Você está na página 1de 49

versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

“Mexan por nós e quérennos dicir que chove”: é


precisa unha #galizarevolution?

A idea dun movemento propiamente galego de


indignación – inserido, por suposto, no contexto mundial –
xurdiu a primeiros de maio dun grupo de mozas e mozos de
distintas comarcas galegas e de distintos ámbitos sociais e
políticos que críamos que a resposta á falta de “democracia real” tiña que ter en conta
tamén a situación de Galiza como “nación oprimida”, e con ela a solidariedade con
todos os pobos do mundo. Queremos facer nacer un modelo de sociedade novo
dende o noso recanto do globo terráqueo. Sobre isto, copiamos unha das
intervencións no grupo de debate, achegada por Raúl Asegurado:

“Non hai forma máis internacionalista de axir que asumindo o protagonismo histórico e
político no que te identificas, e sentindo cada bandeira de liberdade que se mova en calquera
lugar do mundo e facéndoa propria, mas asumindo que temos que libertarnos por nós
mesmas e mesmos; eu, independentista, abrazo con entusiasmo o que se está a facer en
Madrid, e interpélame a ser consecuente aquí, asumindo o protagonismo, non mimetizando
un comportamente doutra esfera de poder e doutro referente soberano. Independentismo e
solidareidade co povo español, aínda que a muitos non lles entre, non é antagónico, máis ben
é tradicional na historia do noso nacionalismo, sempre sumamente constructivo, de esquerdas,
emancipador e irmandiño, no senso republicán da fraternidade da Revolición Francesa.”

Ademais, dende o principio consideramos moi importante dispor dun “caixón das
ideas”, de think-thank, a libre disposición, co obxectivo de facer unha especie de
“argumentario” ou charla tipo, ou presentación de diapositivas coa que cada persoa
que o desexase puidese explicar á xente máis moza – e a toda a xente – cómo
funciona o mundo, organizando charlas, encontros ou coloquios nas distintas
localidades da Galiza. Algo didáctico e moi sinxelo, tendo en conta que a
concienciación, o coñecemento é o primeiro paso para a rebelión.

Con estas ideas iniciais lanzamos a pregunta – aquí non hai certezas – na Rede: é
preciso un movemento galego? Así, puxemos en marcha un blogue
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

(http://mexanedinquechove.blogspot.com/), un manifesto de partida (incluído en


anexos) e unha frase típica galega dos tempos do Fragasaurius para expresar a
indignación: mexan por nós e quérennos dicir que chove. No blog definíamonos así:

“En "Mexan por nós" somos xente que queremos vivir en democracia, nunha
democracia de verdade, con decisión sobre os asuntos económicos, sen oligopolios económicos,
mediáticos nin de ningún tipo, que queremos poder vivir dignamente na nosa terra, que non
queremos seguir a destruír o planeta nin que a maior parte da humanidade viva na miseria
para que unha minoría de ricachóns gañe cada vez máis.”

A partir de aí a xente interesada foise anotando nun grupo creado no Facebook


(#galicianrevolution, que agora se chama, tras votación, #galizarevolution) e dende o
15M foron xurdindo debates e propostas de acordo sobre o un movemento, ou
corrente de pensamento, “galeguista” de indignación e rebelión.
Somos xente moi diversa, que participa ou non en forzas políticas do eido
nacionalista e en movemento socias. Ao principio estabamos algo desorientados coas
mobilizacións, pois as mensaxes que se recibían e as experiencias dalgunha xente eran
de seguidismo acrítico das propostas da Porta do Sol, mais este movemento chamado
do 15M é complexo e foi evolucionando dende o primeiro día. Por exemplo, a xente
máis moza foi aclarando que non era “apolítico” – como inicialmente se definía –,
senón “apartidista”, a acampada de Compostela amosou o seu desacordo con puntos
do manifesto da porta do Sol, comezouse a empregar o galego, incorporouse a
cuestión de xénero… (grazas a Séchu Sende polas impresións dende o Obradoiro, que
incluímos en anexos). De feito, o manifesto da #acampadaobraoiro – reproducido en
anexos –, é moito máis completo e adecuado á realidade galega que o consenso de
mínimos proposto pola acampada de Palma de Mallorca para todo o Estado (tamén en
anexos).
Neste grupo de debate, fóronse decantando dúas posturas: a de quenes apostan
por crear un movemento propio, que trascenda as prazas, que inclúa nas
reivindicacións de democracia real o dereito autodeterminación e a de quenes
individualmente apostan por ir ás concentracións e falar alí, aportando ideas do eido
nacionalista, nun diálogo recíproco entre a xente que se sumou por primeira vez ao
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

activismo político e a que xa leva anos. De feito, a maior parte da xente participou nas
concentracións.
En todo caso, ambas posturas non son excluíntes e pódense concretar en:

1 – Crear unha comisión organizadora da #galizarevoltion, que se encargue de


convocar asemblea ou concentracións e completar o manifesto ou facer un consenso
de mínimos galego, recollendo propostas, pondo unha data concreta para acadar ese
consenso de mínimos, - unha data próxima na que se convoque tamén unha
manifestación nacional en Compostela, como apuntaba Miguel Anxo Abraira –.
A data e lugar para constituír esa comisión ou coordenadora nacional da
#galizarevolution sería o 28 de maio no Obradoiro en Compostela, mais a hora
debería ser ás 18:00, pois ás 20:00 (hora preferida pola xente no grupo) hai asemblea
xeral, onde a participación é individual, loxicamente. Falouse moito de evitar o
ensimismaneto e o distanciamento coa xente da praza. Se hai concentración nese
momento (18:00 horas) o ideal sería pedir ás persoas que xa están a organizar a praza
a constitución dun grupo de debate chamado #galizarevoltuion. Esta comisión tamén
se encargará da comunicación (blogue – xa xestionado por Jon Amil, que o pasará a
Blogaliza –, xestión da conta de correo mexanpornosdicindoquechove@gmail.com e
do facebook e twitter).
É urxente, por tanto, decidir coordenadores/as desa primeira xuntanza en
Compostela do 28M no Obradoiro ás 18:00 horas e de outras xuntanzas no resto de
Galiza. [De momento, ese día e hora hai confirmada presenza da #galizarevolution en
Compostela e Monforte (participando na asemblea xeral con propostas), confirmade
maís a medida que o saibades.]

2 – Ir ás concentracións galegas (dende XA!) con propostas concretas.

Así, Raúl Asegurado Pérez e Paula Vázquez Verao propoñen traballar en


propostas concretas para levar ás concentracións. Xa se foron perfilando as seguintes.

- Renda Básica de Cidadanía. Hai información aquí:


http://www.nodo50.org/redrentabasica/textos/index.php?x=127
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

- Referénduns sobre custións importantes.

- Dereito de autodeterminación para todas as nazóns sen estado. A cuestión


dos dereitos colectivos dos pobos.

- O feminismo como aspecto imprescindíbel en calquera revolución. Idea de


Fátima Peón-Torres apoiada por María Castelo Leston e mais xente.

- Crítica a estrutura da Unión Europea.

- Fiscalización da actuación d*s candidat*s ás eleccións, proposta de Hector


Rodriguez Vidal, “por exemplo, estabelecendo percentagens de (in)cumprimento de
promessas eleitorais (fornecidas de estudos sérios) ou cousas desta guisa.”

- A cuestión do colapso ambiental. Iolanda Aldrei propón estes puntos para o


manifesto:

1 - A terra como lar e sustento do povo galego, é um património para respeitar e


cultivar de jeito sustentável, fomentando a geração de riqueza agro-florestal intimamente
unida ás nossas raízes culturais, à nossa idiossincrasia como povo e ao nosso relacionamento
com outros povos. Os campos cultivados e os bosques galegos são o espaço próprio que deve
ser tratado com respeito ecológico, perspectiva económica, espiritual, antropológica,
arqueológica e biológica como a referência geográfica e histórica do nosso povo.
2 - Num mundo no que as fronteiras políticas têm menos importância na comunicação
entre os povos, e as redes culturais se tornam mais doadas como veiculo de comunicação
para a humanidade, as galegas e os galegos devemos priorizar os relacionamentos na nossa
língua comum com os outros povos galegófonos ou lusófonos do Planeta, assim como o nosso
entendimento cultural, mítico, antropológico e arqueológico com as nações celtas. Estes nós
devem ser reforçados como rotas de união para nos apresentar ao mundo.

A propia Iolanda Aldrei, David Outeiro Fernández e Javier Foz poderían ser un
bo equipo para concretar estes puntos, a quen se podería unir Eva Nion, que fixo a
seguinte:
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

“A cesión de uso de solo é o único modo de tirar adiante coa terra e co país. Concesións con
alugueres (100-300 euros) e responsabilidade de mantenhemento a 50-75 anos no rural.
Dereito á explotación, a autoxestión, etc. A min paréceme unha das chaves para un futuro un
pouco mellor xestionado, sosteníbel, e viábel.”

- Cambio do sistema electoral: plantexar a circunscripción única galega e


eliminar o mínimo do 5% para obter representación (a acampada de Compostela xa
aprobou algo disto): debate plantexado por Marcos Celeiro, Alberte Domínguez e
Fernando de Trasancos. Derrogación da lei de partidos, proposta de David
Rapacha.

- Exercer o poder que temos como consumidores: “nom consumir prudutos nom
respetuosos com o medio ambiente, preferir o nosso e o que respete a nossa cultura,
produtos de multinacionais que usem mao de nenos escravos ou de homens o mulheres com
condicons de trabalho indignas. Campanha de informações arredor da economia dos paises
do terceiro mundo e de como o nosso consumo incide nas suas vidas: imposição de mono-
cultivos que gera fame por falta de outros alimentos, custo em vidas e miséria do nosso
carburante, trebelhos eletrónicos,pantalões "lavados à pedra", etc...”, algo apuntado por
Lola, quen tamén propón “fazer uma proposta para deixar de comprar cousas nom
básicas-comida- entanto na informação do produto, não conste onde é que se fez, quanto
cobravam os que o fizeram e as condições de trabalho. Solidariedade de clase, com os
trabalhadores de todo o mundo. Para que as informações for verdadeiras, criar um organismo
mundial que em cada país se encarregue de comprobar. Uma inspeção de trabalho a nível
mundial.” Cuestións tamén tratadas por Viçente da Veiga.

- No eido do ensino, Clara Figueroa fai as seguintes propostas:

PEDAGÓGICA: O professorado na Galiza está especialiçado. Hoje na Galiza no Ensino


Obrigatório boa parte do professorado anda a dar aulas em especialidades alhéias. Isto
prejudica gravemente a qualidade em Educaçao. O alunado nao recebe a formaçao necesária
nestas matérias e o professorado padece consequências psicológicas nefastas por nao ter
preparaçao para a matéria que lhe ordeam impartir de repente, sem formaçao em ela.

ENSINO PÚBLICO E LAICO: Nao se pode continuar o financiamento público do ensino


versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

privado. Por ser privado tém fontes de financiamento privadas. O financiamento do ensino
privado tém desviado montes de dinheiro que deberiam ter melhorado as condiçoes do ensino
público nas últimas décadas. Resultado disto, hoje se podem constatar as grandes diferenças
que há entre os Centros Privados Sostidos com Fundos Públicos e os Centros Públicos e isto
traduz-se na qualidade da educaçao. Há que reparar o prejuíço em que se encontra o ensino
público.
Além disto, de maneira nehuma se financiarao Centros Educativos Privados em cuja actividade
diária se promova a segregaçao entre os sexos; pois atenta contra a legislaçao vigente na
C.C.A.A. Galega e no Estado Espanhol.: Nenhuma pessoa será discriminada por razao de
sexo.
Da mesma maneira nao se poden financiar com dinheiro público os Centros Educativos
Religiosos pois atenta contra a legislaçao vixente na C.C.A.A. Galega e no Estado Espanhol,
em cuja Constituiçao se declara que o Estado Espanhol é um Estado Aconfesional e, por
tanto, nehuma religiao terá carácter estatal.
A religiao tém que saír do Ensino Obrigatório, saír das Escolas, e passar a ser uma opçao
pessoal individual em tempo de lazer, como qualquer outra.
Tém que restabelecer-se a matéria de Ética pois o Ensino Obrigatório tém que oferecer ao
alunado a possibilidade de compreender-se a sí próprio como Pessoa, como parte de uma
sociedade concreta no tempo e no espaço e como parte de um mundo complexo e diverso.

- David Rapacha propón o debate sobre o modelo de Estado, opóndose á


Monarquía.

Tamén houbo propostas concretas de acción. Propostas de accións locais –


cunha lectura global á vez – coma a de Armando Ribadulha: concentrarse diante de
Marineda City en defensa do pequeno comercio galego fronte ás grandes superficies e
multinacionais ou a de Xabier Seixo sobre a toma simbólica da Deputación de
Ourense. Outra proposta é ocupar a TVG e facer unha “queima simbólica nas praças
públicas de exemplares dos jornais falsimídia do sistema”. Tamén se plantexou a retirada
de diñeiro dos bancos.

A idea máis repetida e da que máis gosta a xente é a de vontade de diálogo, de


contacto humano, de aprendizase mutuo, de chegar a uns mínimos en común entre a
xente que temos conciencia galeguista e a que se achega ao activismo por vez primeira.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Destacaba Manoel Santos nun artigo (incluído en anexos) que “o movemento do


que estamos a falar pouco o nada vai ensinar, dende o punto de vista ideolóxico e de
construción propositiva, a quen leva anos a loitar contra o sistema, a quen levan anos
indignados ou indignadas. As críticas case sempre van rematar nas mesmas conclusións
antisistémicas. Porén, si pode aprendernos moito, moitísimo, sobre novos xeitos de proceder,
de organizármonos e de chegar á xente para sumar masas críticas á loita, que debería ser o
obxectivo primario do activismo. Fuxir desta escola renovada de política social que parece
estar a agromar, como se xa tivésemos todo aprendido, só delata un ensimismamento tan
inútil como fachendoso e desprezativo”. Esta cuestión, a das novas formas de militancia, é
complementada por Xavier Carriba, cun texto de Toni Negri: "...esta nueva militancia no
repite meramente las fórmulas de organización de la antigua clase obrera revolucionaria. Hoy,
el militante no puede pretender ser un representante, ni siquiera de las necesidades humanas
fundamentales de los explotados. Por el contrario, hoy la militancia política revolucionaria
debe redescubrir la forma que siempre le fue propia: no la actividad representativa, sinó la
actividad constituyente. La militancia de hoy es una actividad positiva, constructiva e
innovadora.". Marcos Celeiro tamén aportaba un texto de Ken Knabb (incluído en
anexos).

Rematamos cun pedazo do poema que nos deixaba Séchu Sende.

Necesitamos instruçons para sonhar ao mesmo tempo,

umha convocatória para sonhar juntos á mesma hora,

um método para a produçom social de sonhos.

Se fabricamos coitelos en cadea por que nom Liberdade?

É o seguinte passo na evoluçom da espécie.

E conseguiremo-lo mirando-nos aos olhos.

Séchu Sende em Animais, Editorial Através, 2011


versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Ás 19:30 horas do 24 de maio de 2011 eramos 471 integrantes do grupo de


debate do facebook #galizarevolution. Máis información (de momento) neste grupo do
facebook.

ANEXOS

- Acampadas galegas: http://acampadas.posterous.com/blogs-das-acampadas-


galegas

- Manifesto por unha Democracia Real Xa!

Manifesto (galego)

Manifesto DEMOCRACIA REAL XA

Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas
mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e
amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a
quen nos rodea.
Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras máis
conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos ideoloxías ben definidas,
outras considerámonos apartidarias e outras apolíticas… Pero todas e todos estamos
preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos
arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola
indefensión da cidadanía de a pé.
Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos, podemos mudala. É hora de
pórse en movemento, hora de construírmos entre todos, entre todas, unha sociedade
mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:

 As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o

progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica


e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

 Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas

sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á


participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens
necesarios para unha vida saudable e feliz.

 O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental

non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da


humanidade.

 A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de

xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase
política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a
nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante
vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a
de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos
ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante
unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.

 A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade,

crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O


obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social
nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e
sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.

 A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por

riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o


planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.

 Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a

enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente
anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.

 Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha

abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría,


poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

 É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser

humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos
do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo
compro.

Por todo o exposto, estamos indignados, estamos indignadas.


Cremos que podemos mudalo.
Cremos que podemos axudar.
Sabemos que, unidos, podemos.
Sae connosco. É o teu dereito.

- Propostas – Democracia Real Xa.

1. ELIMINACIÓN DE LOS PRIVILEGIOS DE LA CLASE POLÍTICA:

 Control estricto del absentismo de los cargos electos en sus respectivos

puestos. Sanciones específicas por dejación de funciones.


 Supresión de los privilegios en el pago de impuestos, los años de

cotización y el monto de las pensiones. Equiparación del salario de los


representantes electos al salario medio español más las dietas necesarias
indispensables para el ejercicio de sus funciones.
 Eliminación de la inmunidad asociada al cargo. Imprescriptibilidad de los

delitos de corrupción.
 Publicación obligatoria del patrimonio de todos los cargos públicos.

 Reducción de los cargos de libre designación.

2. CONTRA EL DESEMPLEO:

 Reparto del trabajo fomentando las reducciones de jornada y la

conciliación laboral hasta acabar con el desempleo estructural (es decir, hasta
que el desempleo descienda por debajo del 5%).
 Jubilación a los 65 y ningún aumento de la edad de jubilación hasta

acabar con el desempleo juvenil.


versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

 Bonificaciones para aquellas empresas con menos de un 10% de

contratación temporal.
 Seguridad en el empleo: imposibilidad de despidos colectivos o por

causas objetivas en las grandes empresas mientras haya beneficios, fiscalización


a las grandes empresas para asegurar que no cubren con trabajadores
temporales empleos que podrían ser fijos.
 Restablecimiento del subsidio de 426€ para todos los parados de larga

duración.

3. DERECHO A LA VIVIENDA:

 Expropiación por el Estado de las viviendas construidas en stock que no

se han vendido para colocarlas en el mercado en régimen de alquiler protegido.


 Ayudas al alquiler para jóvenes y todas aquellas personas de bajos

recursos.
 Que se permita la dación en pago de las viviendas para cancelar las

hipotecas.

4. SERVICIOS PÚBLICOS DE CALIDAD:

 Supresión de gastos inútiles en las Administraciones Públicas y

establecimiento de un control independiente de presupuestos y gastos.


 Contratación de personal sanitario hasta acabar con las listas de espera.

 Contratación de profesorado para garantizar la ratio de alumnos por

aula, los grupos de desdoble y los grupos de apoyo.


 Reducción del coste de matrícula en toda la educación universitaria,

equiparando el precio de los posgrados al de los grados.


 Financiación pública de la investigación para garantizar su independencia.

 Transporte público barato, de calidad y ecológicamente sostenible:

restablecimiento de los trenes que se están sustituyendo por el AVE con los
precios originarios, abaratamiento de los abonos de transporte, restricción del
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

tráfico rodado privado en el centro de las ciudades, construcción de carriles


bici.
 Recursos sociales locales: aplicación efectiva de la Ley de Dependencia,

redes de cuidadores locales municipales, servicios locales de mediación y


tutelaje.

5. CONTROL DE LAS ENTIDADES BANCARIAS:

 Prohibición de cualquier tipo de rescate o inyección de capital a

entidades bancarias: aquellas entidades en dificultades deben quebrar o ser


nacionalizadas para constituir una banca pública bajo control social.
 Elevación de los impuestos a la banca de manera directamente

proporcional al gasto social ocasionado por la crisis generada por su mala


gestión.
 Devolución a las arcas públicas por parte de los bancos de todo capital

público aportado.
 Prohibición de inversión de bancos españoles en paraísos fiscales.

 Regulación de sanciones a los movimientos especulativos y a la mala

praxis bancaria.

6. FISCALIDAD:

 Aumento del tipo impositivo a las grandes fortunas y entidades

bancarias.
 Eliminación de las SICAV.

 Recuperación del Impuesto sobre el Patrimonio.

 Control real y efectivo del fraude fiscal y de la fuga de capitales a

paraísos fiscales.
 Promoción a nivel internacional de la adopción de una tasa a las

transacciones internacionales (tasa Tobin).


versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

7. LIBERTADES CIUDADANAS Y DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:

 No al control de internet. Abolición de la Ley Sinde.

 Protección de la libertad de información y del periodismo de

investigación.
 Referéndums obligatorios y vinculantes para las cuestiones de gran

calado que modifican las condiciones de vida de los ciudadanos.


 Referéndums obligatorios para toda introducción de medidas dictadas

desde la Unión Europea.


 Modificación de la Ley Electoral para garantizar un sistema
auténticamente representativo y proporcional que no discrimine a ninguna
fuerza política ni voluntad social, donde el voto en blanco y el voto nulo
también tengan su representación en el legislativo.
 Independencia del Poder Judicial: reforma de la figura del Ministerio

Fiscal para garantizar su independencia, no al nombramiento de miembros del


Tribunal Constitucional y del Consejo General del Poder Judicial por parte del
Poder Ejecutivo.
 Establecimiento de mecanismos efectivos que garanticen la democracia

interna en los partidos políticos.

8. REDUCCIÓN DEL GASTO MILITAR

- Manifesto da #acampadasol.

¿Quiénes somos?

Somos personas que hemos venido libre y voluntariamente, que después de la


manifestación decidimos reunirnos para seguir reivindicando la dignidad y la conciencia
política y social.

No representamos a ningún partido ni asociación.

Nos une una vocación de cambio.


versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Estamos aquí por dignidad y por solidaridad con los que no pueden estar aquí.

¿Por qué estamos aquí?

Estamos aquí porque queremos una sociedad nueva que dé prioridad a la vida
por encima de los intereses económicos y políticos. Abogamos por un cambio en la
sociedad y en la conciencia social.

Demostrar que la sociedad no se ha dormido y que seguiremos luchando por lo


que nos merecemos mediante la vía pacífica.

Apoyamos a los compañer@s que detuvieron tras la manifestación, y pedimos su


puesta en libertad sin cargos.

Lo queremos todo, lo queremos ahora, si estás de acuerdo con nosotros:


¡ÚNETE!

“Es mejor arriesgar y perder que perder por no haber arriesgado”

- Manifesto #acampadapalma, proposto como consenso de mínimos para unha


Democracia Real XA.

Como ciudadanos indignados con la situación actual, propiciada por un sistema


político que no nos representa, redactamos este documento para sentar las bases de
una necesaria y urgente reestructuración democrática.

Este documento tiene como única finalidad plasmar un consenso de mínimos, con
el objetivo de consolidar una democracia real. No pretende exponer propuestas
concretas, sino los principios por los que deberán regirse las futuras medidas.

1. Reforma de la ley electoral. El sistema actual fomenta el bipartidismo y la


alternancia en el poder mediante un reparto no proporcional de éste. Demandamos
una ley electoral que garantice la equidad del voto, independientemente de la opción
política y región en la cual se vote.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

2. Democracia participativa. La democracia no debe consistir en conceder


autoridad plena durante una legislatura. Los ciudadanos deben poder tomar parte en la
toma de decisiones que afecten de manera trascendente a su futuro.

3. Intolerancia a la corrupción y transparencia gubernamental. Afirmamos que la


corrupción ejercida por los miembros de los partidos políticos alcanza un nivel
intolerable. Por ello demandamos una mayor transparencia en los partidos y las
instituciones públicas, así como garantías de una separación fundamental entre los
poderes del Estado.

Invitamos a todos los ciudadanos a que hagan suyos los principios básicos citados
en este documento y los reclamen de forma activa en los lugares que consideren
oportunos. Así mismo, llamamos a la difusión de este documento en acampadas,
comités, chats, foros, comunidades o cualquier otro lugar físico o virtual.

- Manifesto #acampadaobradoiro Santiago de Compostela.

Propostas para unha Democracia Real

1. Co fin de achegarnos á realidade actual patente, consideramos fundamental a


aprobación dunha Lei que acepte e regule a incorporación da participación cidadá nos
órganos de representación públicos. Permitirase expresamente a participación a través
das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC).

2. En tódalas eleccións a circunscripcións serán únicas e coincidirá co nivel


político no que se celebren.

3. No Senado tódolos/as senadores/as serán directamente elexidos/as por


sufraxio universal na súa circunscripción autonómica.

4. Fórmula electoral proporcional pura, na que se abandanoría o sesgo


maioritario da lei D’Hont e implicaría un aumento no número de representantes nas
cortes.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

5. Unificación da barreira mínima, para tódolos tipos de convocatoria electoral,


no 3% dos votos emitidos como máximo.

6. Substitución das partidas porcentuais do gasto para campaña electoral por un


teito de gasto global.

7. Límite salarial, inferior e superior, para tódolos/as os/as representantes


públicos, directa ou indirectamente escollidos; así como para os seus asistentes,
asesores ou calquer outro cargo de libre designación. Ningún salario representativo
poderá ser inferior en 3 veces e superior en 6 ó Salario Mínimo Interprofesional (SMI),
así como fundamentar a cuantía deste no salario medio.

8. Total transparencia de salarios, propiedades e bens e intereses de tódolos/as


representantes públicos, directa ou indirectamente elexidos, así como dos seus
asistentes, asesores ou calquer outro cargo de libre designación.

9. Reducir o número preciso de firmas para levar a cabo unha Iniciativa


Lexislativa Popular (ILP), así como establecer que esta sexa un procedemento válido
para levar a cabo unha iniciativa de reforma constitucional.

10. Regulación das fórmulas de comunicacións políticas invasivas da privacidade


(mailing, contestador automático, spam...).

11. Prohibición da comunicación negativa e baleiras de contido que empregue a


esaxeración, o engano ou a descalificación, como técnica para informar á cidadanía.

12. Aprobar ás “Agrupacións Cidadás” como fórmula posíbel para concurrir ás


eleccións.

13. Supresión das Deputacións Provinciais, e por conseguinte o nicho que supón
para políticas clientelares e caciquís.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

14. Posta a disposición, accesíbel, libre, gratuíta e en código aberto, de tódolos


datos e informacións xeradas polas institucións públicas, o seus traballadores e
representantes. Exceptuando aqueles datos protexidos expresamente pola Lei de
Protección de Datos.

15. Corrupción: inhabilitación de por vida para o exercicio de responsabilidade


pública para tódolos declarados culpabeis xa dende o momento da primeira sentencia.

16. Labor pública: tódolos/as representantes públicos, directa ou indirectamente


elexidos, estarán suxeitos ó mesmo réxime disciplinario que os traballadores das
institucións ós que pertenzan funcionalmente. Abandoar os privilexios fronte á lei, ante
a que todos sexamos iguais de facto e ningunha persoa se considere “inviolábel”,
volvendo polo tanto a este precepto extensivo, en canto institución do Estado, á Casa
Real e a tódolos seus representantes.

17. Limitación de mandatos a dúas lexislaturas.

- Manifesto #catalanrevolution.

QUÈ ÉS #CATALANREVOLUTION?

#catalanrevolution és una resposta social, econòmica, nacional, democràtica,


pacífica, prenent els drets humans com a bandera, a problemes comuns que l’actual
sistema polític no vol resoldre, i que per acció, aquiescència o omissió, està causant.

#catalanrevolution és un moviment on hi cap tothom, sense sigles de partits ni


sindicats, sense pretensió d’apropiar-se’n. No ens sentim plenament representats per
cap opció concreta, per tant fem debat polític des de baix sumant veus individuals.

#catalanrevolution lliga i uneix els moviments socials i nacionals de Catalunya.


Perquè mai no serem un poble realment lliure si continuem sotmesos a les condicions
socials, econòmiques i polítiques actuals, perquè l’expressió democràtica del poble
sempre ha de ser respectada ja que la legitimitat està per sobre de la legalitat. El
sistema polític actual retalla els nostres drets polítics de la mateixa manera que els
socials.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

QUÈ DENUNCIA #CATALANREVOLUTION?

#catalanrevolution DENUNCIA el sistema polític actual, que per damunt de


dretes o esquerres està sotmès a uns mercats i a un sistema financer que ningú no ha
escollit, que imposen un sistema neoliberal on les persones som tractades com a
simple mercaderia.

#catalanrevolution DENUNCIA la corrupció del sistema polític actual en tots els


seus àmbits, que instigat per empresaris immorals i polítics sense ètica representa un
enorme expoli de recursos per a la societat.

#catalanrevolution DENUNCIA les mancances democràtiques de l’esquema


polític de la transició, on la separació de poders és una cortina de fum i tot queda
sotmes a una partitocràcia bipartidista.

#catalanrevolution DENUNCIA les formacions polítiques que atien l’odi entre els
pobles de Catalunya i d’Espanya. Entenem que la democràcia no ha de fer por a ningú i
l’autodeterminació és un dret inalienable, d’aquesta manera una democràcia real
l’acceptarà amb normalitat.

#catalanrevolution DENUNCIA la manca d’un futur per als joves. Amb més d’un
40% d’atur juvenil, amb sobrada formació, amb la càrrega de missatges polítics
contradictoris i contraproduents durant els últims vint anys, els i les joves de Catalunya
viuen un dels pitjors periodes de la seva vida amb la convicció que el futur només pot
ser pitjor.

QUÈ ÉS IMPRESCINDIBLE PER A #CATALANREVOLUTION?

#catalanrevolution EXIGEIX l’aturada de les retallades pressupostàries als serveis


públics, el poble de Catalunya mereix i exigeix que els recursos públics mantinguin un
sistema sanitari i educatiu públics i de qualitat com a primera prioritat del país.

#catalanrevolution EXIGEIX la retirada immediata de la reforma laboral, la


garantia de les pensions i un sistema de jubilació just.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

#catalanrevolution EXIGEIX la sobirania fiscal de Catalunya, doncs entenem que


la solidaritat ha de ser proporcional, equitativa i justa, i que la situació de dèficit fiscal
és tan insostenible que ofega la capacitat de supervivència del nostre país. L’expoli fiscal
de Catalunya és un cas únic a Europa.

#catalanrevolution EXIGEIX transparència als partits polítics, la publicació i


limitació del patrimoni, l’expulsió d’imputats per corrupció o qualsevol delicte de les
llistes electorals i dels càrrecs de lliure designació que ocupen a l’administració, la
responsabilitat econòmica personal i familiar dels seus actes.

#catalanrevolution EXIGEIX el control independent i social de les accions


polítiques respecte dels fons públics, el patrimoni de l’administració i l’acció
urbanística. Exigim institucions eficaces contra el frau i la corrupció a l’administració.

#catalanrevolution EXIGEIX canvis a les lleis electorals que assegurin la pluralitat,


la proporcionalitat, la igualtat i la representació unitària dels catalans i les catalanes.
Això implica: la supressió de barreres percentuals, la proporcionalitat directa entre
escons i població a les circumscripcions, la substitució de la Llei d’Hondt per una de
més proporcional i la representació de Catalunya com circumscripció única en totes
les eleccions d’institucions representatives superiors.

#catalanrevolution EXIGEIX el respecte escrupulós a les decisions democràtiques


del poble de Catalunya. No pot tornar a passar que allò que el poble català ha votat en
referèndum sigui estripat, insistim: la legitimitat democràtica està per sobre de la
legalitat.

QUÈ PROPOSA A LA SOCIETAT #CATALANREVOLUTION?

#catalanrevolution PROPOSA que cadascú de nosaltres reflexioni sobre el


manifest #NOELSVOTIS on es crida a un boicot electoral organitzat, cívic, conscient i
intel·ligent. En definitiva: passar de la queixa a l’acció col·lectiva.

#catalanrevolution PROPOSA a la ciutadania una reflexió general i una presa de


consciència. El debat en tots els nostres àmbits (amics, família, feina, institut,
universitat, partit, sindicat, associació, penya, club, etc) ha de trascendir els tabús sobre
els grans poblemes de les persones, cal debatre’ls sense por.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

#catalanrevolution PROPOSA que els partits, i també els sindicats, entrin en un


debat profund sobre la seva representativitat real, sobre la seva submissió al
neoliberalisme, sobre el sistema econòmic, polític i social, sobre qui i com es controla
el frau i la corrupció. En definitiva, sobre quin futur ens proposen, si és que de debò
ens en proposen cap.

#catalanrevolution PROPOSA donar l’esquena a tots els actors i protagonistes de


la situació que vivim, perquè en realitat no els preocupem en absolut. Tots junts hem
de construir una alternativa capaç de deixar-los al marge, a curt, mig i llarg termini.

- Acampada Lisboa.

Este Manifesto encontra-se em processo de elaboração e aberto a


propostas. Não é um documento definitivo.

1º Manifesto do Rossio

Os manifestantes, reunidos na Praça do Rossio, conscientes de que esta é uma


acção em marcha e de resistência, acordaram declarar o seguinte:

Nós, cidadãos e cidadãs, mulheres e homens, trabalhadores, trabalhadoras,


migrantes, estudantes, pessoas desempregadas, reformadas, unidas pela indignação
perante a situação política e social sufocante que nos recusamos a aceitar como
inevitável, ocupámos as nossas ruas. Juntamo-nos assim àqueles que pelo mundo fora
lutam hoje pelos seus direitos frente à opressão constante do sistema económico-
financeiro vigente.

De Reiquiavique ao Cairo, de Wisconsin a Madrid, uma onda popular varre o


mundo. Sobre ela, o silêncio e a desinformação da comunicação social, que não
questiona as injustiças permanentes em todos os países, mas apenas proclama serem
inevitáveis a austeridade, o fim dos direitos, o funeral da democracia.

A democracia real não existirá enquanto o mundo for gerido por uma ditadura
financeira. O resgate assinado nas nossas costas com o FMI e UE sequestrou a
democracia e as nossas vidas. Nos países em que intervém por todo o mundo, o FMI
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

leva a quedas brutais da esperança média de vida. O FMI mata! Só podemos rejeitá-lo.
Rejeitamos que nos cortem salários, pensões e apoios, enquanto os culpados desta
crise são poupados e recapitalizados. Porque é que temos de escolher viver entre
desemprego e precariedade? Porque é que nos querem tirar os serviços públicos,
roubando-nos, através de privatizações, aquilo que pagámos a vida toda? Respondemos
que não. Defendemos a retirada do plano da troika. A exemplo de outros países pelo
mundo fora, como a Islândia, não aceitaremos hipotecar o presente e o futuro por
uma dívida que não é nossa.

Recusamos aceitar o roubo de horizontes para o nosso futuro. Pretendemos


assumir o controlo das nossas vidas e intervir efectivamente em todos os processos da
vida política, social e económica. Estamos a fazê-lo, hoje, nas assembleias populares
reunidas. Apelamos a todas as pessoas que se juntem, nas ruas, nas praças, em cada
esquina, sob a sombra de cada estátua, para que, unidas e unidos, possamos mudar de
vez as regras viciadas deste jogo.

Isto é só o início. As ruas são nossas.

- Santiago Alba Rico. A Qasba en Madrid.

Para os que seguimos de preto as dúas ocupacións da Qasba da Tunicia, é moi


difícil non sucumbir á emocionada vertixe dun déjà vu ante as imaxes dos mozos que
desde o luns pasado dignifican a Porta do Sol coa súa presenza: as lonas e os cartóns,
os papeliños con consignas pegados nos muros, as asembleas permanentes, as
comisións de abastecemento, limpeza e comunicación, a obstinación fronte a esa
choiva torrencial que tantas veces se utilizou para xustificar a abstención electoral.
Non nos enganemos: as protestas en España inscríbense sen dúbida na mesma falla
tectónica global e prolongan e readaptan o mesmo modelo organizativo inventado na
Tunicia e en Exipto (e en Bahrein, Xordania, Iemen, etc.). O capitalismo fracasou en
todo, salvo en globalizar as respostas.

"Milleiros de mozos españois protestan contra as dificultades económicas", titula


o diario francés Le Monde. É verdade. Tamén na Tunicia o paro, a pobreza e a inflación
tiveron moito que ver no estalido das revoltas. Pero o impresionante non é isto. O
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

impresionante é que en ambos os casos os manifestantes reclamasen e reclamen


"democracia". No caso da Tunicia e do mundo árabe todos esperaban que os seus
cidadáns invocasen a sharia -unha variante relixiosa da Lei- fronte á arbitrariedade e a
corrupción; en España todas as análises apuntaban a unha penetración rampante do
discurso neofascista como resposta á inseguridade económica e social e ao
desprestixio da política: a dereita conservadora parecía, a ambos os dous lados do
Mediterráneo, a única forza capaz de canalizar, deformándolo, o malestar xeral. Pero
hete aquí que o que os mozos piden por igual, aquí e alí, na Tunicia e en Madrid, no
Cairo e en Barcelona, é "democracia". Democracia de verdade! Que a pidan os árabes
parece razoable, pois vivían e viven aínda sometidos a ditaduras feroces. Pero que a
pidan os españois é máis estraño. Seica: España non é xa unha democracia?

Non, non o é. Na Tunicia, un pasiño por detrás, aínda se confía en que sexa suficiente
con ter constitución, eleccións, parlamento e liberdade de prensa para que haxa
democracia. En España, calzada de súpeto con botas de sete leguas, comprendeuse nun
lóstrego que as institucións non bastan se quen goberna as vidas dos cidadáns é o
mercado e non o parlamento. Estes mozos sen casa, sen traballo, sen partido,
asociaron con intuición certeira as "dificultades económicas" ao goberno ditatorial, non
dunha persoa concreta, non, senón dunha estrutura económica que desactiva
ininterrompidamente todos os mecanismos políticos -da xudicatura aos medios de
comunicación- que deberían garantir o xogo democrático. Estes mozos sen futuro
souberon espir dun golpe a falacia subcutánea que durante décadas sostivo a
lexitimidade do sistema: a identidade entre democracia e capitalismo. Na Tunicia e en
Exipto o capitalismo daba paus; en España unhas poucas lambetadas. Ningún réxime
económico exaltara tanto a mocidade como valor mercantil e ningún a desprezou
tanto como forza real de cambio: mentres a publicidade ofrecía unha e outra vez a
imaxe inmutable dun desexo sempre reverdecido, eternamente novo, os mozos
españois sufrían o paro, o traballo precario, a descualificación profesional, a exclusión
material da vida adulta e, a pouco que se subtraesen ás normas socialmente aceptadas
do consumo pequenoburgués, a persecución policial. No mundo árabe, para que non
reclamasen unha existencia digna, aos mozos golpeábaselles e metíaselles na prisión; en
Europa, para que non reclamen unha existencia digna, ofréceselles comida lixo,
televisión lixo, o tempo lixo dos supermercados e as movidas. Na Tunicia, os mozos
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

que non podían acceder a unha vida adulta, eran retidos nos seus corpos a porrazos;
en España, os mozos que non poden comprar a súa propia casa nin vender as súas
competencias laborais, aínda poden adquirir tecnoloxía barata, roupa barata, pizzas
baratas. Retida lonxe dos centros de decisión, desprezada ou sobreexplotada no
mercado laboral, moldeada por hábitos homoxéneos de consumo, a mocidade acabou
por converterse (en Europa e no mundo árabe) nunha "clase social" que, polas súas
propias características materiais, non recoñece límites de idade. Pero
equivocarámonos: se a represión non funciona, tampouco serve o que Pasolini
chamaba nos anos 70 o "hedonismo de masas". Golpes ou lambetadas, os mozos non
aceptan que os traten como a nenos; non se deixan amedrentar ("sen medo", gritan
aquí e alí) nin comprar ("non somos mercadorías"). A porta do Sol en Madrid
demostra tamén o gran fracaso "cultural" do capitalismo, que quixo manter ás
poboacións europeas nunha permanente minoría de idade alimentando só a fame: de
chucherías, de imaxes, de intensidades puras. Asustados ou corrompidos, aos nenos
podíaselles deixar votar sen perigo de que o seu voto mantivese ningunha relación real
coa democracia. Por iso, na Tunicia e en Madrid, os mozos piden precisamente
democracia; e por iso, na Tunicia e en Madrid, comprenderon certeramente que a
democracia está orgánicamente ligada a esa cousa misteriosa que Kant situaba
taxantemente fore dos mercados: a dignidade.

É impresionante -impresionante, si- ouvir berrar a estes mozos apartidistas, sen moita
formación ideolóxica ou directamente "ideolofóbicos", a palabra "revolución", como na
Qasba de Tunes. Son pacíficos, disciplinados, ordenados, solidarios, pero quéreno
cambiar Todo. Queren cambiar o réxime, como na Tunicia: monopolio bipartidista das
institucións, corrupción, degradación do sector público, manipulación mediática,
impunidade dos responsables da crise. Como na Qasba da Tunicia, todos os partidos
institucionais, tamén os de esquerdas, víronse collidos a contrapé ou empuxados fóra
de xogo. Os mozos de Sol (e das outras cidades españolas) non representan a
ningunha forza política nin se senten representados por ningunha forza política. Pero o
erro -claramente instrumentalizado polos que senten ameazados polo estalido- é
pensar que nos atopamos ante un rexeitamento, e non ante unha reivindicación, da
política. Á luz de experiencias históricas precedentes poderiamos concluír que o
desprestixio das institucións e da clase dirixente franquea o paso ás solucións
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

populistas ou demagóxicas e á irrupción dun "líder forte" cuxa vontade desate


máxicamente todos os nós e resolva milagrosamente todos os problemas. É o fascismo
clásico. Pero o fascismo clásico, cuxa sombra se inchaba xa no horizonte, é máis ben o
que estes mozos viñeron a impedir e denunciar. O populismo e a demagoxia están a
gobernarnos xa; os "líderes fortes" son os que dominan os partidos e tratan de impor
as súas adhesións fiduciarias, puramente emocionais, aos nenos eternos nos que
quixeron converternos. Estamos en plena campaña electoral e os españois paséanse
entre reclamos publicitarios dos candidatos. Hai algunha dúbida? "Por que di vostede
que en Xapón non hai democracia?", preguntábanlle ao novelista Kenzaburo Oé. "Polo
sorriso do primeiro ministro". Os estafadores, os violadores, os paidófilos, os caudillos
sorrín precisamente así. Roubáronnos até a pureza dos sorrisos.

A Qasba de Tunes, como a porta do Sol, rebelábase xustamente, en nome da


democracia, contra toda clase de liderado caudillista. Había alí, como hai aquí, unha
afirmación inxenua de democracia pura, clásica, case grega. O historiador Claudio
Eliano conta a anécdota dun candidato ateniense que descubriu a un campesiño
escribindo o seu nome nas listas dos que debían ser condenados ao ostracismo. "Pero
se non me coñeces!", queixouse o oligarca. "Precisamente por iso"., respondeu o
campesiño, "para que non chegues a ser coñecido". Na Qasba da Tunicia era moi
poderosa esta susceptibilidade fronte a todo o coñecido; ninguén que saíse en
televisión, ninguén a quen os manifestantes recoñecesen, era benvido na praza. Eran os
descoñecidos os que estaban autorizados para falar e facer propostas; eran os
descoñecidos os que tiñan a autoridade que o mercado -e o seu xemelgo político, o
electoralismo- acumula, ao contrario, nas caras famosas. Pero resulta que os
descoñecidos somos nós; os descoñecidos son os "calquera" aos que eses candidatos
riseiros piden o voto para excluílos logo dos centros de decisión. Na Qasba da
Tunicia, como na Porta do Sol de Madrid, hai unha tentativa de democratizar a vida
pública devolvendo a soberanía aos descoñecidos. Ninguén pode negar os riscos nin os
límites desta aposta, pero ninguén pode tampouco negar sen fraude que esta
"revolución contra os coñecidos" constitúe precisamente unha denuncia do populismo
mercantil e a demagoxia electoralista, os dous trazos centrais das institucións políticas
do capitalismo.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Os mozos da Qasba de Madrid, das Qasbas de toda España, queren democracia real,
pois saben que dela depende o seu futuro e o de toda a humanidade; aínda non saben
que esa democracia, como nos lembra Carlos Fernández Liria, é o que outros
chamamos sempre comunismo. Terán que descubrilo ao seu modo. Nós, os máis
vellos, o que vimos descubrindo desde fai cinco meses, no mundo árabe e agora en
Europa, é que "os nosos" -así os chama Xullo Anguita- non son como nós. En Desexo
de ser punk, a extraordinaria novela de Belén Gopegui, a adolescente Martina,
exemplar vivo desta nova clase social construída nas arestas dos mercados, repróchalle
ao seu pai: "non fuches un bo exemplo". Non demos, non, un bo exemplo aos mozos
e, a pesar diso, cando desde a esquerda os desprezábamos só un pouco menos do que
os despreza Botín ou a Warner, cando criamos definitivamente formateadas todas as
subxectividades nun horizonte blindado, son eles os que se levantaron contra a
"enchenta de lambetadas" para reclamar unha "revolución" democrática. Martina está
na Porta do Sol e poida que tamén fracase, como fracasou o seu pai. Pero que ningún
cincuentón de dereitas (nin de esquerdas) veña a dicirlle que tivo a vida fácil; que
ningún cincuentón de dereitas (nin de esquerdas) veña a dicirlle que sen loita non se
consegue nada neste mundo. A segunda década do século XXI anuncia un futuro
terrible, incerto, quizais apocalíptico, pero deparounos xa algunhas sorpresas que
deberían rexuvenecernos.

Unha é que, se todo vai tan mal como dicimos, é seguro que haberá resistencia.

Outra é que o que verdadeiramente une é o poder e que a Porta do Sol, pase o que
pase, ten xa poder.

E outra é que todas as análises, por agudos e meticulosos que sexan, deixan fóra un
residuo que acabará desmentíndoos.

Non haberá unha revolución en España, polo menos de momento. Pero unha sorpresa,
un milagre, unha tormenta, unha conciencia nas tebras, un xesto de dignidade na apatía,
un acto de coraxe na anuencia, unha afirmación antipublicitaria de mocidade, un berro
colectivo de democracia en Europa, non é xa un pouco unha revolución? Todo
empezou moitas veces nos últimos 2.000 anos. E cando xa só esperabamos finais,
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

velaquí que en moitos sitios, os máis inesperados, hai xente nova empeñada en
comezar de novo.

- David Rodríguez. O nacionalismo galego e Democracia Real Xa!

Entre algunhas das ideas intelixentes que ven expresando Alain Badiou nestes últimos
tempos quédome, así de memoria, con dúas:

1. A idea de Acontecemento como ese intre inesperado e fundacional, ese salto


ao baleiro que muda todo e a partir do cal o anterior perde todo significado.
2. A idea de que a palabra Democracia se convertiu no fetiche manoseado polos
principais inimigos da mesma para anestesiar ás poboacións despois de que as
conclusións de Thatcher e Fukuyama de que non había alternativa e de que
chegaramos ao fin da historia callaran máis do que merecían.

Tanto unha como a outra cobran especial vixencia ao albur do que está sucedendo co
chamado movemento Democracia Real Xa! A toma da Porta do Sol de Madrid por
parte dun conxunto de cidadáns autoconvocados e as metástases da mesma a menor
escala que van agromando por todo o Estado parecen querer ser ese Acontecemento
inesperado que se viu de facer ser extenso despois de ter sido só ser virtual e que ten
o potencial de mudar o prisma con que percibimos a nosa realidade. Que o nome do
movemento inclúa a palabra Democracia para denunciar, como Badiou, que aquilo co
que nos aguilloaban a diario non era en verdade digno de tal nome senón mero
simulacro anestesiante consegue golpear con gran precisión na trabe mestra do edificio
ideolóxico do capitalismo neoliberal: o binomio absurdo democracia=capitalismo /
capitalismo=democracia.

Con esta paisaxe coma pano de fondo xorden, aquí e acolá, entre algunhas das xentes
vinculadas ao soberanismo galego de esquerdas e, en xeral, no mundo do activismo
organizado previamente a este novo movemento, certa espectación ante os feitos non
exentos de desconfianza (nalgúns casos xustificada) pero co agravante de esquecer que
a maior característica dun Acontecemento como este é a súa performatividade, é dicir,
o seu caracter non pechado e o seu potencial para ser levado alá onde os participantes
decidan conducilo.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Aínda que cativo na súa capacidade mobilizadora (outra cousa é analizar a corrente de
simpatía que está a xerar no interior de non pouca xente anónima), o movemento
Democracia Real na Galiza está a ser impulsado por xente nova nas súas dúas acepcións,
nova en idade e nova nisto do activismo. Estamos asistindo á primeira mobilización de
capas sociais criadas na opulencia alienante desta fase concreta do capitalismo
neoliberal tan destructiva e suicida. Xente cun contacto escaso co movemento
altermundista dos noventa, canto máis co que puido ser o movemento obreiro dos
anos 70, o movemento antimilitar dos 80 o movemento pola lingua tamén desas
décadas ou o movemento feminista. Xentes que cando lles falas dos 60 pensan máis na
estética psicodélica made in centro comercial que nas revoltas de París. Xente que
naceu cando o muro de Berlín xa caera e para os que a imaxinería clásica da esquerda
é cousa dos libros de historia. En definitiva, xente que se move nuns marcos mentais
diferentes aos do activista de sempre. De aí a perplexidade e mesmo o recelo deste
último.

Pero compre sermos xenerosos. Para moitos deses rapaces e rapazas esta loita é a súa
primeira loita. Percibimos simpleza nalgunhas das súas manifestacións e lemas e
percibimos que non son quen aínda de relacionar a súa loita coas loitas de outros (a
congruencia das loitas das que falaba Domènech) pero sería un erro censuralos. Na
experiencia apréndese e na práctica vanse creando as alianzas. Mal farían os activistas
con pedigrí desprezando este alude de enerxía deslabazada e fresca. Máis que criticalos
o que compre é acompañalos e, sobre todo, aprendermos mutuamente (porque moito
temos que aprender sobre o seu uso das novas tecnoloxías). Que rapaces e rapazas,
eu mesmo coñezo algunhas, se tivesen manifestado desta volta e non noutras
mobilizacións (que mesmo nin souberan que houbera outras mobilizacións
interesantes) demostra máis a incapacidade dos vellos activistas para atraeren a esta
xente que o pasotismo ou o embiguismo deses rapaces. Hai vontade, o que están a
buscar é como canalizar esa vontade. Se cadra non son os campións da coherencia
pero.. quen foi un campión da coherencia con vinte anos? (e co dobre tamén).

Se as persoas identificadas co soberanismo galego deciden non acompañar a esta xente


por cuestións como a falta de conciencia lingüística o que contribuirán é a que o
afastamento destes rapaces e rapazas coa loita nacional galega sexa cada vez maior.
Quen despreza o movemento alcumándoo como émulo de Madrid, demostra non
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

entender que tamén é émulo de Tunicia, de Exipto, de Libia, de Bahrein, de Iemen, de


Islandia, de Grecia, de Portugal. Non importa de onde veña a inspiración, o importante
é conseguir que en cada lugar a xente agarre o temón do barco, e para que isto suceda
na Galiza o amplo espectro do soberanismo galego de esquerdas debe pór tamén o
seu gran de area.

Non deixo de lembrar estes días os artigos que hai uns meses escribira O Beiras, coa
mestría e a intuición que o caracterizan, sobre a Doutrina dos dous mundos no
nacionalismo galego. Esta separación dos dous mundos estase a aplicar tamén a
pequena escala: o nacionalismo galego segue ensimismado no seu mundo en lugar de se
mesturar e liderar a ese outro mundo de rapaciada con ganas de implicarse
politicamente. E iso non pode ser máis que cavar a súa propia tumba. Algo ben
paradoxal cando vemos que desde as inmediacións do mesmo movemento Democracia
Real Xa! se coloca (canda a IU) á organización política máis grande do soberanismo
galego, o BNG, como a forza que con máis fidelidade seguiu, nas súas votacións no
Congreso dos Deputados, os postulados que ese movemento está a defender arestora
na rúa.

- Manoel Santos. 15M, ou o camiño que nos queda.

O resultado dos comicios municipais que se veñen de celebrar na Galiza –e a


análise, con salvedades, podería servir tamén para case todo o Estado español, Euskal
Herria á parte– confirma fundamentalmente dúas cousas.

Primeira, que a historia –local ou universal– rara vez se reinventa, senón que se
reproduce ciclicamente e, emporiso, cómpre tela ben presente para deseñar calquera
estratexia antisistémica. A dereita, coma nos anos trinta, móvese coma peixe no mar
nesta situación de crise sistémica provocada polas súas propias políticas económicas –e
sociais–, e a deriva totalitaria, o ecofascismo e o xa famoso darwinismo social
militarizado están máis preto de nós do que poderiamos pensar.

Segunda. Que a esquerda transformadora non é nada, ou só será un pouso cada


día máis residual de votos e postos institucionalizados, se non nace e se comporta
como expresión dun activismo social decidido e continuado. Se non nace, por
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

empregar o tópico, dende abaixo. Mentres a “esquerda política” non entenda, ou volva
entender, que é na rúa onde se constrúen -continuamente- e se fan hexemónicas as
ansias de mudanza social radical; e mentres a “esquerda social” non entenda, ou volva
entender, que cómpre unha tradución política para loitar con eficacia tamén en campo
inimigo; as posibilidades de éxito a penas pasarán da conquista dunha sorte de
pequenas aldeas galas ou acampamentos de simpática resistencia que, sendo
meritorios, non fan máis que maquillar o fracaso.

Non se me ocorre outra alternativa que apostarmos en primeira instancia por


esa recuperación da rúa que, dito sexa de paso, non está a avanzar no noso país tanto
como parece, por mor, fundamentalmente, da distorsión –ou ilusión– provocada por
esas redes sociais de internet que, por unha banda, constitúen excelentes mecanismos
de comunicación e organización, mais pola outra son refuxio dun activismo virtual
totalmente contraproducente. Dáme a impresión que é isto último o que está a
acontecer na Galiza cos “corpos activistas tradicionais”, incapaces de reaccionar non
agora, senón dende hai anos, e ao meu xuízo perigosamente ameazados con rematar
arrasados por esa nova onda de mobilización social que parece agromar co
movemento 15M. E se ese 15M, como apunta Antoni Domènech, é a alternativa que
nos queda?

Dúas son, ao meu xuízo, as principais reticencias do activismo galego organizado


para non se sumar en masa –por agora– a esta nova onda de indignación e ansias de
mudanza social que acampa xa non só en moitísimas prazas do Estado español, senón
noutras de Europa e mesmo de América Latina.

Se a primeira fai referencia a unha certa perplexidade, ou sorpresa, por ver


medrar tan axiña en número os acampamentos e persoas que reclaman parte –mesmo
unha parte moi pequena– das cuestións básicas que os “vellos” activistas veñen
defendendo dende hai unha chea de anos; a segunda ten que ver sen dúbida co
carácter escasamente galego e galeguizado, mesmo demasiado “españolizado”,
especialmente en cidades como A Coruña e Vigo, das mobilizacións, que teñen na súa
meirande parte como referencia constante o espello da Porta do Sol de Madrid.

Estamos diante dun movemento aínda moi incipiente, que asemade protagonizan
novos actores e que por riba emprega novas canles de comunicación e organización,
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

que a moitos se lle/nos escapan. É por isto que é lóxico que, por unha banda, non teña
demasiado definidas aínda as súas reclamacións e propostas –e que incluso se estean a
mesturar allos con bugallos en moitísimas ocasións–; e que, pola outra, se desenvolva
totalmente fóra dos circuítos do activismo “tradicional”.

O 15M está máis ca nada formado por persoas que exercen o activismo por vez
primeira –malia que en acampamentos tan organizados como o de Madrid parece
detectarse un apoio “na sombra” de colectivos xa expertos ben identificábeis–, sen
contacto anterior con forma algunha de crítica social radical, e emporiso é entendíbel
que vaian construíndo os seus argumentarios case dende cero, alleos a que a meirande
parte deles levan expostos en papeis, ensaios e manifestos dende hai lustros.

Sigo a pensar que o movemento do que estamos a falar pouco o nada vai ensinar,
dende o punto de vista ideolóxico e de construción propositiva, a quen leva anos a
loitar contra o sistema, a quen levan anos indignados ou indignadas. As críticas case
sempre van rematar nas mesmas conclusións antisistémicas. Porén, si pode
aprendernos moito, moitísimo, sobre novos xeitos de proceder, de organizármonos e
de chegar á xente para sumar masas críticas á loita, que debería ser o obxectivo
primario do activismo. Fuxir desta escola renovada de política social que parece estar a
agromar, como se xa tivésemos todo aprendido, só delata un ensimismamento tan
inútil como fachendoso e desprezativo.

Polo que respecta ao carácter “español” da mobilización, este non parece estar
en absoluto en contraposición coa realidade social das nosas cidades máis populosas,
onde o sentimento “galeguista”, e xa que logo o emprego do idioma propio, é residual.
Por dicilo doadamente, éche o que hai. Parece obvio que a maior parte do activismo
galego até agora era hexemonicamente iso, galego. Isto fai que sexa dificilmente
asimilábel o que está a acontecer, o que escoitamos moitas veces da boca dos mozos e
mozas que acampan aquí e acolá, e que mesmo xere un rexeitamento radical. Porén,
querería eu saber que porcentaxe deste activismo naceu xa “galeguizado” e que
porcentaxe foi “galeguizándose” co tempo, tanto no eido idiomático coma no eido
analítico.

Non dubido que a análise mental das eivas e alternativas que cadaquén vai
xerando cando constrúe o seu espírito crítico por forza remata levando as ideas
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

globais ao campo local, e na Galiza local tamén é nacional. Emporiso afastarse por puro
sectarismo –dubido que acontecese o mesmo se o 15M comezara en Turín ou en
Dublín– desta onda de mobilización, á que nos deberiamos amarrar como a lapa á
pedra, pode ser un erro histórico para o activismo galego. Subirse a ela para por unha
banda aprender e pola outra achegar outras visións –e porque non, a experiencia–
parece o máis intelixente e responsábel. Entendo que #galicianrevolution quere ir por
ese camiño.

Asemade, e para sermos realistas, o campo de batalla do movemento 15M,


establecido por agora no nivel estatal, terá obviamente que mudar se quere acadar
algúns dos obxectivos que se propón, por canto a meirande parte destes non se xogan
xa no campo estatal, senón por unha banda no campo estritamente local –
responsabilidades políticas co que máis nos afecta– e pola outra no campo supraestatal
–Unión Europea, Institucións Financeiras Internacionais, etc. Os estados-nación
esmorecen dende hai tempo.

Pouco hai que perder.

- Texto de Ken Knabb, aportado no foro.


A grosso modo podemos distinguir cinco graus de “governo”:

(1) liberdade irrestrita

(2) democracia direta

(3) democracia delegada

(4) democracia representativa

(5) ditadura de uma minoria

A presente sociedade oscila entre os pontos (4) e (5), isto é, entre governo
minoritário declarado e governo minoritário disfarçado, ambos camuflados por uma
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

fachada simbólica de democracia. Uma sociedade liberada eliminaria os pontos (4) e (5)
e progressivamente reduziria a necessidade dos pontos (2) e (3)...

Nas democracias representativas as pessoas abdicam de seu poder ao eleger


governantes. A plataforma política dos candidatos são limitadas a algumas vagas
generalidades. Uma vez eleitos, há pouco controle sobre suas reais decisões em
centenas de assuntos — apesar da possibilidade de redirecionamento do voto das
pessoas, alguns anos depois, para outros políticos rivais igualmente incontroláveis. Em
suas campanhas, os representantes dependem das contribuições e dos subornos dos
ricos; são subordinados aos donos dos meios de comunicação de massa que decidem o
que vai e o que não vai ser divulgado pela mídia; e eles são quase tão ignorantes e
impotentes quanto o público em geral, dando muita importância aos assuntos que são
pautados pelos burocratas não eleitos e pelas agências secretas independentes.
Eventualmente, ditadores declarados podem ser depostos, mas os verdadeiros
governantes nos regimes “democráticos”, aquela minúscula minoria que virtualmente
possui e controla tudo, nunca é eleita nem interna nem externamente. A maioria das
pessoas nem mesmo sabe quem eles são...

O ato de votar, por si só, de uma forma ou de outra, é destituído de grande


significância (aqueles que fazem um grande alvoroço recusando-se a votar apenas
revelam seu próprio fetiche). O problema do voto é que ele tende a fazer com que
pessoas deixem a ação a cargo de outras pessoas, tornando remotas as possibilidades
mais significantes. No final das contas, as pessoas que tomam alguma iniciativa criativa
(pense nos primeiros protestos pelos direitos civis) podem alcançar um resultado mais
efetivo do que colocar sua energia na eleição de políticos menos ruins. Na melhor das
hipóteses, os legisladores raramente fazem mais do que aquilo que foram forçados a
fazer pela pressão dos movimentos populares. Um regime conservador sob pressão de
movimentos radicais independentes frequentemente concede mais que um regime
liberal que sabe que pode contar com o apoio radical. Se as pessoas invariavelmente se
reúnem para obter o menos ruim, tudo o que qualquer governante tem que fazer em
qualquer situação que ameace seu poder é eliminar qualquer ameaça de um mal maior.

Até mesmo no caso raro quando um político “radical” tem uma chance real de ganhar
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

uma eleição, todos os tediosos esforços de campanha de milhares de pessoas podem


repentinamente virar em nada diante de algum escândalo trivial descoberto em sua
vida pessoal, ou porque ele inadvertidamente disse algo inteligente. Se consegue evitar
estas armadilhas, ele tende a evitar assuntos controversos temendo desagradar os
eleitores indecisos. Se finalmente acaba sendo eleito, ele quase nunca implementa as
reformas que prometeu, a não ser, talvez, depois de anos de disputas e embates com
seus novos colegas; que lhe dá uma boa desculpa para sua principal prioridade: fazer os
acordos necessários para que se mantenha indefinidamente no poder. Na lida com os
ricos e poderosos, ele desenvolve novos interesses e gostos pelos quais ele se justifica
dizendo que merece essas coisas para se recuperar dos anos que dedicou trabalhando
pela causa. Pior de tudo, se ele eventualmente consegue passar algumas medidas
“progressivas”, este excepcional e normalmente trivial sucesso é colocado como uma
prova de que as políticas eleitorais são dignas de confiança, atraindo muito mais
pessoas que irão desperdiçar suas energias nas futuras campanhas deste tipo.

Uma das pichações de maio de 1968 ilustra bem esse aspecto, “submeter-se a um
chefe é doloroso; escolher um chefe é estúpido!”

Os referendos sobre temas específicos são menos susceptíveis à precariedade dos


personalismos; mas os resultados não são com frequência melhores porque os temas
tendem a ser colocados de modo simplista, e qualquer projeto de lei que ameace os
interesses dos poderosos normalmente acaba derrotado pela influência do dinheiro e
dos meios de comunicação.

Às vezes as eleições locais oferecem às pessoas uma oportunidade mais realista de


influenciar as políticas e manter sob vigilância os candidatos eleitos. Mas nem mesmo
as comunidades mais conscientes estão imunes à deterioração do resto do mundo. Se
uma cidade consegue preservar características ambientais ou culturais desejáveis, estas
mesmas vantagens a situam sob uma crescente pressão econômica. O fato de se dar
preferência aos valores humanos em detrimento aos valores de propriedade causa no
final das contas enormes incrementos aos últimos (muita gente vai querer inverter essa
situação ou mudar-se dali). Cedo ou tarde o incremento dos valores de propriedade
se sobrepõe aos valores humanos: as políticas locais acabam anuladas por escalões
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

superiores ou pelos governos nacionais ou regionais, chega muito dinheiro de fora


para influir nas eleições municipais, os políticos municipais são subornados, os bairros
residenciais são demolidos para dar lugar a arranha-céus e autopistas, a rentabilidade
sobe vertiginosamente, as classes mais pobres são expulsas (inclusive os diversos
grupos étnicos e artistas boêmios que animavam e compunham o aspecto original da
cidade), e tudo o que resta da antiga comunidade são alguns lugares separados de
“interesse histórico” para o consumo dos turistas.

- Alfredo Iglesias Diéguez. Da indignación á revolución.

Ás acampadas e aos acampados que coa súa indignación sementan a esperanza na


revolución.

A indignación é un ingrediente esencial da revolución, senón que llelo pregunten


ás obreiras de Petrograd que se manifestaron polas rúas desa cidade o 23 de febreiro
de 1917 (hoxe, no calendario moderno, 8 de marzo), ao berro de Pan, paz e República
nunha xornada que deu comezo á revolución rusa de febreiro e, ao cabo, á de outubro
ou, vindo a tempos máis recentes, ás xentes de América Latina ou do mundo árabe
que se indignaron e indignan ante os sistemas que os oprimían e oprimen en certa
medida aínda hoxe. Neste sentido, quero deixar constancia da miña simpatía polo
movemento social que percorre as cidades españolas baixo o nome de Democracia
Real Xa, que aínda que só sexa a modo de símbolo se visualiza na acampada das xentes
que tomaron a Porta do Sol de Madrid dende o pasado 15 de maio.

A súa indignación é fondamente democrática, así o veñen demostrando nas súas


diversas manifestacións: asembleas, manifestos, comentarios a artigos de opinión sobre
ese movemento… Unha indignación fondamente política -en tanto que democrática-,
que, paradoxalmente, nos primeiros días estaba demasiado influída polo apoliticismo
que tanto fomentou o neoliberalismo nas últimas décadas. Afortunadamente, ese
desdén pola política, que os levou a inventar a política -cando para moitas das súas
reivindicacións temos milleiros de propostas na tradición de esquerdas que servirían
perfectamente ás súas necesidades expresadas, por exemplo, arredor do dereito á
vivenda e contra as hipotecas-, está a ser abandonado; de feito, alegroume a noticia de
que a acampada se prolongue como mínimo até o domingo 29 de maio por diferentes
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

razóns, entre as que salienta a necesidade de exportar o modelo asembleario de Sol


aos barrios.

A indignación pode transformarse en revolución. Abofé! Ora ben, quizais eu sexa


pouco imaxinativo, pero só se me ocorren unha cantas formas de logralo: primeira,
espallando o movemento asembleario polos barrios, as parroquias, os centros de
traballo, de estudo… con dous obxectivos principais: fomentar a conciencia política da
cidadanía -convertida en clientela, proletariado ou freguesía- e artellar unha sorte de
poder paralelo até chegar ao extremo de provocar un movemento insurxente que
desprace o poder establecido (algo semellante ao que aconteceu en Rusia entre
febreiro e outubro de 1917); segunda, avanzar na constitución dun movemento
político organizado arredor dun programa que aspire a conquistar o poder político
mediante o xogo electoral (ese foi o modelo que levou á formación do movemento
bolivariano que culminou coa creación do PSUV); e, terceira, manterse como unha
sorte de foro político, que someta a debate todos os programas electorais das
diferentes candidaturas para incidir dende fóra no proceso político institucional.

Non teño a máis mínima dúbida, así o demostraron nestes poucos días de vida,
que irán evolucionando cara a unha desas alternativas. Ogallá que o camiño escollido
por todas e todos nós sexa o que culmine na revolución democrática que precisamos!

- Séchu Sende. Algumhas palavras sobre o que está a suceder no Obradoiro.

Ola, vou contar-vos as minhas impresions sobre este movimento, a dia de hoje, mas
com a perspectiva que me da ter estado no Obradoiro -menos do que gostaria por
asuntos familiares- como persoa mui interessada no que está a suceder.

Vou falar, pois, sobre a evoluçom que percebo na acampada do Obradoiro, modelo
que nom -repito- nom se pode comprendr na sua complexidade desde a imagem que
se oferece na rede social, internet.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Primeiro: o movimento em Compostela está a evolucionar. Evoluciona, meus, minhas.


Medra. Medra o seu discurso, medra o seu activismo e esse crescemento é debido ao
aumento de participaçom no próprio Obradoiro.

Em tres dias incorporou-se ao debate público -sempre desde a minha percepçom


como visitante irregular- o tema -por exemplo- de género.

Houvo mulheres do movimento feminista que se achagarom a aportar a sua própria


visiom sobre a construçom dumha identidade do movimento que deve incorporar as
reivindicaçons feministas como um dos eixos. Onte na asembleia geral houvo debate -
muito conflitivo, caótico e errático- mas houvo debate sobre um dos pontos do
Decálogo do Obradoiro que pedia a derogaçom da lei de família do PP.

Hoje houvo -graças á participaçom das persoas mais concienciadas mas com grande
participaçom das persoas do Obradoiro -um grupo que se reuniu para
explicar/intercambiar impreson sobre da Lei de Família que começou com 7 persoas
acabou num grupo de mais de 100.

A estas horas -eu voltei com a pequena á casa, aló ficou a minha compa- esta-se a
debater, se nom se fixo, esse tema.

O processo sobre criaçom de debate e acçom a respeito da nossa língua -espero-


deveria seguir umha lógica parecida.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Mas este está a ser um proceso participativo que requer da criaçom de espaços de
intercámbio, informaçom, conflito, erros e acertos que irá conformando a própria
identidade da movida.

Refiro-me a espaços e momentos de presença física, porque o mais importante deste


movimento é que se trata dum movimento de forte carácter humano, onde as relaçons
interpersoais, o intercámbio de olhadas, vaia, som parte do processo.

Esses espaços de convívio e humanidade, aqui está a novidade, tenhem como tema e
argumento central a ideologia: quer-se construír um modelo político novo. Melhor
dito: actualizado.

Desde o meu ponto de vista de persoa preocupada pola normalizaçom da nossa língua
-galego ou portugues na Galiza- é umha oportunidade única: compartir a nossa própria
experiéncia, temores, sonhos, debilidades e fortaleças com gente que nom é como
nós. E participar das suas emoçons e ideologias.

Em quant a língua, a cousa evoluciona. Nom sei, por suposto como vai continuar o
movimento a respeito disto. Mas a evoluçom é evidente. E agora nom tenho tempo
para escreber mais.

Quando me acheguei ao Obradoiro por vez primeira figem-no com muita humildade.
O outro dia escoitando a Carlinhos Gende no concerto da noite flipei: letras com
mensagem, em galego, of course, a levantar o público. Sem Carlinhos Gende isto seria
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

outra cousa, sem Peter Punk isto seria outra cousa, sem as mulheres que participarom
hoje isto seria outra cousa.

Ha que ir e participar aló. A participaçom exclusivamente por internet é um pouco


extraterrestre.

Outra cousa, isto vai para muito...

Outra cousa mais: o movimento funciona através de persoas, a cousa nom funciona
mediante asociaçons, colectivos... Cada persoa representa-se a si mesma, como nos
primeiros dias do Prestige. Como em Burla Negra, como em Area Negra. Nom como
na Plataforma Nunca Mais... O movimento parece que nem sequer tem nome. Nom
existe um nome que agrupe todo isto. Isso de 15 M é algo do que se botou mao mas já
está superado. O de Democrácia Real Xa, penso, já é umha fase diferente, um
substrato enriquecedor. A participaçom é a título persoal. Assi se está construíndo
isto.

Acabo de enteirar-me de que se aprobou a participaçom manhá do movimento na


protesta contra a Lei da Família no Parlamento. Com muitos problemas, e polos pelos,
mas há que estar aí. Neste caso, um passo atrás, douas adiante.

Estivem a falar com um colega profesional da gestiom de dinámicas de grupos e dixo-


me que nestes dias a cousa está a evolucionar bem -em quanto a autogestiom
metodológica-, com os seus erros e acertos. Mas para começar desde cero, nom vai
mal.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

A ver.

- Carlos Taibo. Palabras para o 15 de maio.

Tentei reconstruír aquí, sobre a base dos meus apuntamentos, o que dixen na
Porta do Sol madrileña o domingo 15, ao final da multitudinaria manifestación que
convocou a plataforma Democracia Real Xa.

Tempo haberá para valorar –a min cústame traballo– que é o que está a acontecer
estes días. Conténtome agora con chamar a atención sobre unha discreta experiencia
persoal que algo nos di –penso– da zozobra coa que os medios de incomunicación do
sistema asumiron a revolta de tantos mozos.

Nos xornadas sucesivas ao día 15 recibín unha chea de chamadas deses medios de
incomunicación. Algunhas procedían, por certo, de emisoras de radio e de xornais que
de xeito altivo e descortés puxéronme na rúa no seu momento. Pareceume evidente
que os profesionais correspondentes andaban desesperados buscando algunha cara que
porlle ao movemento que, fundamentalmente articulado por mozos, empezaba a
tomar a rúa. En todos os casos –xa terei tempo de mudar, se procede, de conduta–
negueime a facer declaración algunha e en todos suxerín que entrevistasen aos
organizadores das manifestacións e, máis aínda, aos propios manifestantes. Nunha
desas conversas o meu interlocutor insistiu na súa demanda e preguntoume
expresamente se non habería algún outro profesor universitario que puidese pór a súa
cara. Ao parecer, e aos ollos dalgúns, para explicar o que está a acontecer é inevitábel
botar man das sisudas explicacións que proporcionamos os mestres de universidade,
coma se a xente do montón non soubese expresarse con claridade e contundencia.
Menos mal que hai algún profesional que se salva. Onte, e de novo na Porta do Sol, un
xornalista díxome que os mozos aos que entrevistara falaban moito mellor que Tomás
Gómez e –dáme o pálpito– que a propia señora De Cospedal.

Antes de colocar o meu texto, permítome agregar unha última observación:


versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

non só debemos estar sobre aviso ante o que fan os medios –para cando
unha activa campaña de denuncia do que supón esa xenuína praga
contemporánea que son os tertulianos. Tamén debemos gardar as
distancias con respecto ao que din e se aprestan a facer moitas xentes da
esquerda de sempre que, ben intencionadas, propóñense canalizar uns
movementos que en último termo non comprenden e miran con desdén. Aí
van, en calquera caso, as miñas palabras do día 15.

“Quen estamos aquí somos, de seguro, persoas moi distintas. Levamos na cabeza
proxectos e ideais diferentes. Conseguiron, con todo, que nos poñamos de acordo
nun feixe de ideas básicas. Tento resumilas de xeito moi rápido.

Primeira. Chámano democracia e non o é. As principais institucións e, con


elas, os principais partidos conseguiron demostrar a súa capacidade para
funcionar á marxe do ruído molesto que emite a poboación. Os dous
partidos máis importantes, en singular, escenifican desde tempo atrás unha
confrontación aparentemente severa que agacha unha fundamental
comunidade de ideas. Un e outro manteñen nas súas filas, por certo, a
persoas de máis que dubidosa moralidade. Non é difícil adiviñar o que hai
por detrás: nos feitos son formidábeis corporacións económico-financeiras
as que ditan a maioría das regras do xogo.

Segunda. Somos vítimas con frecuencia de grandes cifras que se nos


impoñen. En maio de 2010, por propor un exemplo, a Unión Europea esixiu do
Goberno español que reducise en 15.000 millóns de euros o gasto público. Ninguén
sabe de certo que son 15.000 millóns de euros.

Para comprendelo non está de máis que asumamos unha rápida comparación con
outras cifras. Uns anos atrás ese Goberno español que acabo de mencionar
destinou en inicio 9.000 millóns de euros ao saneamento dunha única caixa
de aforros, a de Castela-A Mancha, que se achaba ao bordo da quebra;
estou a falar dunha cifra que se achegaba ás dúas terzas partes da esixida en
recortes pola Unión Europea. Durante dous anos fiscais consecutivos, ese mesmo
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Goberno obsequiou con 400 euros a todos os que facemos unha declaración da renda.
A todos, dito sexa de paso, por igual: o mesmo recibiu o señor Botín que o cidadán
máis pobre. Segundo unha estimación, ese agasallo levou, en cada un deses anos,
10.000 millóns de euros. Estou a falar do mesmo Goberno, que se autotitula
socialista, que non dubidou en suprimir un imposto, o do patrimonio, que
por lóxica grava ante todo aos ricos, reducindo sensibelmente a recadación,
mentres incrementaba en troques outro, o IVE, que castiga aos pobres. O
mesmo Goberno, en fin, que a penas fai ren para loitar contra a fraude fiscal e que
mantén a lexislación máis laxa da Unión Europea no que fai a evasión de capitais e
paraísos fiscais.

Terceira. Se hai un Deus que adoran políticos, economistas e moitos


sindicalistas, ese é o da competitividade. Calquera persoa con dous dedos de
cabeza sabe, con todo, en que se traduciron, para a maioría de quen están aquí, as
formidábeis ganancias obtidas nos últimos anos en materia de competividade: salarios
cada vez máis baixos, xornadas laborais cada vez máis prolongadas, dereitos sociais que
recuan, precariedade por todas partes.

Non é difícil identificar as vítimas de tanta miseria. A primeira achégana os mozos,


que engrosan masivamente o noso exército de reserva de desempregados.
Se non houbese moitas traxedias por detrás, tería a súa graza glosar esa deriva
terminolóxica que hai media ducia de anos invitábanos a falar de mileuristas para
retratar unha delicada situación, hoxe invítanos a facelo de quiñentoeuristas e
pasadomañá, as cousas como van, obrigaranos a referirnos aos trescentoeuristas. A
segunda vítima son as mulleres, de sempre peor pagas e condenadas a
ocupar os chanzos inferiores da pirámide produtiva, a máis de verse
obrigadas a cargar co groso do traballo doméstico. Unha terceira vítima
son os esquecidos de sempre, os anciáns, ignorados en particular por eses
dous marabillosos sindicatos, Comisiones e UGT, sempre dispostos a asinar
o inasinábel. Non quero esquecer, en cuarto e último lugar, aos nosos
amigos inmigrantes, convertidos, segundo as conxunturas, en mercadoría
doadamente substituíbel. Estou a falar, ao cabo, dunha concisa minoría da
poboación: mozos, mulleres, anciáns e inmigrantes.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Cuarta. Non quero deixar no esquecemento os dereitos das xeracións


vindeiras e, con eles, os das demais especies que nos acompañan no planeta
Terra. Dígoo porque neste país no que estamos hai moito tempo que confundimos
crecemento e consumo, por unha banda, con felicidade e benestar, polo outro. Falo do
mesmo país que permitiu orgulloso que a súa pegada ecolóxica acrecentásese
espectacularmente, con efecto principal na ruptura de precarios equilibrios ambientais.
Aí están, para testemuñalo, a idolatría do automóbil e da súa cultura, eses marabillosos
trens de alta velocidade que permiten que os ricos se movan con rapidez mentres se
deterioran as posibilidades ao alcance das clases populares, os castigos, seica
irreversíbeis, que padeceron as nosas costas ou, para deixalo aí, a dramática
desaparición da vida rural. Nada retrata mellor onde estamos que o feito de que
España se atope no furgón de cola da Unión Europea no que fai á loita contra a
mudanza climática, cun Goberno que alenta a impresentábel merca de cotas de
contaminación en países pobres que non están en condicións de esgotar as súas.

Quinta. Entre as reivindicacións que expón a plataforma que promove estas


manifestacións e concentracións hai unha expresa relativa á urxencia de reducir o
gasto militar. Paréceme tanto máis pertinente canto que nos últimos anos tivemos a
oportunidade de comprobar como os nosos diferentes gobernantes rebaixaban de
xeito moi sensíbel a axuda ao desenvolvemento. Nunca o subliñaremos de xeito
suficiente: o momento máis tétrico da nosa crise debuxa un escenario claramente
preferíbel ao momento máis airoso da situación da maioría dos países do Sur.

Volvo, con todo, ao do gasto militar. Este último, visibelmente agachado tras
numerosas partidas, responde a dous grandes obxectivos. O primeiro non é
outro que manter a España no núcleo dos países poderosos, cos deberes
consecuentes en materia de apoio a esas xenuínas guerras de rapina global
que lideran os Estados Unidos. O segundo vincúlase co designio de
preservar un apoio franco ao que fan tantas empresas españolas no
exterior. Alguén tivo noticia de que algún portavoz do Partido Socialista ou
do Partido Popular se atrevese a criticar, sequera só sexa livianamente, as
violacións de dereitos humanos básicos das que son responsábeis empresas
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

españolas tanto en Colombia como en Ecuador, en Perú como en Bolivia,


en Arxentina como en Brasil?

Remato. Gustaríame nestas horas ter unha lembranza para alguén que nos deixou en
Madrid o martes pasado. Falo de Ramón Fernández Durán, que iluminou o noso
coñecemento no que respecta ás miserias do capitalismo global e púxonos sobre aviso
ante o que nos espera da man desa xenuína idade das tebras na que, se non o
remediamos, penetrámonos ás alancadas. Non se me ocorre mellor xeito de facelo
que a que me invita a rescatar unha frase que repetiu moitas veces o meu amigo José
Luís Sampedro, de quen escoitaremos, por certo, un saúdo dentro duns minutos. A
frase en cuestión, que penso reflexa ben a ás claras a nosa intención desta tarde,
pronunciouna Martin Luther King, o muñidor principal do movemento de dereitos civís
nos Estados Unidos de cincuenta anos atrás. Di así: “Cando reflexionemos sobre o
noso século, o que nos parecerá máis grave non serán as fechorías dos
malvados, senón o escandaloso silencio das boas persoas”. Moitas grazas por
terme escoitado".

- Xosé Manuel Beiras fala sobre as mobilizacións de maio de 2011, 22 – 5 - 2011


(transcripcción a partir da canle teleirmandinha no Youtube).

“Eu coido que o panfleto – que é autenticamente un panfleto, no sentido propio,


histórico da palabra, non un libelo – de Hessel acerta nunha cuestión: hai unha
relación absolutamente biunívoca entre a indignación e a dignidade. Eu
comprendo perfectamente, por min mesmo, pola miña propia experiencia, que o
estado actual de cousas, no plano social, cultural e no plano político estricto suscite
indignación. E mais dunha vez, incluso en debates no Parlamento de Galiza no tempo
de Fraga, eu teño dito dende a tribuna de oradores – como a min se me acusaba a
veces de alporizarme – que eu me indignaba porque tiña dignidade, e que só se
indigna quen ten dignidade e que a exerce.
E nós temos predicado, como BNG nos tempos, nos tempos de apoxeo, nos
tempos en que o nacionalismo galego volveu convertirse nun referente que tiña unha
impronta de hexemonía, porque levaba a iniciativa ideolóxico-política e a referencia
dunha forza política atípica, non convencional, polo tanto unha forza política que non
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

estaba contaminada, recordo perfectamente que nós lles diciamos aos cidadáns que
cumpría exercer non só a liberdade se non exercer a dignidade. Polo tanto, a min o
que me indiga, e coido que é o mesmo que indigna a toda esta cidadanía
que finalmente se mobiliza deste xeito – non son só mozos, aínda que si
maioritariamente –, é a situación na que estamos, o que Boaventura de Sousa
Santos chamou o fascismo financeiro. Estamos ante unha metamorfose do
fascismo. Non é igual á maneira en que agora se caracteriza que os fascismo históricos
clásicos dos anos 20s e 30s porque non é o mesmo a sociedade, porque non é o
mesmo a función do estado, porque non son os mesmos os mecanismos de exercicio
e montaxe do totalitarismo, pero é unha forma de fascismo e ese significa unha
opresión en todas as dimensións da palabra e a indignación é un primeiro paso.
Confío en que esa indignación desemboque en revolta, en rebelión.
Non abonda con indignarse, porque a indignación non abonda con
sentila, cómpre practicala, cómpre expresala. E a indignación ante un
estado de cousas debe suscitar a vontade de mudalas. Polo tanto, para
mudar esas cousas, cando hai opresión, cando están atuídas as canles
democráticas, no sentido propio para exercer o poder político os cidadáns,
para mudar as cousas, para que os gobernantes respondan ao fideicomiso
para o que son elixidos, pois entón (a indignación) ten que transformarse en
rebelión, en revolta.
Nestes últimos anos adoito dicir que eu son un predicador da rebelión cívica.
Efectivamente ao que estamos asistindo é a unha rebelión cívica. É curioso que esa
rebelión cívica, ademais, agora que xurde no ámbito do Estado Español, leva as pautas
do que xurdiu no Magreb, no Mundo Árabe, fundamentalmente en Túnez e en Exipto,
o cal concorda con que a dinámica está no Sul, e que agora Europa vai a remolque
do Sul. E tamén unha cousa significativa, que, por exemplo, en Grecia, un pobo que
leva en loita máis dun ano, aí son as loitas a través das fórmulas clásicas e das
organizacións clásicas que están vivas – organizacións sindicais, de clase… - pero, en
cambio, aquí, como non funcionan esas, non houbo unha operatividade da rede de
artellamento da sociedade chamada civil, dos movementos chamados sociais, dos
movementos sindicais, e tampouco das forzas políticas, nin sequera das chamadas da
esquerda extraparlamentaria, e entón xurde a rebelión como rebelión cívica máis do
estilo da de Túnez e da de Exipto onde se considera o centro do sistema. Pero non
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

abonda con iso, nin siquera abonda que a indignación se transforme en rebelión.
Cómpre que a rebelión se oriente cuns nortes que permitan efectivamente
levar a cabo a transformación en positivo da sociedade, pero unha
transformación que ten que ser radical.
Nas conversas de xente máis concienciada, con máis visión dos problemas, os
comentarios eran de cómo si a cidadanía estivese nunha situación de pasotismo, que a
cidadanía en xeral, e a mocidade moi en especial, dado que a mocedade sempre se
considerou un motor da dinámica social de rebeldía, que estaba como anestesiada, que
pasaba de todo, que estaba moi acomodada, que non tiña capacidade de reacción, etc.
Algúns dicíamos que non é así, que a cidadanía o que estaba era desactivada e que
faltaban os mecanismos de artellamento que permitisen que se activase, que a
cidadanía estaba moi incómoda, nuns casos, ou moi indignada no fondo, moi
traumatizada polo que estaba pasando, porque a crise en todas as súas dimensións, esa
crise da que os culpables son moi claros, son os grandes poderes financeiros, etc, a
nivel internacional, e logo os seus secuaces, que son os habitantes ou os inquilinos das
institucións políticas que, no canto de responder ás demandas da cidadanía se pregan a
esas consignas deses poderes que están fóra da instancia política, pois ese sentimento
da xente non atopaba mecanismos para dar resposta nin había os resortes que
desencadearan o proceso. Pero, eu teño dito máis dunha vez que había síntomas e que
a actitude dos poderes, políticos, para empezar, era tan insensata coma se nun
territorio volcánico non se fixese caso das fumaceiras e as fumarolas que anuncian que
pode haber unha erupción. Ao non facérselle caso resulta que hai erupción e colle por
sorpresa. [Transcipción ata o minuto 7:30, en breve, completarase].
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

MANIFESTO DE PARTIDA – MEXAN POR NÓS E


QUÉRENNOS DICIR QUE CHOVE ou GALIZAREVOLUTION

MEXAN POR NÓS E SABEMOS QUE NON CHOVE

Nós, a xeración que, por vez primeira en moito tempo,


teremos menos dereitos e posibilidades de futuro que os nosos
pais e nais; aquelas persoas que investimos moito tempo e cartos
das nosas familias en nos formármos; aquelas que medramos a
carón da TV a prometernos un mundo de fantasía onde todo o
mundo había de ser rico; aquelas que pensabamos que viviamos
en democracia, estamos fartas de que mexen por nós, estamos…

* fartos de que os bancos e grandes empresas, responsábeis


da crise, salvados con cartos públicos de todos nós, agora
repartan dividendos milmillonarios entre os accionistas.

* fartas de que se recorten os cartos para servizos públicos


básicos, como a Sanidade ou a Educación, coa escusa da crise
cando o défice público foi xerado por salvar o grande Capital.

* fartos de que desde os medios de comunicación se culpe


sempre da crise as persoas e grupos sociais máis débiles: nin a
inmigración, nin as pensións, nin outras axudas sociais, nin o
gasto en servizos públicos básicos son responsábeis da crise.

* fartas dun sistema económico que mantén a 1.500 millóns


de persoas na extrema miseria, que mata diariamente a 50.000
persoas por causas relacionadas coa fame, que escraviza adultos
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

e nenos, para que 1% da poboación acapare 40% da riqueza


mundial.

* fartos de que o produtivismo conduza a traballadores e


traballadoras á miseria e escravitude; e ao planeta ao colapso
ambiental.

* fartas da ruptura entre as forzas políticas e as aspiracións


da xente.

* fartos de ser tidos en conta só como consumidores e non


como persoas.

* fartas de termos que emigrar de Galiza por obrigación,


para ter traballo, e fartas de traballos precarios no noso país,
onde 20% das persoas están no límite da pobreza.

* fartos de que o noso pais non poida desenvolver os


sectores produtivos básicos por estar suxeito a unha lexislación
estatal e europea que condena Galiza a ser fonte de man de obra
e de produción de enerxía.

Non cremos no engano de que as reformas sociais que


benefician aos poderes financeiros son inevitábeis; non cremos o
que nos venden de que “vivimos no mellor dos mundos
posíbeis”. Cremos que hai alternativa, se nós a facermos
realidade, que hai outra maneira de xestionar a economía,
póndoa ao servizo da xente.
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

Queremos un outro mundo…

* onde o dereito á alimentación, á saúde, á vivenda e á


educación sexan inalienábeis.

* onde o traballo se organice para o ben común e a


felicidade, e non para a acumulación de riquezas dos menos e a
explotación dos máis.

* onde se garanta a soberanía alimentar dos pobos do


mundo.

* onde haxa democracia directa e participativa, unha cultura


cívica que posibilite que toda a xente poida participar e deba
implicarse en todos os asuntos que os afecten.

* onde as finanzas estean controladas e ao servizo da xente e


do planeta.

* onde os pobos do mundo se relacionen en igualdade.

Un mundo onde as prioridades sexan as persoas: o


igualitarismo, a fraternidade, a non explotación – nin de xénero,
nin de clase, nin duns pobos sobre outros –, a liberdade, o
respecto aos límites ecolóxicos do planeta. Nunha palabra: a
FELICIDADE.

Por iso, as mozas e mozos que creamos este manifesto


facemos un chamamento á mocidade galega e a toda a
versión ás 18:30 do 24 de maio de 2011

sociedade para construírmos desde a Galiza a alternativa a este


mundo tolo, movemento en que participemos xente moza e
organizacións baixo a bandeira común da loita contra o
Capitalismo e por unha orde social xusta. Para iso,
convidámosvos a participar nunha asemblea aberta, con lugar e
data por decidir entre toda a xente que nos unamos.

Únete, para que deixen de mexar por nós.


Uníndonos transformaremos a Galiza e o mundo!

Galiza, maio de 2011.

Você também pode gostar