Você está na página 1de 2

Había unha vez unha formiga que tiña que ir a boda do pantullurruco.

Era unha mañan de nevada cando saiu para a boda, e as tamancas quedabanlle tan grandes
que se lle quedaban pegadas na neve.

- Neve ti tan forte eres que o meu pe apegas - dixo a formiga á neve.

- Mais forte é o sol que me derrete -contestou.

- Sol ti tan forte eres que derretes a neve que o meu pe apega -dixo a formiga.

- Mais forte e a nube que me tapa -contestou o sol.

- Nube ti tan forte eres que tapas o sol, que derrete a neve que o meu pe apega -dixo a
formiga.

- Mais forte e o vento que me leva -dixo a nube.

- Vento ti tan forte eres que levas a nube, a nube tapa o sol, o sol derrete a neve que o meu pé
apega -dixo a formiga.

- Máis forte é o muro que me torna -contestou.

- Muro ti tan forte eres que tornas o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol
derrete a neve que o meu pé apega -dixo a formiga.

- Máis forte é o rato que me fura -contestou.

- Rato ti tan forte eres, que furas o muro, o muro torna o vento, o vento leva as nubes, as
nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que o meu pe apega -dixo a formiga.

- Mais forte é o gato que me pilla -contesta.

-Gato ti tan forte eres que pillas o rato, o rato fura o muro, o muro torna o vento, o vento leva
as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que o meu pé apega.

-Mais forte é o can que me ladra.

- Can ti tan forte eres que ladras o gato, o gato pilla o rato, o rato fura o muro, o muro torna o
vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que o meu pe apega.

- Mais forte é o pau que me voura.

- Pau ti tan forte eres que vouras o can, o can pilla o rato, o rato fura o muro o muro torna o
vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que o meu pé apega.

- Máis forte é o lume que me queima.

- Lume ti tan forte eres que queimas o pau, o pau voura o can, o can ladra o gato, o gato pilla o
rato, o rato fura o muro, o muro torna o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o
sol derrete a neve que o meu pé apega.
- Máis forte e a agua que me apaga.

-Agua ti tan forte eres que apagas o lume, o lume queima o pau, o pau voura o can, o can ladra
o gato, o gato pilla o rato, o rato fura o muro, o muro torna o vento, o vento leva as nubes, as
nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que o meu pe apega.

- Mais forte e o burro que me bebe.

- O burro! erguelle o rabo e lambelle o esturro!

Você também pode gostar