Você está na página 1de 2

SAÍDAS PEDAGÓXICAS E ACTIVIDADES

O EDL en colaboración coa Biblioteca realizou unha visita co alumnado de primeiro de bacharelato á
Biblioteca municipal de Verín para coñecer os seus fondos e funcionamento. Así mesmo, puidemos
achegarnos á figura de Xesús Taboada Chivite a través da exposición que permanece aberta no seu interior.

VISITA A OURENSE
Dentro das saídas pedagóxicas o EDL en colaboración cos Departamentos de Lingua e Literatura
Galega e Historia fixeron o Roteiro da Esmorga para coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade
que aparecen reflectidos na novela de lectura para esta avaliación, xunto coa visita a lugares
emblemáticos pola súa arquitectura e historia.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do Día da muller traballadora o EDL en colaboración coa Biblioteca desenvolveu
diversas actividades relacionadas para celebralo.

Você também pode gostar