Você está na página 1de 2

Análise da presencia da música e o son no cine.

O aporte da música na produción cinematográfica ten unha dobre face artística e técnica.
Xa o cine vense servido da música dende os seus inicios.

Nos primeiros anos de cine mudo, a proxección das películas ía acompañada de música interpretada ao vivo.
A súa presencia respondía a dúas funcións, a de “tapar” o molesto ruído emitido polo proxector e a de
engadir unha dimensión sonora á película, a segunda, podendo ser un complemento, o reforzo de diferentes
emocións, activador do discurso cinematográfico cos seus diversos ritmos, etc... pero tamén, xerador de
certos sons de sala ou efectos sonoros, inexistentes polo feito de se tratar de cine mudo. Co tempo e con esta
fin, van-se incorporar diferentes artefactos que logran imitar sons (por exemplo, pisadas, cascos de cabalos,
chuvia, disparos, etc... ) como o que se veu a chamar “órgano de sons”.

1927 está marcado como o ano de inicio do cine sonoro, no que unha película, O cantor de jazz, vai servir de
referencia deste importante fito. O método de sonorización (Vitaphone) vai consistir na sincronización das
imaxes cos sons reproducidos nun disco -que foran xa gravados previamente- O filme en cuestión combina
pasaxes mudas con outras sonorizadas e o seu mérito radica no feito de incorporar a sonorización de diálogos
falados aparte das pasaxes musicais e os efectos sonoros, algo que xa se fixera previamente.

A partir dos anos 30 o cine sonoro vaise xeneralizar e pasarase do sound-on-disc (gravado nun disco aparte)
ao sound-on-film (gravado directamente sobre a cinta cinematográfica) Sendo as grandes produtoras as que
poidan afrontar o grande investimento que vai supor.
A sonorización vai desencadear importantes cambios na produción cinematográfica, afectando á propia
industria, á dispoñibilidade de recursos técnicos, pero tamén ao aspecto humano, ao perfil de técnicos e
artistas que participan, ao igual que ao concepto de obra.

A curto prazo, a introdución da gravación do son en directo causou importantes dificultades na


produción. As cámaras eran ruidosas, así que se usou un cuarto insonorizado en moitas das
primeiras películas faladas para illar o ruidoso material dos técnicos, a expensas dunha drástica
redución na liberdade de movemento da cámara. (...)
A necesidade de estar dentro do rango dos micrófonos fixos significou que os actores (e actrices)
a miúdo tamén tiveron que limitar os seus movementos de maneira pouco natural. (...)
Varios dos problemas fundamentais causados pola transición ao son foron solucionadas pronto
con novas carcasas para as cámaras, deseñadas para afogar o ruído e cos micrófonos boom que
podían manterse fóra do encadre e moverse cos actores (...)
(Tecnicamente desenvolveron) os micrófonos direccionais, aumentaron o rango de frecuencias
das gravacións, reduciron o ruído de terra...e ampliaron o rango do volume». Estes avances
técnicos a miúdo significaron novas oportunidades estéticas: «Aumentar a fidelidade das
gravacións... realzou as espectaculares posibilidades do timbre vocal, o pitch e o volume». (...)
(Tamén) houbo preocupacións relativas á calidade vocal xeral (...)
Para 1935, a regrabación dos diálogos polos actores orixinais ou por diferentes actores en
postproducción, converteuse nunha práctica habitual.

Mentres a introdución de son levou a un boom na industria do cinema, afectou de forma negativa a unha gran
cantidade de actores de Hollywood dos que se require xa non actuar xestualizando, se non actuar
incorporando a expresión falada e debían de adaptarse a unha nova linguaxe. Para aqueles actores ou actrices
con grande popularidade e cunha voz pouco axeitada empregouse o Playback.
As novas estrelas do cinema falado proceden do vodevil e o teatro musical, onde intérpretes como Jolson e
os Irmáns Marx, entre outros, estaban afeitos ás demandas tanto de diálogo como de cancións.
Ademais da incorporación dos diálogos falados, tamén era frecuente o uso de pistas musicais pregravadas, o
que leva á perda de emprego para moitos dos músicos que acompañan en orquestras ou grupos as gravacións
e proxeccións do cinema mudo.

Elementos da banda sonora

O Sound-on-film implica a incorporación dunha banda á cinta cinematográfica na que van contidos todos os
sons que haberemos de percibir de forma paralela ás imaxes, de forma específica a banda de son ou sonora,
composta por diversos elementos sonoros que dependen do traballo de certos técnicos ou especialistas:
• Os diálogos dos personaxes, gravados en directo durante a rodaxe.
• A dobraxe, que vai permitir substituír os elementos do diálogo que non foron rexistrados de forma
correcta e que permite agregar outras liñas de narración, como risas, gritos, etc...
• Os efectos de sala, empregados para reforzar os sons orixinais provocados polos movementos dos
personaxes, como poden ser pasos, portas ao se abrir ou pechar, ruidos de obxectos que se
manipulan, etc. Que son pouco perceptibles na gravación da rodaxe.
• Os efectos sonoros especiais, recrean todos os sons que non poden xerarse na sala de rodaxe, como
sons da natureza, disparos, explosións, etc. Mais, tamén aqueles que pode ser que deban inventarse,
(no cine de ciencia ficción)
• A música de ambientación, de forma xenérica o que vén sendo a “banda sonora”. É a música
incidental, composta ao servizo do discurso cinematográfico.

Funcións da música no cine.


A música de ambientación asume un importante papel na construción da mensaxe cinematográfica. Isto
implica que este tipo de música estea creada cunhas características moi específicas.
Non obstante, así todo, a música cinematográfica pode asumir unha grande variedade de funcións que
dificilmente se poden delimitar. Destas funcións cabe destacar:

• Axuda a crear a atmosfera axeitada para o contexto no que transcorre a acción: os compositores/as
tenden a coidar o estilo e a selección de instrumentos coa fin de que encaixen coa época e contexto
da película.
• Inflúe no espectador ao crear un efecto psicolóxico determinado: a música reforza, xera ou cuestiona
a carga emocional da trama, chegando, incluso, a dirixir a interpretación emocional da escena en
cuestión. Pode propiciar maior tensión, comicidade ou traxedia, etc. Ao combinarse coa mensaxe
emocional derivada da acción.
• Sostén a narración aportando sentido de continuidade á sucesión de diversas escenas e unificar
estas na montaxe. A música empregada con esta finalidade soe pasar desapercibida, dado que o seu
cometido é puramente técnico, non obstante a súa función estrutural é de grande relevancia.

Cuestionario. Textos e filme

1.- Comenta e selecciona as escenas da película “Cantando baixo a chuvia” baseándote nos contidos do texto
e de forma xustificada.
2.- Coa irrupción do cine falado, van proliferar novas profesións técnicas relacionadas coa incorporación do
son. Fai unha listaxe de cales poden ser as novas funcións que deberían de afrontar estes/estas profesionais.
3.- A expresión “banda sonora” ten dúas acepcións explica cales son.
4.- Sinala en que momentos da película se emprega a música con calquera das funcións que soe adoptar.
Describe o traballo de Ben Burtt. Resumo do documental.
Resume a trama de cantando baixo a chuvia. Cales son os aportes ao filme o feito de tratarse dun musical

Você também pode gostar