Você está na página 1de 16

Alumnos e alumnas Educación Infantil

Un Día Diferente
Lara era unha nena de seis anos que un día estaba plantando unha árbore.
Ese día facía moito sol e este estaba moi contento ó mirar o traballo de Lara.

Mentres tanto, nunha fraga cercana, un grupo de homes talaban árbores


porque alí ían construír moitas casas. Cando o sol mirou cara á fraga quedou moi
triste e caéronlle unhas bágoas.

As bágoas foron crecendo, crecendo e crecendo e caeron enriba dos homes


facendo un lago do que non podían saír. Empezaron a berrar pedindo axuda e Lara
escoitou os seus laios.

Lara avisou ós seus veciños e xuntos foron cara á fraga. Para salvalos, todos
decidiron plantar novas árbores. O sol púxose contento e a súa calor fixo
desaparecer a auga do lago e os homes puideron salvarse.

¡Por un pleo e pola axuda de Lara! Cando volveron á casa fixeron unha gran
festa para celebrar que todos estaban ben e pensaron que aquel día debían
recordalo: tiñan que axudarse uns ós outros e coidar á nai natureza. Na festa
fixeron unha gran tarta na que puxeron soamente tres letras:

PAZ

O “p” de Perdón para todos os que danan o medio ambiente.


O “a” de Amor para todos os nenos e nenas do mundo.
O “z” de Zambomba para celebrar todos os anos unha gran festa da PAZ e do
respeto á natureza.

Alumnos e alumnas de 1º A de Primaria


Que agachan as bágoas do Sol?

O Sol levantouse unha mañá, mirou cara a Terra e víu que había un burato na
capa do Ozono. Preocupado asomouse o furado e ollou o seu planeta favorito. Non lle
gustou nada o que alí observou: o océano cunha marea negra, os peixes morrían nos
ríos, as fábricas botaban fume polas chimeneas; un fume negro que chegaba as
nubes, os bosques queimados polo lume….Menudo disgusto levou o Sol! Desde entón
non deixa de chorar!

Non fai máis que pensar que si ese burato se fai máis grande os seus raios
ultravioleta feriran a Terra. El non quere facerlle mal pero non pode evitar botar os
raios de sol para eso é unha estrela e a súa función é dar luz e calor.

O Sol sabe que as xentes da Terra teñen que tomar medidas urxentes para
solucionar esta contaminación ambiental:

 Os gobernos deben poner leis severas contra as empresas contaminantes.

 Os ciudadans teñen que colaborar:

 Evitando botar basura nas rúas, no campo ou nos ríos e bosques.


 Plantando máis árbores para repoblar os bosques que se queimaron.
 Reciclando o papel, o plástico e o vidro.
 Non usando productos contaminantes como os aerosoles ou
insecticidas.

Alumnos e alumnas de 1º B de Primaria


Por un mundo sen bagoas
Para conquerir a paz temos que respectar e coidar a todos e a todo o que nos
rodea.

As nenas e nenos de 2º A cremos que non o facemos moi ben porque:

 Tiramos moita basura ós ríos e mares.


 Non coidamos as plantas.
 Non reciclamos.
 Talamos moitas árbores.
 Contaminamos o aire, os montes e os bosques.
 Tiramos todo ó chan.
 Gastamos moita auga.
 Arrancamos ramas e árbores.
 Non respectamos o medio ambiente.
 Non coidamos os animais.

Pero todas e todos queremos un mundo mellor, por iso a partires de agora
faremos, e diremos á nosa familia que faga, todo o contrario para que xuntos
podamos conquerir un mundo máis limpo, sano e en paz.

Temos que reciclar, non tirar nada ó chan, plantar árbores, non malgastar a
auga, coidar as plantas, apagar as luces, non cortar flores e coidar os animais.

Así, o sol en vez de bágoas terá sorrisos.

Alumnos e alumnas de 2º A de Primaria


A Terra contaminada

O planeta Terra está cada vez máis contaminado, e chegará un momento en


que os seres vivos non poidan vivir nela.

O aire necesario para a respiración énchese de fumes das fábricas e coches.

Moitos poden viaxar en autobús e non o fan.

Os bosques producen aire limpo, pero sufren co talado das árbores, co vertido
de lixos e con tantos incendios que durante o verán se producen.

A auga, fonte de vida para as persoas, animais e plantas, está moi


contaminada con tanta basura que vai a parar a ela.

Sobre todo en época de sequía debemos aforrala, como por exemplo cerrando
os grifos cando non son necesarios.

Os peixiños dos ríos e mares morren con tantos vertidos de líquidos


contaminantes.

Por último insistimos no reciclado do lixo e procurar non gastar moita enerxía.

Alumnos e alumnas de 2º B de Primaria


Por que chora o Sol?

O Sol é unha estrela que está rodeada de planetas. O único que ten vida é a
Terra. Os demais non teñen seres vivos: nin plantas, nin animais, nin tan siquera
auga. Polo tanto, é a Terra o planeta máis fermoso.

Non é raro que chore o Sol ó ver como o seu planeta favorito, morre pouco a
pouco. O progreso, o desenvolvemento industrial e a falta de coidado de moita xente
fai que a Terra se deteriore e termine convertíndose nun planeta seco, sen vida.

Os incendios forestais, a corta de árbores, a contaminación da auga e da


atmosfera fan que vaian desaparecendo moitas especies de animais e plantas.

É preciso buscar solucións:

- Os científicos deberían inventar novos aparellos que eviten a


contaminación producidas polas fábricas, polos automóviles etc...

- E os nenos e nenas tamén podemos axudar. Unha das cousas máis


importantes que podemos facer para protexer a Natureza é non tirar
pilas de radios, videoxogos e doutros aparellos ó lixo, ó campo ou á
auga. É conveniente recollelas todas e depositalas no lugar que as
autoridades indiquen para a súa destrucción controlada.

Alumnos e alumnas de 3º A de Primaria


O Sol está chorando
O Sol ten moitos motivos para chorar, porque todos nós estamos a facer
moitas accións que prexudican ó noso Planeta:

 Cortamos moitas árbores, e tamén provocamos incencios.


 Botamos lixo aos ríos e ao mar, e moitos aimais morren pola
contaminación.
 Gastamos moita enerxía nas nosas actividades diarias.
 Consumimos demasiados productos, e esgotamos a Natureza para
producilos.
 Usamos moito o coche.
Por todo isto, este ano propoñémonos cambiar para que os nosos bosques e
todo o noso Planeta melloren un pouco.

Queremos:

 Gastar menos papel, e así salvar algunhas árbores.


 Reciclar e reutilizar todos os obxectos que poidamos.
 Consumir menos.
 Ir andando ao cole, se está cerca, e que os nosos pais deixen o coche
na casa.
 Cando vaiamos de paseo ao monte, respectar as plantas e os
animais.

FAGAMOS DO NOSO PLANETA UN LUGAR MÁIS AGRADABLE PARA TODOS,


ONDE HAXA PAZ E BOA CONVIVENCIA.

Alumnos e alumnas de 3º B de Primaria


EDITORIAL
A ONU declarou o ano 2011 como Ano Internacional dos Bosques e no noso
colexio estamos a traballar co proxecto “UN BOSQUE PARA LER E NAVEGAR”.
Os bosques cumpren funcións importantes no equilibrio do noso planeta:
- son os pulmóns da natureza.
- son sumidoiros do dióxido de carbono.
- regulan os ciclos da auga.
- fixan os solos e axudan a súa formación.
- atrapan os gases de efecto invernadoiro e evitan o quecemento global.
- regulan a temperatura do planeta.

Estamos a facer o necesario para protexelos?


Que podo facer eu?
Son quen de gozar dunha marabillosa paisaxe?
Chegou a hora de actuar con decisión e eficacia?
Toman os gobernos dos países as medidas que os poidan salvar?

Na última reunión dos países do mundo na ONU o tema tratado foi o clima.
Débense premiar as nacións que teñen máis e mellor conservados os seus bosques.
Cando falamos de España estamos a facelo do 3º país de Europa en superficie con
árbores detrás de Suecia e Finlandia.
Dentro de España, Galicia é a autonomía con maiores arboredas con tres tipos
básicos de bosques: de ribeira, o bosque húmido e o mediterráneo. Isto permítenos
ter unha gran variedade de árbores. E se ben o pobo galego estaba moi unido á
natureza xa fai anos que se perderon estes lazos e cómpre recuperalos e crear unha
forte conciencia medioambiental nas novas xeracións.
Se reflexionamos un pouco dámonos conta de que sabemos bastante dos
animais pero moi pouco das plantas. Xa que logo aproveitemos este ano para
empezar.
Debemos tomar conciencia da importancia dos bosques máis que desde un
punto de vista económico do da saúde ecolóxica do planeta.
En Europa, en España, en Galicia xa quedan poucos bosques autóctonos polo
que hai que protexelos e intervir dun xeito racional para que non desaparezan.
Chegou o momento de actuar. Hai que manter os montes limpos aproveitando esa
materia como biomasa polo que tiramos proveito e previmos os incendios que son a
lacra dos últimos anos. Antes era o gando o que mantiña os solos libres de maleza
pero agora tócanos a nós. Hai moitas medidas que non poden esperar.
- reforestar
- rozar e limpar os solos
- controlar as talas masivas
- reducir a emisión de gases nocivos
- crear unha conciencia ecolóxica
- previr e combater os incendios
- respectar os parques naturais protexidos e crear outros
- aprender a gozar dos nosos bosques
- valorar os beneficios que aportan para a nosa saúde
Os científicos e especialistas xa están a denunciar o deterioro que sofre a
natureza. Non podemos vivir como se non existiran.
Inda estamos a tempo de salvar o planeta.

Alumnos e alumnas de 4º A de Primaria


A TERRA NO QUIRÓFANO

A Terra no quirófano, efectivamente; a Terra está no quirófano porque


estamos a contaminar o medio ambiente. Recordo que vin nas noticias que en
Hungría había un enorme verquido de residuos dunha fábrica. Iso contamina a
terra, a herba, o aire, a auga e mata aos animais. As enerxías non renovables
como o petróleo ou o carbón dan moito diñeiro pero son contaminantes.
Co incremento da poboación e a actividade industrial a contaminación da agua
de ríos, lagos e incluso augas subterráneas aumenta constantemente. Cada ano
córtanse máis de mil hectáreas de bosques, a xente malgasta o papel, por non
falar dos terribles incendios.
Resulta sorprendente que sexan os países máis ricos os que producen máis
residuos.
Un neno ou unha nena en Europa ten unhas vantaxes que un neno do
terceiro mundo non ten, por exemplo: Luz na casa, alimentación variada,
roupa, ordenadores, televisión e outros electrodomésticos, ademais case todas as
familias contan cun coche para desprazarse.
Pero todos eses beneficios producen prexuízos a outros seres:
Para ter luz na casa hai que crear centrais nucleares que producen residuos
radioactivos e que non sabemos que facer con eles.
Para comer pescado de forma económica hai que utilizar grandes barcos que
arrasan con moitos bancos de peixes.
As roupas de prezo barato confecciónanse en países onde os dereitos laborais
non existen. Os coches aliméntanse de petróleo, e moitos barcos petroleiros
afúndense prexudicando ao mar e a todas as criaturas que viven nel.
Deberiamos ter un desenrolo mais sostible, para iso deberíamos consumir de
forma máis racional; buscar enerxías menos contaminantes e respectar os dereitos
laborais doutros pobos.

Que podemos facer os nenos e


nenas pola Terra?
No mundo hai moitos millóns de nenos e xoves. Imaxinemos que pasaría se
tan só un pequeno porcentaxe de eles fai algo para evitar o cambio climático...
Seguramente nunca chegariamos a ver os desastres ambientais e sociais
aos que estamos abocados coa maneira de vivir dos países ricos.

Así que mans á obra!

A nosa primeira misión é falar cos nosos amigos sobre o cambio


climático e a súa importancia. Tal vez logremos que algúns deles nos axuden a
combater os famosos Gases de Efecto Invernadoiro. O reciclado é unha boa
forma de facelo.
Pidámoslle a os nosos pais que usen menos o coche o a moto. Ás veces a
xente maior acostúmase mal e camiña cada vez menos. Así que, se os paseos son
curtos, opta pola camiñada: fai ben para a saúde e axuda a evitar os gases
contaminantes.
Se teus pais traballan lonxe da casa propoñámoslles que vaian en autobús.
¡¡¡Pensa que é preferible trinta persoas nun autobús que trinta coches ou
motos cunha persoa cada un!!!Se tes bicicleta... ¡úsaa! Non só te axuda a
facer deporte e estar máis san senón que ademais evitas usar outros medios de
transporte que contaminan e liberan á atmosfera grandes cantidades de dióxido de
carbono.

A maioría das persoas o que queren é vivir en PAZ nun planeta onde miles
de caras sorrían ao respirar un aire limpo, nadar nun mar sen residuos e escoitar
o canto dos paxaros rodeados de paisaxes verdes e azuis

Adiante, entre todos podemos facer este mundo posible.

Alumnos e alumnas de 5º A de Primaria


Superaremos a proba???

Nestes tempos que estamos é preciso falar de algo que a todos e a todas nos
debería preocupar, referímonos á Defensa da Natureza.
É esta unha defensa na que as persoas colaboradoras, síntense realizadas, xa
que non só benefícianse elas mesmas, tamén as próximas xeneracións.
Para levar a cabo esta defensa, preguntarémonos, que estamos a facer para
que esto funcione? Por exemplo:
 Cando imos comer ó monte, recollemos os desperdicios e
botámolos ao lixo??? Molestamos ás árbores ou ós animais? Ou polo
contrario… Deixámolo como estaba o incluso mellor???
 Na nosa casa, reciclamos??? Penso… poño os restos, cada un na
súa bolsa… ou mezclo todo que é moito máis cómodo???
 Pecho a billa cando non a necesito ou déixoa aberta porque así xa
non a teño que volver a abrir???
 Apago as luces que non necesito ou as deixo acendidas xa que así
non teño que volver a tocar o botón???
E así poderíamos seguir facéndonos preguntas, de tal maneira que se
superamos a proba, chegaremos a ser fieles colaboradores da Defensa da Natureza.
Non te esquezas de falar ca xente que, por pereza, faino mal e pensa que todo
é unha tontería e que tamén cre que pode facer o que lle peta.

ESTÁN EQUIVOCADOS!!!
Todos somos parte da Natureza!!!
DEFENDÁMOLA!!!!

Alumnos e alumnas de 5º B de Primaria


O Sol chora, por que?

O feito de que o Sol chore, non quere dicir que queira seguir chorando e que os
seres humáns non nos enteremos. Os rapaces/as de 6º B temos claro que se chora é
por algo, e que tamén non é preciso ser moi listos para ver que, grazas á nosa
Estrela, é posible a vida.
As causas deste pranto son moitas:
 Chora porque hai seres en perigo de extención debido aos humáns que
talan e talan árbores, matan e matan indiscriminadamente.
 Chora porque ao mar chega moito lixo e os animais que nel viven
“afogan”, e parece raro que afoguen agora cando levan vivindo na auga
toda a vida.
 Chora porque uns estragamos a auga que outros precisan para vivir.
Quen inventou ese dereito? Cal é o deber? Que mal reparto! O deber debe
de ser PENSAR...
 Tamén chora porque non ve andar en “bici” nin no “coche de S.
Fernando: un chisco a pé e outro chisco andando”, so ve coches, fume e
fume, ...
 Chora porque ve cando se malgasta o papel do baño porque deseguida
sabe que van morrer máis árbores.
 Chora porque o aire está contaminado, as nubes xa non teñen bágoas...
 Chora porque dá moita vida e non é respetada.
Pois se dá vida e esta é imprescindible, rematemos coas causas que o fan
chorar. Pensemos no que se pode facer entre todos/as. Fagamos as paces coa nosa
bonita Estrela e celebremos a vida e a PAZ con ela.
Comecemos hoxe, mañá xa será moi tarde. Xa se sabe que de poco vale
queixarse! Celebrémo-la vida!

Alumnos e alumnas de 6º B de Primaria

Você também pode gostar