3 ovos
Como a facemos:
Facer unha base con galletas esmigallándoas coa
manteiga e o xerez.
Pasar o resto dos ingredientes polo batedor.
Meter no forno....
Contóunola: Adela, nai de Julia Gegunde García, 4º EP.
TORTA DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 cunca de leite • 3 ovos
• 1 cunca de azucre • 100 g de castañas
• 1 cullerada sopeira de mel • 1 limón
• 1 paquete de galletas • 150 g de manteiga
“María”
Como a facemos:
Póñense nun cazo o leite, o azucre e o mel, e déixase
86 que cozan durante 10 minutos. Incorporamos
seguidamente os 3 ovos batidos, as castañas trituradas e
a rela de limón. Mestúranse ben para formar a crema e
retíranse.
Faise unha masa coa manteiga e as galletas, cubrindo
con ela o fondo do molde, ponse por riba a crema feita
anteriormente e métese a forno moderado durante ½
hora. Adórnase coas castañas peladas.
Contóunola: Alba Galicia Díaz Sánchez, 4ºESO.
TORTA DE CASTAÑAS
Para a masa quebrada: • 150 g de azucre
• 200 g de fariña • 2 culleradas de azucre
• 100 g de manteiga avainillado
• 75 g de azucre lustre • 1 culleriña de canela
• Unha xema de ovo • 2 xemas
Para o recheo: • 2 claras
• 750 g de castañas • 2 culleradas de licor de
• 150 g de manteiga abelá (opcional) 887
787
Modo de facelo: cóbrese o molde coa masa quebrada.
Cócense as castañas e pásanse polo pasapuré. Nun
barreño poñemos a manteiga en pomada, engadimos o
azucre, a canela e as xemas de ovo. Batemos fortemente
ata que esponxe; engádese o puré de castañas e as claras a
punto de neve moi a modo.
Cocemos a masa quebrada a 1800 e despois botamos nela a
mestura anterior. Volvemos cocer 50 minutos a 1800.
Déixase arrefriar, desmóldase e sérvese con azucre lustre.
Contáronnola: Claudia Pardo, 6º EP e Omar Otero, 1º EP.
88
TORTA DE CASTAÑAS
Necesitamos: (para catro persoas):
• 6 ovos • Leite
• 1 vaso de azucre • Caramelo
• ¼ Kg de castañas sen • 1 chorro de brandy ou
casca zume de melocotón
Como a facemos:
Cocer as castañas, escorrer e pelar. Despois bótanse
nunha cazola con leite ata que as cubra e cócense 5 ou 10 889
989
minutos. Retíranse e bátese para mesturar o leite e as
castañas (estas teñen que quedar desfeitas).
Bátense os ovos, o azucre e o brandy (ou zume) e
xúntase coa mestura de castañas e leite.
Bótanse nun molde dúas culleres de azucre e unha de
auga para facer o caramelo. Recóbrese o molde e bótase
a mestura de castañas. Cócese ao baño maría.
Contóunola: Silvia Vázquez Neira, 4º ESO.
TORTA DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 400 g de castañas cocidas
• 2 cuncas de queixo cremoso
• 250 g de nata líquida
• 200 g de azucre
• 4 ovos
• iogur
90 Como a facemos:
Esmáganse todos os ingredientes.
Póñense nunha base de masa de follado (ou
simplemente nun molde untado) e cócese.
Contóunola: Paula Mallo Fernández, 1º EP.
TORTA DE CASTAÑAS CON
CREMA DE CHOCOLATE
Necesitamos:
• Canela en rama
• ½ l de leite
• Pel de limón
• 250 g de azucre
• 1 kg de castañas
• 3 xemas de ovo
• Masa de follado
• 50 g de chocolate para
• Loureiro
fundir
• Anís en gran
991
191
• 60 g de fariña
Como a facemos:
Para elaborar a crema de chocolate botamos nunha pota
o leite coa canela, a pel do limón e a metade do azucre;
poñémola no lume. Nunha cunca mesturamos o resto
do azucre e a fariña e incorporamos o leite cando este
ferva e removemos. Engadimos as 3 xemas de ovo e
retiramos do lume. En quente engadimos o chocolate en
anacos, dándolle voltas para que se mesture ben.
Pelamos as castañas e cocémolas co sal, o loureiro e o
anís en gran. Unha vez cocidas sacámoslles a segunda
pel.
Nun molde redondo colocamos a masa de follado,
procurando que vaia ben fina e cubrímola coa crema de
chocolate, mesturando nela algunhas castañas cocidas.
Cubrimos coas castañas enteiras.
Salpicamos con azucre e metemos no forno quente
durante 45 minutos.
92
Contáronnola: Mª Covadonga e Adela, avoa e nai de
Laura Gegunde García, 6º EP.
TORTA DE CASTAÑAS E
CHOCOLATE
Necesitamos:
• 1 Kg de castañas • 200 g de azucre
• 1 libra de chocolate con • 200 g de manteiga
leite • Chocolate para fundir
• ¾ litro de leite
Como a facemos:
Cocemos as castañas peladas en ¾ de litro de leite, se 993
393
non as cobre bótaselle un pouco de auga pero só a
xustiña; unha vez cocidas, pásanse polo pasapurés;
cando aínda estean quentes bótaselles a manteiga, o
chocolate relado e o azucre. Cando estea ben cocido
mestúrase todo ben.
Bótase nun molde untado coa manteiga e apértase ben.
Métese na neveira unhas horas e cando estea ben frío
cóbrese con chocolate fundido con leite.
Contóunola: Patricia Villagarcía Álvarez, 4º ESO.
TORTA DE CASTAÑAS, NOCES E
ABELÁS
Necesitamos:
• ½ kg de castañas • 50 g de manteiga
peladas • 50 g de marmelada de
• 4 xemas de ovo ameixa
• ½ kg de noces peladas • 150 g de fariña
• ¼ kg de abelás peladas • 1 copa de viño doce
94 Como a facemos:
Móense as castañas e mestúranse cos 150 g de fariña, o
viño doce e as xemas de ovo.
Cóbrese un molde redondo de forno con pasta flora
(manteiga, azucre, fariña, leite, vainilla e ovos) e vértese
a continuación a pasta de castañas.
Cócese a forno lento (150o) e imprégnase coa marmelada
de ameixas. De seguido, colócanse simetricamente as
noces e as abelás peladas. Salpícase todo con azucre.
Contóunola: Alba Galicia Díaz Sánchez, 4º ESO.
TRONCO DE NADAL
Necesitamos:
• 50 g de azucre de lustre
• 5 ovos
• 1 copiña de ron
• 100 g de azucre
Para o baño
• 100 g de fariña
• 250 g chocolate de
• 25 g de manteiga
cobertura
Para o recheo
• 50 g azucre de lustre
• 300 g de puré doce de
• 30 g manteiga
castañas 995
595
• 150 g manteiga
Como a facemos:
Bater o azucre coas xemas. Engadir a fariña e a manteiga
derretida. Montar as claras e mesturar.
Forrar unha placa con papel de forno, verter a masa e
cocela a 200oC de 5 a 7 minutos ata que empece a
dourarse polos bordes.
Darlle a volta ao biscoito riba dun pano de cociña e
tapalo cun pano húmido.
Para o recheo:
Bater o puré de castañas coa manteiga, o azucre de
lustre e o ron. Estender a crema por riba do biscoito e
enrolar. Despois cortalo ao biés.
Fundir o chocolate con dúas culleradas de auga e o
azucre de lustre. Remexer e engadir a manteiga. Cubrir
o tronco co glaseado.
Decorar con estrelas e follas de chocolate e acivro.
Contóunola: Raquel, nai de Sonia González González, 4º
96 ESO.
TRONCO DE CASTAÑAS PARA
NADAL
Necesitamos:
• 1 kg de castañas • ¼ l de crema de
• 250 g de chocolate fino chantillí
• 100 g de manteiga • ½ de leite ou auga
• froitas confeitadas
Como a facemos:
Ás castañas, feitas puré, agregámoslles a manteiga. O
997
797
chocolate desfarémolo pouco a pouco en leite ou auga
sen deixar de movelo e cando espese engadímolo á pasta
das castañas e mesturamos todo ben. Deixamos que
arrefríe unhas horas. Despois moldearase en forma de
tronco que poderá decorarse como se queira con froitas
confeitadas e poñendo ao redor a crema de chantillí.
Contóunola: Ismael Díaz Suárez, Infantil.
98
TRUFAS
Necesitamos:
• 300 g de castañas • 100 g de azucre
• 275 g de chocolate de • 6 culleradas de nata
fundir • fideos ou labras de
• 150 g de manteiga chocolate
Como a facemos:
Pelar e cocer as castañas para poder quitarlles a segunda
pel. Seguir cocendo con algo de leite ata que poida 999
999
facerse un puré.
Derreter con pouco lume a manteiga, o chocolate e a
nata. Retirar. Engadir o azucre e bater forte ata disolvelo
ben. Botar o puré de castañas e mesturar moito. Deixar
arrefriar na neveira varias horas.
Facer pequenas bólas coa masa e envolvelas nos fideos
de chocolate. Deben servirse bastante frías.
Contóunola: Dolores Vázquez Torrón, profesora de
Secundaria.
TRUFAS DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 1 kg de castañas
• ¼ l de leite
• 1 libra de chocolate sen leite
• 100 g de manteiga
• 1 copa de coñac
Como a facemos:
100 Fundir o chocolate ao baño maría e mesturalo coa
manteiga e o coñac.
Pelar as castañas e cocelas con leite ata que estean tenras
para pasalas polo pasapuré. Deixar repousar e, unha vez
frías facer bólas , rebozalas co chocolate e conxelar.
Contóunola: Eva González Álvarez, 6º EP.
TRUFA XIGANTE DE CASTAÑAS
Necesitamos:
• 500 g de castañas • 250 g de chocolate
• ½ l de nata montada • 4 culleradas de auga
• 4 claras de ovo • 2 culleradas de
• 4 culleradas de azucre augardente de herbas
• 4 culleradas de leite ou de coñac
Como a facemos: pelamos as castañas, cocémolas e
facemos un puré mesturándoas co leite. Engadimos a 1101
01101
metade da nata montada e as claras batidas a punto de
neve e mesturadas co azucre. Incorporamos todo con moito
coidado para que non se baixe. Poñémolo nunha cunca
redonda e dámoslle a forma dunha trufa xigante.
Metémola na neveira para que endureza.
Relamos o chocolate e poñémolo ao baño maría coa auga e
a augardente. Cando teñamos unha pasta vertémola sobre
a trufa e adornamos pola beira co resto da nata montada.
Contóunola: Mª Dolores Alvariño Varela, profesora de
Secundaria.
102
XELATINA CON CASTAÑAS
Necesitamos:
• 2 sobres de xelatina
• 1 ducia de castañas
Como a facemos:
Ferver ½ litro de auga e disolver a xelatina.
Botar outro ½ litro frío e mesturar coas castañas cocidas
e picadas. 1103
03103
Contóunola: Alberto López Peláez , 2º ESO
Índice
Caldo de castañas 9‐11
Chuletas de porco con castañas 12
Coello con castañas 13
Coello con cogomelos e castañas 14
Corzo con castañas 15
Galo de Ancares con castañas de parede e arom a 17
de azafrán de campo
Costelas de porco con castañas 18
Lom bo con puré de castañas 19
Castañas en salmoira 20‐22
Tortilla de castañas 23
Xabaril con castañas 24‐27
Aro de castañas 29
Bavarois de castañas 31
Biscoito de castañas 32‐33
Bocadiños recheos de crema de castañas 35
Bólas de castañas 37
Bom bóns de castañas 38
Confeitura de castañas 39
Crema de castañas 40‐42
Croquetas de castañas 43
Flan de castañas 45‐50
Galletas de castañas 51
Merenga de castañas 52
Mousse de castañas 53‐54
Ourizos de castañas 55
Pastel de piña e castañas 57
Pastel de castañas 58‐64
Pastel de castañas e chocolate 65‐67
Pastelón de castañas 68‐69
Pudin de castañas 70‐71
Pudin de castañas para microondas 73
Puré de castañas 75‐76
Rolo de castañas e chocolate 77
Rosca de castañas 78
Souflé de castañas 79‐82
Torta de castañas 83‐90
Torta de castañas con chocolate 91‐93
Torta de castañas, noces e abelás 94
Tronco de nadal 95‐97
Trufas de castañas 99‐100
Trufa xigante de castañas 101
Xelatina con castañas 103
AGRADECEMENTOS
que co voso esforzo contribuístes a que este libro vise
a luz e tamén a todos os que hoxe seguides a traballar
nosas cociñas.
O Equipo de Normalización Lingüística