Você está na página 1de 24

GUÍA SOBRE A

FORMACIÓN
PROFESIONAL BÁSICA

2019

Mónica Diz Besada


Guía sobre a Formación Profesional Básica en Galicia
Oferta de FPB na zona de Coruña
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

QUE É A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA?


É unha parte das ensinanzas da Formación Profesional do sistema educativo organizada en
perfiles profesionais que permite adquirir competencias profesionais dunha determinada
profesión.

CANTO DURA UN CICLO DE FP BÁSICA?


Un total de 2000 horas repartidas en 2 cursos académicos.
Na modalidade de FP dual poderán durar ata 3 cursos.

QUE TITULACIÓN SE ACADA E QUE SAÍDAS TEN?


Ao rematar obtense o título profesional básico. Inclúen alomenos unha cualificación profesional
básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Co título de FP Básica poderase acceder a :


 Ciclos de FP de Grao Medio (no perfil de cada título indícase os ciclos con preferencia de
acceso).
 Educación Secundaria de Adultos (ESA) e validar os ámbitos que permiten obter o título
de Graduado en Educación Secundaria.
 Posibilidade de obter o título de Graduado en ESO se o equipo docente considera que
alcanzaron os obxectivos da ESO e adquiriron as competencias correspondentes.
 Inserción no mercado laboral de xeito cualificado. O título de FP Básica ten os mesmos
efectos laborais que o título de ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico
de prevención de riscos laborais.
 Certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional da mesma familia
profesional (Existen 5 niveis de cualificación profesional).

CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER A UN CICLO DE FP BÁSICA:


Hai que cumprir todos e cada un dos seguintes requisitos:
- Cumprir os 15, 16 ou 17 anos no ano de comezo do programa.
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional mente,
ter cursado o segundo curso.
- Ser proposto/a polo equipo docente.
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes
requisitos:
 Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
 Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título
que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
 Estas persoas deberán presentar a solicitude de admisión nos prazos establecidos para a
oferta obrigatoria e, de existir máis solicitudes que prazas, asignaranse as prazas seguindo
o criterio de menor a maior idade.

O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (NEE) Poderá:


 Solicitar flexibilización modular: Temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito
fragmentado.
 Poderá cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades. Nos centros de
Educación Especial ofértanse Programas Formativos para alumnos con NEE. Trátase de
programas adaptados ás necesidades dos alumnos, onde poderán cursar módulos
profesionais dun título de FP Básica, e módulos de formación adaptados ás súas
necesidades.
2
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

QUE TIPO DE MÓDULOS SE ESTUDAN NA FP BÁSICA?

- Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións


Profesionais.
- Módulos asociados a bloques comúns:
 Módulo de comunicación e Sociedade I e II (Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e
Ciencias Sociais)
 Módulo de Ciencias Aplicadas I e II (Matemáticas e Ciencias Aplicadas ao contexto
persoal e ao campo profesional)
 Módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
 Titoría semanal.

TITORÍA SEMANAL:
Cada grupo contará cun titor/a e cunha hora de
titoría semanal onde se traballarán os seguintes
temas:
- Técnicas de estudo
- Resolución de conflitos
- Autoestima e responsabilidade
- Habilidades comunicativas
- Traballo en grupo
- Orientación académica e profesional

A AVALIACIÓN:
 Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos.
 Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos.
 Para promocionar haberá que superar todos os módulos ou cando os módulos
profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20
% do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais
pendentes de primeiro curso.
 A avaliación realizarase por módulos e haberá duas convocatorias anuais para a
superación dos módulos.

3
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

DOCENCIA COMPARTIDAN ENTRE DOUS CENTROS:


Poderase organizar a docencia de cada ciclo formativo de forma compartida entre dous centros, de
maneira que os módulos asociados a unidades de competencia se impartan nun centro, que será o
centro de referencia, e o resto dos módulos noutro centro, que será o centro asociado. O alumnado
pertencerá, para os efectos académicos e administrativos, ao centro de referencia.

QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE?


Ao inicio do mes de setembro hai que preguntar nun centro de secundaria ou consultar no portal
educativo edu.xunta.es/fp as datas exactas do presente curso académico. Os prazos do presente curso
(2018/2019) foron os que se sinalan a continuación:

PRAZOS APROXIMADOS
 Presentación de solicitudes: Do 3 ao 11 de setembro ata as 13´00h.
 Hai que entregar o consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de
orixe (anexo IV). De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as
titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o
consentimento de incorporación á formación profesional básica.
 Publicación da listaxe de admitidos e non admitidos: 12 de setembro
 Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: 13 e 14 de setembro
 Matrícula: Entre o 13 e o 20 de setembro.
 O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo presentará a
solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso
previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula
son os referidos con anterioridade.

LUGAR DE ENTREGA DA SOLICITUDE:


Nos centros que oferten ciclos de FP Básica. No caso de que a docencia do ciclo se
O alumnado que fose proposto/a para realizar un ciclo de formación profesional básica deberá
organice
presentar enúnica
unha dous solicitude
centros, ade
solicitude
admisióndeberá entregarse
e matrícula, no centro
na secretaría onde se
do centro enimpartan os
que pretendan
ser módulos
admitidos/as en primeira
asociados opción.
a unidades de No impreso de solicitude poderase sinalar ata dous ciclos de
competencia.
FPB en orde de preferencia. A documentación que se precisa entregar hai que recollela previamente
no centro de orixe.

No caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, de xeito que nun centro se impartan
os módulos asociados a unidades de competencia e o resto dos módulos noutro centro, a solicitude
deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

4
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PLAZAS:

 Nº de prazas por ciclo: 20, das cales 2 serán reservadas para o alumnos que teñan
recoñecida unha discapacidade.

 Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número


delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os
seguintes criterios de prioridade:
- Alumnado que cursase 2º de ESO.
- Alumnado que cursase 3º de ESO.
- Alumnado que cursase 4º de ESO.

 Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

 En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co
obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación
de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na
área profesional en que se demande a praza de formación.

 Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o


procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con
competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes
sostidos con fondos públicos.

 Resultado do sorteo 2019:


- Letras primeiro apelido: "E" e "C"
- Letras segundo apelido: "U" e "P"

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE:


(Pide os anexos no teu centro de orixe)

 Anexo I: Impreso de solicitude asinado polo solicitante ou polos titores legais no caso de ser
menor de idade.
 Anexo II: Consello orientador asinado polo titor, orientador e Director do centro de orixe.
 Anexo III: Consentimento asinado polo pai/ nai / titor/a legal do alumno para cursar estas
ensinanzas (este anexo entrégase no centro de orixe).
 Anexo IV: Comunicación de incorporación á FP Básica de que foi proposto polo equipo docente,
asinada polo Director do centro de orixe.
 Certificado de discapacidade (se procede).
 Copia DNI ou NIE, en caso de non dar consentimento para comprobación de datos.

5
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

26 PERFILES PROFESIONAIS

Administración e xestión
CBADG01 - Servizos administrativos

Agraria
CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais
CBAGA02 - Actividades agropecuarias
CBAGA03 - Aproveitamentos forestais

Artes gráficas
CBARG01 - Artes gráficas

Comercio e márketing
CBCOM01 - Servizos comerciais

Electricidade e electrónica
CBELE01 - Electricidade e electrónica
CBELE02 - Instalacións electrotécnicas e mecánica

Edificación e obra civil


CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios

Fabricación mecánica
CBFME01 - Fabricación e montaxe
CBFME02 - Fabricación de elementos metálicos

Hostalaría e turismo
CBHOT01 - Cociña e restauración
CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría
CBHOT03 - Actividades de panadaría e pastelaría

Informática e comunicacións
CBIFC01 - Informática e comunicacións
CBIFC02 - Informática de oficina

Instalación e mantemento
CBIMA01 - Mantemento de vivendas

Imaxe persoal
CBIMP01 - Peiteado e estética

Industrias alimentarias
CBINA01 - Industrias alimentarias

Madeira, moble e cortiza


CBMAM01 - Carpintaría e moble

Marítimo-pesqueira
CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras

Servizos socioculturais e á comunidade


CBSSC01 - Actividades domésticas e limpeza de edificios

Téxtil, confección e pel


CBTCP01 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel
CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe

Transporte e mantemento de vehículos


CBTMV01 - Mantemento de vehículos
CBTMV02 - Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo

Vidro e cerámica
CBVIC01 - Vidraría e olaría
6
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

Na zona de A Coruña
Curso 18/19

OFERTA DE CICLOS DE FP BÁSICA NA ZONA DE A CORUÑA


CONCELLO CÓDIGO CENTRO CÓDIGO PERFIL PROFESIONAL Nº
CENTRO CICLO PRAZAS
A CORUÑA 15004204 IES Calvo CBARG01 Artes Gráficas 20
Sotelo CBMAM01 Carpintaría e moble 20
CBFME01 Fabricación e montaxe 20
15005269 IES Urbano CBELE01 Electricidade e electrónica 20
Lugrís
15005397 IES Fernando CBIFC01 Informática e comunicacións 20
Wirtz Suárez
15024513 CIFP Someso CBFME01 Fabricación e Montaxe 20
Centro asociado -15027770 - IES A Sardiñeira
CBTMV01 Mantenemento de vehículos 20
Centro asociado –15027770 - IES A Sardiñeira
CBMAM01 Carpintaría e moble 20
Centro asociado – 15027770 – IES A
Sardiñeira
CBEOC01 Reforma e mante mento de edificios 20
Centro asociado – 15005579 – IES Plurilingüe
Elviña
CBIMP01 Peiteado e estética 40
Centro asociado - 15005579 - IES Plurilingüe
Elviña
150278997 CIFP Paseo CBHOT02 Aloxamento e lavandaría 20
das Pontes Centro asociado - 15005269 - IES Urbano
Lugrís
CBTCP01 Arranxos e reparación de artigos téxtiles e 20
de pel
Centro asociado - 15005269 - IES Urbano
Lugrís
15004794 CPR Fogar de CBCOM01 Servizos Comerciais 20
Santa
Margarita
15004356 CPR Nebrija CBIFC01 Informática e comunicacións 20
Torre de CBADG01 Servizos administrativos 20
Hércules
15004782 CPR Plur. La CBADG01 Servizos administrativos 20
Grande Obra
de Atocha
15005385 CEE María CBARG50 PFB Reprografía 20
Mariño (Programa adaptado para alumnos con NEE)
CBAGA51 PFB Xardinaría e viveirismo 20
(Programa adaptado para alumnos con NEE)
CBHOT50 PFB de Servizos de restauración 20
(Programa adaptado para alumnos con NEE)
15005336 CEE Nosa CBSSC51 PFB de Actividades domésticas 20
señora Do (Programa adaptado para alumnos con NEE)
Rosario
PFB Peiteado 20
(Programa adaptado para alumnos con NEE)
ARTEIXO 15023314 IES de Sabón CBELE01 Electricidade e electrónica 20
CBHOT01 Cociña e restauración 20
CAMBRE 15027873 IES Alfonso X o CBIFC02 I Informática de oficina 20
Sabio
CULLEREDO 15005749 IES CBMAP01 Actividades marítimo - pesqueiras 20
Universidade CBELE01 Electricidade e electrónica 20
Laboral CBFME01 Fabricación e montaxe 20
CBHOT02 Aloxamento e lavandaría 20
OLEIROS 15027228 IES María CBELE01 Electricidade e electrónica 20
Casares

7
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

OS PERFILES DE FP BÁSICA OFERTADOS NA ZONA DA CORUÑA

1. Actividades marítimo pesqueiras:

Que se aprende a facer?


Realizar actividades básicas de navegación e pesca, e de servizo na sala máquinas de buques de
pesca, operando coa calidade indicada, observando as normas de prevención de riscos laborais e
protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas
galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


A bordo de buques de pesca e auxiliares de acuicultura.

Que ocupacións desempeñan?


Mariñeiro/a de máquinas; mariñeiro/a de ponte; mariñeiro/a de pesca; mariscador/ora a flote.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Mantemento de equipamentos auxiliares en barcos de pesca 267
Mantemento de motores en barcos de pesca 204
Seguridade e primeiros auxilios en barcos de pesca 58
Actividades en cubertas de barcos de pesca 135
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Pesca con artes de enmalle e marisqueo 135
Pesca con palangre, arrastre e cerco 141
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Actividades marítimo-pesqueiras.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Industrias extractivas
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo-pesqueira
- Química
- Transporte e mantemento de vehículos

8
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

2. Aloxamento e lavandería:

Que se aprende a facer?


Realizar con autonomía a limpeza e posta a punto das habitacións en aloxamentos turísticos ou
doutra índole, e das súas áreas comúns, coidando o bo estado das instalacións e da moblaxe, así
como realizar as operacións de clasificación, lavado e limpeza de artigos téxtiles en instalacións
industriais, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de
calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección
ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en
linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividade habitualmente por conta allea en hoteis ou outro tipo de aloxamentos turísticos, e en
residencias escolares, de maiores, sanitarias, etc., así como en empresas de servizos de atención a
colectividades, e en lavandarías industriais e de proximidade.

Que ocupacións desempeñan?


Camareiro/a de pisos, en establecementos de aloxamento turístico, en calquera tipoloxía,
modalidade ou categoría; valet ou mozo/a de habitacións; auxiliar de pisos e limpeza; auxiliar de
lavandaría e lenzaría en establecementos de aloxamento; operador/ora de máquinas lavadoras e
secadoras de pezas; operador/ora de máquinas e equipamentos de pasada do ferro a pezas.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Lavado e secado de roupa 117
Materiais e produtos téxtiles 88
Pasada do ferro e embolsamento de roupa 116
Posta a punto de habitacións e zonas comúns en aloxamento 208
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Lavandaría e mantemento de lenzaría no aloxamento 263
Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering 90
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Aloxamento e lavandaría.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias

9
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

3. Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel:

Que se aprende a facer?


Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e
complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así
como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de
duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseg uindo
produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo
as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e
comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua
estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns
dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo
de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas
empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela
final.

Que ocupacións desempeñan?


Zapateiro/a reparador/ora de calzado; axudante de reparación de calzado; reparador/ora de
artigos de marroquinaría; axudante de marroquinaría; gornecioneiro/a; marroquineiro/a
artesanal; costureiro/a á man ou con máquina doméstica; costureiro zurcidor/ora; modista de
arranxos e composturas; operario/a de confección; operario/a de modistaría.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Confección de artigos téxtiles para decoración 204
Reparación de artigos de marroquinaría e creación de pequenos artigos
175
de
Reparación de calzado e actividades complementarias 150
Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar 265
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Materiais e produtos téxtiles 88
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Profesional básico en Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Administración e xestión
- Artes gráficas
- Comercio e márketing
- Téxtil, confección e pel
- Vidro e cerámica

10
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

4. Artes Gráficas:

Que se aprende a facer?


Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a
finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando
coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo
vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha
lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en departamentos de preimpresión, impresión, encadernación,
manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis
organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta
propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de
multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos
de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo,
onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa
dunha persoa responsable.

Que ocupacións desempeñan?


Operario/a de reprografía; operario/a de acabamentos de reprografía; auxiliar técnico/a de
máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de taller en industrias gráficas; axudante
de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de máquinas e equipamentos de
produción gráfica; operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais; operario/a de
oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais; manipulador/ora de produtos de
xigantografía; peón da industria gráfica.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos 177
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Informática básica aplicada en industrias gráficas 117
Traballos de reprografía 177
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Manipulacións en industrias gráficas 164
Operacións de almacén en industrias gráficas 90
Operacións de produción gráfica 157
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Artes Gráficas.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Administración e xestión - Téxtil, confección e pel
- Artes gráficas - Vidro e cerámica
- Comercio e márketing

11
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

5. Carpintaría e moble:

Que se aprende a facer?


Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e
moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de
acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa
estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de
prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose
oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e
á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de
acabamento e tapizado de mobles en xeral.

Que ocupacións desempeñan?


Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou
similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e
embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e
vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora
e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles;
embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da
cortiza; tapiceiro/a de mobles.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Instalación de elementos de carpintaría e moble 160
Materiais e produtos téxtiles 88
Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados 281
Acabamentos básicos da madeira 180
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Tapizado de mobles 173
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Carpintaría e moble.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Instalación e mantemento
- Edificación e obra civil
- Madeira, moble e cortiza
- Electricidade e electrónica
- Marítimo-pesqueira
- Fabricación mecánica
- Transporte e mantemento de
- Informática e comunicacións
vehículos

12
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

6. Electricidade e electrónica:

Que se aprende a facer?


Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos
eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para
edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade
indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental
correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como
nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións
electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de
nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da
Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.

Que ocupacións desempeñan?


Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas
receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos
telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de
comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da
industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas
microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos;
auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora
de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de
circuíto impreso.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Equipamentos eléctricos e electrónicos 233
Instalacións eléctricas e domóticas 296
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206
Instalacións de telecomunicacións 205
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Electricidade e electrónica.

Criterios de preferencia para a admisión a ciclos formativos de grao medio


Este título outorga preferencia para a admisión, en caso de concorrencia competitiva, a todos os
títulos de grao medio das familias profesionais de:
- Edificación e obra civil
- Madeira, moble e cortiza
- Electricidade e electrónica
- Marítimo-pesqueira
- Enerxía e auga
- Química
- Fabricación mecánica
- Transporte e mantemento de
- Industrias extractivas
vehículos
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
13
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

7. Fabricación e montaxe:

Que se aprende a facer?


Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais
férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos
de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as
normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e
comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua
estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á
montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de
instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

Que ocupacións desempeñan?


Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a;
montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción;
montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de
climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Carpintaría de aluminio e PVC 175
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Operacións básicas de fabricación 179
Soldadura e carpintaría metálica 175
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Fontanaría e calefacción básica 157
Formación en centros de traballo 320
Montaxe de equipamentos de climatización 97
Redes de evacuación 157
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Fabricación e montaxe.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Edificación e obra civil - Instalación e mantemento
- Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza
- Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira
- Fabricación mecánica - Química
- Industrias extractivas - Transporte e mantemento de
- Informática e comunicacións vehículos

14
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

8. Informática e comunicacións:

Que se aprende a facer?


Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos,
periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e
electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de
protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por
escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento
e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así
como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

Que ocupacións desempeñan?


Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite; axudante de
instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de
instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora e
reparador/ora de instalacións telefónicas; axudante de montador/ora de sistemas
microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de
instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión
de datos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de
mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e
equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto
impreso.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Equipamentos eléctricos e electrónicos 233
Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206
Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Informática e comunicacións.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber áis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Edificación e obra civil - Instalación e mantemento
- Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza
- Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira
- Fabricación mecánica - Química
- Industrias extractivas - Transporte e mantemento
- Informática e comunicacións de vehículos

15
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

9. Informática de oficina:
Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos,
periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de
documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección
ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en
linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao
mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou
electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

Que ocupacións desempeñan?


Axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas
informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de
sistemas para transmisión de datos; auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; gravador-
verificador de datos; auxiliar de dixitalización; operador documental.

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296
Ofimática e arquivamento de documentos 233
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206
Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Informática de oficina.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:

- Edificación e obra civil


- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Industrias extractivas
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo-pesqueira
- Química
- Transporte e mantemento de vehículos
16
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

10. Mantemento de vehículos:

Que se aprende a facer?


Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos,
periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e
electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de
protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por
escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento
e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así
como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

Que ocupacións desempeñan?


Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite; axudante de
instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de
instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora e
reparador/ora de instalacións telefónicas; axudante de montador/ora de sistemas
microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de
instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión
de datos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de
mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e
equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto
impreso.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Equipamentos eléctricos e electrónicos 233
Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206
Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Informática e comunicacións.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Edificación e obra civil - Instalación e mantemento
- Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza
- Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira
- Fabricación mecánica - Química
- Industrias extractivas - Transporte e mantemento de
- Informática e comunicacións vehículos

17
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

11. Peiteado e estética:

Que se aprende a facer?


Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de
maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os
equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal,
operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e
protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas
galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética,
en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e
balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito
autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.

Que ocupacións desempeñan?


Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de
depilación.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Cambio de cor do cabelo 150
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua 117
Lavado e cambios de forma do cabelo 175
Preparación do contorno profesional 87
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Coidados estéticos básicos de uñas 135
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Maquillaxe 218
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Peiteado e estética.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias

18
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

12. Reforma e mantemento de edificios:

Que se aprende a facer?


Realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova, rehabilitación e reforma,
colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e
nos traballos de azulexado, pavimentación e pintura, operando coa calidade indicada, cumprindo
as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e
comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua
estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


En pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á execución, á reforma e á rehabilitación
de obras de edificación e urbanización, por conta allea.

Que ocupacións desempeñan?


Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en
pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora;
axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de
empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de
mantemento básico de edificios.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Albanelaría básica 234
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Reformas e mantemento básico de edificios 179
Traballos de pavimentación exterior e de urbanización 116
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Falsos teitos 112
Formación en centros de traballo 320
Gornecementos e revocaduras 112
Pintura e empapelamento 187
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Reforma e mantemento de edificios.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo-pesqueira
- Transporte e mantemento de vehículos

19
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

13. Servizos administrativos:

Que se aprende a facer?


Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa
persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de
hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como
nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo
de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos..

Que ocupacións se desempeñan?


Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de
información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora
de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización;
operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora
de cobramento ou caixeiro/a.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Arquivamento e comunicación 146
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Técnicas administrativas básicas 179
Tratamento informático de datos 204
Aplicacións básicas de ofimática 240
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Preparación de pedidos e venda de produtos 113
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Servizos administrativos.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
- Administración e xestión
- Artes gráficas
- Comercio e márketing
- Téxtil, confección e pel
- Vidro e cerámica

20
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

14. Servizos comerciais:


Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e
mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos
establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as
normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e
comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua
estranxeira.

En que ámbitos se traballa?


Actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, tanto por xunto (centrais de
compras, mercados centrais de abastos, “cash and carry”, etc.), como retallistas (tendas,
supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais), en centros de distribución
comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos.

Que ocupacións desempeñan?


Auxiliar de dependente de comercio; auxiliar de animación do punto de venda; auxiliar de venda;
auxiliar de promoción de vendas; empregado/a de reposición; operador/ora de cobramento ou
caixeiro/a; operario/a de pedidos; operador/ora de carreta de recepción e expedición;
contador/ora de recepción e expedición; operario/a de loxística; auxiliar de información.

Cales son os módulos deste ciclo?


Módulos Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Operacións auxiliares de almacenaxe 146
Técnicas básicas de merchandising 179
Tratamento informático de datos 204
Aplicacións básicas de ofimática 240
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Preparación de pedidos e venda de produtos 113
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?


Título profesional básico en Servizos comerciais.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a
admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias
profesionais de:
 Administración e xestión
 Artes gráficas
 Comercio e márketing
 Téxtil, confección e pel
 Vidro e cerámica

21
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

IMPRESO DE SOLICITUDE (ANEXO I)

22
Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

23
MÁIS INFORMACIÓN EN:

www.edu.xunta.es/fp/fpbasica

Blog de Orientación:

http://monicadizorienta.blogspot.com

Você também pode gostar