Você está na página 1de 14

Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Tema 3: A orixe da vida e do home. Tema 3: A orixe da vida e do home


3.0. ¿Que define a un ser vivo?
3.1. Teorías sobre a orixe da vida.
3.2. Teorías sobre a evolución da vida.
3.3. Breve historia da vida.
3.4. Breve historia do home.

… A evolución, polo contrario, está moi lonxe da perfección, como constataba repetidamente
Darwin, cada vez que se enfrontaba ao argumento da creación perfecta. Ao longo e ancho da Orixe das
especies, Darwin insiste nas imperfeccións estruturais e funcionais do mundo dos seres vivos.
Continuamente fai fincapé nas rarezas, nas solucións estrañas que un Deus razoable nunca utilizaría. E un
dos mellores argumentos contra a perfección procede da extinción de especies. Pódese valorar en varios
millóns o número de especies que viven na actualidade. Pero o número de especies que desapareceron nun
momento ou noutro debe ascender como mínimo a uns quiñentos millóns, segundo cálculos de G.C.
Simpson.
A evolución non obtén as súas innovacións da nada. Elabora sobre o que xa existe, ben
transformando un sistema antigo para asignarlle unha nova función, ben combinando diversos sistemas
para construír outro máis complexo. O proceso de selección natural non se parece a ningún aspecto do
comportamento humano. Pero si se trata de establecer unha comparación, entón hai que dicir que a
selección natural non traballa coma un enxeñeiro, senón coma un “experto en bricolaxe”
O xogo do posible.

3.0. ¿Que define a un ser vivo? François Jacob.

Os seres vivos estamos formados maioritariamente por catro


elementos que suman máis do 99% da nosa composición química.
Sorprendentemente dous dos elementos máis abundantes, o hidróxeno e o
osíxeno que suman máis do 70% dos nosos corpos, son elementos moi
pouco abundantes na codia terrestre polo que a vida non utiliza os
elementos máis frecuentes senón outros que, por algún motivo, resultan
máis útiles para os organismos.
O osíxeno e o hidróxeno son os constituíntes da auga, a molécula
maioritaria nos seres vivos, e ese é o motivo da
Porcentaxe de auga en:
súa abundancia. A vida orixinouse na auga e non Algas........ ........ 95%
Fungos............... 80%
somos capaces de imaxinar a vida sen ela. Caracois............ 80%
A auga atópase nos organismos vivos en tres formas: Sementes........... 10%

o Como auga circulante: no sangue ou na savia. ( 8 por cento do peso dun home)
o Coma auga intersticial, entre as células. ( 15 por cento do peso dun home)
o Coma auga intracelular, no citosol e no interior dos orgánulos celulares. ( 40 por cento do
peso dun home)

1
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

Como é lóxico, debido á súa abundancia, a auga ten múltiples funcións nos seres vivos:
termorreguladora, estrutural, amortiguación mecánica, disolvente,…
Por outro lado, o carbono pode formar un gran número de enlaces, ata catro, para dar lugar a
moléculas de gran complexidade estrutural. Todas as moléculas dos seres vivos están formadas por un
esqueleto de átomos de carbono unidos entre si para formar cadeas ou aneis. Glícidos, lípidos, proteínas e
ácidos nucleicos, os catro grupos de moléculas que forman os seres vivos, comparten este característica
estrutural.
A vida precisa, ademais de materia, de enerxía. Se privamos de enerxía a un organismo vivo morre e
descomponse pero, por que. As transformación de enerxía que teñen lugar nos organismos vivos deben
cumprir as leis da física, incluíndo o segundo principio da termodinámica. Segundo este, en todos os
sistemas pechados (que non intercambian enerxía co contorno) a entropía tende a aumentar co paso do
tempo, é dicir, se non incorporamos enerxía a un sistema este irá pouco a pouco aumentando o grao de
desorde enerxético e espacial. Todos entendemos que é a desorde espacial pero que é a desorde enerxética,
pois non é máis que o paso de enerxía de alta calidade (luminosa por exemplo) a enerxía de baixa calidade
(calor). Os seres vivos estamos formados por estruturas ordenadas e complexas, sendo ambas características
obtidas mediante a utilización de enerxía de alta calidade. Esta enerxía pode obterse directamente do Sol, no
caso dos organismos fototrofos, ou de reaccións de óxido redución, nos quimiotrofos, e vai ser utilizada en
manter a temperatura, en desprazarnos, en estudar, ... Se non incorporamos enerxía, é dicir, se nos
convertemos nun sistema pechado, as nosas estruturas tenderán á desorde e polo tanto morreremos.
A morte é, por tanto, unha desgraciada consecuencia das leis da física e non unha característica dos
seres vivos. Os seres vivos caracterízanse fundamentalmente por:
1. Estar formados por materia orgánica organizada en glícidos, lípidos, proteínas e ácidos
nucleicos.
2. Estar formados por células.
3. Intercambiar materia e enerxía co seu contorno, procesala e transformala mediante o
metabolismo. (función de nutrición)
4. Recibir e responder a información do seu medio. (Función de relación)
5. Formar copias ou réplicas de si mesmos (Función de reprodución)

3.1. Teorías sobre a orixe da vida.

Calquera teoría sobre a orixe da vida debe responder á orixe de todas as características da vida: as
biomoléculas orgánicas, as células e as función vitais.
Xa vimos que as biomoléculas orgánicas son moi diferentes das que compoñen a materia inorgánica e
polo tanto a súa orixe tamén debeu ser diferente. Para algúns científicos a resposta a esta pregunta é que a
vida non se orixinou na Terra senón que chegou a ela dende o espazo, despois de ser xerada noutro lugar no
que as condicións físicas e químicas foran máis favorables. Esta teoría, a panspermia, presenta tres
problemas, escapa do alcance da ciencia experimental xa que non pode ser posta a proba, non resolve o

2
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

problema unicamente traslada o lugar no que tivo lugar e é posible concibir teorías alternativas que sitúan a
orixe da vida no noso planeta.
Para explicar a orixe da vida primeiro temos que analizar as características do contorno no que esta
tivo lugar. A vida orixinouse nunha atmosfera primitiva que debía ter unha composición diferente á actual.
Parece lóxico pensar que debía ser máis rica en hidróxeno, e polo tanto en compostos coma o metano(CH4) e
o amoníaco (NH3), e tamén que non debía ter osíxeno libre (xa que a Xeoloxía nos demostra que este
empezou a ser un compoñente maioritaria na atmosfera hai 2.600 millóns de anos grazas á acción dos seres
vivos) Recreando en laboratorio estas condicións os científicos foron capaces de obter todas as biomoléculas
orgánicas polo que hoxe sabemos que estas puideron orixinarse na Terra primitiva. Pero, evidentemente,
estas condicións non deben ser estrañas noutros lugares do universo polo que podemos pensar na
posibilidade de que as moléculas orgánicas se orixinaran tamén noutros lugares (de feito as moléculas
orgánicas non son infrecuentes no espazo) e, como consecuencia, na opción de que exista vida noutros
lugares do universo.

Unha vez coñecemos a orixe das biomoléculas orgánicas quedan por explicar os mecanismos que
permitiron a formación das primeiras células capaces de realizar as funcións vitais. Este segundo mecanismo
non está aclarado totalmente, aínda que evidentemente temos dados moitos pasos que nos permiten
entendelo parcialmente.
A primeira teoría científica sobre a orixe da vida foi a teoría da xeración espontánea (non
consideramos a creación unha teoría científica do mesmo modo que non o facemos coa posibilidade de que
sexamos experimentos de organismos extraterrestres, non son teorías científicas senón pseudocientíficas).
Segundo esta teoría a vida podía orixinarse non só a partir dos seus proxenitores senón tamén a partir de

3
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

vexetais, de terra ou de determinadas


combinacións de materiais inertes e seres
vivos. (dubidar de que os escaravellos e as
avespas orixínanse no esterco é dubidar da
razón, dos sentidos e da experiencia)
Numerosas experiencias, entre as
que destacan as de Pasteur, demostraron a
imposibilidade destas teorías e a necesidade
de que todo ser vivo proceda doutro ser
vivo.

Nesta situación, ¿como explicamos


a orixe da primeira célula? (lembremos que esa primeira célula debe ter as características dos seres vivos:
unha membrana que separe un medio interno dun medio externo e individualice a célula e debe nutrirse,
relacionarse e reproducirse)
As dúas teorías máis aceptadas sitúan a orixe da vida na auga: en fumarolas submarinas ou en charcas
con alta concentración de biomoléculas orgánicas nas zonas costeiras. Recreando as condicións destes
ambientes en laboratorio fomos capaces de orixinar estruturas que diferencian un medio externo dun medio
interno, os coacervados, que son capaces de intercambiar materia co entorno e incluso, en determinadas
condicións, de dividirse dando lugar a novas estruturas.
Pero estes coacervados son demasiado simples e seguimos tendo máis os interrogantes que as
respostas. Un dos máis importantes debe levarnos a comprender cal foi a molécula que asumiu a
organización do resto das estruturas moleculares. Hoxe o ADN dirixe o funcionamento da célula pero,
houbo vida sen ADN?, e sen ARN? existiu unha vida previa aos ácidos nucleicos?, Todas estas cuestións
deberán ser explicadas nun futuro no que incluso poderíamos pensar na posibilidade de orixinar vida nun
laboratorio. (outro tema será se debemos intentalo)

3.2. Teorías sobre a evolución da vida.

Antes de profundar nas teorías evolutivas é interesante que realicemos unha panorámica sobre a
biodiversidade da Terra. Podemos afirmar que existen no planeta millón e medio de especies determinadas e
un número descoñecido de especies por determinar, algunhas das cales están desaparecendo sen que teñamos
oportunidade de coñecelas.
Todos os seres vivos deberán ser clasificados, segundo as células que os formen, como procariotas,
sen núcleo e orgánulos diferenciados, ou eucariotas. Todos os organismos procariotas pertencen ao Reino
Moneras.O Reino Protoctistas inclúe a protozoos e algas, todos eucariotas unicelulares ou pluricelulares
pero sen fomar verdadeiros tecidos. O Reino Fungi, os fungos, caracterízase porque todos eles están

4
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

formados por células eucariotas vexetais, non forman verdadeiros tecidos e son heterotrofos. Por último, os
Reinos Animal e Vexetal caracterízanse por estar formados por células eucariotas animais e vexetais
respectivamente e porque as súas células forman verdadeiros tecidos. Cómo se orixinou toda esta
biodiversidade a partir dun grupo reducido de células iniciais é o obxecto de estudo das teorías evolutivas.
A primeira teoría que buscaba explicar a orixe da biodiversidade coñécese como fixismo (na súa
forma relixiosa chámase creacionismo pero nós imos falar da hipótese científica non da pseudocientífica).
Segundo esta teoría a biodiversidade xurdiu ao principio dos tempos e permanece invariable dende entón.
Non existe ningunha proba que apoie esta teoría pero ,evidentemente, é a primeira resposta lóxica que nos
proporciona o sentido común.
A segunda opción, o Catastrofismo, xorde xa no século XVIII da man fundamentalmente do conde de
Buffon. Segundo esta teoría, marabillosamente defendida no seu libro As épocas da natureza, na historia da
Terra sucedíanse grandes catástrofes e a biodiversidade xurdía de novo tras cada unha delas con lixeiras
variacións, por exemplo, a medida que a temperatura da Terra ía reducíndose o tamaño dos organismos que
habitaban nela tamén o facía, ese era o motivo de que os dinosauros viviran en épocas pasadas.
O principal valor das teorías catastrofistas é o de servir de precursor das teorías evolutivas xa que
implicaba a posibilidade de cambio, característica definitoria das teorías evolutivas.
A hipótese evolucionista de Lamark, en 1808, vai ser a primeira explicación científica dos procesos
de evolución biolóxica. Os postulados fundamentais desta teoría son os seguintes:
1. A xeración espontánea é un feito.
2. Os organismos presentan un pulo interno que os leva a buscar a perfección.
3. Os organismos teñen capacidade para adaptarse ao ambiente. A evolución sería, por tanto,
adaptativa, primeiro cambia o ambiente e despois o organismo.
4. A herdanza dos caracteres adquiridos.
5. A evolución é un proceso gradual.
6. A Terra ten que ser moi antiga para que todos os procesos evolutivos tiveran tempo de actuar.
Estes dous últimos puntos son as principais achegas de Lamarck ás teorías evolutivas, xa que o resto
dos seus postulados non lograron superar o peso das probas. Pero as teorías de Lamarck tiveron un valor moi
especial, puxeron o debate sobre a evolución sobre o tapete da discusión científica.
O ano 1858 publicouse un comunicado, asinado por dous naturalismo pouco coñecidos, C. Darwin e
A.R.Wallace, na Sociedade Linneana de Londres que ía cambiar o curso da Bioloxía. Coa publicación ao
ano seguinte do libro A orixe das especies por medio da selección natural, no que expoñía con maior
profundidade a tese defendida na comunicación, Darwin achegaba dúas cuestións fundamentais á polémica:
un mecanismo para a evolución e numerosas probas do proceso evolutivo. Os principais postulados da
hipótese darwiniana son os seguintes:
1. Os organismos semellantes están emparentados.
2. O mundo está en continua evolución que é un proceso gradual.
3. En cada xeración nacen moitos máis individuos dos que poden sobrevivir.

5
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

4. A evolución sucede en dúas etapas: en cada xeración xorden pequenas diferenzas entre os
organismos e a selección natural só permite a supervivencia dos que presentan maior eficiencia
biolóxica. Como consecuencia desta segunda etapa da evolución, só un grupo de organismos teñen
descendencia perpetuando as súas características.
Na Orixe das especies a través da selección natural, un libro que debe ser considerado un exemplo de
literatura científica, Darwin proporciona numerosas probas tanto do proceso evolutivo como do mecanismo
de selección natural.
a. Existe unha alta variabilidade entre as especies domésticas.
b. Esa variabilidade pode manexarse por selección artificial. Podemos seleccionar especies
vexetais e animais para mellorar os produtos.
c. Nas poboacións salvaxes tamén existe esta variabilidade.
d. Os fósiles aportan evidencias dunha enorme biodiversidade e de analoxías entre organismos
extintos e actuais.
e. A anatomía e a fisioloxía comparadas tamén achegan probas de que os organismos
semellantes deben estar emparentados.
Dende o momento da súa publicación o libro de Darwin converteuse nun
best-seller e provocou unha das maiores revolucións científicas da historia pero,
por qué. Os motivos de que a teoría evolutiva de Darwin fora discutida, e incluso
aceptada rapidamente provocando un cambio de paradigma, son moi diversos.
Xorde no momento adecuado, xusto despois de que C. Lyell enunciara o principio
do actualismo. A idea de evolución leva anos discutíndose nos círculos científicos.
Presenta unha gran cantidade de probas, grazas á capacidade de observación, ata o
aburrimento, que demostrou Darwin toda a súa vida. E, por último, un grupo de científicos novos e
entusiastas fixeron propia a teoría e se dedicaron a defendela con fereza (estes individuos recibiron o alcume
dos “cans de Darwin”)
A pesar de que a teoría de Darwin é a columna vertebral das teorías evolutivas actuais, a
incorporación dos coñecementos posteriores provocaron modificacións e melloras nos seus enunciados
conformando a Teoría Sintética da Evolución, tamén coñecida coma Neodarwinismo. Segundo esta teoría,
exposta por Dobzhansky, a evolución prodúcese do seguinte xeito:
1. A mutación produce variacións xenotípicas (nos xenes) nos individuos dunha poboación
dando lugar, en ocasións, a modificacións fenotípicas (nas características do individuo).
2. Os organismos coas variacións máis vantaxosas sobreviven mellor e teñen máis fillos polo
que a frecuencia dos seus xenes na poboación aumenta (Selección natural)

6
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

A teoría da evolución segue hoxe sendo obxecto de debate, pero este se centra nos mecanismos non
no feito en si que é aceptado en todos os ámbitos da Bioloxía. Unha das polémicas refírese á posibilidade de
que a evolución non suceda de forma gradual. Esta teoría, o equilibrio puntuado, ten unha importante base
na xenética molecular.
Cales son as probas da evolución para que hoxe sexa aceptada coma un feito irrefutable. Pois son
moitas e variadas, aquí tendes algunhas delas:
1. Anatómicas, mediante a anatomía comparada.
Demóstranos que o esquema estrutural de moitos órganos, os
homólogos, é o mesmo en distintos organismos. O exemplo
clásico de órganos homólogos son as extremidades dos
mamíferos que, aínda que son utilizadas para distintos fins,
teñen a mesma estrutura básica. A única explicación para esta
situación é que os órganos homólogos deben ter unha mesma
orixe, un antepasado común, pero modificáronse para realizar
distintas funcións. (A evolución funcionaría como un experto en
bricolaxe que aproveita o que ten para deseñar novas estruturas)
2. Paleontolóxicas. Atópanse fósiles con características intermedias entre especies de
grupos taxonómicos diferentes. Un dos casos máis coñecidos é o do Archeopterix litographica,
que mostra un conxunto de caracteres intermedios entre aves e réptiles.
3. Domesticación. As características actuais de moitas especies, trigo, porcos,..., son
froito da selección realizada polo ser humano ao longo dos séculos. Se esta selección artificial é
posible tamén pode producirse unha selección na natureza.
4. Outras: bioquímica comparada, hibridación do ADN, análise inmunolóxico, etc.

3.1. Breve historia da Vida.

Todas as células deben proceder dun grupo de células ancestrais que xa estaban presentes na Terra hai
3.800 millóns de anos. Estes organismos debían ser similares ás actuais bacterias heterotrofas anaerobias
(obteñen a súa enerxía da transformación de moléculas orgánicas e mediante fermentación, é dicir, sen usar
osíxeno, de feito é probable que non foran capaces de toleralo). Os primeiros fósiles dos que dispoñemos
son os estromatolitos, cunha antigüidade de uns 3500 millóns de anos,están formadas pola superposición de
centos de finas capas de sedimentos ricos en carbonato cálcico entre as que se atopan restos fosilizados de

7
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

bacterias. Estruturas similares seguen formándose na actualidade en lugares tan dispares como Australia ou
o delta do Ebro. O estudo destes tapetes microbianos demostra que están formados por varios tipos de
bacterias con metabolismos diferentes: fotosintéticas, bacterias do xofre ou descompoñedoras, polo que
podemos afirmar que a vida apareceu moito antes, xa que senón é difícil producir tanta variabilidade en
pouco tempo.
Os organismos fotosintéticos presentes nestes estromatolitos van ser responsables, co resto de
bacterias fotosintéticas, do primeiro gran cambio ambiental causado polos seres vivos. No proceso
fotosintético estas células irían eliminando osíxeno e aumentando a concentración deste na atmosfera e
provocando que moitos organismos anaerobios morreran, xa que non toleraban o osíxeno, e que outros
tiveran que refuxiarse en zonas ás que non chegara o osíxeno. Pero outras foron capaces de atoparlle unha
utilidade metabólica ao osíxeno que contaminaba a atmosfera, a respiración celular aerobia. Este mecanismo
respiratorio representa un gran avance xa que é un sistema cun alto rendemento enerxético xa que a
respiración celular aerobia produce moita máis enerxía que a anaerobia (36 a 12 en ATP, a moeda enerxética
das células) permitindo máis opcións fisiolóxicas aos organismos que a posúen.
Xa existen no planeta hai 2.600 millóns de anos células procariotas con todas as variedades
metabólicas posibles, o seguinte elo evolutivo debe explicarnos como a partir dunha biosfera formada por
estas células procariotas, sen núcleo nin orgánulos diferenciados, pasamos a ampliar a biodiversidade coa
aparición de células con núcleo e orgánulos diferenciados, as células eucariotas. A teoría que explica este
proceso evolutivo recibe o nome de endosimbiose ou simbioxénese e propón que os orgánulos da célula
eucariota proceden do establecemento de relacións endosimbióticas (relacións de beneficio mutuo entre dúas
especies nas que unha das especies vive no interior da outra) entre unha célula procariota de gran tamaño e
outra serie de células procariotas menores. Tras este proceso debeu producirse a transferencia de
información xénica á célula hospedeira dando lugar a unha unión duradeira que se herda ao longo de
sucesivas xeracións. Unha curiosidade respecto á teoría da endosimbiose. Se esta teoría é certa estariamos
falando dun proceso evolutivo non gradual polo que, como mínimo neste momento, a evolución sería
saltacional, a saltos. (é isto un problema?) Existen probas de que hai 1.500 millóns de anos xa existían
células eucariotas ancestrais.

Nas células eucariotas o núcleo protexe o material hereditario, o ADN, permitindo unha maior
estabilidade evolutiva (está protexido e muta, cambia, con menor facilidade)
Durante a maior parte da historia da vida os organismos vivos eran todos unicelulares, de feito as
primeiras formas pluricelulares das que temos rexistro aparecen hai 1.000 millóns de anos, é dicir, tras 2.800
millóns de anos de evolución. Os organismos pluricelulares teñen importantes vantaxes respecto aos
unicelulares: mellor aproveitamento de recursos, cooperación, reparto de funcións ou a posibilidade de

8
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

regular o medio interno. O principal problema é o proceso reprodutivo, todas as células dun organismo
pluricelular deben proceder dunha única célula, o cigoto, que debe ser capaz de orixinar todas as demais
células. O mecanismo mediante o cal se producen células con morfoloxía e fisioloxía distintas a partir dunha
única célula denomínase diferenciación celular e consiste na utilización selectiva do ADN. Durante o
desenvolvemento embrionario prodúcese este proceso ordenado e preciso polo que as distintas células do
embrión expresan xenes concretos e deixan outros inactivos. Desta forma, cada célula asume a función á que
está destinada e utiliza a fracción do ADN correspondente, pero sempre conservando o resto da
información(inactiva). Esta cuestión proporciona posibilidades interesantes porque significa que cada unha
das células do noso corpo teñen información completa para orixinar todos os órganos dun individuo, o
problema é como conseguir que o faga. (tamén poderiamos obrigar a unha célula dun músculo a funcionar
como un ollo)
Por agora toda a vida do planeta era acuática pero hai uns 400 millóns de anos, no Paleozoico,
comeza a colonización dos continentes (hai algo máis de 400 millóns de anos xa temos os primeiros fósiles
de animais e plantas terrestres) e coa conquista deste novo ambiente aparecen novos retos que solucionar.
Por exemplo, atopamos os primeiros esqueletos internos nos animais, máis lixeiros e que permiten maior
mobilidade e maiores tamaños. Unha das principais achegas evolutivas para a vida animal en terra foi o
desenvolvemento do ovo amniótico. Os anfibios deben volver á auga para reproducirse. Nos réptiles e aves
cun embrión de desenvolvemento rápido, o ovo ten que contar cun sistema completo de supervivencia sen as
vantaxes que proporciona a auga. O ovo amniótico é capaz de protexer e alimentar ao embrión nestas
condicións grazas ás catro membranas extraembrionarias:
o Amnio, un saco cheo de líquido que proporciona ao embrión o seu acuario particular.
o Alantoides que recolle os produtos de refugallo do
embrión.
o Corion que facilita o intercambio gasoso.
o Vitelo que proporciona os nutrientes.

Unha gran extinción marca o límite entre a era Paleozoica


e a era Mesozoica, hai 245 millóns de anos. A era Secundaria ou Mesozoica coñecese coma era dos réptiles
ou dos dinosauros pero nela prodúcense outros moitos procesos evolutivos: primeiras plantas con flores,
primeiros mamíferos e aves verdadeiras,... Igual que sucedeu coa era anterior , remata cunha gran extinción
debida, entre outras causas, ao impacto dun gran meteorito na zona do Golfo de México.
A era Terciaria ou Mesozoica comeza hai 65 millóns de anos e continúa na actualidade. Nesta era
dominan os mamíferos e prodúcese a evolución da liñaxe humana.

9
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

3.4. Breve historia do home.

O estudo da variabilidade da natureza


mostra que, pese á súa enorme biodiversidade,
todas as especies viventes poden clasificarse nun
número limitado de tipos biolóxicos. (gato,
leopardo, tigre; carballo, maceira, eucalipto,...)
Esta uniformidade permítenos agrupar aos seres
vivos en categorías taxonómicas, progresivamente
máis amplas (xénero, especie, familia, orde, clase,
filum, reino). Os grupos de organismos teñen un antepasado común tanto máis lonxe no tempo coma máis
ampla sexa a categoría taxonómica que os agrupa. (o gato e o león, pertencen ao mesmo xénero e teñen, polo
tanto, un antepasado común máis próximo entre eles que con nós). O home pertence á orde dos primates,
somos monos como os gorilas, pero non evolucionamos a partir de ningún mono actual, o que sucede e que
temos antepasados comúns con eles.
A orde Primates diferénciase a comezos do
Cenozoico, hai 65 millóns de anos, cando se extinguían os
últimos dinosauros. Rapidamente se estenderon por África,
Eurasia e as dúas américas pero foi en África, hai uns 20
millóns de anos, onde se desenvolveu unha superfamilia, a
Hominoidea, que inclúe xibóns, orangutáns, gorilas,
chimpancés e humanos (en todos os grupos hai un número
indeterminado de especies fósiles, xa extintas). Os últimos
antepasados comúns entre chimpancés e humanos deberon vivir hai uns seis millóns de anos.
Todos os primates compartimos unha serie de características comúns; unllas planas, ollos en posición
frontal, polgar opoñible,... Pero tamén hai, evidentemente, moitas que nos diferencian, por exemplo:
o os humanos somos bípedos,
o camiñamos erguidos,
o polgar dos pés non é opoñible,
o neurocráneo é moito máis grande e esférico,
mentres o esplacnocráneo, a cara, é moito menor,
o os dentes son menores,
o as crías nacen desvalidas e tardan moito en ser independentes,
o falamos,
o somos máis intelixentes, ou non.

10
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

A aparición destas características, que diferencian ao home do resto dos primates, é o resultado dun
complexo proceso biolóxico de selección natural coñecido coma hominización.
Para simplificar o estudo imos centrarnos nalgúns dos fósiles máis significativos:
1. Australopitecus e a locomoción bípeda.
2. Homo habilis, cambia a dieta.
3. Homo ergaster e a adolescencia.
4. Homo antecessor, o primeiro europeo.
5. Homo neardenthalensis, o home do xeo.
6. Homo sapiens sapiens, o mono falador.

1. Australopitecus e a locomoción bípeda. (4-2’5 millóns de anos) Moitas son as especies de


Australopitecus descritas dende 1924, cando Dart definiu a especies a partir dos restos dun neno que serviu
de alimento a unha rapaz: A. A. afarensis,A. anamensis,A. africanus,... Todas elas comparten trazos comúns
e entre eses trazos destaca un esqueleto que demostra que eran organismos completamente bípedos. A
postura erecta proporciona unha serie de vantaxes evolutivas para un animal que vive na sabana (o lugar no
que se viu obrigado a vivir o australopitecus); ver a distancia, favorece a refrixeración do corpo e libera as
mans da función locomotora permitindo o uso de ferramentas no desprazamento.
Nos australopitecus atopamos múltiples probas da locomoción bípeda:
 O foramen magnum está adiantado situando o cerebro xusto sobre a columna
vertebral.
 As extremidades inferiores son máis longas,
 A pelve ensánchanse e acúrtase.
 O fémur diríxese cara a dentro

 A articulación do xeonllo modifícase para facilitar a posición erecta.


 O dedo polgar dos pés non é opoñible.
 Un conxunto de pegadas atopadas en Laetoli, cerca do Serengeti, no mesmo
xacemento no que atopamos australopitecus e datadas na mesma época, demostran o paso de tres
primates claramente bípedos.

2. Homo habilis, cambia a dieta. ( millóns de anos) Os chimpancés


utilizan o dez por cento da enerxía que obteñen diariamente dos alimentos para manter o seu cerebro, no

11
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

home esa porcentaxe dispárase a un vinte e cinco por cento. O Homo habilis ten unha capacidade cranial
maior que o australopitecus polo que a enerxía necesaria para manter o seu cerebro tamén será maior. Un
cambio de dieta, dunha vexetariana a outra con maior contido en carne, podería proporcionar o extra de
enerxía preciso para manter un cerebro maior. Ao mesmo tempo a obtención de carne é máis complicada
que a de vexetais polo que un aumento da capacidade cerebral incrementa as posibilidades de supervivencia.
É moi probable que os hábitos desta especie de home foran esencialmente carroñeiros aínda que non sería
improbable que cazaran pequenos mamíferos. O Homo habilis é o primeiro homínido que se asocia a
utensilios de pedra, un conxunto de artefactos moi rudimentarios pero claramente fabricados para unha
función e que demostran intelixencia por parte dos seus creadores.

3. Homo ergaster e a adolescencia. (1’6-1 millón de anos) A maior capacidade cranial do ergaster
veu unida ao desenvolvemento de rexións neuronais novas, como o lóbulo frontal, que lle proporcionaron
novas capacidades neuronais. O desenvolvemento do lóbulo frontal permitiulle unha maior capacidade de
organización do traballo e de anticipación.
As modificacións anatómicas necesarias para a postura bípeda e o desenvolvemento dun cerebro
maior deron lugar a un importante problema no momento do parto. A redución drástica da canle do parto,
consecuencia da postura bípeda, facía que o momento do nacemento fora moi problemático. O feto non
cabía ben pola canle e un aumento do cerebro non facilitaba o paso. Para complicar máis o momento, a
vaxina da muller ergaster está dirixida cara a diante, formando ángulo recto co útero e provocando que o
parto sexa ventral.

Como o cerebro do feto non podía seguir crecendo por riba do tamaño da canle do parto, os
nenos debían nacer cun volume cranial baixo que aumentaría nos primeiros anos de vida. Desta forma,
os bebés humanos presentan un cerebro menos diferenciado e organizado que os das crías de

12
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

chimpancé por exemplo, esixindo moitos coidados durante o longo período da infancia. Este proceso
de maduración cerebral conclúe na adolescencia, momento no que, tras unha serie de cambios
hormonais, as crías pasan a ser adultos.

4. Homo antecessor, o primeiro europeo. (1 millón de anos) Determinado a partir dos restos do
xacemento de Atapuerca en Burgos, este grupo de fósiles pode corresponder a unha das primeiras
especies de homínidos que vivirron en Europa.

5. Homo neardenthalensis, o home do xeo. (200.000- 30.000 anos). Un fósil tipicamente


europeo, o primeiro de todos os que levamos estudados por agora.
Asociados a unha
tecnoloxía avanzada,
enterraban aos seus mortos e
utilizaban ornamentos cuxo
significado non coñecemos.
É probable que os
neardentais compartiran
espazo co home moderno,
incluso puideron darse casos
de hibridación. Incluso é
posible que a relación con
estes homes modernos fora
importante no proceso de
extinción desta especie.

6. Homo sapiens sapiens, o mono falador. (150.000 anos- hoxe).Os seres humanos somos os
únicos animais capaces de falar, incluso parece que ningún dos fósiles de homínidos coñecidos
presentaba esa capacidade completa. Para falar necesitamos dúas cousas, un cerebro con rexións
adecuadas para a planificación e comprensión da linguaxe e un aparello fonador capaz de producir
sons articulados e modulados.
A pesar de que o cerebro non fosiliza, si que podemos ter unha idea da súa estrutura a partir
das marcas que quedan fixadas no neurocranio. Atendendo a estes datos non está moi claro cando
aparecen conformadas as dúas áreas, a de Broca e a de Wernicke que están implicadas na función
cerebral da linguaxe.
Máis claras son as probas que proporciona o aparello fonador. Na produción dos diferentes
sons precisos para a fala non é suficiente coa actuación das cordas vogais, é necesaria a actuación tanto
da farinxe coma da cavidade bucal. Para realizar esta función a farinxe debe ter certa lonxitude, algo

13
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Tema 3: A orixe da vida e do home

que non sucede, por exemplo, nun chimpancé. Unha estrutura adecuada da cavidade bucal e unha
lingua de pequeno tamaño son outros factores imprescindibles para a linguaxe e que poden detectarse
no rexistro fósil. O sapiens é o primeiro homínido que posúe todas estas características. Probablemente
outros homínidos anteriores empregaran linguaxes menos sofisticadas pero o rexistro fósil demostra
que nunca coa complexidade de sons que temos nós.

Bibliografía

Jacob, F El juego de lo posible. México. Fondo de cultura económica. 2006


Bermúdez, Jose Mª et al. Hijos de un tiempo perdido. Ares e Mares. Barcelona 2004
Carmena, E. Creacionismo ¡vaya timo! Laetoli e Sociedad para el avance del pensamiento
crítico. 2006
Darwin, C. Viaxe dun naturalista ao redor do mundo. Barcelona. Miraguano. 2009
Fortey, R. Vida. Una biografía no autorizada. Madrid. Taurus. 1999
Dawkins, R. Evolución. Madrid. Espasa. 2009
Dawkins, R. O conto do antepasado. Barcelona. Antoni Bosch editor. 2004

14

Você também pode gostar