Você está na página 1de 7

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE .

-Antoloxía poética Tema 5

1.-XERACIÓN DO 36

Cando esperar...
Cando esperare é ser onda de río
que corre, e bule, e vai, e pasa e ruxe,
e, de pedriña en pedra, a tentas fuxe
e se desvive, ó cabo, fío a fío.
Cando esperare é ser, nun travesío,
roda vella que xa come a ferruxe,
sen treitoria nin eixo que a arrempuxe,
ó vento, ó sol, á chuva, á neve, ó frío.
Cando esperare é ser son de goteira
nunha casa sen lume, desgonzada,
e herbas tristes saíndo da fumeira.
Cando esperare é ser aira queimada,
ala que se quebrou, terra baleira,
muíño que non moe, auga pasada…

Cómaros verdes, Aquilino Iglesia Alvariño

PENÉLOPE
UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, 
i a tea dos teus sonos non se move. 
A espranza nos teus ollos se esperguiza.  
Aran os bois  e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos  
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,  
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.   
Desorballando os prados coma sono,  
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Nimbos, Xosé María Díaz Castro, 1961
Deitado frente ao mar non falo pra os ruís e poderosos
Lingua proletaria do meu pobo non falo pra os finchados,
eu fáloa porque si, porque me gosta, non palo pra os estúpidos,
porque me peta e quero e dáme a gaña non falo pra os valeiros,
porque me sai de dentro, alá do fondo que falo para os que agoantan rexamente
dunha tristura aceda que me abrangue mentiras e inxusticias de cotío;
ao ver tantos patufos desleigados, pra os que súan e choran
pequenos mequetrefes sin raíces un pranto cotidián de volvoretas,
que ao pór a garabata xa non saben de lume e vento sobre os ollos núos.
afirmarse no amor dos devanceiros, Eu non podo arredar as miñas verbas
falar a fala nai, de tódolos que sofren neste mundo.
a fala dos abós que temos mortos, E ti vives no mundo, terra miña,
e ser, co rostro erguido, berce da miña estirpe,
mariñeiros, labregos do lingoaxe, Galicia, doce mágoa das Españas,
remo i arado, proa e rella sempre. Deitada rente ao mar, ise camiño…
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña, Celso Emilio Ferreiro,
perto dos homes bos que sofren longo Longa noite de pedra
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,

Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro


No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra 
no meio do caminho tinha uma pedra.

CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE

O teito é de pedra. Os corazós dos homes


De pedra son os muros que ao lonxe espreitan,
i as tebras. feitos están
De pedra o chan tamén
i as reixas. de pedra.
As portas, I eu, morrendo
as cadeas, nesta longa noite
o aire, de pedra.
as fenestras,
as olladas, Celso Emilio Ferreiro (1978)
son de pedra.
FROL DE OUTONO
nin xiquera son ar, nin voz xiquera.
Eu dareiche delor, co tempo, a vida, Eu dareiche delor, co tempo a tempo,
porque me agardan lonxe, xa me espera delor sin ti, sin min, sin a sinxela
un camiño sin luz, unha tristura cantiga de esta vida que me morre,
que xa me está medrando, xa me medra que me moe, moendo á miña veira;
coma unha frol de outono nun carreiro. moéndome amodiño vou morrendo,
Eu dareiche delor, dareiche acedas como o mar moe ó mar, unha mar chea,
bágoas con albor de noites fuxidías, que morre cada día dende sempre
pois sinto no meu dentro a dura pedra (eu dareiche delor) a mar inmensa.
que pra durmir pon Dios alá no fondo
de tódalas segredas O soño sulagado, Celso Emilio Ferreiro
ondas do mar, que non serán palabras,

ENTERRO DO NENO POBRE

Punteiros de gaita
acompañábano
O pai de negro;
no mar, unha vela
branca.

Os amiguiños levábano
Non pesaba nada.
Abaixo, o mar;
o camiño no aire da mañá.

Il iba de camisa limpa


e zoquiñas brancas

Non pesaba nada.


amiguiños levábano
Luís Pimentel

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
2.-PROMOCIÓN DE ENLACE

Luz Pozo Garza

O teu canto, sin verbas, no meu peito,


quente música, a túa, que me molla.
O meiodía craro da túa gorxa
brincando, meu paxaro, pol-o sangue.
Aturuxo de xílgaro ou de chuvia,
de auguiña fresca, pol-a miña vena.
Así o teu canto, neno que nacera
Con vos de río, en liñas musicales.
“A túa música”, O paxaro na boca (1952)
E naquel instante contemplei a garza
en campo azur
e era toda ouro puro
e eu tiña evidencia das cousas
valiosas e sacras
e vin como voaba
e subía subía na luz sen alcance
tal un soño entrañable e perdido
“O voo da garza”, Pazo de Tor, 2019

O CARRO
Vida: Tempo é xa
de alongare os camiños
na pisada valeira dos mansos bois e cansos:
vai no eixo o teu centro, e van na roda os sonos
beirados de silveiras e tenros vagalumes.
E vai dando ao teu ser antigo, estarabouzo
feito de amor e xebre e restroballo,
a forma inaprensibre
na doce señardá das corredoiras:
a dór que non se vai, non, que non se vai, que non
se vai.
Fabulario novo, Manuel Cuña Novás
Eu. Antón Tovar
Digo sí, digo non,
ningunha cousa é certa.
Son un longo camiño
que en mín erguéu a terra.
Viñen de non sei dónde,
voume pra onde me levan.
Digo sí, digo non,
palabras mentireiras.
Eu qué sei quén son eu,
eu, unha volvoreta
que se afirma no sol
que se empula na erba,
un chafarís de sangue
que rube, alanca e leva
a ilusión de quedarse
no mundo a ser eterna,
eu que son unha folla
no vento que nos leva.
Digo palabras, nomes
que son como moxenas,
quero alcender un lume
para acrarar as tebras.
Digo sí, digo non.
E de canto dixera
a palabra máis vouga
máis escura e tristeira
é a palabra "eu"
que no sangue navega.

Tovar, Antón (1975) O Vento no teu colo in Poesía galega completa (Madrid: Akal)
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

3.-XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS


Chove pausiño pras sombras. Uxío Novoneyra
CHOVE pausiño pras sombras
chove pra baixo e pra riba.
O aire de soño en soño
a auga pinga que pinga...
Ven a noite polos eidos...
Vaise a tarde que nin xeme
decindo adeus con un xeito
que non sein nin se me esquece.
Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos.

DO COUREL A COMPOSTELA
Os que así nos tein
Só tein noso os nosos nomes no censo,
Que hasta o noso suor sin alento pérdese na terra.

GALICIA, será a miña xeración quen te salve?


¿Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!
Uxío Novoneyra

Cousos do lobo!,
Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…
Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca…

Uxío Novoneyra

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?. Bernardino Graña


¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte


aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soupo dar mornura.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente a caír en terra dura.
¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ó regresar á terra


como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.
Foi outra vez materno en aloumiño
o bico teu na lingua.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo o día abriu en medo


entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Graña, Bernardino (1980), Se o noso amor e os peixes..

Declara o oráculo:

QUE á banda de solpor é mar de mortos,


Inceta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas.


QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades disas patrias a vindica


QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten.


QUE un sumario de xerfa polos cons

Así falou Penélope:

Existe a maxia e pode ser de todos.


¿a que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR
Xohana Torres, Tempo de ría

Você também pode gostar