Você está na página 1de 8

Tema 4: O son e a luz TEMA 4: O SON E A LUZ.

Ciencias Mdulo II

1. O MOVEMENTO ONDULATORIO.Cando deixamos caer unha pedra nun estanque con auga en repouso, frmanse unhas ondas circulares que avanzan arredndose do punto central onde caeu a pedra. Ao caer, a pedra empurra a auga cara abaixo e, deseguido, esta auga sobe e logo baixa, e volta a subir, e as unhas cantas veces. Este tipo de movemento chmase movemento oscilatorio (se moi rpido chmase movemento vibratorio), e o punto central de onde saen as ondas o foco. Este movemento ondulatorio do foco transmtese auga vecia, e desta porcin porcin de auga seguinte, e as sucesivamente, de xeito que a perturbacin producida pola pedra no foco se lle transmite ao resto da superficie do estanque: frmanse ondas, de maneira que cando a onda chega a un punto calquera, a auga nese punto comeza a subir e baixar. O mesmo movemento prodcese se mantemos horizontal unha corda e facemos vibrar verticalmente un dos extremos. Obsrvese na figura, como o pulso xerado no foco O vai avanzando pola corda adiante: cando a onda chega ao punto P, inicialmente en repouso, sobe e baixa igual que o fixera antes o foco; ademais, a corda est sempre no mesmo sitio: o que avanza a perturbacin. Podemos definir, entn, unha onda como a propagacin dunha perturbacin nun medio. Nun movemento ondulatorio non hai desprazamento de materia: unicamente se propaga a enerxa que orixinou a oscilacin. Esta unha das propiedades mis importantes das ondas: transportan enerxa sen transportar masa. O movemento completo de subida e baixada dun punto da corda ou da auga unha oscilacin. 1.1. Magnitudes dun movemento oscilatorio.As magnitudes que interveen nun movemento ondulatorio son as seguintes: Amplitude (A): Cada punto do medio pola que avanza a onda oscila entre das posicins extremas; a metade da distancia entre elas a amplitude de onda. No S.I. mdese en metros. Perodo (T): o tempo que se tarda en dar unha oscilacin completa. No S.I. mdese en segundos.

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

Frecuencia (f): o nmero de oscilacins que se producen nun

segundo. No S.I. mdese en hercios, Hz (nmero de ciclos por segundo). A frecuencia a inversa do perodo: 1 1 f = ou T = T f tempo do perodo; polo tanto, a distancia entre das cimas ou dous vales dunha onda. No S.I. mdese en metros.

Lonxitude de onda (): a distancia entre que percorre unha onda no

a onda. No S.I. mdese en m/s. Pdese calcular empregando as seguintes relacins: v = f ou v = T Exemplo: Calcula a lonxitude de onda e o perodo dun son de 12000Hz de frecuencia, se a velocidade do son no aire de 340m/s. 340 v = f 340 = 12000 = = 0, 0283m 12000 1 1 T= = = 0, 000083s f 12000 1.2. Tipos de ondas.Segundo a sa natureza as ondas clasifcanse en: Mecnicas: Cando necesitan dun medio material para propagarse, como, por exemplo, o son. Electromagnticas: Cando non precisan un medio material para transmitirse, como, por exemplo, a luz. Segundo a forma de propagarse as ondas poden ser: Lonxitudinais: Cando a direccin de vibracin de cada partcula coincide coa de propagacin. Transversais: Cando a direccin de vibracin perpendicular de propagacin. ACTIVIDADES.1.- Nun estanque de auga as ondas mvense pola sa superficie cunha velocidade de 1,8m/s. Se a lonxitude de onda de 20cm, cal a frecuencia das ondas? 2.- A nota La da guitarra ten unha frecuencia de 442Hz. Se a onda avanza cunha velocidade de 570m/s, cal a sa lonxitude de onda? E o seu perodo? 3.- Das ondas seguintes, que se propagan coa mesma velocidade, indica: 2

Velocidade de propagacin (v): a velocidade coa que se despraza

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

2. O SON.Cando golpeamos no parche dun tambor, este ponse a vibrar, e as vibracins producen compresins e dilatacins no aire, formndose ondas que ao chegaren ao odo fan vibrar a membrana do tmpano; estas vibracins transmtense pola cadea de sos do odo medio ata o odo interno onde estimulan as terminacins do nervio auditivo, orixinndose impulsos nerviosos que viaxan ao cerebro, que interpreta a informacin proporcionada polas ondas. As pois, o son unha onda mecnica, lonxitudinal, orixinada pola vibracin dos corpos, que capaz de estimular o sentido do odo. Por ser unha onda mecnica, precisa dun medio material para desprazarse, que pode ser aire, auga, terra, etc.; onde non se pode desprazar no baleiro. O son propgase a velocidade constante, pero esta velocidade depende do medio; en xeral, maior nos slidos ca nos lquidos, e nestes ca nos gases. 2.1. Calidades do son.As calidades dun son son as caractersticas que o permiten distinguir doutro son, e son tres: sonoridade, ton e timbre. Sonoridade ou intensidade: Tamn chamada volume, permite identificar os sons como fortes ou dbiles. unha calidade relacionada coa enerxa da onda e depende da sa amplitude. A sonoridade mdese en decibelios (dB); unha conversa tranquila ten entre 40 e 60dB, un walkman a volume medio entre 60 e 80dB, unha discoteca de 90 a 110dB, e un avin a 10m de distancia no despegue entre 130 e 150dB. Entre os 70 e os 120dB os sons poden ser molestos ou moi molestos; por riba dos 120dB provocan dor; or frecuentemente sons por riba dos 100dB produce perdas na audicin que se van acumulando progresivamente e, co tempo, poden ocasionar xordeira parcial ou total. A intensidade do son mdese cos sonmetros. 3

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

unha medida da frecuencia do son, porque as frecuencias altas producen sons agudos e as frecuencias baixas, sons graves. O odo humano percibe sons comprendidos entre 20Hz e 20000Hz; considranse graves entre 20 e 400Hz, medios entre 400 e 1600Hz e agudos entre 1600 e 20000Hz. Os sons de frecuencias inferiores a 20Hz chmanse infrasns e os de frecuencia superior a 20000Hz ultrasns; estes poden percibilos animais como cans, morcegos, baleas, golfios, etc., e teen moitas aplicacins pois utilzanse no sonar, para descubrir defectos en pezas metlicas, para esterilizar de conservas, romper pedras renais, Timbre: Somos capaces de distinguir das persoas pola sa voz; igualmente distinguimos un piano dun violn anda que emitan a mesma nota musical e coa mesma intensidade: a razn que os seus sons teen diferente timbre. O timbre a calidade que permite diferenciar a orixe de dous sons de igual intensidade e ton, e est relacionado coa forma particular da onda. Isto debido a que os sons non son puros, senn que estn formados por unha onda dunha frecuencia determinada, chamada frecuencia fundamental, acompaada doutras ondas mis dbiles chamadas harmnicos. 2.2. Reflexin do son.Unha das caractersticas comns a todas as ondas a reflexin: unha onda reflctese cando bate contra unha superficie que separa das substancias distintas, sendo unha delas o medio material polo que avanza a onda. As, as ondas circulares que se propagan pola auga rebotarn cando cheguen parede do estanque. Do mesmo xeito, o son reflctese cando bate contra a superficie dos obxectos; o son reflectido chmase eco. O odo pode distinguir dous sons cando entre eles pasa un intervalo de 0,1 segundos ou mis; nese tempo o son avanza no aire uns 34 metros, as que entre ida e volta o son ten que percorrer esa distancia para percibirmos o eco como un son diferente. Para iso, o obxecto en que rebota o son ten que 4

Ton: calidade que permite distinguir os sons graves e agudos.

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

estar a unha distancia mnima de 17m. Se est a menos, o eco superponse ao son orixinal e provoca unha audicin confusa; este fenmeno recibe o nome de reverberacin. ACTIVIDADES.4.- No espazo exterior, poderamos escoitar o estoupido dunha nave espacial? 5.- Por que os indios nas pelculas para escoitar mellor pegan a orella ao chan? 6.- Un violn emite un la cunha lonxitude de onda de 77,3cm, e un piano un do cunha lonxitude de onda de 128,8cm. Calcula a frecuencia de ambos sons no aire e na auga. 7.- Das das ondas sonoras da figura, cal ser mis intensa?

8.- Que diferenza hai entre un son agudo e un grave? 9.- Que permite diferenciar a nota fa dunha trompeta da mesma nota dun violn? 10.- Cal a distancia mnima a que debe estar un obxecto para producir eco? 11.- Nas salas de concertos un eco excesivo produce sons pouco nidios, e un eco moi escaso reduce a sonoridade da sala. Un bo equilibrio no eco require un deseo preciso da sala e tamn unha decoracin e moblaxe axeitadas. Por que nos concertos en pavillns deportivos a msica se oe mal? 3. A LUZ.As ondas de radio, televisin, microondas, infravermellos, luz visible, ultravioleta, raios X e raios gamma, son todas ondas electromagnticas; a nica diferenza entre elas a lonxitude de onda ou a frecuencia de cada unha. Podemos dicir que a luz unha forma de enerxa luminosa emitida polos obxectos luminosos, que se propaga mediante ondas electromagnticas e que estimula o sentido da vista. Non precisa, polo tanto, dunha substancia para propagarse. Os nosos ollos son como antenas sensibles s frecuencias das

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

ondas electromagnticas abranguidas entre 4,61014Hz (vermello) e 7,51014Hz (violeta). A luz e as demais ondas electromagnticas viaxan polo espazo baleiro cunha velocidade aproximada de c=300000km/s; cando a luz atravesa unha substancia transparente a sa velocidade menor ca no baleiro. A luz propgase en lia recta. Obxectos luminosos son os que emiten luz propia, como as estrelas ou as lmpadas. Obxectos iluminados son os que reflicten a luz que reciben e para ser visibles precisan que se proxecte luz sobre eles. Poden ser de tres tipos: Transparentes: Cando deixan pasar totalmente a luz a travs deles, como o vidro. Translcidos: Cando deixan pasar a luz pero non percibir os obxectos a travs deles, como o vidro esmerilado. Opacos: Cando non deixan pasar a luz, como a madeira. 3.1. Reflexin da luz.Igual que as ondas sonoras, as luminosas reflctense (rebotan) cando chegan superficie de separacin de das substancias, como un espello, unha mesa, unha persoa ou a superficie dunha lagoa. Podemos distinguir entre dous tipos de reflexins: Reflexin especular: Se a superficie moi lisa, con irregularidades de tamao menor lonxitude de onda da luz, a reflexin ser especular, como ocorre nos espellos e na superficie da auga tranquila. Reflexin difusa: Se a superficie non lisa, prodcense raios reflectidos en todas as direccins, a reflexin difusa, e permtenos ver os obxectos: a luz procedente dos focos emisores reflctese na superficie dos corpos e chega aos nosos ollos. 3.2. Refraccin.As ondas luminosas, como calquera onda, cando chegan superficie de separacin entre das substancias, parte da luz da penetra na segunda substancia cambiando a sa direccin de avance; a este fenmeno chmaselle refraccin. O cambio de direccin dbese ao cambio de velocidade da luz ao pasar dun medio transparente a outro. Por iso, cando metemos un pau na auga parece quebrado, ou vemos obxectos mergullados mis arriba do que estn.

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

O ndice de refraccin dunha substancia o cociente entre a velocidade da luz no baleiro, c, e a velocidade da luz nesa substancia: c ndice de refraccin n = v Unha das aplicacins mis tiles da refraccin son as lentes e os aparellos que as utilizan (lentes para os ollos, obxectivos das cmaras fotogrficas; vdeo e televisin, telescopios, microscopios, ). As lentes son medios transparentes limitados por das superficies curvas. Basicamente existen dous tipos de lentes: Lentes converxentes: Son mis grosas na parte central ca nos extremos, e tenden a xuntar os raios de luz que chegan a ela, como a lupa. Lentes diverxente: Son mis estreitas na parte central, e tenden a separar os raios de luz que chegan a ela.

3.3. Dispersin da luz branca.Cando a luz branca, como a do Sol, que est formada por moitas radiacins electromagnticas de distinta frecuencia, pasa do aire a outro medio, refrctase, polo que cada radiacin experimenta un cambio de velocidade e unha desviacin na direccin de propagacin que pode facer que se separen unhas radiacins doutras, aparecendo as cores que forman a luz branca; esta separacin recibe o nome de dispersin da luz. O conxunto de cores que aparece, recibe o nome de espectro da luz visible. As, por exemplo, o arco da vella prodcese cando a luz do Sol entra nas pingas de auga da chuvia, reflctese dentro da pinga e sae dela de novo ao aire. ACTIVIDADES.12.- Pon exemplos de obxectos luminosos e obxectos iluminados. 13.- Cita un exemplo de cada tipo de material: transparente, translcido e opaco. 14.- A reflexin da luz, prodcese s nos espellos?

Tema 4: O son e a luz

Ciencias Mdulo II

15.- Cal o ndice de refraccin do alcohol, sabendo que a luz se move a travs del cunha velocidade de 220588km/s? 16.- Un lquido transparente ten un ndice de refraccin n = 1, 40 . Cal a velocidade da luz cando pasa a travs del?

Você também pode gostar