Você está na página 1de 6

c 


    
 

 


 



 

A música é a expresión dun territorio, marca un entre no que se con-vive.A tarefa


do vivir podería consistir en facer coexistir todas as repeticiónsnunespazoonde se distribúe
a diferencia2 A música é un movimento que encheunha duración cunhaidentidade non
lograda porque non refireó efecto total abstracto. A subxectividade, polasúa banda e de
xeito análogo, é un movimento, unha repetición. Unha disolución que ten lugar pola [súa]
propia indixenciaontolóxica e onde se produce unha repetición oculta, unha repetición
complexa na que se disfraza e se desplaza un . Repetición complexa e repetición
pura reúnense, confúndense.
A música dilúese no mesmointre no que se intenta a súa aprehensión, a súafixación
en concepto. A música consiste máis no ritmo que noutracousa, e o ritmo é xustaposición
de elementos de disimetría onde non haiunhacausalidade, polo tanto unhalei que asocie en
base áidentidade. Ademáis, a música non ten que ser representación de nada.
Esa potencia de desmembramento da causalidadefai da música un territorio posible
para pensar a filosofía, concretamente a ontoloxía do suxeito, dende a diferencia e xa non
dende o paradigma das luces. Digamos que se busca máis o adiviñar que o deducir. Máis a
irrupción que a previsión.
Porque o concepto expresa a xeneralidade, e esta expresa un punto de vista: nela,
un término pode ser cambiado por outro e reemplazalo. O criterio da xeneralidade é o
intercambio: tanto naorde cuantitativa das equivalencias (igualdades) como naorde
cualitativa das semellanzas (ciclos). A xeneralidade é xeneralidade do particular. O
seuórgano é a cabeza que é o órgano dos intercambios. A súalinguaxe é a das ciencias que
está dominada polo símbolo ¶=·. A súaorde é a das leis. A leisó determina a 
  dos
suxeitos sometidos a ela (moral) e a súa equivalencia con términos que ela designa. Esixe
que os seussuxeitos non cumplan con elamáis que óprezo dos seus propios cambios ²ben
constantes, ben variables-. A leireune o fluir das auguasna permanencia do río.
Pero no ritmo, polo tanto, na repetición, o punto de vista que se expresa é o da
singularidade non intercambiable. Insustituible (Leibniz). O seu criterio é o   , o : ´as
criaturas tecenunha repetición, recibindo, ómesmo tempo, o don de vivir e de morrerµ 1. Se
a repetición é posible, pertencemáisó campo do miragre que ó da lei.
Repetir, por tanto, expresa un comportar(se) con respecto a algo único e singular
que non ten algo semellanteou equivalente. Unha vibración profunda. Unha repetición
interior e profunda no singular que a anima. A repetición é o paradoxo e o terror da
cabeza. Alude á universalidade do singular. O seuórgano é o corazón. Órgano amoroso da
repetición. A súalinguaxe é lírica. Os seus términos son irreemplazables. Só poden ser
repetidos (   
              , Morey, 2007). Pertence á
ordedo miragre que é    
 . Traballa por debaixo das leis por iso
pode ser superior a elas. A repetición é a   .
A vía ilustrada da lei, da repetición estática, do resultado, do concepto e da
representación é un modo de pensar o que cada un de nóssexa que non agarra o sentido,
como diría Bataille 3: isosó conduce ó ocaso. Debe ser posible, entender-nos
doutroxeito,dunxeito que fuxa da forma do idéntico e do mesmo.Que fuxa do totalitarismo
da lei.
???????????????????????????????????????? ????????
?? ?   
  
? ?

 
? ?

?? ? 
 

?? ?? !??"#$?%?&?
'"'(?
Π  c

 


A ilustración é totalitaria (Adorno, Horkheim er; 2004). Dendesemprepersegue


liberar óshomes do medo ó destino e constituilos en señores do seu ser, porque entende un
sentido asociado a esa noción que a presenta como algo moralmente malo. Como se ese
´seu serµ fose algo apropiable por un mesmodunha vez por todas. Dese modo os homes
renuncian ó sentido e sustitúen o concepto pola fórmula, polo cálculo: por unha técnica de
sí. No cálculo científico o acontecer queda anulado. O bruto acontecer queda anulado. A
ilustración neste sentido é inhumana porque forzaó home a algo que non é posible no seu
horizonte: fórzao á conquista, á posesión, á apropiación: a darlle forma ó que se supón que
é. Ó seu ser, ritmo e repetición.Isto é unha cuestión ética: a tarefa que un ten consigo
mesmo, pero no modo no que na ilustración entende esta tarefaocorre que o que podería
ser distinto é igualado. Todo o que escape a aquela forma lóxica é considerado como non
serio4ou que leva inevitablemente ó desastre e á irracionalidade. Dase un medo profundo ó
irracional na ilustración cando o seusegredo e guía é profundamente irracional: a escolla
polaracionalidade é un desexo.
Este pensar ou filosofía do proxecto (Bataille, 2005) cre que existe a verdade, a
razón e o home. O home debe percorrer un camiño que lle será ofrecido pola razón e ó
final acadará a verdade. O apoio a este pensar dase no mito da historia que, entendida
como proxecto, xustificaunhasociedade de homes que acadaron a súa plena humanidade.
Ademáis, esta búsqueda enténdese como desinteresada.
O desinterese da búsqueda dende a prudencia ²e istoxa está en Aristóteles- é falso
dado que a racionalidade en sí mesma supón ser un medio para conquerirfins/desexos.
Cando de ser medio para un desexo pasa a ser un fin para o control, a razón convírtese en
técnica. Istoxa está analizado en Kant e en Heidegger ó seuxeito polo que non vou seguir
por aquí. Simplemente suxerir o esforzodun autor como Spinoza en amosar que non hai
relación entre libertade e vontade. Que a vontade non é unhafacultade distinta e separada
das volicións particulares: non hai facultades, non contamos coa potencia absoluta de
entender, desexar, amar, etc. A noción de facultade é unhaxeneralidadetamén.
De aí á comprensión da subxectividade como traballo no sentido hegeliano do
término non hai distancia. Haberáunha superación na que o individuo, a través dunha
labor/técnica de sí, logre conquistarse e apropiarse. A chegada á autoconciencia é unha
satisfacción de desexos. O traballo da autoconciencia en sí mesma produce a resolución
como útil: como técnica. O eu é o resultado ou a resolución dunha técnica. Deferencia
constante do desexo cara o futuro que nos traerá unha autoconciencia: a conquista da
nosahumanidade. A felicidade. A felicidade como proxecto visible.
O vínculo dos individuos coa súaidentidade adopta un carácter de verticalidade e
conquista e, consecuentemente, unha sumisión da subxectividade a unhacausalidade final, a
un progreso: o home sería un imperio dentro doutro imperio. O que liga ó individuo a
símesmo é o traballo sobre sí entendéndose como producción, como acabamento no
futuro do que se supón que debe ser, como a consecución da súa esencia: é aquí a
autorrealización: da igual que sexa dentro, no corpo; oufóra, nacidade.
De todos é coñecido este esquema, esta coherencia. Non obstante, pode resultar
interesante facerse cargo dos límites deste modo de pensar-nos.





???????????????????????????????????????? ????????
)
?? ?x
?*!? ?!'""+,?
½
  
 

Probemos a modo de xogooufestaa investigar o lado sombrío desta representación


do suxeito. Probemos a pensar os compoñentes non fixablesdesa concepción. Probemos
aínda que sexa como imposibilidade ²imposibilidade que aparecerá cando falemos da
relación que isto que se intenta dicirgarda coa música - a experiencia dunhafinitude
profunda: a experiencia do fracaso dese progreso cara a realización. Pensar doutramaneira,
como diría Foucault ´pretender saber o que somos é o que nos insta a pensar
xadoutramaneiraouquizáis é precisamente o non ser capaces de facelo, o non ser capaces de
soportaloµ (Gabilondo, 1990) ¿Atrevémonos a pensarnos doutramaneira ? A habitar por un
intreaquilo que se nos escapa?Quero pensar que é necesario ampliar as marxes para que o
denominado ¶real· sexahabitable.
Esta actitude non consiste en aceptarse a sí mesmo tal como un é no fluxo dos
momentos que pasan; é, antes ben, tomarse a un mesmo como obxectodunha elaboración
complexa e dura. Aquel que elixeestaactitude non é aquel que parte ódescubrimento de sí
mesmo e da súaverdade oculta, senón que é aquel que procura inventarse a sí mesmo: está
constreñido pola de inventarse a sí mesmo. Trátase, dí Foucault, dunhaactitude
experimental que ten moito que ver cunha      

. Ontoloxía que, en
boa medida, logra evitar as confusións dese concepto baúl que é o de humanismo, noción
esta correlativa á Modernidade.




  

No seu libro½   , Agambenfaiunha reflexiónsobre a noción de ¶genius·. O
 é un deus íntimo e personal, pero tamén é o máis impersonal que hai en nós. A
personificación daquilo que en nós nos supera e excede. O  é quen rompe a
pretensión do Eu de bastarse a sí mesmo.  é a nosa vida na medida en que non nos
pertence. Deste concepto interésame a idea da indixenciaontolóxica. A incapacidade para
bastarse a un mesmo.
A segunda das nocións é ó que Deleuze e Guattari se refiren cando falan de
  : o territorio é o espazo que ocupa un corpo vivo mediante os afectos dos que é
capaz e no tempo da súa duración. A potencia busca medrar e anexionarse máis territorios.
Os seres humanos ²igual que as plantas e os animais- posúen un territorio que non se
delimita/define por contornos fixos, senón que está en continuo movimento porque está
determinado polaforza vital de cadaquén. Un territorio non se delimita por unhapropiedade
privada. Cando non actúa a violencia dos outros o territorio medra ate o límite das súas
propias forzas. Cada un busca o seu propio territorio ate cando entra nunha habitación
nova, nun café: busca o lugar no que estará mellor, no que terámáis potencia. A música é
sempre a expresión do territorio. Cando canturreo territorializo. Cando canto-territorializo,
estou a mover o meu nun espacio, nun territorio. Ando a inventar a miñaactitude. Ando
a inventar o meu ser no seu presente. Ando a experimentar, a improvisar: a 
 
.
Pensemos a subxectividade como territorio e como incapacidade, como terraou
plano da que poden emerxer, a cada momento, fixaciónssingulares inanticipablescomo
actitudes, sorrisos, penas, odios, desexos, enfermidades, etc. En definitiva: afectos a partir
dunhacausalidade borrosa, non lineal. Como no ritmo, unha duración determinada por un
acento tónico, rexida por intensidades, é dicir, valores tónicos que actúan creando
desigualdades, inconmensurabilidades.Unhaincapacidade de conquerir a forma, de fixarou
cerrar un sentido acabadonun espacio de puntos relevantes, de instantes privilexiados.
Unhaincapacidade de verdade e representación compatible coa materialidade, singularidade
e carácter acontecimental dese territorio. Dese movemento.Desa repetición.
O movemento é o experimentar un axenciamento territorial deslizante. Simple
duración e transcurso de potencias. Por exemplonaviaxe: naviaxe experimento series de
cousas que podo: podo sacar proveito da visita a un museo, dun paseo no monte, dunha
boa comida«ou, simplemente non podo nada diso porque preciso retornar a un estado
que teña máis que ver coa cotidianidade, cotraballo, coa soedade. Isto é proxectable sobre
toda a duración da nosa existencia: sexa no amar-se, no falar-se, no escribir-se: en
definitiva, no acompañar-se que é, cecais, todo canto de fundamental pode chegar a saber
o home.
En `
  dise: ´Agora, por fin, un entreabre o círculo, un abre, unhadeixa
entrar a alguén, ou un chama a alguén, ou ben un mesmosaefóra, lánzase. [«] É como si
un mesmo tendera a abrirse a un futuro, en función das forzas activas que alberga. [«] Un
lánzase, arrisca unha improvisación. Improvisar é unirse ó mundo ou confundirse con el.
Un sae da súa casa ó fío dunhacancionciña. Nas líneas motrices, xestuais, sonoras que
marcan o percorrido habitual dunneno, insértanseou brotan ¶lineas de erranza·, con bucles,
nudos, velocidades, movimentos, xestos e sonoridades diferentes.µ 5
A repetición como causa actuante, como repetición dinámica que alude á
¶evolución do xesto·. Pensemos no músico tocando.


 

 

 En música o principal é o ritmo. O ritmo non é a medida nin a cadencia, ninsiquera
irregular: ´nada menos ritmado que unha marcha militar. O tam-tam non é 1-2, o vals non
é 1-2-3. O ritmo é o desigual e o inconmensurable, sempre en estado de codificación. A
medida é dogmática, pero o ritmo é crítico, une instantes críticos. Non actúa nun espacio-
tempo homoxéneo. Cambia de dirección. A acción faisenun medio, mentres que o ritmo
plantéxase entre dous medios, ou entre dous entre-medios, como entre dúas augas, entre
dúas horas, entre can e lobo, entre empático e farto de conversación. Cambiar de medio tal
como ocorrena vida. Iso é o ritmo. Un medio existe gracias a unha repetición periódica,
pero ésta non ten outro efecto que producir unha diferencia gracias á que ese medio pasa a
outro medio. É a diferencia a que é rítmica non a repetición, que, nembargantes, a
produce; pero, como consecuencia, esa repetición productiva nada ten que ver cunha
medida reproductiva. A medida ²a lei- non é máis que a envoltura dun ritmo, e dunha
relación de ritmos. A reiteración de puntos de desigualdade, de puntos de flexión, de
acontecementos rítmicos, é máis profunda que a reproducción de elementos ordinarios
homoxéneos; de xeito que, en todos os casos, debemos distinguir a repetición-medida e a
repetición-ritmo, xa que a primeira é só a apariencia ou efecto abstracto da segunda:
´Aíndananatureza, as rotaciónsisocrónicas non son máis que a apariencia
dunmovimentomáis profundo, os ciclos revolutivos non son máis que entes abstractos;
postos en relación, revelan ciclos de evolución, espirais que presentan unha razón de
curvatura variable, cuxatraxectoria ten dous aspectos disimétricos, como a esquerda e a
dereita. Semprenesta abertura, que non se confunde co negativo, as criaturas tecenunha
repetición, recibindo, ómesmo tempo, o don de vivir e de morrerµ. 6
Xustaposición e non composición. Trátasemáis ben de algo expresivo: o expresivo
é anterior con relación ó posesivo do que falabamáis arriba en relación ó home. As
cualidades dunsuxeito non llepertencensenón que debuxan -expresan un territorio que
pertenceráósuxeito que as ten ou as produce. Son os accidentes os que determinan ás
esencias e non ó revés.
? Na música, é a sonoridademesma das notas e os seusdesenrolos rítmicos quen crea
as duraciónsou medios: aquilo que o un universal-identidade borra porque non é eficaz
???????????????????????????????????????? ????????

` 
?
? ?

 
   ?
? ?
para captar singularidades. Non hai referente representable, conceptualizable na música.
Cada acontecimento musical ten un significado en sí mesmo que se desenrola e acada o seu
ser en dirección cara  acontecimiento musical que agardamos e esperamos:
acontecimento que pode ser un ritornelo: unha repetición ou, como dirían Deleuze -
Guattari: un axenciamento territorial. Máis nada.
Así haberíaque pensar a subxectividade? Non dende a trascendencia dalei da
representación ou, o que é o mesmo, dende un ¶eu· que se aparece pre-definido e como
meta: como algo a conquerir e do que apropiarse dende un falaz optimismo
teleolóxico.Quizáis se trata de que un vaiatopando(se) posibilidades que se xeran e
desvanecen a velocidades variables.
A subxectividade, pois, o que en cada momento é ha de pensarse como algo que
está constantemente por ocurrir. Aí encontraremos o noso sentido según o pasado e o
futuro. Segundo a inocencia do pasado e do presente. Non un antes e un despois que sigan
a linealidade causal, humana, demasiado humana;senón o ritmo expresivo do círculo. De
aquilo que a cada momento acontece e retorna. É o tempo como duración o que se revela
como construcción-/poiesis/-producción dese ser-nós. A expresión expresa penetrando no
seusaír do máis profundo. Unha penetración naprofundidade do finito e singular, do real
inmanente: como semente.
Por iso a relación non é a causal. É unhaidentidade non lograda. Porque a
identidade non existe. Porque a identidade nada aporta ó vivir. Identidade non lograda que
é expresión dunhaalteridade que só por analoxía ²Durand- se pode mostrar. A expresión
desborda a causalidade. Antes ben, a causalidade é un modo de expresión. A expresión
trata acerca do sentido, do particular irreductible: máis profundo que a causalidade. Máis
claro e distinto que a representación. Aquí hai algo interesante. A música transcurre dun
modo semellante: hai un movimento das cualidades expresivas. Esa expresividade non se
reduce ós efectos inmediatos, senón tan só a impresiónsouemociónssubxectivassen
significado. Deleuze fala dunha repetición dinámica que consiste na repetición dunha
diferencia interna que transporta dun punto notable a outro: xa non hai conciencia nin
representación, xa non hai figura representada nun espacio preexistente; senón que o que
hai é unha idea e un puro dinamismo creador do espacio correspondente: o ritmo. O ritmo
como evolución viva e mortal.
Neste sentido comenta Deleuze que o     consiste en crer que o sabio pode
convertirse en virtuoso: o soño de atoparunhalei que faga posible a repetición. Ese é o
soño ético. 7 A moral é a xeneralidade do hábito [volta á orde das semellanzas e as
equivalencias]. E o hábito xamáis é unhaverdadeira repetición. É máis, se a repetición é
posible, é contra a lei moral e contra a lei da natureza. A repetición é sempre:   

 e manifiesto dunhasingularidade contra as particularidades sometidas
álei. DíZaratustra: ´e que o home ten que facersemáisbo e máis malvado. Cantar é cousa de
convalecentes, ó san gústallefalar.8

DMostrar que as cualidades ontolóxicas da música ²por abstractas e non fixables- poden
ser interesantes para pensar a nosa duración: a nosavida. Qué sexaiso que se expresa non
importa agora. Sóreivindicalo. Sómostralonunxesto de transgresión. Non dicilo. Ningún
coñecemento se pode extraer de aquí agora.
Non existen feitos ²subxectividades e/ou identidades fixas e xa dadas-
senónversións de cada modo finito. A música é execución da diferencia propia do existir
humano. Funciona por analoxía. Fuxe do brutal cliché do feito . A nota musical devén no
seu ser no contexto/medio do que emerxe do plano sonoro/ontolóxico. Porque a música é
???????????????????????????????????????? ????????
-
?
? ?

 

?
??
materialidade pura que nos toca. Así, o seunome é soamente indicativo, non denotativo nin
representacional. A súa figura non existe como non existe a súa esencia. Só o seu aparecer
tras o eterno intervalo e aísoa, efímera, ata o seguinte aparecer como ritornelo. Ate a
seguinte repetición. Ata o siguiente acontecimiento. E aínda así, toda nota é ela, é a súa
esencia sen permanecer nunca idéntica a sí mesma. Expresa o sentido no  no que
aparece. Senmáis. E nisocre sin conciencia. Limítase a articular aquilo que o pensamiento
idéntico reprime, senproducilo como resolución e resposta. As notas existen por sí
mesmassen estar ligadas a unha representación. Son o máis claro exemplo de que o tempo
lles da o seu ser. E aínda diría máis: as notas non existen. Aíprodúcesena obra un
movimento capaz de conmover ó espíritu fóra de toda representación: faise do
movimentomesmounha obra.
O sentir non se pode representar a sí mesmo porque é   á reflexión. É máis
bárbaro porque procede de forzas terrestres e cósmicas máisverdadeiras ²se temos que
empregardunha vez o término- que toda a cultura ilustrada. Porque a música está
simbólicamente ligada coa contradicción primaria e a dor primaria do que de primitivo hai
en nós. Porque nos reencontramos a cada compás co que somos sempre: coa
discontinuidade, coa pérda de identidade: coa cumbre.
O heroe repite sempre porque está separado dun saber esencial infinito. O saber
está nel pero actúa como algo oculto. Non sabe que sabe. Non pode ter representación
dese saber porque é inasible. Ó non poder representalo debe poñelo en acto: interpretalo,
por tanto, repetilo. Nese sentido, ´a repetición refire a un destino tráxicopolanatureza do
saber reprimido; así como un carácter cómico polo modo no que o personaxe é excluído
dese saberµ9.
Por tanto: a repetición aparece como unha diferencia, unha diferencia
absolutamente sin concepto: unha diferencia  . Cando invocamos a identidade
absoluta do concepto para obxectos diferentes suxerimossóunha explicación negativa e por
defecto. Dooutro lado, o que repite faino a forza de: non comprender; non lembrar; e non
saber ou, o que é o mesmo, non ter conciencia. O que da conta da repetición é a  
  .
A música desborda os estreitos límites da verdade como adecuación ou coherencia.
A adecuación acecha. ¿Acaso temos que adecuarnos a algo? Trátasemáis ben de rescatar
sen medo. Rescatar o arcaico, o primitivo, o elemental e orixinario que ha de estar presente.
Un ter presente o máis rudimentario: o ritmo. O máisoposto á técnica: o máis inefable. A
erudición do concepto permite rondar o fundamental senninsiquerarozalo. Iso fundamental
que está aí presente como alteridade, como nada que diría Baudrillard que ó todo da
sentido. DíJankélevitch que o home que canta exprésase a sí mesmo inmediatamente en
virtudedunhaespontaneidade eferente que exclúe toda utilidade e todo propósito racional.
Así sexa.
A música descoñece as preocupacións da coherencia, non ten ideas que deba
concordar loxicamente: a armonía mesma é menos unhasíntese racional de opostos que
unhasimbiose irracional de heteroxéneos. A coincidencia vivida dos opostos é o rexime
cotidiano, aínda que incomprensible, dunha vida repleta de música. Ésta, como o
movimento e a duración, é un miragre continuo que cumpre en cada paso o imposible 10
O universo musical,ó non significar ningún sentido en particular, está nas antípodas
de calquer sistema coherente: nas antípodas da forma, da identidade, da imaxe e do  .
Quizáisocorra o mesmo con ese resto da acción que Nietzsche denominousuxeito.
?

???????????????????????????????????????? ????????

   
 ?
) ?

??
&$?,?!!?'?!+'?+#
+?*?'?+!&'"!'?
'+.&,##'?!#
'?'?
??
"'.+,/?

Você também pode gostar