Você está na página 1de 10

IX. A MÚSICA na I. C.

: SÉCULO XX – 1º 1/2

IX.1 Contexto
IX.2 A arte no século XX
IX.3 Xeneralidades
IX.4 Impresionismo
IX.5 Stravinsky e Schoenberg: eclecticismo, atonalidade, dodecafonismo
IX.6 Futurismo
IX.7 Neoclasicismo
IX.8 Música utilitaria
IX.9 Outras músicas e outros músicos
IX.10 Os Balés rusos. Diaghilev. A danza moderna

26. Claude-Achille Debussy La Mer. Tres esbozos sinfónicos (1º esbozo)


27. E. Varese Ionisation
28. Cristobal Halffter Tiento de primer tono e batalla imperial
29. A. Schoenberg Die nacht (Pierrot lunaire)
30. Manuel de Falla El Sombrero de tres picos (Danza del Molinero)
31. Igor Stravinsky A Consagración da primavera (Introducción)

IX.1 Contexto
IX.2 A arte no século XX
IX.3 Xeneralidades

Desaparece o concepto tradicional de melodía, a súa estructura, as súas escalas,


a súa importancia. A harmonía enriquécese e rómpense as regras que durante séculos
foran evolucionando paseniñamente. Esta ruptura coa tonalidade non se produce de
súpeto, son xa os compositores do posromanticismo (Mahler, R. Strauss...) os que
comezan coa súa disolución. Utilízanse como na melodía, harmonías doutros países e
épocas. O ritmo adáptase á vida moderna da cidade. Os compositores buscan
inspiración no jazz, descuberto agora en Europa, nas cancións populares e na música
primitiva africana que utiliza polirritmias. Aparece así un novo ritmo tenso e animado
que convulsiona ó oínte. No timbre prefírese a pequena orquestra de cámara, na que
cada instrumento destaca con claridade sobre a masa sonora como se fose un solista. A
sección de corda perde o seu papel de alma da orquestra e os instrumentos de vento,
sobre todo os graves, pasan a primeiro plano. O cambio de ritmo provoca a importancia
da percusión, tratada como solista.
IX.4 Impresionismo

O Impresionismo como movemento artístico suporá un corte fundamental na


historia da arte e da música. Se ata o de agora os períodos musicais sucedíanse
desenvolvéndose a partir dos anteriores, o Impresionismo constituirá unha ruptura co
período anterior, o Posromanticismo. Comeza sendo un movemento pictórico, con
artistas que logo serán figuras como Monet, Manet, Pisarro,… Recibirá o nome dun
cadro de Monet, Impresión, sol nacente (1874). Este cadro suporá unha revolución, os
artistas expresan o mundo segundo o ven. Os pintores inspíranse na realidade, toman a
natureza como punto de partida e pintan inmersos nela, non no taller. Tentan recoller a
impresión que lle causa o que observan, pretenden suscitar unha imaxe visual. Non
intentan destacar o obxecto senón a impresión que produce. Polo anterior eliminan liñas
e contornos do debuxo. A luz e a cor serán as protagonistas. Valóranse por si mesmas,
como obxecto de pracer e beleza sensual. A cor impresionista xorde dunha combinación
de cores producidas por pinceladas que se sobrepoñen.

En música tamén marcará o comezo dunha nova época, a transición cara ó


século XX. A contestación daraa un músico chamado Debussy, que tentará levar todas
as innovacións pictóricas á música. O nome de impresionismo tamén se aplicará. As
metas serán parecidas, o obxectivo: liberar á música do Romanticismo wagneriano. Non
hai liñas melódicas claras, senón fragmentadas e desenfocadas, evocando atmosferas
imprecisas. Valórase o son por si mesmo, como a cor, obxecto de pracer. O colorido
orquestral é rico e sensible, hai unha grande importancia do timbre. Na música o son vai
xurdir de sons independentes que perden a súa personalidade. Así sobre unha nota que
queda soando, engádense outras novas. Uso de escalas e consonancias distintas ás
habituais. Falta de cadencias claras. Formas vagas e imprecisas.

É claramente un fenómeno francés pero terá transcendencia en Europa.


Destacará por riba de todos, Claude Debussy (1862-1918). Influído por literatos e pintores,
cultivará a orquestra, os conxuntos de cámara e destacará no piano, instrumento do que
revolucionará a súa linguaxe. Impresionistas con matices tamén son Maurice Ravel
(1875-1937), gran orquestrador e pianista, Paul Dukas (1865-1935), Erik Satie (1866-1925)…

IX.5 Stravinsky e Schoenberg

Durante a primeira metade do século XX, coincidindo co final doutros


movementos, hai que sinalar o papel de tres figuras: Igor Stravinsky, Arnold Schoenberg
e Béla Bartók. Os tres marcan de maneira absoluta a arte musical do XX e levan a
linguaxe musical a un cambio total.
O ruso Stravinsky (1882-1973) representa o mesmo que Picasso na pintura, cada
obra que estrea e cada palabra que escribe provoca un alboroto. Investiga no papel do
ritmo musical, a instrumentación, o son, a volta ós modelos clásicos, o jazz, o relixioso,
o dodecafonismo… É importante a obra A Consagración da Primavera (1913), polas
reaccións que provoca e os cambios que supón en ritmo, son e harmonía. É un
compositor ecléctico ó saber captar, absorber e reelaborar todas as influencias, pero por
riba de todo, a súa personalidade que resiste a calquera clasificación, fan del o máis
grande compositor do XX.

O vienés Schoenberg (1885-1951) revolucionará tamén, á súa


maneira, a arte musical. Nun principio estivo ligado ó
expresionismo musical ou atonalidade, movemento que
nega as leis tradicionais da harmonía utilizando fortes
disonancias, melodías moi libres e pequenas formas.
Utiliza o sprechstimme ou sprechgesang.1 Aportará tamén
o dodecafonismo ou música serial, que definiu como
composición con doce sons sen relación entre eles.
Consiste este sistema en compoñer unha música partindo
de doce sons, sacados da escala cromática e colocados nunha serie na que ningunha nota
debe aparecer máis dunha vez. Os doce sons poden utilizarse tanto en melodías como en
acordes e poden aparecer en calquera ritmo ou rexistro. Esta serie sufrirá tres cambios:
retrogradación, inversión e retrogradación da inversión. Schoenberg buscaba unha saída
ó bloqueo no que semellaba atoparse a música. Da súa nova linguaxe, de moi difícil
comprensión, recoñeceu que non estaba dirixida ó gran público. A Schoenberg únenselle
dous discípulos: A. Berg e A. Webern, cos que crea a Escola de Viena.

IX.6 Futurismo

Ó mesmo tempo que suceden estes cambios, en Italia, unha serie de músicos está
tratando de incorporar á música un novo mundo sonoro, o ruído. Este labor lévao a cabo
un movemento chamado Futurismo. Esta corrente non é tan importante pola súas
propias obras, como polo que supuxo. O Futurismo é un movemento literario-artístico e
musical, nado en 1910, no que se exaltaba a máquina e o ruído como punto de partida
para unha nova civilización. Son Russolo e Pratella os primeiros que pretenden crear
unha nova música na que se incorpore o ruído, non usado ata entón salvo na percusión.

1
Sprechstimme ou sprechgesang, canto falado. Utilización da voz a medio camiño entre a fala e o
canto. Require a reproducción aproximada de notas e evita en calquera caso o mantemento de calquera
altura. Foi Schoenberg quen máis se valeu del en obras como Pierrot lunaire (1912).
IX.7 Neoclasicismo

Outra importante tendencia de principios do XX é a chamada Neoclasicismo ou


tendencia neotonal, de natureza menos rupturista co pasado e que está caracterizada por
unha linguaxe continuísta, unha procura da beleza sonora e da primacía da melodía.
Máis que unha volta ó pasado sen máis, consiste nun interese por indagar nas
posibilidades expresivas e constructivas que aínda tiña a tonalidade. Stravinsky,
Prokofiev, Hindemith, o francés “Grupo dos Seis” baixo o influxo de E. Satie,... Béla
Bartók (1881-1945) tamén pode incluírse dentro desta tendencia, recordando ademais o seu
intenso traballo sobre a música popular húngara e a súa fusión coas novas linguaxes do
XX.

IX.8 Música utilitaria

En Alemaña prodúcese unha reacción contra todos estes grupos e todas as


innovacións das que estamos falando. Chaman á súa música, Música Utilitaria, co que
pretenden explicar que o que tratan de facer é unha linguaxe que entenda o pobo e que
sexa “usable”. Kurt Weill e Carl Orff son dous destacados representantes. Carl Orff
(1895-1982) desenvolveu unha música que se caracteriza por un profundo brío rítmico e
polo intenso uso do piano e dos instrumentos de percusión. Tivo tamén un destacado
papel como pedagogo. A súa obra máis coñecida é Carmina Burana, para coro, solistas
e orquestra, con forte presencia da percusión. Dentro da mesma liña atopamos a Kurt
Weill (1900-1950). Creou un novo tipo de canción cheo de crítica social e política,
utilizando elementos do jazz, do cabaré, das orquestras de bailes, danza e teatro. Weill
puxo a música ó servicio da palabra, buscando a simplicidade e facendo das súas
cancións unha especie de declamación ritmada, lánguida e sensual.

IX.9 Outras músicas e outros músicos

Moitos máis compositores e tendencias poderían mencionarse na primeira


metade do século XX, pero non tan salientables a nivel innovador como as anteriores.
De EEUU Ives e Cowel, que experimenta co cluster; de Inglaterra Holst e Britten; en
España, ligados á xeración do 27, os irmáns Halffter, Gerhard, Mompou…
IX.10 Os balés rusos. Diaghilev. A danza moderna

Unha das figuras que máis contribuíron ao esplendor cultural de París durante as
primeiras décadas do século XX foi a do empresario ruso Sergei Diaghilev (1872-
1929), dotado dun extraordinario gusto e intuición para descubrir novos talentos.

Diaghilev pensaba ao grande e estaba sempre disposto a arriesgarse. En 1909


trasladouse a París e presentou a que sería a súa primeira temporada cunha compañía de
balé con primeiras figuras do Teatro Imperial Ruso. O éxito foi total. En 1911, coa
intención de independizarse do Teatro Imperial do que dependían os seu artistas, formou
a súa propia compañía coma un corpo permanente, os Baléts Rusos, que revolucioaron a
estética coreográfica e iniciaron a era deo balé moderno. Alguns bailaríns e coreógrafos
da compañía como Nijinsky, Fokine e Massine continúan sendo hoxe en día unha
leyenda no mundo do balé.

Antes dos Balés Rusos de Diaghilev, as compañías tiñan compositores a soldo aos que
se lles encargaba a música conveniente para cada espectáculo, e os decorados e vestiario
eran considerados de importancia secundaria. Con Diaghilev, o balé converteuse nun
espectáculo completo. Música, coreografía e diseño visual uníanse por primeira vez
nunha obra única e total, cun sorprendente sentido da unidade.

Esta obsesión por convertir o balé nunha arte total acerca a Diaghilev ás ideas de
Richard Wagner na ópera, e foi compartida anos máis tarde polo grande coreógrafo
Maurice Bejart (1927), que opinaba: «El ballet es un espectáculo compuesto en el que el
baile ocupa algunas veces el primer lugar y en el cual se asocian la música, la poesía, el
canto, la pintura y la arquitectura.»

Con Diaghilev colaboraron os mellores artistas do seu tempo e nos seus Balés Rusos
orixinaronse algunhas das máis grandes obras musicales do século, convirténdose en
centro da vanguardia parisina. Diaghilev descubriu a Igor Stravinsky e estrenou “La
consagración de la primavera”, iniciando unha colaboración que durou anos. Ademais
de Stravinsky, compositores como Debussy, Ravel, Prokofiev e Falla escribiron obras
para Diaghilev, e pintores como Picasso e Braque crearon para el escearios e vestidos.
Grandes escritores como Jean Cocteau e poetas como Apollinaire colaboraron tamén
nas súas produccións.

A última temporada foi a de 1929 en Londres. Ese mesmo ano, Diaghilev morreu en
Venecia. Curiosamente, os Balés Rusos nunca actuaron en Rusia.

Despois da morte de Diágilev —Venecia, 19 de agosto de 1929— a propiedade da


compañía foi reclamada polos acreedores, e os bailaríns se dispersaron. Nos anos
seguintes, a compañía (só de nome) foi revivida como o Balé Ruso de Monte Carlo e
como o Orixinal Balé Ruso. Pese a todas as tentativas de Serge Lifar e de Borís Kochno,
a troupe non sobreviviu ao seu fundador.
Danza moderna

A danza moderna xorde como unha reacción ás formas do Balé clásico e probablemente
como unha necesidade de expresarse máis libremente co corpo. Aínda que a danza
moderna continúa basándose no balé, do que mantén formas específicas, agrégalle
outro sentimento, considerando de maneira diferente ao corpo do bailarín. Ampliando o
rango de movemento, comenzouse a bailar cos pes descalzos, con vestiarios diferentes
e utilizando o espacio con maiores posibilidades. A danza moderna non é máis que a
evolución natural da danza clásica. Os primeiros cuestionamentos hacia o balé clásico e
a aparición de novas formas xorden hacia finais do século XIX, onde se procura deixar
de lado os aspectos técnicos máis ríxidos para dar paso a outras vertientes.

Unha das grandes impulsoras destes cambios foi a bailarina estadounidense Isadora
Duncan, quen criticou varios aspectos da danza clásica, considerada para ela como
algo demasiado estructurado e por iso propoñe dotar á danza de movementos que sexan
máis naturais. A incorporación dos pés descalzos na danza moderna era a volta a
naturalidade e ao estreito contacto co chan, dando maior libertade aos bailaríns,
ademáis de máis comodidade. Isadora Duncan dedicouse a promover estas novas
técnicas e o seu éxito foi moi importante, creando escolas nas cidades de Berlín, París e
Moscú. Un aspecto innovador da danza moderna é a música que se elixe como
acompañamento, incorporando ritmos máis modernos, así como tamén participacións
cantadas por parte dos bailaríns. Esta danza é moito máis aberta e permite a
incorporación de novos movementos, onde a creatividade está posta ao servizo dos
espectáculos e se agregan novos elementos estéticos.
A grandes rasgos pódese dividir a danza moderna en tres etapas:
- Os seus inicios
- despois de 1930
- desde a segunda guerra mundial

- Os inicios relaciónanse coas aparicións de grandes bailarinas de danza moderna como


Isadora Duncan, Ruth Saint Denis e Mary Wigman, que foron duramente criticadas na
súa época. Neste período se destacan os bailes máis libres, utilizando como base o balé
convencional, mais aplicado a unha nova forma de expresión máis naturalista.
Un dos grandes coreógrafos da danza moderna a inicios do século XX foi o ruso Mijaíl
Fokin, quen impuso un novo estilo e un novo modo de sentir o balé. Nesta época se
retomaron antiguas obras como referencia, adaptando vellas estruturas y deixando de
lado as novas composicións, creando fermosas obras de arte moderna.
Os vestiarios non eran luxosos senón todo o contrario, procurábase deixar de lado a
suntuosidade coa utilización de roupa moito máis común e sen o uso das zapatillas.

- A segunda camada de bailaríns modernos xorden na cidade de Nueva York en 1930,


coa aparición de talentos como Martha Graham, Doris Humphrey, Charles Weidman,
Denishawn e Hanya Holm. Os encargados de realizar as coreografías esmerábanse para
que a danza moderna se diferenciara cada vez máis do balé clásico.

- Na actualidade as obras de danza moderna incluien aspectos como o humor, as


actuacións e os movementos máis descontracturados, innovando constantemente e onde
non se usan os referentes, dando unha importancia fundamental á creación orixinal.
X. A MÚSICA na I. C.: SÉCULO XX – 2º ½, VANGARDAS

X.1 Contexto
X.2 Xeneralidades
X.3 Música Concreta, Electrónica e Electroacústica
X.4 Serialismo Integral ou Ultrarracionalismo
X.5 Música Aleatoria ou Antirracionalismo
X.6 Música Textural ou Grupal
X.7 Música Estocástica
X.8 Minimalismo
X.9 Outras músicas e outros músicos

X.1 Contexto

X.2 Xeneralidades

Tras a 2ª GM, fan aparición novos medios de expresión derivados do progreso


científico e tecnolóxico e do desenvolvemento dos medios de comunicación. Todos eles
alimentan a experimentación sonora e a procura dunha linguaxe propia que terá en
EE.UU. o punto de referencia. O mundo musical enriqueceríase coa incorporación de
ruídos e de sons manipulados electronicamente, fenómeno que acabaría afectando á
grafía musical. Cada artista tenta crear a súa linguaxe, o que fai difícil estudiar
movementos xerais válidos para todos os países. En medio da incomprensión do público
xurdiron en torno ós anos corenta e cincuenta diversas tendencias que destacaron ata
finais dos anos 60: música concreta, electrónica, aleatoria, serialismo integral… O
público non as aceptou e entraron en crise arredor dos anos 70, pero as súas liñas foron
seguidas polo minimalismo, música étnica, ambiental, neotonalidade… É raro que un
compositor se adscriba a unha soa corrente.
X.3 Música Concreta, Electrónica e Electroacústica

A música concreta é a producida partindo de sons existentes no mundo, é dicir,


de calquera obxecto. Recibe este nome porque para o seu inventor, Schaeffer, está
producida por obxectos concretos, calquera, e non polos abstractos, ou sexa,
instrumentos tradicionais: violín, frauta… De feito unha das súas primeiras obras é
Estudio sobre cazolas (1948). Unha vez recollidos os sons do mundo real, en cintas
magnetofónicas, elabóranse en laboratorios de son cambiándoos de velocidade,
sobrepoñéndolles gravacións, poñéndoas ó revés, aumentando intensidades…
desnaturalizando o gravado ata que non sexa nin un recordo do que foi. Esta música
crea un mundo surrealista, como de fantasía. Os seus dous grandes compositores son
Henry e Schaeffer.

A música electrónica é aquela na que se utilizan só son producidos


electronicamente. A diferencia da concreta, que utiliza ruídos naturais, na electrónica o
propio son de que se parte é producido por sintetizadores ou aparatos electrónicos. Este
son puro do que se parte vai sendo manipulado e elaborado con complicados aparellos.
Como a concreta, faise en laboratorios e o resultado final é unha cinta gravada. Un dos
seus compositores máis coñecidos é Karl Stockhausen.

Por fin a musica electroacústica constitúe unha síntese das dúas anteriores.
Nesta técnica compoñen moitísimos autores, xa que ó unir ambos sistemas, auméntanse
as posibilidades de creación. Destacan nesta tendencia Berio e Maderna.

O ordenador e os instrumentos electrónicos son os grandes aliados destas tres


vías. Nestas músicas suprímese a figura do intérprete e o compositor convértese nun
enxeñeiro de laboratorio electrónico, que se interesa máis polo propio son, que polos
significados emocionais da música. Nos “concertos” desta música non fai falta
intérprete, o autor deixa preparada unha cinta e dá recomendacións de como escoitala.
Tamén poden manipularse os sons “en vivo” na sala de concertos, ou combinar sons
electrónicos con instrumentos ou voces que á súa vez soan de modo natural ou
electronicamente modificados, en vivo ou en cinta. Esta música necesita de salas de
concerto deseñadas especialmente, xa que nunha sala tradicional o público está fronte a
un escenario cheo de altofalantes, non de músicos vivos. Stockhausen recomendou a
creación de salas nas que o público se situase no centro, nunha plataforma, rodeado de
altofalantes instalados en todas as paredes. Hai unha importancia grande dos aspectos
espacial e luminoso.
X.4 Serialismo Integral ou Ultrarracionalismo

É unha maneira de compoñer que


ordena, nunha serie de sons composta
segundo o sistema dodecafónico, a
todos os demais elementos sonoros:
ritmos, timbres, intensidades… polo
que xorde unha música totalmente
organizada. Compositores como
Messiaen, Boulez, Nono, Berio, Maderna ou Stockhausen, compoñen neste estilo.

X.5 Música Aleatoria ou Antirracionalismo

Xorde na década dos sesenta como unha reacción á


música anterior. Na música aleatoria o/a autor/a non
escribe ou determina totalmente a música que hai que
tocar, senón que os músicos, no momento de executala,
teñen que inventar cousas novas ou completar a
partitura. Neste sentido a obra depende un pouco do
azar, así a duración, a intensidade ou timbre, decídense
ó chou. Este estilo ten un paralelo claro coa arte
chamada cinética. Un tipo concreto é a Música Gráfica,
que emprega signos e símbolos que poden interpretarse libremente. Destaca J. Cage.

X.6 Música Textural ou Grupal

Aparecida a finais dos 50 a música textural céntrase nos grandes desprazamentos


sonoros da música, e non nos seus sons como compoñentes individuais, nin como parte
de grupos. Nas composicións texturais resulta imposible a escoita determinada dun son,
do seu ritmo, duración ou dinámica. Os sons desprázanse xuntos formando un armazón
único. Un tecido compacto de elementos que só adquiren sentido como integrantes dun
todo. É unha tendencia cultivada por G. Ligeti (1923) e por Penderecki (1933)

X.7 Música Estocástica

Aparece tamén como reacción ó serialismo integral. É unha forma de compoñer


baseada no uso do ordenador e da estatística á hora de realizar a obra sonora. Xenakis e
Ligeti son músicos representativos desta tendencia. Xenakis, compositor e arquitecto
grego, aplicou a teoría da probabilidade
matemática á composición. As súas obras son
moi complexas e só comprensibles para persoas
con coñecementos matemáticos. As
investigacións nesta liña levaron a desenvolver
programas nos que o usuario debuxa sobre a
pantalla un punto, curva ou trazo, que a máquina
transforma en música.

X.8 Minimalismo

Xorde na década dos sesenta. Os compositores traballan con medios moi


reducidos, limitándose ós elementos musicais máis básicos. As súas composicións
baséanse na repetición continua dun motivo que vai transformándose pouco a pouco,
suxerindo un efecto hipnótico. S. Reich, P. Glass ou M. Nyman, son importantes
representantes desta corrente que conta co favor popular.

X.9 Outras músicas e outros músicos

Despois de todas estas experiencias, a tendencia dos músicos máis recentes é a


busca dunha linguaxe propia para expresar as súas experiencias e concepcións, polo que
é moi complicado facer divisións concretas. En Polonia destacan Lutoslawski e
Penderecki que recuperan a tonalidade sen renunciar ás vangardas e intentan integrar os
problemas humanos convertendo ó compositor nun defensor dos dereitos humanos; en
Italia Luigi Nono e Luciano Berio; en España a denominada Xeración do 51 formada
por un grupo de músicos que intenta sacar ó país da decadencia artística producida tras a
Guerra Civil: Luis de Pablo, Cristóbal Halffter, Ramón Barce, Carmelo Bernaola, Josep
Soler… Tras esta xeración xurdirían músicos con moi distintas liñas que xa chegan ata a
nosa época: Tomás Marco, Llorens Barber, Enrique Macías…

Você também pode gostar