Você está na página 1de 2

REFLEXIÓNS SOBRE O ANTIGO RÉXIME.

Patricia Gómez Presa e Isabel M. Rodríguez Buyo


1. Quen son os principais beneficiarios da actividade agraria no Antigo Réxime e de
que maneira se benefician?
Os principais beneficiarios da actividade agraria no Antigo Réxime son a nobreza, o
clero e os municipios debido a que estes son os propietarios das terras. Eran escasos os
campesiños que traballaban terras de seu, a maioría eran arrendatarios ou xornaleiros. Isto
último leva aaparellado que estes campesiños tivesen que entregar aos donos da terra parte da
súa colleita. Pero tamén hai que ter en conta os numerosos e fortes impostos que tiñan que
pagar aos señores. Por iso, os donos das terras son os principais beneficiarios xa que viven á
conta das súas propiedades e máis do que os campesiños lles teñen que entregar en concepto de
impostos xa que estes consideraban deshonroso o traballo manual (adicábanse á vida ociosa).
(Isabel)

O principal beneficiario é o estamento privilexiado formado pola nobreza e polo


clero, estes son os donos das terras onde permiten que o terceiro estado traballe como
arrendatarios, a cambio dun aluguer pagado de diferentes maneiras como unha parte da
colleita ou a través dun imposto establecido, ou ben como xornaleiros, traballan as terras do
señor a cambio dun salario. Sendo os campesiños a poboación maioritaria e a que ten
coñecementos sobre o cultivo das terras, vive na miseria e non lle saca partido a eses
coñecementos a causa da presión á que están sometidos por parte dos señores que son os que
sen realizar ningún traballo se fan coa maior parte. (Patricia)

2. Relaciona o modelo agrario co modelo demográfico no relativo á natalidade.


O modelo demográfico do Antigo Réxime caracterízase por unha alta taxa de
natalidade. Isto ten unha importante relación coa principal actividade económica desta época
que é a agricultura. A agricultura no século XVIII caracterízase por empregar técnicas moi
rudimentarias debido a que os grupos dominantes(propietarios das terras) non investiron
nunha tecnoloxía máis avanzada. As escasas innovacións fixeron do traballo manual a parte
máis importante. Por iso a natalidade ascendeu, para ter suficiente man de obra; xa que debido
a epidemias e malas colleitas a mortalidade tamén ascendeu. (Isabel)

No campo utilízanse técnicas moi rudimentarias o que significa que os campesiños


precisen unha gran cantidade de man de obra para conseguir unha boa producción. Este é un
dos motivos polo cal neste momento da historia existe unha alta taxa de natalidade. Sen
embargo o que os campesiños non obteñan demasiados beneficios provoca a morte dos seus
fillos por fame e iso explica a alta mortalidade infantil, que á súa vez tamén explica a alta
natalidade. (Patricia)

3. Que define a un grupo social no Antigo Réxime?


No Antigo Réxime, os grupos sociais viñan determinados pola función, o nacemento ou
honor que os individuos tiñan. Os tres grandes estamentos foron: a nobreza, caracterizada pola
vida ociosa e a limpeza de sangue dos seus membros; o clero, o único estamento no que non se
nace, e o terceiro estado que non gozaba das vantaxes dos nobres e que ademais adicábase a
traballos manuais. (Isabel)

Os diferentes estamentos do Antigo Réxime están marcados polo nacemento, xa que non
existe mobilidade social, ó que ascenso social se refire, pertences ó estamento ó que
pertencen teus pais; outra maneira de determinar os estamentos é a través das leis, por
exemplo no clero, un estamento onde non se nace senón que te formas nel, os altos cargos
ocúpanos os privilexiados, estes son os fillos dos nobres, e os campesiños que forman parte do
clero quedan relegados a uns cargos baixos. (Patricia)

4. Que reflexo xurídico ten a situación social dun individuo?


Dependendo de a que grupo social pertencese un individuo gozaba duns privilexios
propios dese estamento. A lei non era a mesma para todos. Esta situación foi bastante acentuada
entre os nobres e o terceiro estado xa que estes primeiros posuían prerrogativas legais e
políticas como a exención de pagamento dos tributos. Por iso, segundo naceses nun estamento
ou noutro gozabas dunha posición máis ou menos beneficiosa no tocante á lei. (Isabel)

5. Que importancia económica terá a mentalidade aristocrática de atesourar riqueza


en lugar de investir?
A mentalidade aristocrática de atesourar riqueza no canto de investila aportará un gran
beneficio para eles xa que asegurarán a súa fortuna. Por outra banda, esta mentalidade
producirá un estancamento das innovacións tecnolóxicas e na producción agrícola en xeral, xa
que non investirán en mellorala. Ademais, a compra de terreos por parte dos nobres e do clero
fará que escaseen os terreos libres e polo tanto subirá o prezo. Ao aumentar os prezos os únicos
capaces de mercar estes terreos será a aristocracia polo que os campesiños resignaranse a
traballar como xornaleiros ou arrendatarios. (Isabel)

As clases privilexiadas dispoñen dun capital que gastan nunha vida ociosa chea de
luxos e comodidades, este malgasto do capital provoca que as terras non produzan todo o que
son capaces de dar, se ese capital se investira na innovación das técnicas rudimentarias
características de esta época non existiría esa miseria e pobreza á que esta sometida o
terceiro estado e a mortalidade por fame reduciríase. (Patricia)

6. É fácil a promoción social no Antigo Réxime? Hai formas de acadala?


Aínda que a sociedade do Antigo Réxime se caracteriza por unha escasa mobilidade
social existen formas de promoción social. Algunhas delas son entrar a formar parte do clero ou
do servicio real, xa que un non nace nestes estamentos. Outra, que se fixo “popular” entre a
nobreza con escasos recursos económicos foi a dos matrimonios entre estes e os burgueses con
fortunas. Deste matrimonio benefícianse tanto a nobreza, que recupera a súa fortuna, como os
burgueses, que acadan unha posición social. (Isabel)

Ca distribución social existente no Antigo Réxime a posibilidade de promoción social


está moi limitada e só uns poucos poden gozar dela. Nesta época o traballo manual estaba
mal visto desde o estamento dos privilexiados os que unicamente se adicaban a disfrutar da
súa vida ociosa, aínda que algúns destes só a aparentaban. Os burgueses aínda que ricos, non
podían acceder ós títulos que outorgaban privilexios como por exemplo non pagar impostos,
etc. Para acceder a estes privilexios pagaban ós nobres pobres, que soamente aparentaban
fortuna, a cambio de matrimonio, o que supoñía para eles o ascenso social. Outra forma de
obter un título era a través do rei que os outorgaba por exemplo a algúns dos cabaleiros
victoriosos en loitas no seu nome. (Patricia)

7. ¿Por que o sector artesanal é tan pouco productivo en España no s. XVIII?

No século XVIII a industria manufactureira en España está dirixida polos Gremios, familias de
artesáns que establecían o modo e a cantidade de producción que cada artesán debía levar a
cabo, este control impedía a innovación aínda que tamén brindaba protección ós artesáns.
Sen embargo, a pesar desta protección a producción era moi baixa xa que se debían acatar as
normas que cada gremio establecía en cada modalidade artesanal. Tamén é clave para
ausencia de mercado a miseria campesiña.( Patricia)

8. Xustifica que o comercio interior sexa tan escaso.

Un dos principais factores que fan que o comercio interior sexa escaso é a pobreza na que
vive a maioría da poboación, sendo esta maioría o terceiro estado (campesiños), que viven na
miseria xa que a penas chegan ó autoabastecemento xa que unha gran parte da súa colleita
débella entregar ó seu señor. Outro dos factores que limitan esta actividade son os impostos
que os mercadores deben pagar nas pontes ou nas portas das cidades, vilas, ... o que fai que
o producto a vender se encareza. E por último, nesta época as vilas e as cidades non están
ben comunicadas o que dificulta o transporte de mercancías dun a outro mercado.

Você também pode gostar