Você está na página 1de 7

Crónica de Iria: O miragre do bispo Ataúlfo e o touro

bravo

Marta Villamarín Seguín


Índice
1. Introdución

2. Análise do contido

3. Forma de expresión

4. Plano morfosintáctico

5. Plano semántico

6. Conclusión

7. Bibliografía
1. Introdución

O miragre do bispo Ataúlfo e o touro bravo é un dos fragmentos da prosa medieval


pertencente á Crónica de Iria. Esta Crónica foi composta na segunda metade do século
XV, sendo unha das derradeiras mostras na literatura galega ata o Rexurdimento
(mantívose ara o século XVI en textos notariais). É un texto que, inicialmente, está escrito
en galego aínda que dúas das súas copias están traducidas ao castelán.

A Crónica de Iría foi feita por un afán de reivindicar os privilexios da sé de Iria, posta en
cuestión pola Igrexa Compostelá. Ademais, tamén se realizou coa intención de recompilar
documentación histórica para probar a antigüidade da sé, para logo facelo de modo
historiográfico. Esta crónica está dividida en catro partes.

A primeira parte comeza coa historia do mundo, dende as orixes (Adán e Eva) ata a
chegada dos godos á Península; a segunda parte abrangue dende a chegada dos godos até
Ramiro primeiro, incluíndo a vida de Mahoma e unha xeografía universal; na terceira
parte (a máis ampla) vai dende o reinado de Ramiro I ata a morte de Fernando III,
incrementado con unha historia das cruzadas e, finalmente, conta cunha cuarta parte onde
se fai un resumo dos reinados que seguiron ó de Fernando III.

É na terceira parte desta crónica onde teñen lugar os feitos que lle aconteceron ao relixioso
Ataúlfo II, protagonista do anaco de crónica que imos comentar e que leva o nome de O
miragre do bispo Ataúlfo e o touro bravo.

2. Análise do contido

O miragre do bispo Ataúlfo e o touro bravo conta a historia de como o bispo Atheulfo foi
acusado de sodomia polos seus criados. Este era un pecado moi grave, polo que o rei
sentenciouno a un xuízo divino no que debía enfrontarse cun touro bravo nunha praza. O
bispo era inocente e foi acusado mediante un falso testemuño, deste xeito, Atheulfo estaba
tranquilo porque confiaba na piedade de Deus e en que o fose salvar. Aquela mañá
levantouse e oficiou a misa como de costume e coa propia vestimenta pontificial , ao
rematar o acto, foi levado a praza a enfrontarse co touro. O touro bravo nunca quixera
facerlle dano e cado o soltaron, foi sentarse a carón do bispo como se dun cordeiro de
tratara. Deste xeito, o bispo puido coller ao touro polos cornos confirmando así a súa
inocencia e o touro marchou en paz. Atheulfo foise para Asturias e morreu na era de 904.
Despois deste miragre, o bispo foi nomeado santo e o manto co que oficiara a misa e co
que logo se enfrontara ao touro aquel día, foi unha reliquia durante moitos anos ata que o
exército musulmán chegou ao norte da Península Ibérica e conquistou as terras ovetenses.
O sobriño e sucesor de Atheulfo, foi buscar o seu corpo a Asturias e sepultouno en
Compostela. Polos falsos testemuños que contra el se fixeran, viñeran a Galiza os
normardos que estiveron durante tres anos en loita, asasinando persoas.

Neste miragre podemos identificar a varios persoaxes que tamén serán de axuda para
identificar a cronoloxía e a ubicación dos feitos. Na primeira liña, vemos como se fala da
morte do rei Ramiro I e da sucesión de seu fillo Ordoño I. Ramiro I, foi coroado como rei
de Lugo pero durante o seu reinado conquistou a corte de Oviedo que estaba en mans dun
nobre chamado Nepociano. Deste xeito o sucesor do rei Ramiro I, Ordoño I, foi monarca
tamén de Oviedo. É nesta cidade onde teñen lugar os feitos. Ademais, tamén podemos
determinar que aconteceron durante o reinado de Ordoño I, isto é, entre os anos 850 e
866. Segundo o propio texto, Atheulfo finou no ano 904 pero segundo fontes actuais
puido ter morto no ano 876. O seu sucesor Sisinando, era o seu sobriño e o obispo de Iria
durante o reinado de Afonso III. Ademais, o feito de que os mouros conquistasen esas
terras e quedasen cas reliquias de Atheulfo, sitúanos os feitos antes de que a conquista
musulmá chegase ao norte.

Porén, na Historia Compostelá vemos como os feitos foron situados en Santiago de


Compostela na segunda metade do século X. Cando Atheulfo foi declarado inocente
renunciou a sé compostelá e retirouse a Grau, localidade asturiana.

No texto non podemos ver ninguna fonte explícita de onde foi retirado o texto. O que si
podemos observar, é un claro reflexo da sociedade. Neste texto, vemos como un bispo foi
sometido a un xuízo divino, mostrándonos así a sociedade tan relixiosa dalquel entón.
Ademais, as súas roupas foron mostradas como unha reliquia xunto coa cornamenta do
touro na catedral de Oviedo, outra mostra da enorme relixiosidade que inundaba a
sociedade de entón.
3. Forma de expresión

O texto é unha completa narración dos feitos por un narrador omnisciente en terceira
persoa. En todo momento mantense un estilo indirecto e sen ningún diálogo. Na liña 7,
vemos como o narrador fai un pequeno comentario ou spoiler, do que vai acontecer máis
adiante, guiando así aos lectores.

Non hai grandes descricións senón numerosos adxectivos que describen termos
concretos. Reiterase durante todo o texto, por exemplo, que o touro era bravo e o obispo
era santo.

4. Plano morfosintáctico

Dentro do plano morfonsintático deste texto, podemos atopar adxectivacións que se


repiten constantemente ao longo da narración. “Obispo santo”, “santo obispo” e “touro
bravo” son construcións que se repiten constantemente ao longo da narración. Ademais,
podemos observar un epíteto ao final do texto en “moços pequenos”.

Tamén cabe destacar as ponderacións adverbiais que se repiten continuamente: “tan feo
e tan grande pecado […] tan grande praça”, “sentença tan cruel”, “tal falso testemoyo”,
“muy cruelmente”, “moyto espantados”, “gran tenpo” ou “grande onra”. En todo o texto
só está presente unha interxección: “¡Miragre de Deus!”.

En canto ao plano verbal, son empregrados distintos tempos verbais para levar a cabo esta
narración. Aparecen verbos en Presente de Indicativo como “desanpara”; en Copretérito
como “avian”, “era”, “estava”, “asobiaban”, “estavan”, “podian”, “levaba” “matavan” ou
“captivaban”; en Pretérito como “socedeu”, “fezerono”, “levantouse”, “celebrou”,
“tomaron”, “levaron”, “poseron”, “começaron”, “agarotaron”, “tomou”, “ficaron”,
“foron”, “foy”, “viron”, “levantaron”, “maldiso”, “disera”, “deytaron”, “teveron”,
“perdeu”, “sepultou”, “fezeron”,”vieron”, “guerrearon”, “destroyron” e “fezeron”; en
Futuro como “dirá”; en Infinitivo como “garrotar”, “fazer”, “asentar”, “sacar” ou “vestir”;
en Presente de Subxuntivo como “estevese” e construcións con xerundios e participios
como “foy acusado”, “foy lançado”, “fosen rompidas”, “veendo”, “condepnado”,
“confiando”, “acabada” ou “vistido”. Como podemos ver, a maioría dos verbos están en
Pretérito do Indicativo.

5. Plano semántico

Dentro do plano semántico cómpre destacas diferentes aspectos. Comezaremos por


comentar aspectos que se refíren ao léxico. Ao longo do texto podemos ver como unha
serie de construción son sempre colocadas xuntas e repetidas en toda a narración, é o caso
de “touro bravo” e de “santo obispo” ou “obispo santo”. Ademais, o léxico empregado
nesta narración ten que ver co tema tratado: o miragre do bispo Ataúlfo e o touro bravo.

Porén, tamén son empregados tropos ou cambios semánticos para darlle máis xogo á
historia. Na liña 15 hai unha comparación en “manso como se fose cordeyro”. Na liña 24
hai unha metonimia cando fala dos mouros, querendo referirse por “mouros” ao exército
musulmán. Ademais podemos ver o símbolo do touro cun significado de sacrificio ou
morte, así cando di que “o santo obispo o tomou porlos cornos”, podemos interpretar que
Atheulfo se enfrontou a morte e conseguiu esquivala.

Finalmente, tamén podemos identificar unha serie de figuras retóricas que foron
empregadas para dotar de maior expresividade ao texto. Vemos anáforas nas liñas 4, 5 e
8 cando di “tan feo e tan grande pecado” ,“tan grande praça” e “sentença tan cruel”.
Tamén nas liñas 28 e 29 vemos un polisíndeton “e guerrearon por tres anos e destroyron
a terra”. Hai unha personificación na liña 6 en “a misericordia de Deu non desanpara…”.
Na liña 11 hai un hipérbaton en “muy cruelmente o levaron”. Na liña 28 tamén vemos
unha hipérbole en “vieron cen naves armadas”. Ademais, nas liñas 4 e 5 vemos unha
construcción semántica “carnes […] postas aa vergonça e aa morte” querendo referirse a
que mediante o xuízo divinio o obispo sería destrozado polo touro e o seu corpo inerte
sería testigo da vergonza e o castigo da morte, por ter levado a cabo o pecado da sodomía.

6. Conclusión
A Crónica de Iria foi un texto moi importante para a historiografía e para deixar
constancia de moitos dos feitos históricos que ocorreron ata o século XV. Deste xeito,
podemos coñecer historias como a do bispo de Ataúlfo e aspectos históricos relacionados,
xa que nos axudan a ubicar as historias nun espazo e nun tempo determinados. O bispo
Ataúlfo II, foi un eclesiástico que tivo que lidiar con moitos problemas ao longo da súa
vida como as invasións normandas e conspiracións contra el para quitalo do seu posto
eclesiástico. Estas acusacións deron lugar á lenda e o consecuente milagre do que hoxe
se falou. A Crónica de Iria deixou unha pegada desta historia nas súas letras que chegou
ata nós como un miragre de Deus e un pequeno vestixio da Idade Media.

7. Bibliografía
DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval. (s. f.).

https://ilg.usc.gal/ddgm/ddd_pescuda.php?pescuda=deytar

La leyenda del Obispo Ataulfo. (2011, 28 julio). forneas&forneas.com.

https://blog.hola.com/forneasandforneascom/2011/07/la-leyenda-del-obispo-

ataulfo.html

Valverde, F. J. (1993). COMPOSTELA, CAMINO Y ESTELA.

Wikipedia contributors. (2022a, octubre 18). Crónica de Santa María de Iria.

Wikipedia, a enciclopedia libre.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Cr%C3%B3nica_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Iri

Wikipedia contributors. (2022b, diciembre 6). Ordoño I de Oviedo. Wikipedia, a

enciclopedia libre. https://gl.wikipedia.org/wiki/Ordo%C3%B1o_I_de_Oviedo

Você também pode gostar