Você está na página 1de 4

Vocabulario arte clásica

ALTORRELIEVE: Releve que sobresae máis da metade do vulto.


APARELLO DE MAMPOSTERÍA: A construción realizase con pedras desiguais sen labrar ou coa
labra ruda, que se aparella ou dispuña de modo irregular. Para que asenten ben, sen les soe
colocar, unas pequenas pedras a modo de calce.
APARELLO DE SILLERÍA: A construción se realiza con perpiaños. Este aparello é unha pedra labrada,
xeralmente rectangular.
ARCO: Elemento curvo de cobertura ou soporte, que na arquitectura abovedada substitúe ao
lintel ou ao arquitrabe.
ARCO DE MEDIO PUNTO: Semicircular, de frecha igual á semiluz.
ARCO PERALTADO: Maior do semicírculo, con tramos rectos nos extremos. A frecha é maior que a
semiluz.
ATENEA: Unha das doce divinizades do Olimpo. Dotada dunha grande intelixencia e espírito
reflexivo, converteuse nunha valiosa conselleira para os deuses. Atenea era a protectora do Estado,
a deusa que garantía a equidade das leis e a súa xusta aplicación. Tamén amosou grande interese
pola agricultura e inventou os instrumentos do arado. Protexía ás familias, velaba pola
comprensión e a castidade dos esposos , a honra do fogar e a saúde de todos os seus membros.
Esta divinizade é o símbolo da civilización grega que, grazas a súa forza guerreira, a súa intelixencia,
coñecementos, moderacións das súas costumes e a beleza estudada dos seus monumentos
artísticos e literarios, soubo impor o seu dominio sobre o mundo. Para os romanos é Minerva.
ATLANTE. (ou Atlas): Xigante que pertence á primeira xeración dos deuses. Xunto aos seus irmáns,
loitou contra Zeus e en castigo foi condenado a levar sobre os seus ombreiros o ceo. É símbolo da
forza que sostén o universo.
BACO: Divinizade romana do viño e da vide, do frenesí e da festa. Foi asimilado ao deus grego
Dionisio. Non xogou un importante papel na relixión romana.
BAJORRELIEVE: Relevo que sobresae do fondo menos da metade do vulto.
BALAUSTRADA: Serie de balaústres formando a varanda.
BASA: Parte inferior da columna que descansa sobre el piso o e na que se apoia o fuste.
BÓVEDA DE ARISTA: É a bóveda que se orixina cando se cruzan perpendicularmente dúas bóvedas
de canón da mesma frecha.
BÓVEDA DE CAÑÓN: é a orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun
eixo lonxitudinal.
BUSTO: Representación dunha figura humana que comprende a cabeza, o pescozo, os ombreiros e
o parte superior dos brazos e peito.
CANON: Regra das proporciones humanas, conforme a un tipo ideal.
CAPITEL: Elemento colocado sobre o fuste da columna que sostén directamente ao arquitrabe,
arco....Soe estar decorado e adopta moi diversas formas.
CARIÁTIDE: Figura feminina que exerce o papel de soporte en lugar dunha columna, ou piar.
CLAVE DE UN ARCO: Doela central dun arco. Peza central dunha bóveda.
CONTRAPOSTO. Italianismo que significa a oposición harmónica das diversas partes del corpo
humano, especialmente cando algunhas se atopan en movemento ou tensión estando as
simétricas en descanso.
CORNISA: Parte sobresaliente superior dun entallamento formado saliente sobre o friso. Serie de
molduras rematando algo.
CÚPULA. Bóveda semiesférica. Xeralmente cobre un espazo cadrado cuxo paso a unha planta
circular ou octogonal dáse por medio de pendentes (pechinas) ou trompas. Cando se desexa dar
máis altura á cúpula se a deixa descansar encima dun ancho anel chamado tambor, a modo de
corpo cilíndrico ou octogonal.
Cando non hai vanos no tambor, a iluminación conséguese mediante unha peza que se
coloca na parte superior da cúpula chamada lanterna, que é un segundo corpo cilíndrico ou
poligonal cuberto, a través de cuxos vanos, practicados ao redor, entra a luz.
CURVA PRAXITELIANA: Contrapposto acusado, acentuando os trazos curvilíneos ata adquirir
forma de “S”.
DANAE: Fora ameazada por un oráculo con dar a luz un neno que mataría ao seu avó. Para evitalo
o seu pai a encerrou nunha torre. Zeus entrou na súa celada e transformándose en chuvia de ouro
a seduciu. Desta unión naceu Perseo.
DINTEL: Elemento horizontal que soporta unha carga, apoiando os seus extremos nas xambas ou
pes dereitos dun vano.
DOVELA: Peza en forma de cuña, usualmente sen vértice, cuxa parte inferior unida a das súas
veciñas, forma el intradós dun arco. Se dispoñen no arco de forma radial.
ENTABLAMENTO: Conxunto de arquitrabe, friso e cornixa, nas ordes clásicas.
ENTASE: Engrosamento dunha columna, xeralmente cara o centro, de modo que, por efecto da
perspectiva, semella recta en lugar de cóncava, que é como podería aparecer sen éntase
EQUINO: Moldura saínte, baixo o ábaco, que forma o corpo principal do capitel dórico. A súa
convexidade e a súa altura variaron segundo as épocas.
ESCORZO: Modo de representar unha figura que na realidade estaría disposta perpendicular ou
oblicuamente ao plano no que se representa. Se emprega na escultura e pintura. Toda
perspectiva esixe un escorzo pero solo fálase del cando é acusado..
ESCULTURA DE BULTO REDONDO: O vulto redondo ou completo é o que permite contemplar unha
escultura desde calquera punto de vista a seu redor. A escultura de bulto redondo chámase tamén
exenta.
ESCULTURA EXENTA.
ESTATUA ECUESTRE: Representación dunha figura humana sobre un cabalo.
ESTATUA COLUMNA: Estatua de canon xeralmente esvelto, pegada ao fuste da columna e de súa
mesma altura aproximada, característica das portadas de algunhas igrexas do século XII.
ESTÍPITE: Elemento de forma de tronco de pirámide invertido que pode ter funcións de soporte ou
decoración. Usualmente se superpoñen uns a outros.
FRECHA: Agulla que remata una torre. Altura do arco ou bóveda.
FRESCO: É a pintura executada sobre un muro con revoque de cal húmida e cos cores desleados en
auga de cal. A intensidade da cor diminúe inmediatamente, polo que hai que aplicar varias capas
para conseguir unha maior intensidade da cor.
FRISO: Faixa decorativa de desenvolvemento horizontal e especificamente na parte entre o
arquitrabe e a cornixa nas ordes clásicas.
FUSTE: Tronco da columna. Espazo comprendido na mesma, entre a basa e o capitel.
IMPOSTA: Faixa ou moldura horizontal da que arrancan os arcos e bóvedas.
LUZ DE UN ARCO: É a anchura máxima dun vano.
MERCURIO: Deus romano identificado con Hermes. Nun principio estivo vinculado ao comercio,
máis adiante, os romanos lle atribuíron a protección dos deuses lares, protectores dos camiños.
METOPA: Espazo que hai entre dous triglifos, no friso clásico (dórico especialmente). Xeralmente é
cadrado e se adorna con relevos, ou simplemente con cor. Poden ser de pedra, mármore ou
terracota.
MITOLOXÍA: Conxunto dos mitos dun pobo ou cultura. Comprende a historia dos deuses,
semideuses e heroes da época antiga pagá. Estudo sistemático dos mitos, a súa orixe e significado.
MODELADO: Procedemento de imitación do volume dos obxectos con tres dimensións sobre un
soporte plano.
NAOS: Cela. Cámara central onde se colocaba a estatua dun deus nun templo clásico.
NEREIDAS: As cincuenta nereidas, divinizades mariñas, eran, en certo modo, as ninfas del
Mediterráneo. Vivían no fondo do mar, nun pazo luminoso, onde divertían ao seu pai cos seus
cantos e danzas. Cada unha representaba un aspecto da superficie das augas, onde a cotío
aparecían como magníficas criaturas, metade mulleres e metade peixes, cabalgando tritóns ou
cabalos mariños.
NINFAS: Con este nome xenérico, os gregos facían referencia a tódalas divinizades femininas da
natureza que poboaban os mares, ríos, campos, árbores, montes , fontes, rochas... Eran mulleres
de grande beleza que se representan espidas ou a medio vestir. Eran fillas de Zeus e do Ceo. En
xeral, son seres benéficos para o home. Axudan ao cazador e ao que vai á montaña. Tamén se lles
atribuía unha forza natural que presidía a reprodución e fecundidade da natureza.
ÓCULO: Pequena ventá en forma ovalada ou circular.
ORDE: Na arquitectura, conxunto formado pola columna e o entaboamento dispostos segundo
módulos e canons máis ou menos fixos.
ORDE COMPUESTA: Caracterizado polo capitel corintio con volutas xónicas u outros engadidos
realizados na arquitectura romana.
ORDE CORINTIA: Orde derivada do xónico. O fuste é máis elevado e delgado. Capitel con dúas filas
de follas de acanto superpostas e nos ángulos superiores leva catro volutas tamén chamadas
caulículos. Os demais elementos son semellantes ao xónico.
ORDE DÓRICA: Está formado pola crepidoma (estereobato e estilobato). Sobre esta repousa
directamente o fuste da columna, sen basa, e posúe éntase. O fuste é acanalado. O capitel consta
de collarino, equino de forma circular y ábaco de forma cadrada. No entaboamento ten
arquitrabe xeralmente liso, friso con metopas e triglifos, e tamén cornixa. Os triglifos son
pequenos piares espazados regularmente cuxo fronte ofrece acanaladuras. As metopas e o
frontón soen incluír programas escultóricos.
ORDE XÓNICA: A columna repousa sobre unha basa, formada por tres elementos: dous touros e
entre eles unha escocia con baquetóns de separación. O fuste acanalado con estrías, máis fino e
esvelto que o dórico. O capitel é rectangular con volutas uníndose ao fuste por medio dun
conxunto de molduras circulares (un listel, un baquetón e un pequeno equino ornado con ovas). O
capitel remata nun estreito ábaco rectangular. O entaboamento está formando por: un arquitrabe
con tres bandas, un friso liso con decoración e a cornixa saliente.
ORDE TOSCANA: Inspírase na orde dórica. As columnas sen estrías álzanse sobre unha basa, que
xeralmente consta de plinto e touro. Os capiteis presentan diversas variantes do modelo dórico.
Foi moi frecuente durante o Imperio romano.
PARAMENTO: Aspecto ou disposición dos elementos dun muro.
RELEVO: É unha escultura non exenta. A imaxe está adherida a un plano.
TAMBOR. Anel sobre o que se sostén unha cúpula.
TECNICA DE PANOS MOLLADOS: Técnica escultórica na que se representan as vestimentas como si
estiveran húmidas, de xeito que deixan transparentar as formas do corpo. O tratamento dos panos
acentúa os xogos de luces e sombras, proporcionando sensación de movemento ás figuras
representadas. Está técnica a empregou xa Fideas na Grecia clásica.
TERMAS: Conxunto de edificios que en Roma servían para os baños e os exercicios ximnásticos.
TORSO: Representación humana que carece de cabeza, brazos e pernas. É o tronco do corpo
humano , sen ou coa cabeza.
TRÉPANO: A escultura realizada ao trépano é a que presenta profundas incisións para dar efecto
de gran relievo, de claroscuro..., sempre que estas incisións sexan feitas con trépano, é dicir: de
pouca anchura, localizadas e moi profundas, formando a modo de calados.
TRIGLIFO. Na orde dórica o friso aparece dividido en triglifos e metopas. Os triglifos están
formados por molduras verticais.
TRITONES. Deus mariño, fillo de Poseidón e Anfitrite. Xeralmente representase coma un home de
corpo rematado em dúas enormes colas de pez. Deus benévolo e terrible ao mesmo tempo,
sopraba nunha enorme cuncha mariña, que muxía no curso das tempestades. Os mariños
venerabano como o deus que atemperaba as augas embravecidas e como intermediarios com
Poseidón.
VANO: oco
VENUS. Deusa romana asimilada coa deusa grega Afrodita.
VOLUTAS. Rolo en espiral. Aparece no capitel xónico.
VULCANO. Asimilado ao deus grego Hefesto e reducido a un deus ferreiro que forxaba e fabricaba
armas dos deuses nas cavidades dos volcáns do sur de Italia.
ZEUS.é o primeiro dos deuses e soberano supremo dos mortais, en cuxas accións interviña. Fillo de
Cronos e Rea. Foi consagrado deus universal, posuidor de todos os bens celestes e terrestres. Os
seus atributos era o raio, a aguia e a vitoria.

Você também pode gostar