Você está na página 1de 4

A CONQUISTA ROMANA DE GALICIA

As primeiras expedicins Temos noticias polas fontes escritas clsicas de varias expedicins romanas ao noroeste. A primeira a levada a cabo por Dcimo Xunio Bruto no ano 137 a.C., que sobe pola costa dende o roTexo ao Douro conquistando cidades e sometendo pobos. Os autores clsicos flannos da forte resistencia que atopou sobre todo por parte dos Brcaros, sando vitorioso e recibindo por todo isto en Roma honores militares e o sobrenome de Galaicus. Bruto continuou a sa expedicin e cruzou o ro Limia, considerado como o Lethes ou ro do esquecemento, superando a supersticin que nos relata Apiano de que os que o cruzaban perdan a memoria. Seguiu avanzando ata chegar ao Mio, onde se detivo, posiblemente debido aos problemas que lle orixinaron os pobos da retagarda ou tamn, segundo a tradicin, por un escrpulo relixioso ao ver poerse o sol no Atlntico, o que daba a impresin de que o leste era engulido polo mar. Tras vencer de novo aos Bracari, regresara a Roma pola Celtiberia, onde axudara a Lpido na sa loita contra os indxenas. En Roma, como comentamos, recibir os honores do triunfo do que se fan eco tanto as fontes escritas coma os testemuos arqueolxicos, como son algns monumentos conmemorativos de Roma. O resultado desta expedicin foi que o territorio costeiro comprendido entre o Douro e o Mio quedaba explorado e, mis ou menos, sometido ao control romano. Anda que con posterioridade abundarn as revoltas e insubmisins nesta zona, non obstante o influxo romano empezarase a sentir no mundo castrexo. Parece un feito comprobado que existen indicios arqueolxicos desta incursin como son, entre outros, algns niveis de destrucin de grandes castros do norte de Portugal como Briteiros, Santa Lucia ou Sanfins, ou a presenza de cermica campaniense no castro interior galaico do Castelo de Laias (Cenlle, Ourense). Ademais, a partir de agora incianse os intercambios comerciais directamente con Roma e non a travs de intermediarios como podan ser os pnicos. Este interese comercial de Roma co noroeste aparece patente na expedicin do procnsul da Ulterior Publio Craso (96-94 a.C.) en busca das illas Casitrides e as sas minas de estao. Segundo Estrabn, este abrir as rutas e mercados deste prezado mineral. Isto demostrara que xa dende a expedicin de Dcimo Xunio Bruto, as consecuencias non foron s militares, senn que a partir dela se multiplican os contactos entre o mundo indxena e o romano. Desta poca e dos contactos con Roma xa se coecen en Galicia materiais romanos como son as cermicas campanienses e numismtica que aparecen xeralmente nas franxas costeiras, debido a un comercio martimo. Xulio Csar realiza unha expedicin no ano 61 a.C. en busca de botn para poder pagar aos seus acredores de Roma e chega ata o golfo rtabro, dicir, s ras de Betanzos, Ferrol e A Corua. Os autores clsicos descrbennos a impresin que as sas naves militares causaron nos indxenas que non estaban familiarizados con este tipo de barcos. Antes de chegar a Galicia, vence aos lusitanos insurrectos no Mons Herminius, no centro de Portugal e rendeu os rebeldes que se refuxiaron nunha illa, coa axuda dunha flota chegada de Cdiz mandada pola familia dos Balbos. Dende Brigantium (A Corua), abandona Galicia utilizando a citada flota, deixando aberta unha ruta comercial fundamentalmente costeira.

Xulio Csar leva a cabo, non unha grande expedicin de conquista terrestre-martima, como defenden algns investigadores, senn unha razzia costeira con varios desembarcos e xiles incursins cuxa nica finalidade sera o botn. A expedicin de Csar, como defenden algns autores como Rodrguez Colmenero, foi eminentemente comercial e, como dixemos, depredatoria, sen lle interesar consolidar a custosa ocupacin dun territorio, tal e como se demostrou con posterioridade coas Guerras Cntabras. No entanto, esta expedicin permitiu ampliar os contactos con Roma, existentes xa con anterioridade, e establecer unha rede de relacins co mundo castrexo, vez que conseguira uns coecementos xeogrficos que ao cabo seran moi tiles para a apertura de novas rutas comerciais e para o mellor coecemento do terreo. Todo isto favorecera a intervencin militar romana nas Guerras Cntabras. A falta de resistencia a esta expedicin, que lle permitiu a Csar comprobar as riquezas mineiras especialmente o ouro que gozaban xa de fama en todo o occidente e encher as sas arcas, pode ser unha mostra de que a influencia romana estaba presente posiblemente xa dende a expedicin de Craso.

Con anterioridade s Guerras Cntabras, seguen as expedicins e os contactos de Roma co noroeste peninsular. As, no ano 74 a.C., o xeneral sertoriano Perpena realiza operacins contra os galaicos. O mesmo fai Fabio Mximo, legado de Csar no 47-46 a.C. Todas estas operacins, tanto militares coma comerciais, posiblemente facilitan a entrada na rbita romana de zonas costeiras occidentais e a rea meridional de Galicia. As guerras cntabras Das Guerras Cntabras dan ampla informacin os autores clsicos Din Casio, Floro e, en poca tarda, Orosio. Anda as, cmpre dicir que as sas informacins non sempre son fiables, xa que confunden operacins militares, datas, nomes dos xenerais e lugares de batalla. Cando no ano 29 a.C. estoura o conflito entre Roma e os pobos insubmisos do norte, especialmente stures e cntabros, non parece que os galaicos desempeasen un importante papel ata que o actual territorio galaico quedou fra do teatro das actividades blicas, malia que anda non formaba parte do Imperio Romano baixo o seu control poltico e econmico. O papel principal desempano os cntabros e, en menor medida, os stures. O papel da Gallaecia a modo de retagarda e o autor que fai alusin a ela Orosio no sculo V d.C. As, flanos da heroica resistencia do monte Medulio, onde os resistentes prefiren o suicidio rendicin.

Mapa: C. Julii Caesaris rerum ab se gestarum comentarii (Pars, 1560) Biblioteca USC. Obsrvese o ro Lethes (Limia) e o Minius (Mio)

Este foi un tema que gozou de gran popularidade e difusin entre os investigadores, xa que a sa resistencia conquista romana comparable de Numancia. Desenvolvronse amplos debates sobre a situacin deste famoso monte e distintos investigadores propuxeron varios lugares. Na actualidade segue sen saberse onde estaba situado, xa que os datos achegados por Paulo Orosio, autor tardo do sculo V d.C. "Medullium montem Minio imminentem" son moi confusos e ambiguos, e permiten unha ampla gama de posibilidades de localizacin. Ata hai autores que desconfan de que fose un feito histrico desta guerra, xa que o que mis detalles nos achega o citado autor, que viviu moitos anos despois de que se desenvolvesen as citadas Guerras Cntabras. No ano 29 a.C. incianse as hostilidades e Statilio Tauro somete a stures e cntabros, o que lle valeu o ttulo de imperator, que lle outorgou Augusto. Ao ano seguinte xorden novas revoltas que obrigan a intervir a Calvisio Sabino, que os volve derrotar. No ano 27 a.C. sublvanse de novo, o que motivou unha nova intervencin de Sexto Apuleyo, que os volve vencer, pero estes triunfos eran mis propagandsticos ca reais, o que obriga a Augusto a intervir persoalmente. Este e os seus xenerais sern os que realicen a conquista do noroeste coas chamadas Guerras Cntabras, que se inician no ano 29 a.C. e terminan no 16 a.C. As razns que levaron a Augusto conquista destes territorios son varias. Entre elas pdense citar os motivos de orde estratxica e econmica. Tratbase de controlar os cntabros que con frecuencia realizaban expedicins de saqueo nos pobos da meseta, ricos en cereais e que estaban baixo o control de Roma. Doutra banda, a submisin dos pobos do norte, que despois de 200 anos da presenza romana na Pennsula seguan sen estar sometidos, era un obxectivo atractivo para calquera xeneral romano que aspirase a gobernar Roma. Ademais, coa conquista Roma podera beneficiarse da explotacin dos recursos mineiros, en especial o ouro, que gozaban de fama en todo o mundo romano. Outros motivos que influron na conquista seran as causas de prestixio persoal de Augusto. Tratbase de afianzar o seu prestixio poltico en Roma conquistando uns territorios, pouco desenvolvidos e con pouco potencial militar, pero que continuamente fustrigaban o poder romano. Co seu sometemento, Augusto poda completar a conquista de toda a Pennsula Ibrica, ocupando uns territorios en cuxa conquista fracasaran outros xenerais romanos, e as levar os lmites do imperio ata as sas fronteiras naturais.Todo iso aparece reflectido na propaganda que tivo en Roma esta expedicin, como mostra o feito de que no ano 24 a.C. mandou pechar as portas do templo de Xano en Roma como sinal de que todo o imperio estaba pacificado.

Augusto empregou un ataque simultneo con tres columnas con base en Bracara (Braga) que atacaran os galaicos que resistiran no famoso monte Medulio citado por Orosio. As outras das partiran de Asturica (Astorga) e de Segisamo (Sasamn, Burgos) e a primeira atacara os stures e a segunda os cntabros. Este avance por terra complementbase cun ataque por mar na costa cantbrica coa axuda dunha escuadra procedente de Aquitania, na Galia. As lexins utilizadas na conquista son, na zona cntabra, a I Augusta, a IV Macednica, a V Alaudae e, na rea lusitana, a X Gemina e a VI Victrix.

Anverso e reverso dunha moeda do legado de Augusto P. Carisio, procedente de Mrida (MNAR)

As dificultades orogrficas, a belicosidade e resistencia dos indxenas, as como unha enfermidade de Augusto, fan que este se retire a Tarraco (Tarragona). Continan a campaa os seus xenerais Carisio e Antistio. Este ltimo someter os cntabros grazas s vitorias de Aracillum, Mons Vindius e Vellica.

O outro xeneral, Carisio, partindo da Lusitania e con base de operacins en Astorga e Lugo, no ano 25 a.C., derrota os stures, toma Lancia (proximidades de Len) e asedia e vence a resistencia dos habitantes do monte Medulio. Con posterioridade, ata o ano 19 a.C., prodcense escaramuzas e enfrontamentos con Roma por parte dos stures e especialmente os Cntabros, obrigando a intervir ao xeneral Caio Furrio. Todo isto fai que neste ano Augusto, ao se decatar da perigosidade dos cntabros, mande ao seu mis experto xeneral, Agripa, que coa axuda do gobernador da Tarraconense, Silio Nerva, remata a conquista definitiva do noroeste peninsular no ano 16 a.C. Con este motivo erxense en honor a Augusto as Aras Sestianas, cuxa localizacin xeogrfica un tema moi discutido. A GRAN HISTORIA DE GALICIA A GALICIA ROMANA VOLUME I, pxinas 9-17 Jos Manuel Caamao Gesto Arrecife Edicins Galegas S.L. A Corua, 2007

Você também pode gostar