Você está na página 1de 5

Breve historia do SAMAÍN e o Halloween

O territorio da nosa actual Galicia estivo habitado desde tempos inmemoriais. Os antropólogos e
historiadores din que xa aló polo neolítico vivían aquí os Oestrimnios .

Máis tarde, hai uns 3.000 anos, empezaron a chegar as primeiras tribus celtas . Estes pobos

trouxéronnos importantes avances científicos e técnicos como a

metalurxia do ferro e tamén as súas crenzas.

Como era común nas tribus da prehistoria, os celtas eran politeístas:


adoraban a diferentes deuses que representaban as forzas da Naturaza
e as condicións do espírito (a bondade, a sabiduría, a guerra, o lume, as
batallas, …).

A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro marcaba para os celtas o inicio do novo

ano. Crían que era unha noite máxica na que as almas dos defuntos podían volver ao

mundo dos vivos para visitar aos seus familiares

ou para arranxar contas pendentes. Para alonxar os

malos espíritos expoñían nas entradas dos seus

castros as caveiras dos inimigos derrotados


nas batallas .

EDL - CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) 1


Breve historia do SAMAÍN e o Halloween

Os celtas eran orixinarios da Europa Central, pero como eran

pobos de feros guerreiros, foron quen de ampliar o seu territorio

até abarcar gran parte de Europa, incluida a nosa Terra e a

maioría da Península Ibérica. Con eles levaron as súas crenzas,

entre elas a celebración da noite de Samaín.

Máis tarde, aló polo 226 a.C. chegou á península outro pobo moi forte militar e culturalmente: os
Romanos.
Costoulles moito conquistar aos celtas, pero ao final foron

quen de impoñer a súa cultura, incluidas as súas crenzas:

Tamén eran politeístas e, co paso do tempo, a celebración da

noite máxica dos difuntos do 31 de outubro foi substituida polo

culto a Pomona, a deusa romana da colleita.

EDL - CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) 2


Breve historia do SAMAÍN e o Halloween

Tempo despois, as crenzas politeístas foron substituidas por unha nova relixión que se expandiu

polo Imperio Romano: O cristianismo.

Nese momento adaptáronse as antigas festividades ás novas crenzas ; no caso da festa do 1 de

Novembro pasouse a celebrar o día de todos os santos.

Máis tarde viñeron outros pobos, como os suevos no 411 d.C.,… . Por outro

lado, a través dos sécalos seguimos recibindo influencias de moitas partes de

Europa, en gran parte gracias ao Camiño de Santiago desde finais do s. VIII.

**********************************************************************

Mentres pasaba isto en Galicia, noutras terras veciñas, como en Irlanda e os países

centroeuropeos, acontecía algo parecido: foron chegando pobos con crenzas e costumes moi

diferentes nalgunhas cousas e moi parecidos noutras.

No caso de Irlanda, a influencia celta foi moi forte xa que é un dos lugares onde chegaron máis

tribus celtas. Por isto mantiveron moitos costumes de orixe céltica . No que respecta á festa

do 1 de novembro, alí cambiáronse as caveiras prehistóricas por nabos baleiros cunha candea

dentro e decoradas para meter medo.

EDL - CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) 3


Breve historia do SAMAÍN e o Halloween

A mediados do s. XIX (1845) ,

fuxindo da fame e a superpoboación

no seu país, os Irlandeses

emigraron a Norteamérica.

Con eles levaron os seus costumes,

entre eles a celebración da noite

de Samaín herdada dos ancestros


Halloween ou Allhallows son xeitos de designar en
celtas.
inglés a festividade relixiosa de Todos os Santos.
En América comezaron a empregar
Os estadounidenses comezaron a celebrar esta festa
cabazas no canto de nabos, porque
por influencia dos emigrantes europeos. De feito á
eran moito máis abundantes.
cabaza tallada chámanlle Jack-O-lantern por unha

lenda de orixe irlandés.

Durante o século e medio de tradición en EE.UU. esta

festa derivou nun entroido de outono (eles non teñen


outro entroido) .

EDL - CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) 4


Breve historia do SAMAÍN e o Halloween

Na nosa terra a festa do 1


de novembro tamén foi
variando e enriquecéndose con
cada novo pobo que habitou
aquí.
Según nos contan os nosos
maiores, moito antes de
oirmos falar por estas terras
do Halloween, nalgunhas

Curiosamente, nos últimos partes de Galicia, a xente xa adoitaba baleirar, nabos


primeiro e logo cabazas, para poñerlle candeas dentro e
tempos a antiga festa que
asustar á xente polos camiños .
levaran a América os Se este costume se mantivo desde a Idade de
emigrantes, volve e exténdese Bronce (época dos celtas) ou se se perdera e volveu máis
tarde, a través dalgunha das moitas influencias que
por todo o mundo recibimos ao longo da historia (moitas delas tamén con
transformada nun poderoso antecedentes celtas) , seguramente é algo do que
probablemente nunca poderemos estar certos.
fenómeno comercial gracias
O que parece claro é que Halloween e Samaín son
á forte influencia da
dúas festas cunha raíz común moi antiga, pero cunha
industria cinematográfica historia moi diferente.

norteameriana.
EDL - CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) 5

Você também pode gostar