Você está na página 1de 2

Coas Irmandades da Fala iniciouse un proceso de modernización da prosa galega, completado

coa Xeración Nós e os vangardistas. Na prosa de non ficción destaca Antón Villar ponte, figura
fundamental no xornalismo e iniciador do ensaio político. No que se refire á prosa de ficción,
cómpre mencionar a creación das editoriais Céltiga e Lar, esta última é un proxecto de
colección de novelas breves que se achegan á cultura popular dende unha perspectiva
renovadora.

O grupo Nós supuxo a consolidación e modernización da prosa galega nos seus máis variados
rexistros. O seu principal obxectivo era universalizar a cultura galega, o cal levou a cabo a
través da revista Nós, creada no ano 1920, agrupaba as catro provincias galegas, e
interrompida na guerra civil. Nos integrantes do grupo, Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas,
recoñécese unha grande formación intelectual e unha mesma procedencia pequeno burguesa.
Estes promoverán o estudo de diversas facetas da cultura galega, o ensaio e o axeitamento do
galego á expresión científica. Castelao, se ben colaborou con eles, non se encadra dentro do
grupo. A evolución do grupo pode apreciarse a través de obras como Arredor de si; Nós, os
inadaptados ou Dos nosos tempos, nas que se conxuga o enxebrismo co atlantismo.

O ourensán, Vicente Risco, nace nunha familia acomodada e estuda dereito en Santiago. Na
súa formación intelectual inclúense as vangardas literarias, o esoterismo e mesmo a filosofía, e
crea e colabora en revistas como La Centuria, A nosa Terra ou Nós. Foi considerado teórico do
nacionalismo galego gracias a súa obra Teoría do nacionalismo galego, e viaxou por Alemaña,
quedando esta viaxe reflectida en Mitteleuropa. A súa narrativa é de base filosófica, con
rasgos como a creación de mitos, a liñaxe celta e exaltación do medievo ou a valoración do
natural-rural ou histórico-urbano. Ademais, presenta no seu pensamento un irracionalismo
gnoseolóxico, pois defende que a realidade é a suma de razón e intuición (mito, arte e
relixiosidade), unha visión cíclica da historia e o sentimento da Terra. Na súa narrativa rompe
coa tradición consumista en obras como Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros,
narración humorística; O lobo da xente, A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, relatos de base
folclórica con intención didáctica; A coutada ,diálogo filosófico; Os Europeos en Abrantes ,
unha novela paródico-satírica inacabada; e O porco de pé, unha novela satírica que fai gala da
censura sobre a sociedade de Auria ridiculizando a un comerciante que chega a ser alcalde.
A súa obra ensaística caracterízase polo didactismo e consta de tres etapas: a pregaleguista,
representada por Nós, os inadaptados, a nacionalista con Teoría do nacionalismo galego e a
posnacionalista con Mitteleuropa e Leira (colección de textos filosófico e crítico-literarios).

Otero Pedrayo nace en Ourense nunha familia liberal culta e estudia Filosofía e Letras. Ten
unha sólida formación autodidacta e participou no galeguismo, nas Irmandades da Fala, no
Seminario de Estudos Galegos, nas Cortes Constituíntes e no Partido Galeguista. Na súa
narrativa distínguese entre novelas realistas e as culturistas. Nas realistas destaca Pantelas
home libre, Os camiños da vida, obra dividida en tres partes (Os señores da terra, A maorazga
e O estudiante) na que se trata a decadencia da fidalguía e ascenso da burguesía, Contos do
camiño e da rúa e O mesón dos ermos. Nas novelas culturalistas destacan Escrito na néboa,
Arredor de sí, un retrato da súa xeración protagonizado por Adrián Solovio, Fra Vernero, A
romaría de Xelmírez e Devalar. Estas obras teñen un estilo épico con frases curtas, asíndetos e
eclipses, e tratan temas como a fidalguía, a tradición e a paisaxe. No que respecta ao ensaio,
destacan Ensaio histórico sobre a cultura galega, Síntese histórica do S.XVIII en Galicia, O libro
dos amigos e O espello na serán.

A.D. Rodríguez Castelao, desenvolveu a súa actividade en diversos lugates, entre os que se
encontra o seu exilio en Cuba e Bos Aires. Desde Pontevedra colaborou coas Irmandades da
Fala, a revista Nós e mesmo a Real Academia Galega. Estivo ligado ao Partido Galeguista, ás
Cortes Constituíntes e promocionou o Estatuto de Autonomía. A pesar da súa colaboración co
grupo Nós, non forma parte do mesmo pola súa orixe e pola súa evolución. Dentro da súa obra
pictórica destacan pequenos textos como Cousas da Vida, Cincuenta homes por dez reás,
Debuxos de negros e Atila en Galicia. Dentro da súa obra narrativa encóntrase Un ollo de vidro,
recolle as memorias dun esqueleto. Trátase dunha crítica humorística, social e política. A
estrutura consta dun prólogo, cun narrador editor, as memorias, en primeira persoa e con
temática de ultratumba e un epílogo co mesmo narrador ca no prólogo; Cousas, é unha obra
gráfica literaria, é a máis orixinal do autor. Consta dunha introdución na que se reflexiona
sobre a necesidade de comunicar a mensaxe que a pintura non pode expresar e dun remate
dos relatos coidadosamente traballado; Retrincos, consta de 5 relatos autobiográficos nos que
volve sobre as contradicións nas que nos movemos os seres humanos, os dous describen a súa
infancia en Argentina (“O segredo” e “O inglés”), e os outro tres a súa vida en Galicia (“Peito de
Lobo”, sobre a mocidade, “O retrato”, ao pouco de deixar a medicina e “Sabela”, sendo
deputado) e Os dous de sempre que segue a estrutura dunha novela picaresca e presenta os
dous tipos humanos fundamentais de sempre, o home espiritual emprendedor (Rañolas) e o
home material sen vontade (Pedriño), en boca dun narrador omnisciente. Na súas obras
trátase a vida do pobo con dignidade e temas como a morte, tinguida de humor. Pola súa
banda, a súa técnica caracterízase pola brevidade, a sinxeleza, o emprego de trazos selectivos
esenciais e o uso do humor e recursos realistas.

Cómpre facer mención tamén dentro da prosa deste período a Rafael Dieste. Da súa obra
destacan Dos arquivos do trasno e A fiestra baldeira. A primeira, influenciada por Castelao,
está formada por vinte relatos, que inclúen unha introdución, na que se fai unha reflexión
sobre a teoría do relato e a cal presenta unha unidade emotiva e un remate esencial. Os eixes
temáticos xiran entorno a psicoloxía, facendo referencia ao comportamento da xente, ao
ambiente mariñeiro e aos personaxes cheos de dignidade cun ritmo (obsesión-suspense-
remate sintético) e unha unidade estética e as experiencias extraordinarias rodeadas de maxia
e misterio cun final aberto e sorprendente. Nesta obra apréciase unha apelación aos oíntes, a
retrospección, a técnica do encaixe e ambientes tabernarios, o narrador en primeira persoa, o
ton serio e confidencial e un discurso sinxelo de frases breves.

Você também pode gostar