Você está na página 1de 2

Os alumnos de 3º da ESO do IES Lauro Olmo

do Barco recollen o seu premio na final galega


do Rally Matemático
en Cultura, Cultura, Educación, Última hora 5 de Abril de 2019
Este equipo, xunto aos outros catro galegos que ganaron no resto dos cursos, asistirán en maio á
final internacional de Toulouse

A Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de acoller este


venres a entrega dos premios da final galega do VII Rally Científico Matemático, que organiza a
Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, xunto a Consellería de Cultura e Turismo.
Os gañadores desta final galega resultaron se, en primeiro da ESO, o CPR Abrente de Portonovo
(Pontevedra); en segundo da ESO, o IES Rosalía de Castro de Santiago, e en terceiro o IES Lauro
Olmo do Barco de Valdeorras. En cuarto da ESO había dúas modalidades, a de matemáticas (común
ao resto dos niveis) e a de ciencias. Na de matemáticas, o vencedor foi o CPR Sagrado Corazón de
Placeres de Pontevedra. Na modalidade de ciencias impúxose o Colexio As Acacias de Vigo.
Estes cinco equipos ganadores asistirán en maio á final internacional de Toulouse, cuxo Rallye
mathématique sans frontières ten máis de 25 anos de traxectoria e onde os estudantes galegos
adoitan obter excelentes resultados.
Neste acto participaba o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como Pedro
Rodríguez Dafonte, vicedecano da Facultade de Química; Manuel Díaz Regueiro, presidente de
Igaciencia, e Inés Ben González, secretaria da mesma institución.
O Rally Científico Matemático organizado por Igaciencia é unha das probas científicas para
alumnado da ESO de maior participación en Galicia. Na súa sétima edición interviñeron 1016
alumnos adestrados e apoiados por 200 docentes, dos que só 120, pertencentes a 15 centros
educativos e acompañados de 30 profesores e profesoras, chegaron á final galega celebrada hoxe.

Você também pode gostar