Você está na página 1de 48
Mestrado en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural (MOMI)

Mestrado en Migracións Internacionais:

Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural (MOMI)

PORTUGUESES NO SUR DE LUGO:

CIDADANIA DIFERENCIADA NUN CONTEXTO TRANSNACIONAL

DE LUGO: CIDADANIA DIFERENCIADA NUN CONTEXTO TRANSNACIONAL Memoria fin de mestrado 2010/2011 JOSÉ DANIEL ARIAS
DE LUGO: CIDADANIA DIFERENCIADA NUN CONTEXTO TRANSNACIONAL Memoria fin de mestrado 2010/2011 JOSÉ DANIEL ARIAS

Memoria fin de mestrado

2010/2011

JOSÉ DANIEL ARIAS FERNÁNDEZ

Memoria fin de mestrado oficial en migracións internacionais. Autor: José Daniel Arias Fernández.

Titora: Antía Pérez Caramés

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Nun chover por siglos todo

José Daniel Arias Fernández

Nun chover por siglos todo foise esluido…

Uxío Novoneyra(1963)

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional 1. Presentación. 1.1 Xustificación do proxecto. 1.2

1. Presentación.

1.1 Xustificación do proxecto.

1.2 Obxectivos da investigación.

1.3 Metodoloxía da investigación.

2. Localización do estudo.

3. Transnacionalismo e alteridade.

José Daniel Arias Fernández

…………………………….4

……………………5

……………………6

8

…………………………………12

……………

……

…………

19

4. Cidadanía, fronteira e construción supraestatal

………………29

5. Conclusións.

………………

……………….38

- Bibliografía.

- Notas metodolóxica

…………………41

……….43

- Anexos.

………………….44

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional 1. Presentación. José Daniel Arias Fernández Os fluxos

1. Presentación.

José Daniel Arias Fernández

Os fluxos migratorios entre estados son unha realidade especialmente dinámica e influenciada por múltiples factores de maior ou menor envergadura. Un dos grandes factores de influencia nas migracións entre estados é sen dúbida a veciñanza, por motivos obvios; tamén o son as desigualdades socioeconómicas entre estes, no punto en que conflúen as dúas variábeis, achegamento cultural e territorial, así como desigualdade socioeconómica, nun mesmo caso; o lóxico e o habitual é que se produzan grande número de movementos migratorios dun estado para o outro. Como casos paradigmáticos desta situación, nomeadamente no que se refire a movemento migratorios por situacións de desigualdade económica, podemos destacar os casos dos mexicanos nos E.U.A, os albaneses na Grecia ou os marroquís en España (Moré, 2007). O mesmo acontece cos portugueses no Reino de España; caracterizándose dun xeito especialmente significativo, e cunhas peculiaridades especiais, na Comunidade Autónoma de Galiza.

Galiza é a comunidade con maior proporción de inmigrantes portugueses, polo que este proxecto versará sobre a realidade dos inmigrantes portugueses na Comunidade Autónoma de Galiza, centrándose máis especificamente nun espazo concreto do territorio, as comarcas de Courel- Quiroga e Terra de Lemos. Estas comarcas, son contiguas e sitúanse nun espazo rural, interior e situado a aproximadamente 100 km da fronteira galega con Portugal.

A investigación realizada como proxecto fin de mestrado, no Mestrado Oficial de Migracións Internacionais da Universidade da Coruña, tratará de analizar a repercusión das Institucións Europeas así como a concepción do estatus de cidadáns; no que se entende cidadán como concepto dinámico dentro dunha cidadanía de carácter supraestatal ou europeo; en referencia ao colectivo portugués nun eido territorial concreto e tomando como punto de

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández partida da análise a

José Daniel Arias Fernández

partida da análise a proximidade cultural e a creación de alteridades entre as dúas comunidades administrativas.

1.1 Xustificación do proxecto

As persoas con nacionalidade Portuguesa representa a maior comunidade estranxeira na Comunidade Autónoma de Galiza, característica única e propia desta autonomía, desmarcándose así dos números relativos porcentuais a stocks de estranxeiros no resto das comunidades e no conxunto do Reino de España. No ano 2010 segundo o Padrón municipal habitantes estaban empadroados en Galiza máis de 21.000 persoas con nacionalidade Portuguesa se pensamos no porqué destes movementos migratorios sur norte de Portugal para Galiza podemos atinxir grande número de elementos característicos, así como infinidade de peculiaridades propias no asentamento, diferenciándose de xeito radical de outros colectivos migrantes diversos, alén de ser un feito histórico tradicional e que non se ve especialmente sometido as dinámicas e tendencias no relativo a fluxos de entrada presentes nesta primeira década do século en Galiza, pódese entender que se trata dunha variante migracional única e que atende a unhas característica propias e diferente as lóxicas migratorias presentes no conxunto do Estado Español.

Estas características representan un grande substrato para a produción teórica e discursiva, pois as relacións de Galiza con Portugal e viceversa, teñen un compoñente histórico, antropolóxico e simbólico de grande tradición e importancia. Tanto para galegos como para portugueses, especialmente do norte, existe unha condición de pobos de referencia mutua a varios niveis, por isto, a interese no estudo da inmigración portuguesa en Galiza é altamente atractiva tanto desde un punto de vista cuantitativo como, e especialmente na miña opinión, cualitativo. Aínda así os estudos sobre a comunidade portuguesa en Galiza son escasos, existen investigacións sobre todo de carácter histórico, económico, literario ou antropolóxico, mais o tratamento desde unha

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández perspectiva contemporánea e

José Daniel Arias Fernández

perspectiva contemporánea e actualizada, centrada na temática migratoria é verdadeiramente escaso.

Neste caso, a investigación non pretende producir grandes teorías por si, senón que o que quer e localizar e recoñecer unha situación, así como fotografar e producir teoría a pequena escala, pois trátase dun traballo de carácter exploratorio, no que se intenta recoñecer unha realidade concreta nun espazo concreto; do que se poida extraer, puntos axiais, extrapolábeis a outros ámbitos xeográficos máis amplos e con características dispares; así como se tratará de producir teoría a pequena escala tamén extensíbel a unha localización maior.

O espazo escolleito para a investigación non segue tanto uns parámetros segundo os cales se pretende procurar a singularidade nin un espazo controvertido ou senlleiro, se non ao contrario, o obxectivo é buscar representatividade do común, do común do rural galego non fronteirizo; para como digo no punto anterior extrapolar condicións; tamén se escolle seguindo a lóxica pola cal se utilizan as experiencias biográficas do autor para afianzar a investigación, (Strauss e Corbin 1990 en Valles); este traballo segue un carácter exploratorio e iniciático, pois as características deste, así como as condicións de limitación temporal, e a propia concepción da investigación pensada como elemento parte duns estudos nos cales o obxectivo primordial do autor é superalos, nun tempo determinado; inflúen definitivamente na calidade e na profundidade do traballo. Con este traballo pretende superar os estudos de mestrado así como servir de alicerce futuro nunha hipotética investigación de maior calidade e envergadura.

1.2 Obxectivos da investigación.

En cada migración individual, poderíase particularizar unha serie de puntos propios e características únicas a cada un dos migrantes. As condicións subxectivas no proceso migratorio inflúen definitivamente na superación de

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández obstáculos dentro da

José Daniel Arias Fernández

obstáculos dentro da migración; obstáculo que poden ser maiores ou menores e serán correspondidos con maior ou menor suceso. Neste caso trátase de recoñecer mediante a análise teórica baseada en diferentes metodoloxías, a realidade dun grupo heteroxéneo de migrantes caracterizado por dous puntos en común, a súa nacionalidade e o seu último destino, dentro dun proceso migratorio cunhas características tamén en moitos casos diferentes. A investigación pretende así clarificar a posición destes migrantes caracterizados por seren portugueses e residiren na comarca das Terras de Lemos e O Courel-Quiroga. Tendo presente en todo momento, que esta realidade é alterada definitivamente por un contexto supranacional inmerso nunha serie de procesos xeopolíticos e administrativos que influirán directamente nas vidas dos migrante, como é o caso da construción dunha difusa Cidadanía Europea, ou elementos de cooperación transfronteiriza, como por exemplo, a Agrupación Europea de cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal 1 ou a Eurocidade Chaves-Verín 2 .

A partir deste razoamento, sempre tendo presente que estamos a prantexar unha investigación de carácter exploratoria, arricaremos na análise partindo da seguinte hipótese pola cal, os portugueses residentes en Galiza a pesar de morar nunha comunidade moi próxima a nivel cultural e xeográfico e de compartiren un marco supraestatal común con pretensións de crear unha cidadanía común europea, e sen teren unha fronteira pechada; non están equiparados a nivel subxectivo e obxectivo con os cidadáns autóctonos e están abocados a sufriren unha serie de pasos de descapitalización especialmente

1 A Agrupación Europea de Cooperación Territorial - Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) ten como obxecto facilitar e fomentar a cooperación territorial entre o seus membros, onde a principal preocupación é a de desenvolver e proporcionar colaboracións, creando así vínculos de unión en diferentes áreas de actuación. Pretende promover e valorizar a competitividade do tecido empresarial, potenciar e racionalizar os equipamentos básicos transfronteirizos e aumentar a cohesión social e institucional da Eurorrexión. Fonte: http://www.gnpaect.eu/index.php?componente=seccion&arch=index&id=30

2 A Eurocidade Chaves-Verín constitui um projecto pioneiro ao nível da Península Ibérica e também da Europa, exemplificando um novo modelo de cooperação de segunda geração que vai mais além da colaboração institucional e do somatória de simples programas e iniciativas de cooperação, demonstrando que é possível adoptar um novo modelo de cidadania europeia. Fonte: http://www.eurocidadechavesverin.eu/a-eurocidade/apresentacao

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández nun nivel político e laboral;

José Daniel Arias Fernández

nun nivel político e laboral; alén de estar expostos a infinidade de estereotipos negativos que inflúen radicalmente na súas posibilidades de asentamento.

Entendendo que a proximidade cultural e territorial así como a organización político territorial son os puntos comúns máis forte deste colectivo así como as condicións subxectivas de superación que se presentaron nas súas migracións. Para comprendermos até que punto existen estas dificultades e como inflúen no proceso migratorio, así como cal é a influencia da U.E na súa migración, durante a redacción iremos construíndo indicadores de carácter cualitativo que nos farán de guías para redactar unhas conclusións acertadas, estes indicadores serán de carácter xeral e buscarán as condicións de maior envergadura na descapitalización, entendendo por descapitalización o proceso polo cal unha persoa que migra perde competencias e calidades atribuídas a calquera persoa autóctona, principalmente nun plano político e laboral, tamén na investigación se trata de analizar as características que unen dúas comunidades cun carácter cultural semellantes, así como a creación de alteridades entre estados dentro deste ámbito cultural

A análise do discurso e a entrevista en profundidade, así como os grupos de discusión, van ser tomados como elementos chave na investigación pois entendo que cunha mostra tan heteroxénea, na que se inclúen sen distincións diferentes xéneros, clases sociais, grupos etarios etc, e na procurar de producir uns indicadores difusos , pode ser o mellor xeito para recoller os matices e sobre todo discursos que unha investigación máis cuantitativa non recollería

1.3 Metodoloxía da investigación.

Para a produción de resultados e interpretación de datos, nun primeiro momento, utilizouse a metodoloxía cuantitativa, da cal se extraerá unha reducida representación de datos de carácter demográfico, dunha condición

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández concreta, para así recoñecer

José Daniel Arias Fernández

concreta, para así recoñecer a nivel poboacional o territorio no que se sitúa o estudo, tamén se reproducen datos sobre o que supón a inmigración portuguesa en niveis relativos.

A investigación segue uns parámetros polos cales o punto forte vai ser a análise cualitativa. Pois cando se presenta na hipótese de partida como se pretende procurar as condicións subxectivas e de superación no proceso migratorio, e analizar as condición dos migrantes como cidadáns europeos, entendemos que a recollida de información cualitativa é a mellor ferramenta para esbozar unha realidade máis fidedigna, e con puntos de vista máis amplos e a súa vez particulares, alén de que ao ser esta unha investigación de carácter exploratorio preferimos, neste caso,centrarnos no subxectivo pois o que se quer é observa os matices, pois tamén no meu entender para comprender a realidade dun colectivo é verdadeiramente importante recoñecer especificamente as súas propias vivencias e as súas percepcións.

No casilleiro, Táboa 1.1 presentaranse as persoas que forman parte da análise cualitativa, analizaremos a historia migratoria dun total de dezanove persoas. Dez destas persoas conformaron dous grupos de discusión, un formado por seis traballadores do sector forestal, habitantes da zona da Raia sendo dous galegos e catro portugueses e tendo realizada a entrevista no termo municipal de Ribas de Sil, lindeiro coa provincia de Ourense desde onde se desprazaban todos os días para traballar. O outro grupo de discusión foi realizado entre traballadores da construción civil, no concello de Bóveda, no grupo de discusión participaron catro traballadores de nacionalidade portuguesa. En canto ás entrevistas en profundidade, realizáronse nove inquéritos, intentando recoller unha mostra significativa da poboación portuguesa nas comarcas; e buscando a representatividade en canto a xénero, grupos de idade e situacións sociolaborais.

No relativo ás entrevistas consideramos positivo facer un exercicio de autocrítica, pois é unha consideración moi pouco presente na sociedade actual

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández e moi necesaria para poder

José Daniel Arias Fernández

e moi necesaria para poder entender calquera realidade que quixermos

analizar, a autocrítica refírese especialmente en relación ao traballo de campo que levei a cabo, pois en certos puntos fiquei descontento con os resultados, moitas das entrevistas terían que ser máis longas, así como seguiren máis en profundamente o guión, tamén nos grupos de discusión existiron voces dominante e algúns dos participantes apenas aportou, aínda así penso que o obxectivo de iniciar o camiño para a ampliación de coñecemento, está cumprido, alén de sentirme contento por ter recollido algunhas testemuñas que

ao meu entender teñen un grande valor empírico é sonme de grandísima axuda

para entender unha realidade migratoria; máis complexa e con factores sociolóxicos que non chegaba a comprender no momento inicial da investigación. A autocrítica podería abarcar outros punto mais entendo que non é de interese para o conxunto do traballo.

No seguinte punto presento a configuración é a estratexia seguida no traballo de campo, na táboa 1.1 podemos ver o casilleiro tipolóxico que representa a investigación. Para encontrarmos o guión inicial das entrevistas, temos que acudir a parte dos anexos na táboa do anexo 1.a; situado na parte final do traballo.

Táboa 1.1 - Casilleiro tipolóxico

Análise cualitativo

 

Concello

Grupos de discusión

 

de traballo.

Residencia

   

Chaves-

 

Traballadores Forestais

6

varóns

Ribas de Sil

Vilardevos

 

Traballadores Obras públicas

4

Varóns

Bóveda

Lugo.

Entrevistas

 

Individuais

 

Ano de

 

Ano de

Nome

Concello

nacemento.

Profesión.

chegada.

 

Heitor

Saviñao

 

1967

Traballador agrícola

1991

 

Maria

Monforte

1980

Traballadora hostalaría

2003

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández   Daniel Monforte

José Daniel Arias Fernández

 

Daniel

Monforte

2003

Estudante

2003

 

Isabel

Quiroga

1988

Propietaria hostalaría

1993

 

Rosa

Quiroga

1974

Desempregada

1988

 

Poboa do

 
 

José

Brollón

1952

Pequeno empresario

1980

 

Antonio

Courel

1930

Pensionista

1979

 

Poboa do

 
 

João

Brollón

1970

Pensionista

2007

Entrevista Cónsul Honorario Na cidade da Coruña

 
 

A Coruña

Galego

Avogado

Análise de datos secundarios.

A investigación vai manexar unha grande cantidade de conceptos, todos desde unha visión dinámica e ampla; pois reitero que se trata dun análise exploratorio, polo que non se pretende producir grandes teorías senón que como se expón no epígrafe anterior, onde se presentan os obxectivos da investigación, o que se pretende e contextualizar e fotografar alén de recoñecer e tratar de descubrir se os pensamentos previstos se cumpren, sobre todo no relativo a proximidade cultural e ás dinámicas de descapitalización social da poboación portuguesa nas comarcas a análise. Polo tanto a revisión bibliográfica é ampla mais pouco profunda, e vai encamiñada en todo momento cara, por unha banda, a contextualización da migración tanto nun carácter especifico do espazo a estudo, como na migración no seu conxunto; por outro lado a revisión bibliográfica tratará de redefinir os conceptos alicerces da investigación, así como crear unha organización teórica lóxica a utilizar como esquema matriz do traballo; poren a revisión bibliográfica virará entorno ás dúas comarcas de estudo, as relacións históricas e as antropolóxicas entre Galiza e Portugal, así como a construción europea e teoría das migracións.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 2. Localización do estudo. O

José Daniel Arias Fernández

2. Localización do estudo.

O estudo sitúase nun enclave xeográfico, recoñecido administrativamente como dúas comarcas, a Comarca do Courel-Quiroga e a Comarca da Terra de Lemos. Ambas as dúas comarcas son veciñas e configuran un partido xudicial propio e único, que organiza a súa vida comunitaria entorno a unha grande vila capitalidade

a nivel administrativo e de servizos como núcleo principal, Monforte de Lemos; que é a localidade onde se atopan servizos propios para as dúas comarcas como o Hospital Comarcal, as oficinas da

Seguridade Social e o Servizo de Emprego, así como a Policía Nacional e os Xulgados, entre outros.

A poboación total das dúas comarcas era segundo o padrón municipal de

habitantes do ano 2010 de 39.448, habendo na Terra de Lemos 33.351 habitantes e na comarca de Courel-Quiroga 6.097 habitantes; o principal núcleo de poboación, Monforte de Lemos contaba no 2010, con 19.638 habitantes sumando a capitalidade municipal e as parroquias que configuran este concello. Na táboa 2.1 represéntase o total da poboación, así como a poboación estranxeira e a poboación portuguesa. A táboa poderase ver completada, coa representación por concellos incluíndo todos os concellos das dúas comarcas na táboa do anexo 2.a.

coa representación por concellos incluíndo todos os concellos das dúas comarcas na táboa do anexo 2.a

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Taboa2.1 Poboación total,

José Daniel Arias Fernández

Taboa2.1

Poboación total, estranxeiros e portugueses. Anos (2004-2010)

 

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

Poboación

41709

41441

40860

40280

40123

39755

39448

Estranxeiros

852

999

953

983

1246

1350

1511

Portugueses

235

268

285

305

326

335

348

Fonte Elaboración propia a partir de Padrón municipal de habitantes, INE .

A distribución demográfica do territorio obxecto de estudo é eminentemente rural só existindo dous núcleo de poboación que superan os 2.000 habitantes, que son Quiroga e Monforte de Lemos, situando así a Quiroga como zona intermedia entre rural e urbana; e Monforte que xa con case 20.000 habitantes situaríase como zona urbana, mais aínda así é difícil de acreditar no carácter urbano de calquera das dúas localidades pois, “en Galiza é singularmente certo que a transición do medio urbano ao rural non ten lindeiros precisos nin en numero de habitantes nin en demarcacións espaciais(Beiras & López, 1999); está afirmación ten especial relevancia na Vila de Monforte e a súa contorna, pois a propia capitalidade comarcal segue uns patróns de asentamento e dinámica demográfica, así como tamén patróns antropolóxico semellante ao resto do espazo obxecto de estudo, este carácter rural das poboacións como veremos máis a fronte van ser un dos principais factores na comprensión deste movemento migratorio.

A tónica poboacional da comarca segue unha dinámica de perda de poboación; é unha poboación moi envellecida existindo nos concellos máis rurais pirámides demográfica case invertidas (Ettema, 2002). Estas comarcas teñen unha grande tradición emigratoria formando parte de todos os procesos migratorios masivos existentes desde Galiza, emigración a América, a Europa e a outras rexións máis desenvolvidas do Estado Español, principalmente Cataluña. Os maiores picos emigratorios aconteceron nos anos 60 do século pasado, situación semellante a que se produce no norte de Portugal (Leston

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Bandeira, 1996), isto é

José Daniel Arias Fernández

Bandeira, 1996), isto é entendido dentro dun contexto especialmente rural e de cambio social no que a estrutura produtiva, na que en poucas décadas, se pasa dunha sociedade campesiña a unha sociedade moderna ou en proceso de modernización (Ettema, 2002), esta mudanza leva a unha transformación nas estratexias migratorias, pois nunhas poucas décadas, a rexión de destino na investigación pasa de ser unha rexión, unicamente con un compoñente emigrante a existir unha mobilidade en ambas as direccións; por unha banda, unha emigración de persoas cualificadas para principalmente cidades próximas e por outra e o máis destacado para os intereses do estudo as entrada de poboación inmigrante representada por os portugueses até aproximadamente un 30% como se pode observar na seguinte táboa 2.2:

Táboa 2.2. Porcentaxe poboación portuguesa sobre total inmigrantes

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

27,58

26,83

29,91

31,03

26,16

24,81

23,03

Fonte: Elaboración propia a partir do padrón municipal de habitantes, INE.

As porcentaxes vénse alteradas sen seguiren tendencia clara e significativa, parece que nos últimos anos a representatividade da poboación portuguesa sobre o total dos migrantes se reduce, mais non dun xeito especialmente significativo, entendo que isto é asumido por o maior aumento do resto de poboación estranxeira en relación portuguesa. Agora ben, as miñas consideracións lévanme a pensar que a corrente de entrada de poboación portuguesa é unha realidade constante e non asumíbel soamente a dinámica xeral de aumento dos fluxos migratorios de entrada que se teñen producido nos últimos anos no Reino de España. Na taboa 2.3 represéntase o número porcentual de estranxeiros nas comarcas de Lemos e Courel-Quiroga, nos últimos anos en relación a poboación total.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Táboa 2.3. Porcentaxe

José Daniel Arias Fernández

Táboa 2.3. Porcentaxe poboación estranxeira sobre o total

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

2,04

2,41

2,33

2,44

3,11

3,40

3,83

Fonte: Elaboración propia a partir do padrón municipal de habitantes, INE.

En ningún dos casos nin a poboación estranxeira total nin a poboación portuguesa con respecto ao total son significativas en canto a números relativos en comparación con outros territorios, mais aínda así o incremento da poboación inmigrante nestes últimos anos e considerábel e representa toda unha novidade nestes territorios. No que se refire a poboación portuguesa, inmigración máis consolidade e antiga, en relación ao total representa menos dun 1% da poboación total; como se pode ver na táboa 2.4 representada a continuación:

Táboa 2.4. Porcentaxe poboación portuguesa sobre o total

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

0,56

0,65

0,70

0,76

0,81

0,84

0,88

Fonte: Padrón municipal de habitantes, INE. Elaboración propia.

A este 0.88 por cento de poboación portuguesa residente nas comarcas de estudo habería que lle sumar outras moitas persoas que sen estar censadas nas comarcas fan parte da vida nelas, un exemplo é o número de portugueses que censados en localidades fronteirizas que traballan aquí, os dous grupos de discusión que entrevistei incorrían nesta característica, os traballadores do sector forestal trasladábanse a diario desde a fronteira propia até o lugar de destino, neste caso o destino tamén era itinerante traballando por toda a provincia de Ourense e o sur de Lugo, aínda que catro dos entrevistados ían todos os día a Portugal e tiñan a súa residencia legal en Verín. No segundo grupo de discusión os seus membros tiñan residencia legal en Lugo e Tui, aínda así facían a maior parte da súa vida en Bóveda onde traballaban,

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández desprazándose todas as fins

José Daniel Arias Fernández

desprazándose todas as fins de semana a rexión do Minho de onde viñan. Outra característica da representatividade dos portugueses nestas comarcas son os camións con condutores portugueses que fan paradas para comeren ou durmiren no traslado de mercadorías do norte de Portugal para Europa, ou a conexión con a comarca de Valdeorras, na cal existe unha grande colonia de portugueses traballando nas minas de lousa e teñen unha relación directa con a comarca.

Con todo isto, e a pesar da forte presenza de cidadáns portugueses a inmigración nestas comarcas obxecto de estudo é unha cuestión bastante residual, non se entende como unha cuestión de masas, sobre todo no que se refire a inmigración de primeira man e de carácter internacional; pois entendo que a realidade da inmigración está marcada pola influencia portuguesa, tanto nos propios portugueses como, aventúrome a pensar, tamén as inmigrantes brasileira que teñen pasado primeiro por Portugal, ademais de por unha característica propia galega, que é o retorno de emigrantes retornados, que xa xubilados, retornan ao seu lugar de nacemento ou residencia, esta característica acontece en toda Galiza (Precedo, Andrés; Villarino , Montserrat;, 1994), este tipo de migracións de retorno acho que teñen un grande peso encanto ao que se refire a migracións internas, pois sobre todo Cataluña foi un destino prioritario nos anos 60 e 70; ante a falta de expectativas laborais que tiña a poboación autóctona na altura. Esta condición de rexións con grande tradición emigratoria tanto Portugal como Lemos e Courel-Quiroga tamén terán unha representación considerábel no contexto xeral do traballo.

Os sectores produtivos e o desenvolvemento económico son relativamente baixo, reitero, estando marcadas as comarcas por seren moi ruralizadas e nunha dinámica demográfica caracterizada pola perda de poboación de xeito acusado. Os medios produtivos máis importantes son o agroalimentario en especial o vitivinícola e o sector forestal, outro dos grandes motores da economía local son as canteiras de lousa; tamén fan parte do tecido produtivo como elementos considerábeis, a construción civil e a os

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández sector servizos, neste caso a

José Daniel Arias Fernández

sector servizos, neste caso a hostalaría, agás a hostalaría son sectores laborais tradicionalmente ocupados pola poboación masculina; noutrora na poboación de Monforte de Lemos o ferrocarril foi o grande pulo económico da vila mais agora está totalmente esmorecido. Estes sectores alén de seren os máis representativos da economía comarcal tamén representan os nichos de mercado nos que se inseriren a poboación inmigrante en especial a poboación portuguesa, poboación altamente masculinizada como se observa na táboa 2.5. ,non así ocorre co resto de inmigración, que se sitúa,en canto a taxa de feminidade, en valores similares aos autóctonos.

Táboa 2.5. Taxas de feminidade (2010).

 

Taxa de feminidade

Homes

Mulleres

Total

106,38

19114

20334

Estranxeira

98,29

762

749

Portugal

56,05

223

125

Fonte: Padrón municipal de habitantes, INE. Elaboración propia.

Dentro do marco de recollida de datos, en canto a figuras simbólicas na posición laboral de portugueses; atopamos no discurso de varios dos entrevistados referencias aos traballadores portugueses da lousa na veciña comarca de Valdeorras, o que é un grande contraste co espazo de estudo xa que na comarca de Courel-Quiroga onde a lousa presenta o principal sector produtivo mais segundo informacións aproximadas non hai ningún portugués realizando estes traballos. Aliás si apareceu outra figura especialmente presente no imaxinario popular da zona como é o “criado portugués”, que representaba a aquel individuo que traballaba en labores agropecuarias unicamente pola alimentación e a residencia, tempo atrás esta figura tiña unha representatividade moi alta, e contiña unhas connotacións moi negativas.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández dous ou tres sen papeis”

José Daniel Arias Fernández

dous ou tres sen papeis” (Heitor, O Saviñao, 44 anos)

As anteriores declaracións preséntannos os testemuños de dous dos migrentes que dentro do estudo teñen traballado como criados no campo. Para min estas declaracións recollidas son verdadeiramente sobrecolledoras e representan unha figura migratoria que acreditaba desaparecida, mais polo recollido aínda estaba presente no século XX. Esta figura migrante preséntanos moi graficamente esa poboación rural e en proceso de desenvolvemento a que me refiro até aquí, así como as raíces duns fluxos migratorios tradicionais existentes en ambas direccións desde hai século e cun compoñente de subdesenvolvemento grande.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 3. Transnacionalismo e

José Daniel Arias Fernández

3. Transnacionalismo e alteridade.

“Não faz hoje sentido falar de uma unidade do território português baseada em condições naturais ou de uma individualidade geográfica de Portugal dentro do conjunto da Península Ibérica. Na verdade, o Minho continua a Galiza tanto na orografia e no clima como nas formas de exploração do solo.” (de Oliveira Marques, 1995) 3 . Alén da orografía, existen unha serie de preceptos, que configuran unha unidade territorial e un continuo cultural levemente alterado pola fronteira entre as dúas comunidades administrativas.

As relacións na historia son intensas e a pesar do peso da fronteira, e de estaren en dous estados diversos; entre Portugal, nomeadamente a parte norte e Galiza, sempre teñen existido fluxos e conexións de diversa índole; migratorios, económicos e culturais etc, cando se lle pregunta a Antonio que naceu no 1930, por galegos que coñecera e vivirán en Portugal fálanos dun escapado da guerra civil, mais tamén nos di:

comercios mas levam alí toda a vida.(Antonio, O Courel, 81 anos)

Cando nos está a falar destes galegos que ten coñecido en Lisboa, no meu parecer, fala deles como persoas nada distantes incluso atribuíndolles coa expresión valores polos que non os podería diferenciar dos portugueses , distanciándose máis dos propios lisboetas e situándose máis próximo aos galego que levan en Lisboa toda a vida e Antonio coñece. Os Galegos en Lisboa teñen sido unha grande comunidade, así como noutras areas de Portugal, por exemplo no Porto os galegos representaban en 1890 o 97% dos emigrantes españois (Fernandes Alves, 2002) segundo este censo de 1890 vivían no Porto 4049 españois. 4

3 Con estas palabras o escritor Portugués Oliveira Marques comeza a súa obra sobre a historia de Portugal. 4 Censo de 1890. Presença de espanhois em Portugal en (Fernandes Alves, 2002)

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Na literatura, o propio José

José Daniel Arias Fernández

Na literatura, o propio José Saramago 5 , iberista convencido nunha das

súas novelas relátanos a súa vida no seu barrio de Lisboa onde vivían moitos galegos; aínda así os galegos de Lisboa não sejam só os originários da Galiza, mas também os da outra margem do Minho, de nacionalidade portuguesa(Fernandes Alves, 2002), está aclaración de Fernando Alves incide

no plantexamento polo cal poderíamos insistir na idea de considerar aos galegos e aos portugueses do norte como unha comunidade non moi heteroxénea, na mesma dirección tamén apunta o tradutor ao español de Saramago, que tamén entende que os galegos de Lisboa son de ambas as marxes do Minho

A representación dos galegos na

literatura portuguesa e viceversa é un recurso moi recorrente, incluso na historia do grande símbolo de Portugal; o Galo de Barcelos onde se lle atribúe a uns galego en peregrinación para Compostela, a milagre de que o Galo de Barcelos cantase e lles salvase a vida a estes dous galegos peregrinos. Tamén se atopan abondosas referencias aos galegos no grande historiador portugués Oliveira Martíns, no

dramaturgo máis importante das letra Lusas Gil Vicente ou no propio Camões que se supón galego de nacemento ou de orixe 6 , así como noutros moitas personaxes públicas da historia de Portugal, desde o

primeiro conde de Portugal, Vímara Peres até o actual líder do CDS-PP, Paolo Portas. Nas letras Galegas tamén é moi común as referencia a Portugal, así como a busca de similitudes con o país veciño, facendo referencia a isto os grandes ideólogos do nacionalismo Galego, como Castelao, Risco ou Carvalho

do nacionalismo Galego, como Castelao, Risco ou Carvalho 1Galo de Barcelos 5 En “O ano da

1Galo de Barcelos

5 En “O ano da morte de Ricardo Reis” redime aos galegos que Pessoa e Gil vicente dalgún xeito desprezaron

6 Referencias recollidas en (Castelao, 2001) (Navas Sanchez-Elez), (Medeiros, 2006) e tradición oral biográfica.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Calero. No capítulo 6 da

José Daniel Arias Fernández

Calero. No capítulo 6 da obra editada polo CIS, Los dos lados de un río” de Antonio Medeiro, está repleto de referencias a estas relacións Galiza Portugal, mais desde unha perspectiva ampla, e tomando como referencia en Galicia a cidade de Santiago de Compostela, na miña opinión de ter observado esta realidade nun concello do sur de Ourense as súas anotación serían diferentes.

do sur de Ourense as súas anotación serían diferentes. 2. Gaita de foles trasmontana Gaita-de-fuôlhe stramuntana

2. Gaita de foles trasmontana

Gaita-de-fuôlhe stramuntana de la coleçon de l Museu de la Música de Bruxelas (de antes de 1982). Cuida-se que haberá sido feita pul artesano Rodrigo Fernandes, de Miranda de l Douro.

A unión das formas de exploración do solo, a tradición na literatura, a historia e os relatos recollidos

no traballo de campo, lévame a considerar que existe un continuo lingüístico e cultural relativamente alterado polo peso da fronteira, mais nalgunhas comunidades rurais concretas, a alteración levada a cabo polo peso da fronteira foi mínima, só atinxindo cuestións dialectais e de diferenzas

no desenvolvemento económico; podendo existir unha pequena diferenciación relativa a alteridade entre estados; polo que entendo, no meu parecer que Galiza e Norte de Portugal son unha comunidade transnacional, entendida desde unha xénese acumulativa de características e reforzada polas propias migración, pois existe unha concordancia de certos grupos vivindo en espazos transfronteirizos, con intereses comúns de natureza cultural, deportiva, política ou doutro tipo, poden verse a si propios como comunidades. (Castels, 2005). Este espazo transnacional é especialmente presente nas zonas rurais.

No traballo de campo, recollín o testemuño dun grupo de discusión, realmente clarificante encanto a esta realidade; no grupo de discusión participaron seis traballadores do sector forestal, que estaban a realizar o seu traballo no Concello de Ribas de Sil, e se desprazaban desde a comarca raiana

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández da Limia/Lima todos os días;

José Daniel Arias Fernández

da Limia/Lima todos os días; os traballadores eran dos dous lados da raia, dous galegos e catro portugueses; mantiñan unha relación forte e con afinidade entre os integrantes; non apreciando apenas disicitudes de alteridade, o que existía era unha forte xerarquización en canto ao estatus laboral, pois o capataz da cuadrilla, iso si galego, tiña unha posición extremadamente dominante sobre o resto do grupo.

posición extremadamente dominante sobre o resto do grupo. Continuando co recollido no traballo de campo, nas

Continuando co recollido no traballo de campo, nas entrevistas, podemos considerar como nos testemuños en ningún caso se resalta unha diferenza marcada a nivel cultural ou de construción de estereotipos; por exemplo no testemuño de Maria de Monção recóllese o seguinte:

no testemuño de Maria de Monção recóllese o seguinte: Cando se refire Maria as diferenzas entre

Cando se refire Maria as diferenzas entre as persoas de Monção e as persoas de Monforte, non atopa diferenzas que se puidera recoñecer a grande escala, tampouco constrúe estereotipos entre ambas as poboacións, onde fai a diferenciación e cando se refire a parte urbana de Galicia apuntando que na xente da cidade vexa maiores diferenzas. Este tipo de testemuños son recorrentes en todas as gravacións, todos os migrantes concordan en que a similitude entre Galiza e Portugal en todos os aspectos e moi elevada, e a adaptación foi moi positiva.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Cando temos entrevistado a

José Daniel Arias Fernández

Cando temos entrevistado a Antonio ao comezar a falar sobre as diferenzas que nota entre Galiza e Portugal, fainos un discurso filolóxico no que acaba por concluír que o Galego e o Portugués é igual.

acaba por concluír que o Galego e o Portugués é igual. Tamén Isabel insiste na mesma

Tamén Isabel insiste na mesma tónica, ela que ten vido de seis anos para Galiza se cabe describe as semellanzas culturais con máis ímpeto. E ao igual que Antonio incide en facer unha descrición nas similitudes remarcando o feito rural e interior das dúas comunidades.

remarcando o feito rural e interior das dúas comunidades. A posición de Heitor continua na mesma

A posición de Heitor continua na mesma liña as anteriores.

A posición de Heitor continua na mesma liña as anteriores. Ao referirse Heitor a que xa

Ao referirse Heitor a que xa falaba galego de onde el viña, non deixa de remarcar as semellanzas culturais, e considerando o portugués transmontano que falaba antes de chegar a Galiza como propio galego, isto reafirma a miña percepción segundo a que considero que estes migrantes de teren feito a súa migración para cidades Portuguesas especialmente para a capital de Portugal, ou para outras cidades máis pequenas situadas tamén no sur, nun plano non administrativo as dificultades serían maiores do que teñen sido vindo para o interior de Galiza.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Dunha emigrante . sociedade

José Daniel Arias Fernández

Dunha

emigrante.

sociedade

emigrante

para

outra

sociedade

Dunha emigrante . sociedade emigrante para outra sociedade 2.Emigración Galega Desde o comezo do século pasado,

2.Emigración Galega

Desde o comezo do século pasado, a distribución poboacional no mundo segue a directriz pola cal, as poboacións rural tende cara poboacións máis urbanas, esta realidade está presente practicamente en todos os

estados, pois a tendencia é sempre de despoboamento do rural e superpoboación do urbano, as sociedades campesiñas están a desaparecer en Europa; para convertérense en sociedades máis urbanas ou sociedades rurais con modos de produción diferentes aos tradicionais do campesiñado. Nas comarcas de Courel-Quiroga e Lemos esta tendencia foise conformando principalmente nas décadas centrais do século XX, con grandes fluxos migratorios para cidades como Barcelona, Madrid ou Vigo así como a emigración exterior sendo os principais destino Suíza, Alemaña, Francia ou países

latinoamericanos; trátase ao igual que no caso do Norte de Portugal de potencias emigratoria Tras os Montes e o Minho até à “Segunda Guerra Mundial, conjuntamente com os Açores e a Madeira, são os grandes centros de abastecimento da emigração portuguesa” (Baganha, 1994) 7 aínda así na actualidade tanto Galiza como o Norte de Portugal son comunidades receptoras de

inmigrantes, sobre todo no que se refire ao ámbito urbano, cando tempo atrás tiñan sido comunidades comparadas pola súa similitude en canto a cuestións migratorias, recorde-se que há estimativas de retorno de 70% para a Galiza, uma região com muitas homologias com o Norte

para a Galiza, uma região com muitas homologias com o Norte 3. Portugueses no Brasil 7

3. Portugueses no Brasil

7 Nesta cita reflíctese outro elemento máis de características comúns entre ambos territorios.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Litoral português (Alves,

José Daniel Arias Fernández

Litoral português (Alves, Jorge Fernandes, 1999) 8 ; pois tómanse as dúas rexións obxecto de estudo como un conxunto, dentro dun proceso migratorio; o de Europeos para as ex-colonias Americanas nos principios do século XX, e extrapólanse datos de unha rexión para a outra.

Neste caso penso que tamén se poderían comparar as dúas rexións encanto a estes parámetros, tamén reafirma na miña teima por considerar as dúas rexións como unha rexión transnacional, e o que me permite crear unha nova hipótese que me permitiría describir con nitidez certas posicións e certos adxectivos na migración Portuguesa en Galiza e particularmente en Quiroga- Courel e o Val de Lemos. A hipótese versa sobre o seguinte; entendendo Galiza e o Norte de Portugal como unha comunidade transnacional, entendendo transnacional como describo arriba, as migracións que se observan neste campo de estudo, a pesar de seren migracións exteriores e debido a grande tradición emigratoria da rexión norte portuguesa, as persoas que realizan esta migración enténdena como unha migración interior, sobre todo cando a migración se produce dunha parte rural para outra parte rural, e a posibilidade levar a cabo un progreso nun ámbito salarial sen a necesidade de facer unha migración lonxana tanto no espazo como no cultural.

As migracións a Francia, Luxemburgo, Alemaña, Reino Unido, Brasil ou Venezuela están moi presentes no imaxinario destas poboacións, así como os discursos dos emigrantes que teñen realizado estes procesos migratorios, polo que para os portugueses fixar a súa residencia en Galiza ou desprazarse pola semana para traballar a Galiza é entendido como unha migración interior, pois desde logo, desde unha perspectiva comparativa, para nada é comparábel unha migración a Latinoamérica ou Alemaña, Francia etc; a unha migración a Galiza. Tamén se atopa algún caso no que o asentamento en Galiza é

8 Alves, Jorge Fernandes En “Os brasileiros da emigração no Norte de Portugal”. Dentro da Actas do colóquio realizado no Museu Bernardino Machado/ C. M. de V. N. de Famalicão, 1999.Compara o retorno na emigración galega ao Brasil con o retorno minhoto.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández entendido como parte dun

José Daniel Arias Fernández

entendido como parte dun proceso de retorno; pola creación de lazos forte maioritariamente fora da Península Ibérica.

saíunos a foto desta casa

(João, Poboa do Brollón, 41 anos)

mulher que a mulher é espanhola, e casamos em espanha

”(José,

Poboa do Brollón, 59 anos)

A alteridade

No relativo a alteridade o que marca especialmente que reparase nesta cuestión e sobre as miñas experiencias biográficas, pois en moitos caso na rúa se escoitan comentarios despectivos contra os portugueses feitos por galegos, na análise da creación de alteridades entre as dúas comunidades destacamos que si existe unha diferenciación constante entre os habitantes dos dous territorios, mais e polo menos entre os migrantes entrevistadosno florece especialmente momento este tipo de produción psicolóxicas, polo que entendo que o propio feito da migración é un grande punto a favor da unidade e da fraternidade entre as fronteiras; de feito pódense recoñecer testemuños entre as persoas parte da migración como o seguinte:

entre as persoas parte da migración como o seguinte: Neste testemuño obsérvase como Maria se sinte

Neste testemuño obsérvase como Maria se sinte completamente parte da sociedade, incluso referíndose a outros inmigrantes como elementos estraños dentro da sociedade a que ela pertence, aínda que en ningunha outra entrevista se pode recoñecer con tanta claridade esta concepción, estou

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández seguro de que se repetiría

José Daniel Arias Fernández

seguro de que se repetiría en todos os casos; máis o interesante sería a observación da propia consideración como parte da sociedade, entendo que de facer unha investigación máis ampla na mesma dirección a este análise exploratorio sería moi importante profundar máis nas alteridades, e a visión dos migrantes portugueses con respecto aos outros migrantes e con respecto aos galegos. De seguro que de terse producido a migración para outro país non consideraría aos outros migrantes como de afora, desde unha posición de diferenza respecto deles, aliás a alteridade con os galegos é en todos os casos pouco importante e os movementos migrantes entre as comunidades mitigan en grande medida estes construtos psicolóxicos.

Dunha sociedade rural para outra sociedade rural.

Existen tres puntos clave para entendermos a relación no proceso desta migración, que serían proximidade a todos os niveis, a concepción da migración dentro de dous espazos de tradición emigrante e o entorno rural no que se produce a migración. A condición rural tanto de partida como especialmente no destino, comporta unha caracterización moi peculiar da migración e é un elemento de moita importancia para entender o proceso migratorio entre os dous lado da fronteira administrativa. O que reforza aínda máis a concepción dunha migración dentro nun espazo transnacional; pois como teño avanzado anteriormente, as semellanzas entre as dúas comunidades a estudo aumentan canto máis rural é o entorno, diferenciándose en maior medida no entorno urbano onde as condicións culturais se senten máis influenciadas polos centros de poder existentes nos dous estados, alén de seren as cidades espazos de maior independencia entre os seus habitantes.

Dentro do pouco habitual que comprende realizar unha migración dun entorno rural para continuar noutro entorno rural, destacarmos que estes fluxos foron unha constante entre os dous territorios, pois ao seren territorios fronteirizos o traspaso da fronteira é unha constante, nas entrevistas non se

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández recolleu ningunha testemuña

José Daniel Arias Fernández

recolleu ningunha testemuña que fora dun entorno diferente ao rural, o que é obvio que axuda nas condicións subxectivas da migración sexa dentro dunha comunidade esaxeradamente desigual ou sexa nunha comunidade semellante. A ruralidade da migración está marcada por un elemento simbólico no discurso que representa moi ben a conceptualización da migración. O tractor.

O tractor

O tractor na migración representa o simbolismo do proceso migratorio que estamos a estudar; está presente en moitos dos discursos das persoas, e está cargado de valores; por unha parte o tractor representa a procedencia e o destino rural da migración, tamén representa a modernidade o paso dunha sociedade campesiña a unha sociedade moderna; e por último representa as diferenzas entre Galiza e Portugal.

último representa as diferenzas entre Galiza e Portugal. Entendo que estas persoas migrantes, atopan unha carencia
último representa as diferenzas entre Galiza e Portugal. Entendo que estas persoas migrantes, atopan unha carencia
último representa as diferenzas entre Galiza e Portugal. Entendo que estas persoas migrantes, atopan unha carencia

Entendo que estas persoas migrantes, atopan unha carencia económica en Portugal que se representa con os tractores, é a súa forma de simbolizar o desenvolvemento económico. No discurso sempre que calquera entrevistado se refería a esta ferramenta de traballo, aportáballe un simbolismo e unha categoría polo que o tractor ten que ser digno de análise.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 4. Cidadanía, fronteira e

José Daniel Arias Fernández

4. Cidadanía, fronteira e construción supra estatal.

A construción de cidadanías, así como a de identidades culturais non ten porque responder a un feito inequivocamente cultural, aliás até a actualidade e desde a paz de Westfalia no 1648 a composición da cidadanía era atribuída ao espazo territorial do estado-nación, e existía unha predeterminación de pertenza a unha comunidade, na actualidade o termo cidadán ten perdido moito do seu valor (Lapierre, 2003). Por cidadán, a pesar do grande debate académico e filosófico que rodea o termo pódese entender, desde unha descrición básica, como as persoas que vén recoñecidos os seus dereitos, civís, políticos e sociais, adscritos a unha comunidade, da cal participan activamente.

Neste comezo do século XXI a cidadanía non ten porque ser entendida como unha situación estática, pois a mutabilidade das sociedades así como dos propios habitantes das sociedades outórganlle, ao meu parece, a posibilidade ao termo cidadán, de adquirir valores e aspectos dinámicos. Recollendo as concepcións máis liberais e máis afastadas da pertenza e das características comúns do grupo, o que nos marca unha perspectiva de cidadán baseada nunha concepción máis relativa a igualdade ante o dereito, como a que separa o antigo réxime da sociedade democrática. Pois a creación de espazos supraestatais como a Unión Europea; conciben outras posicións individuais en canto a organización comunitaria e adscrición ou o sentimento de pertenza a maior número de grupos identitarios, poren entendemos que os cidadáns europeos poden posuír diferente adscricións identitarias, resaltadas especialmente por aqueles colectivos que teñen feito unha migración dentro das fronteiras supraestatais.

No grupo de discusión feito entre traballadores transfronteirizos, é difícil, coñecer onde está a diferenza identitaria, de feito ante a pregunta de sé se senten medios galegos ou españois, a resposta e clara,

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

José Daniel Arias Fernández

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández
nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández a resposta é moi rotunda deixando claro a situación
nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández a resposta é moi rotunda deixando claro a situación
nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández a resposta é moi rotunda deixando claro a situación

a resposta é moi rotunda deixando claro a situación e a pregunta de porqué isto non saben porque responder; a identidade europea é algo moi lonxano e a resposta en todos os caso por esta cualidade é a indiferenza.

Esta investigación, o que pretende e situar a posición como cidadáns dentro dunha concepción liberal referente a consecución dun status xurídico e político mediante o cal o cidadán adquire dereitos civís, políticos e sociais; e deberes (pagar impostos, votar, cumprir as leis) relativos a unha colectividade política, alén da posibilidade de participar na vida colectiva do Estado 9 . Sen esquecérmonos que estamos situando, como apuntamos no epígrafe anterior, a migración dentro dun contexto cultural verdadeiramente próximo, e no conxunto dunha sociedade transnacional e rexida por unha serie de mecanismos enfocados para a integración interestatal. Polo que neste punto trataremos de describir, desde perspectiva cualitativa e particulariza, as percepcións propias do acceso a cidadanía, dos inmigrantes portugueses nas comarcas que Courel-Quiroga e Lemos, dentro da concepción de cidadán aplicada até este momento. Así como describir, desde unha perspectiva crítica, logo da análise do discurso e da consulta bibliográfica as posibilidades que producen instrumentos de integración interestatal como a eurorrexión na vida dos migrantes, e nas súas capacidades como cidadáns.

Schengen e Eurorrexión-Eurorregião.

A formación da Unión Europea e sobre todo o Espazo Schengen, recoñecen a mobilidade total das persoas e das mercadorías, calquera traballador de calquera dos países participantes no espazo Schengen dispón da posibilidade de desprazarse a outro país membro, o que a priori facilita en grande medida a vida dos habitantes europeos; durante anos atrás entorno ao

9 Concepto apoiado en (Rawls, 1979) (Peña, 2000) e (Maiz & Aguila, 2001)

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández cambio de século, do XX

José Daniel Arias Fernández

cambio de século, do XX para o XXI moitos teóricos profundaban na construción dunha cidadanía europea 10 mais sen chegaren a demasiado bo porto; pois parece que neste 2011 a crise económica leva a un debilitación da Unión Europea e do Espazo Schengen. Na actualidade os medios de comunicación están a tratar unha realidade claramente palpábel a cerca da debilitación da Unión, e de cómo outrora consideracións indispensábeis na concreción dun proxecto común; se ven sumamente reducidos por mor a priori da crise económica, neste caso e relativo especialmente ao proceso migratorio que estamos a radiografar, dentro do proxecto político da Eurorrexión estaba previsto a construción dunha liña de tren de alta velocidade entre Galiza e Portugal, a cal está paralizada e aínda máis a antiga liña de tren normal está en visos de pechar, así como as novas portagens, está a influenciar nas relacións entre os dous espazos.

está a influenciar nas relacións entre os dous espazos. Ilustración 4. Mapa espazo Schengen e U.E

Ilustración 4. Mapa espazo Schengen e U.E

Para entendermos está realidade dinámica marcada pola perda de poder do estado-nación en relación a outros organismos e como a gobernanza se

10 Observase en (Dourthe, Borja, & Peugeot, 2001), (Borja, Jordi.2001) (Wihtol de Wenden, Catherine

1999)

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández comeza a conferir mediante

José Daniel Arias Fernández

comeza a conferir mediante diversos niveis, gobernanza multinivel, compre entendermos cal é a posición primeiro da Unión e segundo e neste caso en especial a función da Eurorrexión, Galiza Norte de Portugal e os órganos que a compoñen. La Unión Europea es el intento de combinar de manera general la liberalización de los mercados y la eliminación de barreras estatales con el establecimiento de normas e instituciones comunes…En Europa la concentración regional de los intercambios económicos es elevadísimo ” (Tsoukalis, 2003) este tipo de reflexións xunto ao recollido no discursos das persoas, participantes no estudo, lévanme a pensar que a realidade do Unión Europea e organismos como a Eurorrexión teñen unha clara vocación económica creando grandes e diversos niveis de actuación e con unha grande capacidade nas súas funcións como elemento de desenvolvemento económico e vehículo para a superación das fronteiras das organizacións empresariais, pero xeran un grande déficit democrático e aínda que son o medio para a creación de procesos migratorios intraeuropeos, non reparan en demasía na creación de garantes institucionais para os suxeitos que realizan as migracións.

institucionais para os suxeitos que realizan as migracións. Os intereses económicos son moi elevados, e a

Os intereses económicos son moi elevados, e a creación de sinerxías empresariais entre rexións segue en marcha máis o proxecto de cidadanía común entre os estados membros da Unión Europea, neste caso representados por unha comunidade tan característica como a que estamos a estudar, está aínda sen concretar e polo que parece non ten moitas trazas de se levar a cabo.

O voto

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Extrapolando o traballo de

José Daniel Arias Fernández

Extrapolando o traballo de campo a realidade total da poboación portuguesa nas comarcas de Courel-Quiroga e Lemos, unha das realidades comúns a todos os participantes na investigación, que é a desinterese incluso reacción e negación de poderen acadar a nacionalidade española; pois para eles, teren a nacionalidade española é renunciar a súa nacionalidade, sobre este tipo de comportamento ante a nacionalidade, considero mais sen refutar o meu posicionamento, que se trata, nunha posición propia dos cidadáns europeos; pois aínda sen seren nacionais do estado no que viven teñen unha serie de garantes que lles aseguran unha concorrencia vantaxosa ante o acceso aos servizos públicos, a participación cidadá e a concesión de dereitos. Aínda así un dereito básico de calquera cidadán que habite nunha sociedade democrática non o teñen cuberto, nin terán de non se nacionalizar, o dereito ao voto neste caso opera como elemento simbólico e práctico;

voto neste caso opera como elemento simbólico e práctico; 5Passaporte De feito pódese observar claramente que
voto neste caso opera como elemento simbólico e práctico; 5Passaporte De feito pódese observar claramente que
voto neste caso opera como elemento simbólico e práctico; 5Passaporte De feito pódese observar claramente que

5Passaporte

caso opera como elemento simbólico e práctico; 5Passaporte De feito pódese observar claramente que a non

De feito pódese observar claramente que a non participación da vida política leva a que haxa un afastamento das institucións, das persoas con

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández nacionalidade portuguesa,

José Daniel Arias Fernández

nacionalidade portuguesa, deste xeito existe un desinterese palpábel sobre a vida política, en persoas que levan 20, 30 e 40 anos e non pretenden nacionalizarse españois, isto tamén supón unha non participación dun elemento social con tanto pulo na sociedade como é a política, supón unha desmobilización e unha non inclusión na sociedade. O voto é un elemento simbólico e representativo dunha serie de perdas a nivel administrativo que os non españois teñen, aínda que sexan comunitarios e leven os anos que leven vivindo no Reino de España, este afastamento incide na alteridade é na baixa consideración propia como cidadáns, facendo así máis difícil un proceso migratorio que a simples vista e sen profundarmos na situación semella un proceso migratorio sen trabas nin dificultades.

O mercado de traballo

A condición de diferenciación no mercado de traballo tamén está presente e é unha realidade que ven sendo marcada desde tempos anteriores a Unión Europea a fronteira para os migrantes sempre ten sido unha barreira de descapitalización laboral, outrora eran os criados e os xornaleiros galegos que se desprazaban a Portugal, para se estabeleceren alí ou para traballar vendimando ou facendo outras labores; na actualidade as persoas que realizan traballos de máis baixa cualificación seguen a sentir está descapitalización do seu traballo, non ocorrendo o mesmo nos sectores estratéxicos como os médicos ou os promotores de negocios empresariais.

Analizando as condicións laborais no que se refire ao mercado de traballo, encontramos dous grupos con características propias, por unha banda os traballadores que están asentados en Galiza; e por outro os traballadores transfronteirizos, estes son os que sofren a maior grao de descapitalización no emprego, son comparábeis ao antigos segadores galego, que ían a sega a Castela ou os vendimadores que ía vendimar de Galiza ao Douro portugués ou os portugueses que viñan vendimar ao Ribeiro. Trátase do desprazamento de

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández man de obra barata e

José Daniel Arias Fernández

man de obra barata e necesaria para levar a cabo un traballo cun custo menor, estes traballadores, agora. principalmente sitúanse no sector da construcción.

Os pretogueses

No tocante a está descapitalización laboral dos traballadores portugueses levouse a cabo un grupo de discusión con traballadores na construción civil, que resultou totalmente clarividente, os traballadores eran transfronteirizos, e a súa migración era levada a cabo cada semana, aos domingos partían do Minho cara a Galiza e as sextas feiras, venres, facían a viaxe contraria, do grupo desprendese a idea de que eles por seren portugueses traballan máis horas en peores condicións e gañan menos do que os demais, eles mesmos fixéronse chamar como os pretogueses, facendo un simil con os “pretos” negros, pois segundo as súas palabras eran tratados como “pretos”, no simbólico do termo preto, moi presente en Portugal pola relación con as antigas colonias.

nós…e fazem menos que nós

“estamos empadroados porque a empresa para a que traballamos nos obriga a fazer escontos aquí…temos o NIE e tudo…tudo legal”

“trabalha-se mais horas aquí do que em Portugal, em questões de trabalho me senti discriminado, por exemplo, nos estarmos 16horas e os espanhois se marcham cedo e nos estamos até mais tarde,(arremedando) são portugueses déixaos traballar;…eles aquí não ”

trabalham a chuva e nos trabalhamos

“Eu já trabalhei numa empresa espanhola e mais cobrava como numa empresa portuguesa” (Grupo discusión sector construción)

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández En todas as referencia que

José Daniel Arias Fernández

En todas as referencia que saen no grupo ao traballo pódese percibir como estes traballadores se sente altamente discriminados, isto non ocorre con as demais persoas que están a vivir definitivamente en Galiza; polo que podemos extraer que onde se acusa máis fortemente a discriminación laboral nos traballadores portugueses e nos traballadores transfronteirizos pois aqueles que deciden cruzar todos os días ou todas as semana a fronteira para traballaren aínda que estean en condición legais residindo na Galiza sofren unha forte discriminación no ámbito laboral; isto é una característica da Unión Europea; é a concepción da fronteira que presenta con a libre circulación de persoas entre fronteiras, non sendo isto un garante para a igual retribución e consideración dos traballadores, pois en relación a estas diferenzas salariais entre estados el neoliberalismo a hecho suyo el lema de a igual trabajo igual salario ¡pero al nivel más bajo!(Beck & Grande, 2006).

O dumping laboral.

“Hay quien utiliza el termino para , por ejemplo, para dar a entender que la disponibilidad de mano de obra barata procede de la Europa del este ejercerá una presión a la baja sobre los salarios de los países más ricos” (Giddens, 2007) neste caso non nos referimos aos traballadores do leste se non aos traballadores portugueses, que segundo o experimentado nun dos grupo de discusión se senten gravemente prexudicados respecto aos traballadores autóctonos, este tipo de sensación e de métodos de contratación laboral afondan nas diferenzas entre comunidades e na non construción armonizada da Unión Europea, pois acaba por considerarse que é unha institución e un xeito de organización política pensado por e para as elites empresariais e corporativas; e na que as corporación poden campar a súas largas mais os cidadáns non teñen competencia total para teren mobilidade real e igual entre os territorios, e non existen instrumento que garantan a igualdade entre habitantes e que non se constrúa unha cidadanía real e efectiva capaz de atinxir a todos os estados membros.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández No discursos de todas as

José Daniel Arias Fernández

No discursos de todas as persoas que fan parte deste estudo, e de grande importancia para eles, o feito de que os salarios sexan máis altos en Galiza do que en Portugal, isto é un facto que aparece en todos os discursos, incluso nalgúns casos cando se intenta buscar a reprodución de estereotipos no discurso sobre a súa imaxe para a sociedade galega, sae con asiduidade o estereotipo de:

a sociedade galega, sae con asiduidade o estereotipo de: Esta situación non deixa de desnaturalizar o

Esta situación non deixa de desnaturalizar o feito tradicional de traspasar certas fronteira con o fin de mellorar a situación. Sobre todo en contextos tan propicios para tal como son un espazo como Galiza e o norte de Portugal. Neste punto e antes de chegar as consecuencias quérome referir a un grupo social que non aparecen na investigación mais teño presente para estudos vindeiros; que son os habitantes dun poboado nas aforas de Monforte, os cales polo indagado até este punto veñen da poboación transmontana de Chaves e instaláronse aquí aínda durante este século, e son de etnia cigana; por motivos de alleos a min non puiden entrevistalos aínda que sería imprescindíbel contactar con eles de facer un estudo de maior relevancia, pois é unha poboación con moita visibilidade na zona e con unhas características moi peculiares.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional 5. Conclusións José Daniel Arias Fernández Galiza e o

5. Conclusións

José Daniel Arias Fernández

Galiza e o Norte de Portugal teñen unha serie de características históricas e antropolóxicas que as converten nunha comunidade transnacional, cun substrato cultural común, existe unha alteración lóxica na homoxeneidade cultural e de réxime produtivo, marcada pola diferenciación entre estados e as condicións económicas diferentes, esta diferenza vense marcada con maior intensidade nas areas urbanas, e nas areas máis alonxadas da fronteira, sendo en areas fronteirizas onde máis se pode apreciar esta homoxeneidade. En lugares rurais e fronteirizos, as características comúns son moi elevadas desde o propio vehículo comunicacional a lingua que mantén unha mesma raíz e a diferenciación é difusa, tamén as capacidades produtivas son similares, así como a ocupación do territorio. Outra das grandes características común e o réxime migratorio que segue unha mesma tónica até hai poucos anos.

A emigración en ambos territorios é unha constante tanto de carácter ultramarino como de carácter intraeuropeo; diferenciándose soamente nos destinos, e na lóxica migratoria que se ten seguido nestas últimas décadas, cando en Galiza se ten estabilizado máis o facto emigratorio e en Portugal se mantén, aínda que en menor mediada. Nos últimos anos en Galiza a poboación rural ten sufrido un desprazamento interior cara as propias cidades galegas máis no Norte de Portugal alén de continua unha migración intraeuropea, caracterizada por escoller como destino migratoria a propia comunidade veciña, Galiza. Na actualidade os portugueses son a comunidade estranxeira máis presente na Autonomía, especialmente nas provincias do sur.

O caso que recolle esta memoria fin de mestrado, aínda que o que pretende é extrapolar e conducir a unha realidade ampla esta centrada nas comarcas de Courel-Quiroga e Terra de Lemos; neste punto, entendemos este movemento migratorio como un movemento moi marcado pola proximidade e

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández pola propia situación de

José Daniel Arias Fernández

pola propia situación de achegamento, resúltame especialmente curioso a ruralidade da migración tanto na orixe como no destino, pois aínda sen demasiados datos de carácter cuantitativo logo da observación realizada todo apunta a que no terreo no que se sitúa o estudo a poboación portuguesa procede na inmensa maioría de zonas rurais, manténdose así nun destino rural. O que no meu punto de vista mitiga as condicións subxectivas do proceso migratorio, pois todo apunta segundo o observado a que o grado de integración no que se refire a condicións sobre todo de carácter relacional é moi positiva; existindo numerosos matrimonios mixtos. Como temos apuntado con anterioridade outra das observacións máis destacadas que eu considero é que a migración se produce dentro de dúas sociedade con grande tradición emigratoria; o que incide na visión deste proceso migratorio como algo menor, equiparábel como menos a unha migración interior, non exterior.

No referido a o aportado na hipótese de partida, e logo do observado podemos concluír que a relación entre ambos os dous territorios é elevadísima, mais aínda así e a pesar da Unión Europea, da Eurorrexión e as Eurocidades; as cidadanías están claramente diferenciadas; esta diferenza estivo observada mediante dous grandes indicadores, de grandísima potencia, por un lado o dereito ao voto, e por outro o acceso ao mercado laboral.

Os portugueses que viven en Galiza, de non nacionalizarse españois, non teñen dereito ao voto, nin nas eleccións estatais nin nas eleccións autonómicas; e alén disto ao seren dun país membro da Unión Europea non teñen intención de nacionalizarse, co que poden levar vivindo en Galiza toda unha vida pero sempre van ter tolleito o maior dereito político en democracia, tamén outra das peculiaridades das persoas con nacionalidade portugueses que viven en Galiza é como as participación laborais están marcadas en grande medida pola diferenciación, sentíndose especialmente discriminados pola súa condición de traballadores en desigualdade; os traballadores transfronteirizos, xa que entenden que as súas condicións laborais están moi por debaixo das condicións dos propios galegos, esta condición ou está

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández discriminación a persoas que

José Daniel Arias Fernández

discriminación a persoas que teñen residencia legal en España, xa que aínda que viaxan para Portugal todos os días ou todas as semanas; é sendo esta unha análise exploratoria un dos puntos fortes que se extraen das percepción dos propios migrantes, e considero de grande interese para investigación maior na que se debería analizar está realidade sobre todo con apoio de metodoloxía cuantitativa para así termos resultados fidedignos.

En conclusión o que se observou durante está investigación e se refutou foi a hipótese de partida pois, dentro desta comunidade transnacional polo menos no que se refire ao entorno rural, a cidadanía está claramente diferenciada entre os autóctonos que temos recoñecidos un número moito maior de dereitos básicos, e as persoas nacidas ao sur da Raia, aínda que sexa xusto nun lugar fronteirizo, e aínda sendo “cidadáns” da Unión Europea e parte, na miña opinión, dunha comunidade transnacional, non teñen un status igual nin no obxectivo, nin no subxectivo.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Bibliografía Baganha, M. I.

José Daniel Arias Fernández

Bibliografía

Baganha, M. I. (1994). Maria Ioannis B. Baganha Análise Social, vol. XXIX (128As correntes emigratórias portuguesas no século xx e o seu impacto na economia nacional. Análise Social.

Beck, U., & Grande, E. (2006). La Europa cosmopolita. Paidos.

Beiras, X. M., & López, A. (1999). A poboación Galega no século XX. Laiovento.

Castelao, A. D. (2001). Sempre en Galiza. La voz de Galicia.

Cunha, M., Cunha, L., & (organizadores). (2007). Intersecções ibéricas. Lisboa: Graus editora.

de Oliveira Marques, A. (1995). Breve história de Portugal. Presença.

Dourthe, G., Borja, J., & Peugeot, V. (2001). La ciudadania europea. Ediciones peninsula.

Ettema, W. (2002). Emigración y cambio territorial en Galicia. Los casos de los municipios de lucenses de Ribas de Sil, Quiroga y Courel.

Fernandes Alves, J. (2002). Mobilidade interna e migrações intraeuropeias na península Ibérica. Universidade de Santiago de Compostela.

Giddens, A. (2007). Cambio e innovación en Europa. Paidos.

González Pérez, J. m. (2008). Inmigración estranxeira e territorio en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Kymlicka, W. (1996). Ciudadanía multicultural. Barcelona: Paidos.

Lapierre, J.-W. (2003). Qué es ser ciudadano. Biblioteca nueva.

Leston Bandeira, M. (1996). Demografia e moeda .

Impresa nacional casa de

Maiz, R., & Aguila, R. d. (2001). Teorías políticas contemporáneas. Valencia: Tirant lo Blanch.

Medeiros, A. (2006). Los dos lados de un rio, Nocionalismo y etnografías en Portugal y en Galicia. Madrid: CIS.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Moré, I. (2007). La vida

José Daniel Arias Fernández

Moré, I. (2007). La vida en la frontera. Madrid: Marcial Pons.

Navas Sanchez-Elez, M. V. Visión de Galicia en escritores portugueses: El caso de Fernando Assis Pacheco (1937-1995) En trabalhos e paixões de Benito Prada. Galego de Ourense que veio a Portugal ganhar a vida. Universidad complutense de Madrid.

Peña, J. (2000). La ciudadania hoy : Problemas y propuestas. Universidad de Valladilid.

Precedo, Andrés; Villarino , Montserrat;. (1994). A poboación de Galicia. Colección monografias.

Rawls, J. (1979). Teoria de la justicia. Critica.

Tsoukalis, L. (2003). ¿Que Europa queremos? Los retos políticos y económicos de la Unión Europea. Buenos Aires, Barcelona, Méjico: Paidos.

varios, A. (2004). Galiza, Norte de Portugal: duas regiões, uma euro-região construindo a Europa dos cidadãos. Euro-região Galiza Norte de Portugal.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional Notas metodolóxicas José Daniel Arias Fernández - O

Notas metodolóxicas

José Daniel Arias Fernández

-

O

carácter do traballo é exploratorio o que se pretende é

recoñecer unha percepción, non se pretende producir teoría. A falta de aporte cuantitativo débese precisamente a esta condición do traballo, así como á propia limitación temporal que existía para realizalo e a unha serie de inconvenientes de carácter persoal acontecidos durante a elaboración do mesmo

-

O

traballo de campo foi realizado durante a primeira quincena

de xuño; e o método para contactar con os entrevistados foi unha cadea; partindo de Antonio, que coñecía persoalmente.

O

acceso as persoa dos grupos de discusión, foi autónomo

aos entrevistados, accedendo a eles mediante persoas do

meu entorno que traballaban cerca de eles.

-

Durante o traballo de campo resultoume imposíbel entrevistar as persoas de nacionalidade portugueses cun status económico máis elevado pois ningún dos catro medianos empresarios que cheguei a coñecer a súa existencia aceptou para participar no traballo, tamén as persoas de etnia cigana se negaron a participar no estudo. Pola contra na entrevisto con o cónsul honorario na cidade da Coruña, Gerardo Gándara Moure non existiu ningún tipo de problema para realizala.

-

A elección da bibliografía foi un pouco errática e foi escollida mediante referencias de profesores e a miña indagación particular un tanto desleixada,e non feita toda ela ao principio da investigación.

-

Aprovéitanse coñecemento biográficos en moitas partes da investigación.

-

No estudo preténdense describir nunha soa hipótese dúas preguntas sobre o tema de estudo; o que fai que as dúas preguntas perdan potencia e claridade; aínda así se a

concepción reproducida de transnacionalismo neste caso; non

se pode entender a cidadanía nin a inmigración portuguesa en

Galiza.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Anexos Anexo 1.a - Guión

José Daniel Arias Fernández

Anexos

Anexo 1.a - Guión entrevistas e grupos de discusión.

 

A

imagem da população para o outro. Estereótipos.

Nível cultural

 

- O português para o galego.

- O galego para o português.

- A visão do migrante em os dois lados para o outro.

- A sua visão do português.

- O galego e o espanhol.

- O português e o minhoto transmontano e O Porto.

As criações da

- Imagem da UE e da Eurorregião no nível cultural.

alteridade deslocam a

 

ocupação do espaço. -Nível de ocupação urbanístico. O Rural, o urbano e o industrial. -O espaço na fronteira.

A

Percepção de

Comunidade entre os dois lados da raia

As relações na fronteira.

 

- Relações comerciais na fronteira.

- A gasolina e o Tabaco, as toalhas

-Viagens para ir comprar. -Casais na fronteira. -A alteridade e a comunicação. -Imagem e que te evoca a fronteira.

A comunicação social e mass media

 

- A comunicação social na imagem do outro.

- Na imagem do território.

- O que acontece na fronteira para o outro lado.

- A imagem que transmitem da política e da economia.

A imagem que transmitem os políticos. --Qual é a imagem que transmitem os políticos sob o outro lado. - Como entendem os políticos a União Europeia e a Eurorregião.

A figura da cidadania a nível cultural.

-Visão da pertença a uma comunidade europeia, a uma eurorregião.

 

-

As tradições dentro de um marco comum.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández   A comunicação

José Daniel Arias Fernández

 

A

comunicação entre os indivíduos de ambos estados.

- Sobre as relações de comunicação entre dois indivíduos.

- Criação de laços entre pessoas.

-----------------------------------

 

------------------------------------------------------------------------------------

Cidadania

Visão geral cidadão europeu, cidadão português, cidadão galego e cidadão espanhol.

Hipótese:

A liberdade de movimentos para as pessoas.

A harmonização do suposto duma hipotética cidadania europeia, não é tal pois os cidadãos portugueses sofrem uma descapitalização por serem extrangeiros.

A ideia de ficar sempre em Galiza

Ocupação do território e motivações

 

A

inclusão no mercado laboral e as percepções.

Acessibilidade aos médios do estado.

 

- Voto.

- Participação política.

- Funcionários públicos.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández - Bolsas de estudo. -

José Daniel Arias Fernández

- Bolsas de estudo.

- Utilização dos serviços públicos.

- Participação cidadã.

*Na entrevista ao Cónsul Honorario añadimos unha apartado de preguntas sobre os negocios.

Negócios

A

fronteira nas relações econômicas.

Relações entre trabalhadores, corporações e fronteira.

As estruturas políticas como a Eurorregião são de grande importância em um nível económico.

Como afeitam as infraestruturas de comunicação nos negócios.

A

universidade, a igreja e o exercito as relações.

O

Galego para os negócios.

Experiência e a eurorregião no seu trabalho.

Estes cadros só son un guión para fixar como referencia cando se fixeron as entrevistas pois en ningún momento se pretendeu seguir claramente como guión fixo.

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

Portugueses no Sur de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández 47

José Daniel Arias Fernández

Portugueses no Sur de Lugo:

Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional

de Lugo: Cidadanía diferenciada nun contexto transnacional José Daniel Arias Fernández Mercurín do Courel, no 18

José Daniel Arias Fernández

Mercurín do Courel, no 18 de Xullo de 2011.

José Daniel Arias Fernández

DNI:·34268416

Mestrado oficial en Migración Ineternacionais Universidade da Coruña