Você está na página 1de 3

A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA

En 1788, comezou o reinado de Carlos IV, ao longo do cal produciuse a crise


progresiva da monarquía tradicional española, xa que se viu afectada polos cambios
orixinados pola Revolución Francesa. Estos cambios como a proclamación da
soberanía nacional derivarían, máis tarde, na ocupación napoleónica no estado
español.

Durante o súa monarquía, Carlos IV relegou as cuestións de goberno no consello e


en María Luisa de Parma, a súa muller, aínda que posteriormente, Manuel Godoy foi
nomeado Secretario de Estado, debido á protección da raíña. Naquel entonces, a
situación da monarquía era desfavorable xa que a expansión da Revolución
Francesa non se detía e iso provocou unha guerra contra os revolucionarios
franceses, aínda así Manuel Godoy asinou a paz con eles xa que necesitaba a
alianza para frear os enfrontamentos contra Inglaterra. Estes provocaron a quebra
do comercio con América, a ruína do Estado e a final supeditación de Francia; así,
en 1806, Napoleón decretou o bloqueo continental contra Gran Bretaña. Portugal,
tradicional aliado de Inglaterra, non cumpliu ese bloqueo, polo que Napoleón planea
a súa conquista co apoio de Godoy. Acordarían así, o paso das tropas francesas por
España para invadir Portugal, repartindo o país e creando o reino dos Algarves para
a súa inclusión no reino español no Tratado de Fontainebleau en 1807.

Daquel xeito, a partir de 1808, as tropas francesas entran en España provocando un


forte malestar popular. Como consecuencia, Godoy propúxolle aos reis unha
retirada a Sevilla e de alí a América; este traslado a Aranxuez, incrementou os
temores populares e aproveítase polos partidarios do príncipe de Asturias, futuro
Fernando VII, para continuar conspirando. Así, o 18 de marzo de 1808, estoupa o
Motín de Aranxuez no que, grupos armados asaltan o pazo real conseguindo a
destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV en favor do seu fillo Fernando.
Con todo isto, Carlos IV ante a evolución dos acontecementos escribe a Napoleón
facéndolle saber o ocurrido e reclamándolle axuda para recuperar o seu trono (Doc
1: Fonte primaria, de carácter histórico-político); como podemos observar no texto
(Doc 1: liñas 4 e 5). Napoleón, aproveitando a decadencia da monarquía española,
fai chamar a Carlos IV e Fernando VII á Baiona francesa, onde Fernando foi
obrigado a devolverlle a coroa ao seu pai quen lle cedeu os seus dereitos a
Napoleón. Seguidamente, Napoleón nomea ao seu irmán Xosé Bonaparte como rei
de España, quen convoca Cortes en Baiona co fin de outorgarlle unha constitución
ao país, aínda que o creado, o Código de Baiona, era unha Carta Outorgada. Nesta,
establecíase unha monarquía na que o rei era a centralidade de todo o sistema,
aínda que se recollía unha certa separación de poderes coa creación dun Senado,
un Consello de Estado e unhas Cortes así como a independencia do poder xudicial;
a cal designaba á relixión católica como oficial. Tamén incluiría a igualdade ante a
lei, o acceso a cargos públicos e abolía o réxime señorial así como desamortizaba
as terras da Igrexa.
Ao mesmo tempo que se desenvolvían os feitos de Baiona, en España, o 2 de maio,
iniciouse un alzamento contra a presenza francesa onde o 2 de maio, (Doc 2: fonte
primaria de carácter histórico). Aínda que foi duramente reprimido polas tropas
francesas (Doc 2: Art.2, Art.5, Art.7), o seu exemplo espallouse por todo o país e a
poboación levantouse de contado contra o invasor, ante a sorpresa dos franceses,
un movemento de resistencia popular resiste o avance das tropas imperiais,
comezando así a Guerra de Independencia.
Así, durante o período de invasión francesa o goberno estaba dividido: Xosé I
gobernaba nas zonas dominadas polos franceses, mentres que no resto formáronse
Xuntas.
Como consecuencia, nalgúns lugares como Galicia, a poboación reclamou a
defensa contra a invasión francesa dando lugar ás Xuntas de Armamento e Defensa
ante as mesmas. As Xuntas foron, primeiramente locais aínda que, axiña se
organizaron xuntas a nivel provincial; as cales reclamaron a acción das autoridades
e forzaron a reunión dunha Xunta Central que coordinase a acción contra os
franceses.
Daquela, nesta guerra diferéncianse tres fases; a primeira sitúase entre maio e
novembro de 1808, e caracterizouse polo intento de ocupación francesa e o
levantamento popular dos españois, que fixo fracasar os plans de Napoleón de
ocupar rapidamente o país. A segunda fase, producida dende novembro de 1808
ata xaneiro de 1812, foi de claro dominio francés; por isto as principais cidades
rendironse tras protagonizar moitas resistencias, únicamente resistiron Cádiz e
Lisboa. Con todo isto, en Galicia, a liberalización do territorio foi realizada polo pobo
e conseguida polas partidas de guerrilleiros que atacaron aos franceses; estas
prexudicaron ás vilas por mor dos constantes saqueos. Asi, a oposición popular fixo
que os franceses abandonaran rapidamente Galicia, converténdose no primeiro
territorio liberado do dominio francés. Por último, a terceira fase situada entre
xaneiro de 1812 e abril de 1814. Esta estivo marcada polo repregamento francés e a
ofensiva hispanoinglesa. A campaña de Rusia obrigou a Napoleón a reducir
efectivos en España, isto foi aproveitado polas tropas anglo-hispanas que obrigaron
aos franceses a abandonar a Península; rematando así, a guerra co triunfo de
españois e ingleses en 1814.
A invasión francesa e a creba do modelo social do Antigo Réxime obrigaron ás
diferentes correntes ideolóxicas a posicionarse fronte á presenza francesa e
monarquía napoleónica. Por unha banda, unha pequena parte dos españois, os
afrancesados, aceptaron ó novo monarca Xosé Bonaparte e participaron no seu
goberno; por outra banda, o groso da poboación forma a fronte patriótica, estes son
todos os que se opuxeron á invasión (Doc 3: fonte secundaria de carácter
histórico-político), neste atopamos posicións moi diferentes xa que a maior parte do
clero e a nobreza, buscaba a volta á situación absolutista baixo a monarquía de
Fernando VII (Doc 3: liñas 4 e 5) mentres que a burguesía, os intelectuais e os
sectores liberais, querían transformar a España nun sistema liberal-parlamentario
(Doc 3: liñas 7, 8, 9).
Para rematar, a Guerra de Independencia sería o escenario para o comezo da
“revolución liberal española”, coa conseguinte Constitución de Cádiz e os seus
decretos que consegurían abolir o Antigo Réxime durante a ausencia do Principe de
Asturias, Fernando VII.

Você também pode gostar