Você está na página 1de 1

BASES DO PREMIO DE BLOGS DO

IES GARCÍA BARBÓN


1.- Coa pretensión de potenciar o uso educativo das Tecnoloxías da Información e
da Comunicación entre todos os estudantes, convocamos o Premio de Blogs
Escolares 2019.

2.- Poden participar todos os alumnos e alumnas matriculados no


IES García Barbón.

3.- O blog será individual –non se admiten blogs colectivos- e redactado


preferentemente en lingua galega –pode ter entradas noutras linguas impartidas no
centro- e creado en 2018 ou 2019.

4.- Para poder participar hai que enviar un correo electrónico detallando os datos
solicitados no modelo que se facilita na parte inferior.

5.- Os criterios xerais de valoración dos blogs fixan a súa atención, de maneira
preferente, na elaboración de contidos propios e de calidade. Valoraremos a
orixinalidade das achegas e os comentarios recibidos.

6.- Os temas do blog atenderán preferentemente as ensinanzas cursadas, e a


cuestións de ámbito cultural e antropolóxico relacionados con Verín e o seu
contorno: entroido, termalimo, pasado histórico relacionado co castelo de
Monterrei, lendas, tradicións, etc. Terá que haber dúas publicacións onde a través
dun vídeo se recomende un libro de lectura e argumentando os aspectos que máis
vos gustaron así como as túas reflexións. Complementariamente, tes a posibilidade
de engadir outras achegas diversas sempre que sexan creacións propias.

7.- Un grupo de profesores e profesoras realizará a avaliación dos blogs e elixirá os


tres premiados.

8.- Haberá tres premios que está previsto entregar a finais do mes de xuño de 2019.
Poderá haber premios especiais.

9.- O xurado prestará especial atención na verificación da autoría das distintas


achegas ao blog e na obrigatoriedade de citar a procedencia da información, no
caso de non ser da nosa autoría. En caso contrario, o blog queda fóra do Premio.

Ficha de datos Premio de Blogs 2019


Nome e apelidos: Curso e grupo:

Nome do blog: Url do blog:

Breve comentario sobre o blog:

Remitir a ficha de datos a: blogsgarciabarbon@gmail.com

Você também pode gostar