Você está na página 1de 13

EXCURSIÓN FINCA

CASTIÑEIROS
Xosé A. Meixide

ZONIFICACIÓN
 Parroquia de Sarandós, concello de Abegondo,
limitando con Carral.
 Hai concentración parcelaria, e antiga UXFOR
(plantación de piñeiros e frondosas caducifolias).
 Parcela de monte, eliminando mato e plantas con
algunha enfermidade. Movemento de terras con
recheo na parte baixa.
 Plantación de frondosas: área de seguridade
periurbana na loita contra incendios.
 Leiras na parte de abaixo, monte na parte de arriba
perto de vivendas.

1
A PLANTACIÓN
 Plantación por puntos (segundo curvas de nivel).
 Procedemento: marcamos o terreo, replanteamos
e facemos buratos de 1m3, con retroexcavadora.
 Buratos con abono de liberación lenta, limpeza
de pedras grandes, colocación de planta
(adaptación do sistema radicular) e tapado.
 A mellor orientación é a sudeste, resgardado do
Norte.
 Enxerto da planta (de escudete ou xema)
posterior á plantación con variedades de calidade
comercial axeitada.

VISTA XERAL DA FINCA

2
A PLANTACIÓN
 As terras para castiñeiro, deben de ser profundas e
de calidade.
 O terreo cos anos ten que quedar como un céspede
entre pés (para apañar con facilidade a castaña).
Mentres a planta non se fai co terreo hai que
eliminar a herba e todo o mato existente.
 En caso de terreo de monte sen transformar
debemos convertilo en terreo fácilmente laborable
(eliminación de pedras grandes, tocóns, etc.),
encalar para basificar o solo, e eliminar os toxos e
fieitos mediante desbroces, abonados e laboreos
axeitados.

FOTO PARTE INFERIOR


FINCA

 Liña sen herbicida


para aguantar do
terreo en caso de
escorrentía.

3
PLANTACIÓN
 A utilización dos herbicidas como elemento auxiliar á
plantación facilita a eliminación de mato invasor así
como mellora da estrutura diminuíndo o emprego de
maquinaria (aforro de combustible, man de obra,…).
 Plantación dentro da finca, non na extrema evitando que
o voo da árbore adulta invada as plantacións e vías
forestais anexas.
 Profundidade para plantar castiñeiro: 60 cm ou máis.
 As variedades deben ser avaliadas en función dos
mercados aos que vaian destinadas (marrón glacé,
fresco, conxelado)

PLANTACIÓN NAS
EXTREMAS

 Plantar a certa
distancia da
extrema da finca
para que o voo da
árbore non invada a
parte exterior da
mesma.

4
ALGÚNS CONSELLOS

 Tecnificar na medida do posible as producións


(non está reñido coa man de obra).
 Plantación de froito: empregamos marcos
amplos para a obtención de froito de calidade,
tendo para elo un acceso correcto á luz.
 Plantación de madeira: densidades
normalmente máis altas para favorecer a
dominancia, a poda natural, e por tanto fustes
rectos e ausentes de nós.

HAI QUE SABER…


 Antes de plantar hai que coñecer:
– O mercado
– A diversidade varietal
– A industria
 As claves:
– Información
– Formación
– Integración de servizos.
 Cada vez menos diñeiro público, implica máis
inversión privada por tanto, pensar moi ben as
decisións a tomar.

5
FORMACIÓN: PODA A UN
EIXO
 Pasos:
– Saber o que quero desenvolver
– Como o fago
– Cortes perfetos
– Ferramentas desinfectadas
 Meirande parte dos patróns (híbridos) foron obtidos
mediante o sistema de corte e recalce (acodo
baixo). Algún produtor direto de castaña.
 A formación a un eixo transforma unha gran
cantidade de enerxía, con dominancia apical.
 Eliminar as pónlas con ángulos <30º respecto da
vertical, mal formadas ou con diámetros non
equilibrados con respecto ao eixo central.

ALGÚNS EXEMPLOS

 Detalle eixo central  Detalle bifurcación

6
ALGÚNS EXEMPLOS
 Detalle inserción de
 Detalle enxerta pónlas no tronco

AS PODAS
 Tendo dominancia apical, podo rarear de
varias formas.
 As bifurcacións débense de eliminar canto
antes para potenciar a dominancia apical.
Se non se fai a tempo, xestiono a planta
doutra maneira.
 Os cortes teñen que quedar perfetamente
selados e desinfectados (ferramentas
hixienizadas) para que non entren
enfermidades (coma o chancro).

7
DETALLES DE PODA

 Dominancia apical  Cicatrización


con competencia correcta por poda
ben feita

A PODA

 No castiñeiro a poda débese de realizar con


moita precaución, sendo unha planta
sensible a enfermides da madeira, por tanto
debemos de realizar a poda máis intensiva a
remates do inverno-principios de
primaveira.
 A poda de formación debemos de realizala
en todo o período anual para favorecer a
boa marcha da árbore.

8
ENXERTA
 Pode ser:
– Remates de agosto: a ollo durmido (en verde)
– Finais de inverno-primaveira: a ollo velando (en seco)
 Mes de agosto: leve aletargamento de subida e
baixada de savia, permitindo separar a cortiza do
cambium para facer o enxerto.
 Córtase a xema, e déixase o peciolo da folla. Aos 15-
20 días:
– Se queda ligado o peciolo: síntoma de non prender
– Se se solta o peciolo da xema: prendeu (para sabelo tes que
tocar co dedo o peciolo e que se caia).
 Unhas semanas despois do enxerto, se éste prende
incha, e haberá que cortar por detrás a cinta para
que non “afogue” o enxerto.

PODAS E ENXERTOS

 Podas correctas  Enxerto prendido

9
OBSERVACIÓNS E
VALORACIÓNS
COMPLEMENTARIAS
FEITAS EN MONTE

MONTE MIXTO DE PIÑEIROS,


CARBALLOS E CASTIÑEIROS DE
REXENERADO NATURAL
 A frondosa caducifolia é unha máquina de
sostenibilidade: aporta nutrintes ao solo e
diversos aproveitamentos (madeira, leña,
froito,...). Está en perfecto equilibrio co
medio, principalmente no que afecta á luz.
 A poda para produción de madeira de
calidade débese de facer no momento
oportuno, evitando a introdución de muñóns
mortos ou vivos na tronza de madeira que
nos infravaloran a calidade da madeira.

10
MONTE MIXTO DE PIÑEIROS,
CARBALLOS E CASTIÑEIROS DE
REXENERADO NATURAL
 Partindo de que o monte galego en xeral é
un medio de alta produción e hai lugar para
todo tipo de especies, os mellores terreos
teñen que ser reservados para frondosas
caducifolias (son as máis esixentes). O resto
de especies pódense adaptar a outros
terreos.
 O carballo aguanta o trasmocho moito
mellor que o castaño (máis rústico ante
cortes mal feitos).

O DESMOCHADO DO
CARBALLO
 No carballo: realízase xeralmente para
aproveitamento de leñas de xeito intensivo
ademáis de ser compatible con pastoreo.
Logo podo volver trasmochar.
 O carballo acepta ben as podas, non
creando demasiados problemas.
 Problemas culturais: perdemos a tradición da
madeira (vivendas, construción, carpintería,
etc.). Non apreciamos que a madeira é
renovable no tempo (inda que requira máis
coidados), ademáis doutros valores.

11
A EVOLUCIÓN NO TEMPO
 Antigamente en sistemas con pouca intervención:
mestura de frondosa con piñeiros.
A conífera daba rectitude ás frondosas. A frondosa
evitaba que medraran toxos, maleza e pónlas baixas
nos piñeiros.
 O carballo non tivo selección (investigación varietal)
en Galiza, como outras especies. Nin houbo mercado
dende tempos pasados (travesas de ferrocarril), nin
atacaban as enfermidades (a diferenza do castiñeiro).
Tiñamos que haber conservado grandes carballeiras
con técnicas selvícolas correctas adaptadas á
obtención de produtos de calidade na actualidade
(duelas para barricas, etc.).

A MATERIA PRIMA
 Poste de castaño e acacia: empregado en
agricultura ecolóxica de viñedo e fruticultura. Non
precisa ser tratado.
 A unha boa materia prima (frondosas caducifolias),
lle sumamos tecnoloxía ademáis dos seus valores
sociais e medioambientais, a súa rendibilidade é
máxima.
 Isto repercute positivamente na iniciativa privada,
no mercado e en recuperar o ciclo perdido.
 Precisa dunha selvicultura clásica, e os resultados
non son inmediatos.

12
PASADO E FUTURO:
EXEMPLOS
 Era moi usual espolear os carballos e mailos
castiñeiros cortando as pónlas. Vendíanse
para vigas (moi empregadas como postes
de teléfono). Evitábase deste xeito que
estas pónlas fixeran sombra aos cultivos.
 Os piñeiros en xeral (para madeira de
serra), están perdendo mercado derivado da
crise na construción, así como a necesidade
de desenvolvemento tecnolóxico (non se
deron os pasos precisos para manter o
mercado).

FOTOS ALUMNOS

13

Você também pode gostar