Você está na página 1de 2

Retribucións e servicios públicos

Nos últimos días estanse a desenvolver mobilizacións dos empregados


públicos, entre as que se incluíron dous días de folga nas administracións
públicas de Galicia. Estas mobilizacións centranse, fundamentalmente, na
recuperación da perda do poder adquisitivo dos empregados públicos. Durante
a última década os empregados públicos temos sofrido unha perda de poder
adquisitivo próxima ó 18%. Nun principio a economía española tiña que facer
un esforzo para situarse na “primeira velocidade” europea e o Goberno
exemplificou nos seus empregados a política de contención de salarios que
pregonaba como necesaria para acada-los índices da moneda única. Pero
desde hai un par de anos o Goberno non se cansa de decir que a economía do
país está saneada, que “España va bien”. Sen embargo, o Goberno esquecese
de devolverlle ós empregados públicos o poder adquisitivo que lles foi
minorado nos últimos anos, tanto polas conxelacións salariais como polas nada
creíbles previsións de inflacción que sempre quedan por baixo da inflacción
real (o 2% de inflacción previsto para o ano 2000 xa está duplicado).
O ano pasado os sindicatos CSIF e CC.OO. asinaron co Goberno central
uns acordos que permitiron negociar fondos adicionais para compensa-las
perdas de poder adquisitivo. No ámbito da Administración do Estado estes
fondos supuxeron un 1,13% de incremento sobre o 2% da previsión de
inflacción. Estes acordos foron aproveitados pola maioría das Comunidades
Autónomas para acadar acordos semellantes que chegan nalgúns casos ó
3,5% de recuperación (sempre a maiores da inflacción prevista).
En Galicia, o Goberno de Fraga negouse o ano pasado a negociar
ningunha cantidade por riba do 2%, o que sitúa ós empregados públicos da
nosa comunidade no furgón de cola en canto a poder adquisitivo. Na
negociación deste ano a Xunta de Galicia ofrece un fondo adicional de 1.100
millóns, que suporían unha recuperación de só 0,35 puntos, cando só nos dous
últimos anos levamos perdido máis de 3 puntos. Esto levou a establecer un
calendario de mobilizacións dos empregados públicos galegos (folga os
pasados 22 e 23 de novembro) paralelo ó calendario estatal (folga o 14 e o 15
de decembro), xa que aquí temos un desfase importante respecto ó
conseguido no resto do Estado.
Tamén se inclúen na táboa reivindicativa a cláusula de revisión salarial,
que permita reaxustar automáticamente os desaxustes entre as previsións de
inflacción e a realidade; a xornada de 35 horas, de implantación progresiva en
toda Europa; a convocatoria da totalidade das prazas vacantes, xa que as
restriccións vixentes supoñen unha agresión contra o emprego e os servicios
públicos; e a retirada da Lei de medidas de acompañamento ós orzamentos
para o ano 2001 das referencias á liberalización da mobilidade xeográfica
forzosa, que permitirán o traslado forzoso dos empregados públicos a calquera
localidade da provincia onde teñan o destino.
Na Universidade de Vigo solicitouse hai máis dun ano a apertura dunha
mesa de negociación sobre retribucións que, despois de múltiples demoras, foi
convocada hai unha semana. Podemos dividir en tres grandes bloques as
reivindicacións do PAS, tanto laboral como funcionario, nesta mesa:
O primeiro bloque refírese á recuperación do poder adquisitivo según os
datos galegos, xa que entendemos que os acordos asinados a nivel estatal e
de comunidade autónoma habilitan á Universidade de Vigo para establecer os
seus propios acordos, en virtude da súa autonomía.
Un segundo bloque estaría relacionado coa equiparación de conceptos
retributivos entre persoal funcionario e persoal laboral, xa que non se entende
ben que dous colectivos que tenden a aproximarse (en moitas Universidades
xa se abriron procesos de funcionarización de parte do persoal laboral) teñan
conceptos retributivos tan dispares. Por exemplo: hai unha gran diferencia
entre o que cobra o persoal laboral en concepto de trienios e o que cobra un
funcionario; tamén hai diferencia entre a estructura de complementos
específicos do persoal funcionario, que poderíamos chamar universal (para
todos, en maior ou menor contía) e a estructura de pluses do persoal laboral,
moito máis arbitraria (non todo o persoal ten plus).
Finalmente, queremos negociar a consolidación daqueles complementos
como o da productividade, e o seu equivalente para laborais, que dependen da
vontade política que exhiba cada ano o equipo rectoral de turno e que non
responde a unha actividade medible.
As negociacións acaban de abrirse hai uns días na Universidade de
Vigo, pero o malestar do PAS evidenciase no respaldo ás xornadas de folga,
con prácticamente un 100% de seguemento. Como institución puntera que
debe ser na sociedade galega a Universidade de Vigo enfrentase á
implantación, a gran velocidade, das novas tecnoloxías no sector dos servicios
(xa se pode facer unha transferencia ou contratar un seguro desde Internet) e
eso vai ser reclamado nos próximos meses polos nosos “clientes”. Imponse
unha aposta decidida da Universidade a favor do seu persoal, tanto a nivel de
formación nesas novas tecnoloxías e o que deriva delas, como en canto á
dignificación do traballo desenvolvido polos seus empregados públicos, e eso
pasa forzosamente por un esforzo retributivo.

José Luis Gómez Reboiro


Membro da Xunta de Persoal
Funcionario por CC.OO.

Você também pode gostar