Você está na página 1de 14

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

A Smartboard pode ser empregada como unha “megapantalla” de


ordenador (proxectando en grande, para todos, o que se vería na nosa
pantalla de 17 pulgadas), o cal xa pode ser de moita axuda na aula.

Pero tamén pode ser algo máis: a través do programa NOTEBOOK


podemos interactuar con ela de xeito máis directo. Para iso debemos
dar os seguintes pasos:

1. Instalar o programa (incluido no noso cd): a instalación


é moi doada, só hai que seguir as instruccións que nos
vai dando o propio programa de instalación.

2. Picar no acceso directo que aparece no


escritorio automáticamente ao instalar o
programa no ordenador.

3. Aparecerá esta pantalla, cos seguintes “puntos”


estratéxicos:

Desfacer
Ir á
Crear nova o que
diapositiva
diapositiva acabamos Persiana que tapa a ventá
anterior
de facer para poder ir destapándoa
pouco a pouco.

Pantalla Cursor
Ir á Refacer o completa
seguinte que
diapositiva acabamos
de borrar

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

4. Podemos elixir a cor coa que queremos escribir, picando


neste icono:

Unha vez picado na cor que queiramos,


podemos escribir sobre a páxina en branco
empregando simplemente o noso dedo ou os rotuladores
especiais que están na parte de abaixo da Smartboard. ( é
fundamental que non se escriba con ningún outro obxecto.
Como a apariencia da Smartboard é semellante á das pantallas
do tipo “Vileda”, podemos cometer o erro de escribir cos
rotuladores desta última: isto crearía un problema difícil de
solucionar)
Cada rotulador está nun oco cunha luceciña ao lado: cando
sacamos do seu sitio o rotulador esa
luceciña acende para indicar que está
activo . É importante deixar ben posto
no seu sitio cada rotulador cando
acabemos de escribir con el, porque
mentres non se devolva ao seu lugar o
encerado “entenderá” que queremos
seguir escribindo con el. Se están fóra do seu espazo varios
rotuladores ao mesmo tempo, a Smartboard vai escribir coa
cor do último en ser retirado do seu lugar.

Debemos afacernos a estes detalles xa que ao comezo


podemos desesperarnos porque a pantalla non responde e só
fai raias sen saber por que: ao mellor o único problema é
que non colocaramos ben o rotulador no seu sitio, polo que non

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

se desactivara aínda a función de escritura. Tamén é


importante que lembremos non apoiar a man cando estamos
escribindo co rotulador.

5. Se queremos borrar algo, podemos facelo de dous


xeitos: co borrador especial que tamén está na
parte de abaixo da Smartboard (funciona como os rotuladores,
tamén hai que colocalo ben no seu sitio para que se “desactive”).

Ou podemos borrar directamente coa man (ben


limpiña). Para facelo deste xeito temos que:

– Picar no icono do borrador da barra de


ferramentas:

– Elixir a amplitude que


queremos que teña a
zona de borrado

– E borrar, pasando a
man pola zona da
pantalla que queiramos
eliminar (aparecerá o
cursor con forma dun círculo que se vai movendo por riba do texto
ou
debuxo)

6. Picando no icono do lado (na barra de


ferramentas), podemos escribir ou
debuxar con outros “modelos”:
Eliximos o deseño que nos guste
e a continuación desprazamos o
dedo pola pantalla describindo
as letras ou debuxos que
queiramos:

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

7. Tamén podemos facer recadros con diferentes feituras:

– Picamos no icono
– Despregarase unha ventá con todas as posibilidades que
temos para elixir.
– Picamos (co botón esquerdo do rato) no espazo en branco e, sen
soltar, arrastramos
para establecer o
tamaño da figura.
– Se queremos
cambiar a cor ou
o bordo da figura, picamos na opción de “Customize
Shapes”

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

– Aparecerá unha ventá onde


podemos escoller:

Cor do Cor de
bordo recheo

Forma da
figura
Previsualización

Grosor
do bordo

Unha vez temos


escolleitas todas
as opcións
desexadas, damos
Grado de Estilo de liña a “OK”, para que
transparencia do bordo as aplique
da figura

8. Para insertar t e x t o :
– picamos no incono
– Escollemos o tipo de letra: se
picamos na opción “Customize
texte”, poderemos elixir:

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad
Cor do
texto

Previsualización
Grado de
transparencia

Tipo de Tamaño Unha vez


letra da letra elixido ao
noso gusto,
damos a …

– Despois de facer isto, picamos no


espazo en branco da Smartboard e
arrastramos até que apareza un
recadro no que escribir.

9. Se queremos incluir f r e c h a s :

– Picamos no icono

– E escollemos entre as opcións que se nos


ofrecen:

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

– Se picamos en “Customize lines”, poderemos


elixir, como no caso das letras, o formato, cor,
transparencia, grosor,…
– Despois só teremos que picar na pantalla e
arrastrar

para
establecer o
tamaño de frecha

10. Outra ferramenta é a c o r t i n a que pode tapar,


total ou parcialmente, a páxina . Só temos que picar no
icono da barra de ferramentas.

Aparecerá unha cortina gris que tapa totalmente a


páxina. Nós podemos ir descubrindo o que hai abaixo
picando nun dos catro puntos (un en cada lado) e
arrastrando:

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

11. Tamén se pode empregar outro método sorprendente


para agochar o contido dunha páxina deixando ver só
unha parte: trátase do R e f l e c t o r .
Para chegar a él podemos ir picando en
INICIO > PROGRAMAS > SOFTWARE DA SMARTBOARD > OUTRAS FERRAMENTAS SMART

Ao seleccionar a opción de “Outras ferramentas” abriráse


unha ventá onde elexiremos “Reflector”

Inmediatamente, a páxina do notebook que tiñamos aberta ao


comezar toda esta maniobra aparecerá cuberta dunha cortina negra
cunha única abertura que se pode ir desprazando por enriba da pàxina:

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

Picando enriba da zona azul da


estrela (co botón esquerdo do rato) e
arrastrando, poderemos cambiar o tamaño da
abertura , para deixar ver máis ou menos,
segundo queiramos.

Picando enriba do reflector (co botón esquerdo do rato) e arrastrando;


poderemos desprazar esta pequena ventá pola páxina:

Picando enriba da frechiña negra da esquina superior


dereita do reflector, aparecerá a ventá na que podemos
cambiar a transparencia da cortina negra e a forma da ventá.

Tamén é o camiño para sair desta opción e


volver ver á páxina sen atrancos.

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

12. O programa Notebook conta cunha galería da que


podemos sacar algúns recursos:

Picando na pestana da
dereita, temos acceso a esa
galería de recursos. Estes
están organizados en
carpetas temáticas.

Se picamos enriba dunha


carpeta, o seu contido
aparecerá na ventá de
abaixo.

Se facemos dobre clic


sobre un deses elementos, este será
incorporado á paxina actual:

Aínda que o software xa trae algunhas carpetas e recursos,


nós podemos ir engadindo máis carpetas á galería, cos nosos
propios sons ou imaxes:

Comezamos picando enriba da carpeta dentro da que


queremos meter a nosa nova carpeta:

aparecerá un
trianguliño á
dereita; picamos
nel e…

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

… aparecerá unha ventá na que podemos elixir a opción de


“New folder” (ou “nova carpeta”)

Entón teremos unha nova carpeta á que


poñerlle un novo nome e á que engadir novo
contido. Se queremos engadir imaxes a esta
carpeta:
• Imos primeiro á carpeta onde temos as
imaxes (en “mis documentos”, “mis imágenes”, un cd
ou onde queira que as teñamos gardadas),

• Seleccionamos as que necesitemos (picando


cun clic do botón esquerdo do rato, ao tempo que
mantemos pulsada a tecla de “Control” do teclado.) (a
medida que as seleccionamos, vanse rodeando dun
recadro azul)

• Enriba dunha das imaxes seleccionadas , picamos co botón


dereito do
rato e
escollemos
a opción
de
“Copiar”

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

• Volvemos entón ao documento do Notebook e…

• Picamos enriba da carpeta recén


creada.

• Picamos enriba do trianguliño que


vai sair á dereita do nome da
carpeta.

• Eliximos a opción “Pegar” (“Paste”):


quedarán incorporadas a esta nova
carpeta todas as imaxes que

tiñamos seleccionadas na
carpeta orixe.

Se queremos
borrar unha das
imaxes da galería , só
temos que picar enriba
do trianguliño que ten
no recuncho superior dereito e escoller a opción
de “borrar” ou “Delete”

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

13. Se queremos incorporar unha imaxe da galería á


páxina do Notebook, só temos que picar sobre ela co
botón esquerdo do rato (na galería) e arrastrala (sen
soltar) até a páxina:

Se despois de incorporala, decidimos que non nos convence;


podemos borrarla picando enriba dela para seleccionala e pulsando a
tecla de “Supr.” do teclado; ou escollendo a opción “borrar” que
aparece ao picarmos enriba do trianguliño da dereita.

14. Se queremos cambiar a


cor do fondo da páxina, temos
que seleccionar a opción
FORMATO > COR DE FONDO

(Format > Background Color)

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

Aparecerá unha paleta de cores :

Escollemos unha delas


Ou picamos en “More”
para ter unha maior
vari variedade de cores
nas que elixir.

Nada máis picarmos nunha das cores, a páxina aparecerá


con esa tonalidade de fondo:

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

Você também pode gostar