Escolar Documentos
Profissional Documentos
Cultura Documentos
1º ESO-Xeografía e Historia
Un dos principais problemas da nosa sociedade é o cambio climático que está a ter lugar
no planeta Terra. A razón principal deste cambio climático é a actividade humana.
Neste traballo imos investigar as causas do cambio climático, algunhas das súas
consecuencias e propoñer solucións. Que podemos facer nós para contribuír a frear o
cambio climático?
Para redactar o noso informe imos precisar: o noso libro de texto, un folio tamaño DINA4,
bolígrafos e acceso a internet. Para acceder a internet podedes empregar un teléfono móbil,
un portátil ou os ordenadores da biblioteca do instituto ou da biblioteca pública de Ribeira
(https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-ribeira).
O informe estará redactado a man e terá unha extensión mínima de 20 liñas. Non
entreguedes informes con borróns nin palabras tachadas e coidado coa ortografía. O
informe incluirá os seguintes apartados:
Toda esta información atoparédela na páxina web da Organización das Nacións Unidas:
https://www.un.org/es/climatechange/science/causes-effects-climate-change.
https://www.wwf.es/?57520/Informe-sobre-los-efectos-del-cambio-climatico-en-la-
Peninsula-Iberica
Parte 5. Hai que ter en conta que a acción individual nunca bastará para frear o cambio
climático. Precisamos que os gobernos se impliquen. Con todo, hai cousas que nós
podemos facer para contribuír a frear o cambio climático. Para finalizar o voso informe tedes
que procurar cinco accións para contribuír a loitar contra o cambio climático.
Parte 6. Tedes que incluír unha bibliografía e webgrafía coa información que empregastes.