Você está na página 1de 5

Plastos Os plastos são organelas delimitadas por uma dupla membrana, estando relacionados com a

fotossíntese e o armazenamento de substâncias.

Os plastos, também chamados de plastídios, são estruturas encontradas nas células vegetais que
representam uma das principais diferenças entre essas células e as células animais. São organelas que
possuem seu próprio DNA e são capazes de se autoduplicarem. Acredita-se que os plastos, assim como
as mitocôndrias, são resultados de relações simbióticas. Essas organelas de dupla membrana
apresentam formatos e tamanhos variados. Os plastos possuem uma matriz que recebe o nome
de estroma, onde está localizado um sistema complexo de membranas chamado de tilacoides. Estão
relacionados com diversas funções, tais como a fotossíntese e a produção de aminoácidos e ácidos
graxos.

Podem ser classificadas de acordo com o pigmento que possuem ou então de acordo com a substância
que acumulam. De uma maneira geral, podemos classificar os plastídios em três grupos: - Cloroplastos;
- Cromoplastos; - Leucoplastos. Os cloroplastos são os plastídios mais conhecidos, afinal, são o sítio
da fotossíntese. Além disso, estão relacionados com a síntese de aminoácidos e ácidos graxos. São
capazes de se mover no interior da célula, posicionando-se da melhor maneira para capturar a luz. Eles
caracterizam-se pela presença de clorofila em seu interior, além de carotenoides. São plastos verdes,
uma vez que os carotenoides acabam mascarados pela clorofila. Esse plastídio apresenta forma discoide
e, na sua matriz, é possível perceber a organização dos tilacoides discoides em pilhas. Essa organização
recebe o nome de granum, e seu conjunto é chamado de grana. Existem ainda tilacoides que interligam
essas pilhas (tilacoide do estroma), formando, assim, uma grande e complexa rede.

Os cromoplastos são aqueles que acumulam carotenoides e normalmente não apresentam clorofila. Sua
coloração varia do amarelo ao vermelho. Sua função principal não é a de realizar fotossíntese, como os
cloroplastos, estando relacionados principalmente com a atração de polinizadores e de dispersores, uma
vez que são encontrados dando cor às pétalas e frutos. Os leucoplastos não possuem nenhum
pigmento, seu sistema de membranas interno não é muito elaborado e funcionam armazenando
substâncias. Seu nome muda de acordo com a substância que é encontrada em seu interior: -
Amiloplastos: Acumulam amido; - Proteínoplastos: Acumulam proteínas; - Elaioplastos ou oleoplastos:
Acumulam substâncias lipofílicas. Todos os plastídios citados podem ser originados de organelas sem
cor e com matriz com poucos tilacoides, os chamados proplastídios. Além disso, os plastídios exibem
uma considerável facilidade em converter-se em diferentes tipos. Um cromoplasto pode ser formado a
partir de um cloroplasto, por exemplo. Percebe-se, portanto, que os plastos exercem funções
importantes para a planta. Sem eles, os vegetais estariam impossibilitados de realizar o processo de
fotossíntese, impossibilitando, por exemplo, a sua sobrevivência.

Plasto

Os plastos[1] ou plastidios[2] son orgánulos celulares eucarióticos, propios das plantas e algas. A súa
función principal é a produción e almacenamento de importantes compostos químicos usados
pola célula. Usualmente, conteñen pigmentos utilizados na fotosíntese, pero o tipo de pigmento
presente pode variar, determinando a cor da célula. O conxunto de plastos dunha célula chámase
plastidoma.

Características

Os plastos primarios son propios dunha liña evolutiva que inclúe as algas vermellas, as algas verdes e
as plantas. Existen plastos secundarios que outras liñas evolutivas adquiriron por endosimbiose e que
son formas modificadas de células eucarióticas plastidiadas. Os plastos das plantas preséntanse
como orgánulos relativamente grandes, de forma elipsoidal, e xeralmente numerosos. Nun milímetro
cadrado de sección dunha folla, poden existir máis de 500.000 cloroplastos. En protistas son a miúdo
estruturas moi visibles, que se estenden máis ou menos amplamente polo citoplasma. Están limitados
do resto do citoplasma por dúas membranas estruturalmente distintas. Con frecuencia están coloreados
por pigmentos de carácter liposoluble. Igual que as mitocondrias, posúen ADN circular e espido. Os
plastos dos diversos grupos eucarióticos son notablemente distintos. Os que aparecen nas plantas son
un bo exemplo de plasto. Aparecen delimitados pola envoltura plastidial, formada por dúas
membranas, a membrana plastidial externa e a membrana plastidial interna. O espazo entre ambas as
dúas, chamado periplastidial, ten unha composición diferenciada e é homólogo do espazo
periplásmico das bacterias. Esquema dun cloroplasto. O espazo interior do cloroplasto, o estroma,
contén vesículas aplanadas chamadas tilacoides, cuxo lume ou cavidade interior continúase ás veces co
espazo periplastidial, sobre todo nos cloroplastos inmaturos (proplastos). Os tilacoides, que se estenden
máis ou menos paralelos, forman localmente amoreamentos chamados grana (plural neutro latino
de granum). Das membranas dos tilacoides forman parte os fotosistemas, complexos de proteínas e
pigmentos, responsables da fase luminosa da fotosíntese. Nas células das plantas os cloroplastos poden
moverse e orientarse da forma máis axeitada para captar a luz. Os procesos da fase
escura da fotosíntese, de tipo encimático, nos que se realiza a fixación do carbono (no ciclo de Calvin)
ocorren en disolución no estroma, aproveitando a enerxía fixada como ATP e poder redutor nos
tilacoides durante a fase luminosa. Os plastos multiplícanse por bipartición. No estroma encontramos
o ADN plastidial, unha versión reducida do cromosoma bacteriano do que procede, que contén un
número reducido de xenes, que dirixen a formación dun número limitado de proteínas, e o resto son
importadas do citoplasma. Para a síntese proteica o plasto conta cos seus propios ribosomas que son do
tipo procariótico (bacteriano). Os xenes dos plastos forman o plastoma. O ADN dos plastos é un
filamento dobre e circular, que se diferencia do ADN nuclear pola relación entre as bases, grosor, forma
e tamaño. O ADN plastidial replícase por unha ADN polimerase plastidial específica. Tamén existe unha
ARN-polimerase plastidial específica para a transcrición. En plantas os plastos poden presentar unhas
finas e longas prolongacións que saen do orgánulo chamadas estrómulos, que conectan varios plastos
da célula entre si, e poden servir para o intercambio de substancias entre eles. Os estrómulos son
especialmente frecuentes en células cultivadas.

Tipos de plastos nas plantas


Para clasificar os plastos xeralmente se atende a se conteñen pigmentos (cloroplastos e cromoplastos)
ou non (leucoplastos ou plastos incoloros). Na diferenciación dos plastos durante a vida dunha planta,
poden adquirir ou perder os pigmentos ou adquirir unha determinada especialización, polo que poden
transformarse uns noutros. Os tres tipos principais de plastos son: Cloroplastos (só nas células de
plantas e algas). Realizan a fotosíntese. Os cloroplastos son os orgánulos celulares que nos
organismos eucariontes fotosintetizadores se encargan da fotosínteses. Están limitados por unha
envoltura formada por dúas membranas concéntricas e conteñen vesículas membranosas aplanadas, os
tilacoides, en cuxas membranas están situados os pigmentos e demais moléculas que converten a
enerxía luminosa en enerxía química. Artigo principal: cloroplasto. Cromoplastos (só nas células de
plantas e algas). Sintetizan e almacenan pigmentos. A súa presenza nas plantas determina a cor
vermella, laranxa ou amarela dalgunhas froitas, hortalizas e flores. A cor dos cromoplastos débese á
presenza de certos pigmentos; como os carotenos, de cor vermella e as xantofilas, de cor amarela. Por
exemplo, o tomate e as cenorias conteñen moitos destes pigmentos carotenoides. Derivan de
cloroplastos que perderon as clorofilas e almacenaron gran cantidade de carotenoides. Artigo
principal: cromoplasto. Leucoplastos. Estes plastos son incoloros e localízanse nas células vexetais de
órganos non expuestos á luz, tales como raíces, tubérculos, sementes e órganos que almacenan amidón.
Os máis importantes son os que almacenan amidón, que se denominan amiloplastos. Os que almacenan
lípidos denomínanse eleoplastos ou oleoplastos. Os que almacenan proteínas
denomínanse proteinoplastos ou proteoplastos. Artigo principal: amiloplasto.

Plastos das algas

Os cloroplastos das algas verdes son os máis parecidos aos das plantas, pero noutros grupos de algas os
plastos son moi diferentes. Nas algas o termo leucoplasto úsase para todos os plastos sen pigmentación
e a súa función difire da dos leucoplastos das plantas. Os etioplastos, amiloplastos e cromoplastos son
específicos das plantas e non aparecen en algas.[Cómpre referencia] Os plastos das algas e
das antocerotas poden diferenciarse dos das plantas en que conteñen pirenoides. As
algas glaucocistófitas conteñen muroplastos, os cales son similares aos cloroplastos excepto en que
teñen unha parede celular similar á dos procariotas. As algas rodofitas conteñen rodoplastos, que son
unha especie de cloroplastos vermellos, que lles permiten facer a fotosíntese a profundidades de ata
268m.[3]

Diferenciación e transformación

Os plastos multiplícanse por bipartición e poden diferenciarse e transformarse uns noutros ao longo da
vida da planta desde o estadio inicial de proplasto ou protoplastidio. Nas células meristemáticas os
plastos aparecen inicialmente como proplastos ou protoplastidios, que despois se desenvolverán
orixinando os outros tipos de plastos. No seu desenvolvemento, por medio de invaxinacións da
membrana interna, os plastos adquiren unha gran superficie interna. Nesta superficie interna sitúanse
os pigmentos fotosintéticos de forma ordenada. Se se manteñen na escuridade, os proplastos dos
vexetais poden transformarse en etioplastos, que conteñen estruturas semicristalinas. Os etipoplastos
por efecto da luz, poden seguir transformándose, orixinando cloroplastos fotosinteticamente activos .
Os plastos que están danados ou son vellos presentan a miúdo no seu interior pingas de lípidos. Os
proplastidios de órganos non expostos á luz diferéncianse en leucoplastos, que almacenarán distintos
tipos de substancias. Pero en certos casos os leucoplastos poden orixinar cloroplastos, como acontece,
por exemplo, cando expoñemos un tubérculo de pataca á luz e se pon verde. Os cloroplastos que
perden a clorofila orixinan cromoplastos, cargados con outros pigmentos.

Orixe

Nas bacterias fotosintéticas os pigmentos fotosintéticos non se sitúan en orgánulos especiais, senón en
sistemas membranosos, cuxa estrutura é parecida á dos tilacoides dos plastos das células eucarióticas.
Crese que os plastos dos eucariuotas se orixinaron por endosimbiose entre unha cianobacteria próxima
aos xéneros actuais Synechococcus ou Nostoc, cun eucariota protista heterótrofo flaxelado do que
derivan as algas verdes, as glaucocistófitas (ou glaucófitas) e as algas vermellas. Esta endosimbiose
desenvolveuse hai arredor de 1500 millóns de anos e permitiulle aos eucariotas levar a cabo a
fotosíntese osixénica.[4] Os plastos que se orixinaron na evolución reciben nomes diferentes, debido a
que se orixinaron en tres liñas evolutivas distintas. Así, chamámolos cloroplastos nas algas
verdes e plantas, rodoplastos nas algas vermellas (Rhodophycea) e cianelas nas glaucófitas (ou
glaucocistófitas). Os plastos diferéncianse pola súa pigmentación e ultrastrutura. Os cloroplastos, por
exemplo, perderon todos os ficobilisomas, que son os complexos captadores de luz que teñen as
cianobacterias, algas vermellas e glaucófitas, pero os cloroplastos de plantas e os das algas verdes máis
estreitamente emparentadas con elas (só nestes grupos) conteñen tilacoides estromáticos e da grana.
Os plastos das glaucocistófitos (a diferenza do dos cloroplastos e rodoplastos) aínda está rodeado de
restos da parede celular cianobacteriana. Todos estes plastos primarios están rodeados por dúas
membranas. Se clasificamos os plastos pola súa orixe, debemos distinguir dous tipos: Plastos primarios.
Derivan directamente da simbiose dunha cianobacteria dentro dun flaxelado unicelular. Deste último
derivan os grupos que teñen plastos primarios: as algas vermellas, as algas verdes e as plantas
terrestres, que evolucionaron a partir de algas verdes de auga doce. A versión máis “primitiva” deste
orgánulo pode verse aínda nas cianelas dos glaucocistófitas, algas unicelulares cuxo plasto conserva
restos da parede celular das bacterias.Plastos secundarios. Trátase de algas eucarióticas unicelulares
asimiladas, nun proceso de endosimbiose secundaria, por outro eucarionte. Este caso tense repetido
moitas veces na evolución e o resultado é a inmensa diversidade dos plastos das algas. O simbionte foi
algunhas veces unha alga verde (por exemplo, en Chlorarachniophyta), pero son máis frecuentes os
derivados dunha alga vermella. Nalgúns casos consérvase recoñecible o núcleo eucariótico do
simbionte, ao que se lle chama nucleomorfo. Estes plastos de orixe secundaria adoitan a ter envolturas
complexas con tres ou máis membranas, algunha derivada da membrana plasmática da alga vermella, e
ás veces están cubertos por membranas do retículo endoplasmático. Orixináronse deste xeito os plastos
das algas pardas, as diatomeas e outros grupos relacionados (Chromophyta). Existen probas de
simbioses terciarias e aínda máis complexas, nas que unha alga que xa contiña un plasto secundario se
converteu á súa vez en simbionte doutro protista. A máxima diversidade e complexidad de casos dáse
no filo dinoflaxelados. Algúns dinoflaxelados e algúns gasterópodos como as lesmas de mar,
particularmente as do xénero Elysia, inxiren algas como alimentos e conservan os plastos das algas
dixeridas para aproveitarse da súa fotosíntese; despois de psado un tempo, os plastos son finalmente
dixeridos. Este fenómeno de captura de plastos denomínase cleptoplastia. Un caso curioso é o dos
prtistas Apicomplexa, que son heterótrofos parasitos, como o plasmodio da malaria. Nestes organismos
hai uns pequenos plastos dexenerados non fotosintéticos chamados apicoplastos, resultado dunha
probable endosimbiose secundaria nos seus devanceiros.

Herdanza dos plastos

A maioría das plantas e das algas herdan os plastos dun só proxenitor, polo que o ADN plastidial do
outro proxenitor se perde completamente. As anxiospermas xeralmente hérdanos só do gameto
feminino (pero tamén hai casos de herdanza biparental); polo contrario, moitas ximnospermas hérdanos
do pole masculino.[5] En canto ás hibridacións interespecíficas (entre distintas especies), a herdanza
parece ser máis variable. Así, en hibridacións interespecíficas entre especies de plantas con flor, que
xeralmente herdan os plastos da nai, hai tamén moitos informes de híbridos que conteñen plastos
paternos.

Você também pode gostar