Você está na página 1de 5

Tema 2: Os caracteres e a súa herdanza Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

1. Os caracteres de cada individuo


Todas as persoas temos características que nos definen como humanos: características
específicas.

Dentro da especie existen variacións individuais que fan que cada individuo sexa único.

Caracteres: características que nos permiten diferenciar un individuo


de outro.

A variación pode ser descontinua, se atende a caracteres cualitativos,


que non se poden cuantificar, como o feito de ter ou non os lóbulos
das orellas colgantes; ou continua, se atende a caracteres
cuantitativos que se poden colocar nun espectro, como a cor de ollos,
a altura, o ton da pel....

2. Caracteres hereditarios e adquiridos


Os caracteres hereditarios transmítense de xeración en xeración, como a forma e cor do
cabelo.

Os caracteres transmitidos non se transmiten aos descendentes, aparecen durante a


existencia do individuo, como o aumento da masa muscular ou o escurecemento da pel pola
exposición controlada ao sol.

3. A fecundación
É o proceso de fusión dun espermatozoide e un óvulo que dará lugar a unha única célula ovo
a partir da cal se orixinará un novo organismo.

Comprende as seguintes fases:

1) Un espermatozoide penetra no óvulo


2) A cola do espermatozoide degrádase
3) Os núcleos de ambos gametos se fusionan
4) No núcleo da célula ovo reúnese a información xenética dos dous gametos
5) Primeira división da célula ovo

O espermatozoide e o óvulo son células sexuais, ou gametos, xeradas a partir dun tipo especial
de división celular, a meiose.

1
Tema 2: Os caracteres e a súa herdanza Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

4. A información xenética
No momento no que os núcleos dos gametos se fusionan, a información xenética combínase
para formar un novo código que determinará as características do novo individuo.

Esta información xenética está almacenada nunha


molécula que chamamos ADN (Ácido
desoxirribonucleico).

Durante a división celular o ADN condénsase formando os


cromosomas. Cada especie ten un número concreto de
cromosomas, que se agrupan en parellas de cromosomas
homólogos.

Ao conxunto de cromosomas dun individuo chamámolo cariotipo. Así, o cariotipo humano está
formado por 23 parellas de cromosomas.

2
Tema 2: Os caracteres e a súa herdanza Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

Todas as células do noso corpo teñen o noso código


xenético no seu núcleo.

Os cromosomas homólogos almacenan información


para os mesmos caracteres nunha rexión concreta
do cromosoma. Estas rexións que almacenan
información para un caracter son ás que chamamos
xenes, e as distintas variables para estes xenes
chámanse alelos.

5. A división celular
Nas células a función de reprodución lévase a cabo mediante a
división celular. O conxunto de procesos que sofre a célula entre
unha división e a seguinte é o que chamamos ciclo celular, que
se divide na Interfase (na que a célula realiza os resto das súas
funcións) e a fase M ou de división. Antes de entrar na fase M, a
célula duplica o seu material xenético como preparación.

No caso das células eucariotas diferenciamos entre a división do


núcleo e a división do citoplasma (citocinese). Os dous tipos de
división nuclear son a mitose e a meiose.

5.1. A mitose
Na mitose, a partir dunha célula diploide (coas 23 parellas de cromosomas), xéranse dúas
células fillas xenéticamente iguais á orixinal, é dicir, tamén diploides.

As catro fases da mitose son profase, metafase, anafase e telofase.

Profase
A cromatina condénsase e os cromosomas fanse visibles. Nesta fase cada un dos cromosomas
é dobre, formado por dúas cromátides idénticas unidas polo centrómero. A membrana nuclear
desaparece pouco a pouco e os cromosomas dispérsanse pola célula

Metafase
Os cromosomas, moi condensados, máis curtos e grosos, dispóñense nun plano central, o
ecuador da célula.

Anafase
En cada un dos cromosomas o centrómero escíndese e as cromátides sepáranse. Das dúas
cromátides, unha desprázase cara a un extremo ou polo da célula e a outra cara ao extremo
oposto. Desta maneira conséguese que chegue a cada polo non só o mesmo número de
cromátides, senón ademais unha de cada cromosoma.

Telofase
Unha vez nos respectivos polos, os cromosomas fillos rodéanse dunha nova membrana nuclear
e complétase a división do núcleo.

Así a mitose asegura que os núcleos das células fillas reciban un conxunto de cromosomas
idéntico ao que levaban a célula nai.

3
Tema 2: Os caracteres e a súa herdanza Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

5.2. Citocinese
Unha vez finalizada a división do núcleo, prodúcese a división do citoplasma ou citocinese. Nas
células animais o citoplasma divídese por estrangulamento. Nas vexetais faino a través da
formación dun tabique ou fragmoplasto que dará orixe á parede que separa as células veciñas.

6. Clons e clonación
Un clon é un conxunto de células ou organismos xeneticamente idénticos orixinados, ben por
reprodución asexual (mitose) ou de xeito artificial mediante técnicas de clonación.

6.1. Células diferenciadas e células nai

O cigoto ou célula ovo multiplícase por mitose e dá orixe a infinidade de células que son
xeneticamente idénticas. Conforme o embrión se desenvolve, estas células poden seguir dous
camiños distintos:

Células diferenciadas: Estruturas e funcións moi diversas. Células especializadas que forman
tecidos. Perden a capacidade de multiplicarse.

Células nai ou troncais: Manteñen a capacidade de multiplicarse

7. Formación das células reprodutoras


Todas as células do noso organismo teñen 23 pares de cromosomas, excepto as reprodutoras,
os gametos, que levan a metade de cromosomas, xa que nacen a partir da meiose.

7.1. Meiose
Na meiose, a partir dunha célula obtéñense catro células fillas tras dúas divisións sucesivas.

Primeira división meiótica


• Os cromosomas homólogos emparéllanse durante a profase I e, xunto ao outro,
dispóñense no plano central da célula na metafase I.

4
Tema 2: Os caracteres e a súa herdanza Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

• Durante a anafase I, de cada par de homólogos un cromosoma emigra a un extremo da


célula, e o outro, ao oposto; a diferenza do que ocorre na mitose, na que se separan as
cromátides de cada cromosoma.

Ao termo desta primeira división cada célula recibiu un conxunto formado por un
representante de cada parella de homólogos. Estamos ante dúas células haploides.
Seguidamente, sen pasar polo período da interfase, ambas inician unha segunda división.

Segunda división meiótica


• Unha vez que os cromosomas se dispoñen no plano central da célula durante a
metafase II, o centrómero escíndese e unha cromátide emigra a un extremo da célula,
e a outra ao oposto, durante a anafase II (de igual forma a como sucede nunha
mitose).

Cando finaliza a segunda división, cada unha das catro células filla ten a metade do número de
cromosomas ca a célula que orixinou o proceso, son catro células haploides.

7.2. Por que é necesaria a meiose?


A meiose é absolutamente necesaria para manter constante o número de cromosomas nas
especies de reprodución sexual, xa que os dous gametos haploides se fusionan xuntando os
seus cromosomas e formando unha célula ovo diploide, coas 23 parellas.

Como consecuencia da formación dos gametos por meiose e a posterior fecundación, cada
individuo herda ao azar un conxunto de cromosomas que o fan único.

Ademais, na profase I da meiose, prodúcese o entrecruzamento dos cromosomas homólogos,


que permite xerar cromosomas con combinacións xenéticas únicas, aumentando así a
diversidade xenética, que favorece a supervivencia da especie.

Você também pode gostar