Você está na página 1de 15

CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

GRUPO 6: COMPRAS E GASTOS

1. INTRODUCIÓN

Na actividade normal da empresa, prodúcense feitos que son GASTOS e outros que son
INGRESOS.

Cando existe un gasto, nace a obrigación de entregar diñeiro, pero a cambio a empresa recibe a
contraprestación dun ben ou dun servizo. Por exemplo: a adquisición de mercadorías, a
reparación dunha máquina, o pago dun aluguer, o pago dos salarios, a luz ou o teléfono,...
Os gastos rexístranse no DEBE.

Cando existe un ingreso, xorde o dereito a percibir diñeiro na empresa e esta a cambio debe
entregar un ben ou prestar un servizo.
Por exemplo: a prestación dos nosos servizos, o aluguer cobrado por un local,...
Os ingresos rexístranse no HABER

As contas de gastos e ingresos só duran un exercicio económico, ao final do cal se regularizan


levando os seus saldos a unha conta única de 129. RESULTADO DO EXERCICIO. Desta
forma podemos saber se a empresa obtivo beneficio ou perda.

Debémonos confundir os conceptos de GASTO-PAGO e de INGRESO-COBRO.


O cobro e pago ten que ver coa saída ou entrada de liquidez monetaria.

2. GRUPO 6

GRUPO 6: COMPRAS E GASTOS


60. COMPRAS
61. VARIACIÓN DE EXISTENCIAS
62. SERVIZOS EXTERIORES
63. TRIBUTOS
64. GASTOS DE PERSOAL
65. OUTROS GASTOS DE XESTIÓN
66. GASTOS FINANCEIROS
67. PERDAS PROCEDENTES DE ACTIVOS NON CORRENTES E GASTOS
EXCEPCIONAIS
68. DOTACIÓNS PARA AMORTIZACIÓNS
69. PERDAS POR DETERIORACIÓN E OUTRAS DOTACIÓNS

páx. 1
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

2.1. COMPRAS DE EXISTENCIAS

A) AS EXISTENCIAS DE BENS DO ACTIVO CIRCULANTE.


(No grupo 2. ACTIVO NON CORRENTE, inclúense os elementos patrimoniais que
constitúen os investimentos permanentes da empresa. Van utilizarse pola empresa no proceso
produtivo durante máis dun exercicio).

No grupo 3. EXISTENCIAS, recóllense os bens que poden ser almacenados e que polo
regular se renovan ao longo do exercicio.

Non necesitan as mesmas existencias as empresas comerciais que as empresas industriais ou


que as empresas de servizos.

As empresas comerciais venden o produto, é dicir, as mercadorías, sen sometelo a


transformacións.

As empresas de fabricación levan a cabo transformacións nos bens que compran, materias
primas, para obter produtos terminados, que son distintos deses bens ou materias primas.

As empresas de servizos non actúan nin con mercadorías nin con materias primas.

Cadro contable das existencias

30. COMERCIAIS: Bens adquiridos pola empresa e destinados á venda sen transformación.

31. MATERIAS PRIMAS: As que, mediante elaboración ou transformación, destínanse a


formar parte dos produtos fabricados.

32. OUTROS APROVISIONAMENTOS:

320. Elementos e conxuntos incorporables


Os fabricados fóra da empresa e adquiridos por esta para incorporalos á súa produción
sen sometelos a transformación..

321. Combustibles
Son as materias enerxéticas susceptibles de almacenamento. P. ex.: carbón.

322. Repostos
Pezas destinadas a ser montadas en instalacións, equipos ou máquinas en substitución
doutras semellantes. Incluiranse nesta conta as que teñan un ciclo de almacenamento
inferior a un ano.

325. Materiais diversos


Outras materias de consumo que non han de incorporarse ao produto fabricado.

páx. 2
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

326. Embalaxes
Cubertas ou envolturas, destinadas a resgardar produtos ou mercadorías que han de
transportarse.

327. Envases
Recipientes ou vasijas, normalmente destinadas á venda xuntamente co produto que
conteñen.

328. Material de oficina


Os bens destinados á finalidade que indica a súa denominación, salvo que a empresa
opte por considerar que o material de oficina adquirido durante o exercicio é obxecto de
consumo no mesmo.

33. PRODUTOS EN CURSO


Os bens que ao acabar o exercicio atópanse en fase de formación ou
transformación nun centro de actividade.

34. PRODUTOS SEMITERMINADOS


Produtos que ao peche do exercicio atópanse no almacén da empresa pendentes de
pasar por algún departamento para ser terminados.

35. PRODUTOS TERMINADOS


Produtos fabricados pola empresa e destinados ao consumo final.

36. SUBPRODUCTOS, RESIDUOS E MATERIAIS RECUPERADOS

As contas de existencias figurarán no ACTIVO do balance; soamente funcionarán


con motivo do peche do exercicio.
Aparecen no asento de apertura, nos asentos de regularización e no de peche.
No balance de situación inicial aparece o valor das existencias iniciais e no balance de
situación final, o valor das existencias finais.

B) COMPRAS DE BENS E SERVIZOS A OUTRAS


EMPRESAS.

As compras son aprovisionamentos de mercadorías e demais bens adquiridos pola empresa


para revendelos, ben sexa sen alterar a súa forma ou sustancia (empresas comerciais) ou
previo sometemento a procesos industriais de adaptación, transformación ou construción
(empresas industriais).

As contas de compras atópanse incluídas no grupo 60. COMPRAS:

600. Compras de mercadorías


Aprovisionamentos da empresa de bens incluídos no subgrupo 30. Comerciais.
páx. 3
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

601. Compras de materias primas


Aprovisionamentos de bens incluídos no subgrupo 31. Materias primas.

602. Compras doutros aprovisionamentos


Aprovisionamentos de bens do subgrupo 32. Outros aprovisionamentos.

606. Descontos sobre compras por pronto pago


Descontos e asimilados que lle concedan á empresa os seus provedores, por pronto
pago, non incluídos en factura.

607. Traballos realizados por outras empresas


Trátase de traballo que formando parte do proceso de produción propia encárgase a
outras empresas.

608. Devolucións de compras e operacións similares


Remesas devoltas a provedores, normalmente por incumprimento das condicións do
pedido. Contabilizaranse tamén os descontos e similares orixinados pola mesma causa,
que sexan posteriores á recepción da factura.

609. “Rappels” por compras


Descontos e similares que se baseen en alcanzar un determinado volume de pedidos.

C) CRITERIO DE CONTABILIZACIÓN DAS COMPRAS.


As compras de mercadorías valoraranse polo prezo de adquisición ou custo de produción.

Prezo de adquisición
Importe da compra + Gastos ocasionados pola compra – Descontos en factura

Á hora de contabilizar as compras hai que ter presente a NORMA DE VALORACIÓN


de EXISTENCIAS do PXC.

A modo de resumo:

1.- Os gastos ocasionados polas adquisicións (transportes, seguros, impostos con excepción
do IVE soportado deducible...) cargaranse na conta 600. Compras de mercadorías.
O IVE soportado deducible (recuperable) non se incluirá como un maior importe das
compras.

2.- Os descontos contabilizaranse diminuíndo o importe da conta 600. Compras de


mercadorías.

3.- Os descontos por pronto pago, non incluídos en factura, rexístranse na conta 606.
Descontos sobre compras por pronto pago.

páx. 4
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais
4.- Os descontos e similares posteriores á recepción da factura e orixinados por defectos de
calidade, incumprimento de prazos de entrega ou outras causas análogas recóllense na conta
608. Devolucións de compras e operacións similares.

5.-Os descontos e similares que se baseen en alcanzar un determinado volume de pedido


rexistraranse na conta 609. “Rappels” por compras (sempre que veñan fora de factura).

6.- Os envases e embalaxes cargadas en factura polos provedores, con facultade de


devolución a estes, rexistraranse na conta 406. Envases e embalaxes a devolver a
provedores.

❖ As entregas a provedores, normalmente por caixa ou banco, en concepto da conta de


subministracións futuras rexístranse na conta 407. Anticipos a provedores

Ex. 1 A sociedade compra mercadorías por 325,00 € a crédito. (IVE 21%)

325,00 (600) Compras de mercadorías


68,25 (472) H.P. IVE soportado a (400) Provedores 393,25

Ex. 2 A sociedade X compra mercadorías por 601,00 € o provedor concédelle un desconto do


10% e cárgalle en factura 15,03 € por gastos de transporte. Paga por transferencia bancaria.
(IVE 21%)

555,93 (600) Compras de mercadorías


601,00 - (10%/601,00) + 15,03
116,75 (472) H.P. IVE soportado a (572) Bancos c/c 672,68
21%/555,93

Ex. 3. A sociedade ten unha débeda cun provedor de 425,00 € a pagar dentro de 30 días. A
sociedade proponlle ao provedor adiantar o pago e este concédelle un desconto por pronto pago
de 12,02 € (IVE 21%) Paga a través de transferencia.

425,00 (400) Provedores


a (606) Desconto sobre compras ppp 12,02
a (472) H.P. IVE soportado 2,52
a (572) Bancos c/c 410,46

Ex. 4. Un provedor concédelle á sociedade un desconto de 60,15 € por exceder o comprado


durante o ano máis de 6.010,12 € Envíalle un cheque á sociedade polo desconto. (IVE 21%)
páx. 5
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

72,78 (572) Bancos c/c


a (609) “Rappels” por compras 60,15
a (472) H.P. IVE soportado 12,63

Ex. 5. A sociedade devolve mercadorías por estar defectuosas, por importe de 36,00 €. Aplícase
a diminuír a débeda co provedor. (IVE 21%)

43,56 (400) Provedores


a (608) Dev de compras e ops. similares 36,00
a (472) H.P. IVE soportado 7,56

Ex. 6. Un provedor concédelle á sociedade un desconto con posterioridade á factura porque se


equivocou de cor na mercadoría. Importe 60,10 € e envía un cheque á sociedade. (IVE 21%)

72,72 (572) Bancos c/c


a (608) Dev de compras e ops similares 60,10
a (472) H.P. IVE soportado 12,62

Ex. 7. Envía un cheque por importe total de 1.391,50 € (IVE 21% incluído) a un provedor como
anticipo de futuras compras.

1.150,00 (407) Anticipos a provedores


241,50 (472) H.P. IVE soportado
a (572) Bancos c/c 1.391,50
1.391,50 / 1,21= 1.150,00

Ex. 8. Compra ao provedor anterior mercadoría por importe de 1.803,04 € (IVE 21%) e
aplícanlle o anticipo.

1.803,04 (600) Compras de mercadorías


137,14 (472) H.P. IVE soportado
21% / (1.803,04-1.150,00) a (407) Anticipos a provedores 1.150,00
a (400) Provedores 790,18
(1.803,04-1.150,00) +137,14

NOTAS:
O IVE aplícase sobre as entregas de bens e prestacións de servizos realizadas por empresarios e
profesionais.
Non se aplica nos pagos (Á cantidade de 425,00 € do Ex.3 non hai que calcularlle IVE).

páx. 6
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

C) CONTABILIDADE DOS ENVASES E EMBALAXES A


DEVOLVER A PROVEDORES.

O PXC define os envases como recipientes ou vasijas, recuperables ou non, destinadas a


conter os produtos que se serven aos clientes.

As embalaxes son cubertas ou envolturas, xeralmente irrecuperables destinadas a resgardar os


produtos ou mercadorías que han de transportarse.

Os envases e embalaxes poden ser comprados en unión do produto contido, nese caso o
proceso contable será o seguinte:

602. Compras doutros aprovisionamentos


Rexistraranse entre outros conceptos, a adquisición pola firma de envases e embalaxes.

Pode ocorrer tamén que envases e embalaxes sexan recibidos con facultade de devolución,
nese caso procede o emprego das seguintes contas:

406. Envases e embalaxes a devolver a provedores


Importe dos envases e embalaxes cargadas en factura polos provedores, con facultade de
devolución a estes.
Non é unha conta de activo porque os envases non son propiedade da empresa, é de
corrección e está a compensar a débeda que aparece rexistrada na conta 400. No
Balance aparece restando no grupo onde se inclúen os provedores.

Ex. 9. Compra de mercadorías en 600,00 € cargando ademais o provedor 60,00 € por envases
remitidos con facultade de devolución. (IVE 21%)

600,00 (600) Compras de mercadorías


60,00 (406) Envases e embalaxes a dev a prov
138,60 (472) H.P. IVE soportado
21% (600,00+60,00) a (400) Provedores 798,60

Ex. 10. Se os envases son devoltos, formularase a seguinte anotación:

72,60 (400) Provedores


a (406) Envases e embalaxes a dev a prov 60,00
a (472) H.P. IVE soportado 12,60

Ex. 11. Se a empresa decide adquirir os envases faría:

60,00 (602) Compras de o aprovisionamentos


a (406) Envases e embalaxes a dev a prov 60,00

páx. 7
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

2.2. CONTAS DE VARIACIÓN DOS DIFERENTES TIPOS DE


EXISTENCIAS.

Os subgrupos 61. VARIACIÓN DE EXISTENCIAS e 71. VARIACIÓN DE


EXISTENCIAS úsanse para rexistrar as diferenzas entre as existencias iniciais e as finais
(Trataranse na unidade O PECHE CONTABLE, no apartado 1. Axustes no proceso de
regularización)

2.3. SERVIZOS EXTERIORES

O subgrupo 62.SERVIZOS EXTERIORES, inclúe as seguintes contas:

620. Gastos en investigación e desenvolvemento do exercicio


Gastos de investigación e desenvolvemento por servizos encargados a outras empresas.

621. Arrendamentos e canons


Os devindicados (devengados) polo aluguer ou arrendamento operativo de bens mobles
e inmobles en uso ou a disposición da empresa.

622. Reparacións e conservación.


Os de sostemento dos bens comprendidos no grupo 2.

623. Servizos de profesionais independentes.


Importe que se satisfai aos profesionais polos servizos prestados á empresa. Comprende
os honorarios de economistas, avogados, auditores, notarios, etc. así como as comisións
de axentes mediadores independentes.

624. Transportes
Transportes a cargo da sociedade realizados por terceiros, cando non proceda incluílos
no prezo de adquisición do inmobilizado ou das existencias. Nesta conta rexistraranse,
entre outros, os transportes de vendas.
Non se inclúen, por tanto:
- os gastos de viaxes, nin o transporte do persoal que se contabiliza na conta 629
- os transportes de compras que supoñen un maior importe das mesmas.

625. Primas de seguros


Cantidades satisfeitas en concepto de primas de seguro, excepto as que se refiran ao
persoal da empresa e as de natureza financeira. ( Ex.: seguros de roubo, incendios...).

páx. 8
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

626. Servizos bancarios e similares.


Cantidades satisfeitas en concepto de servizos bancarios e similares (comisións
bancarias)., que non teñan a consideración de gastos financeiros

627. Publicidade, propaganda e relacións públicas


Importe dos gastos satisfeitos polos conceptos que indica a denominación desta conta.

628. Subministracións
Electricidade e calquera outro abastecemento que non tiver a calidade de almacenable.

629. Outros servizos


O non comprendidos nas contas anteriores
Nesta conta contabilizaranse os gastos de viaxe do persoal da empresa incluídos os de
transporte, os gastos de oficina non incluídos noutras contas (e os gastos de
comunicación: teléfono, correos e similares).

ATENCIÓN: Se estes gastos non se pagan por caixa ou banco, o importe debido
recóllese nas contas:

410. Acredores por prestacións de servizos: é unha conta de PASIVO na que se


rexistran as débedas con subministradores de servizos que non teñen a condición estrita
de provedores.

411. Acredores, efectos comerciais a pagar: é unha conta de PASIVO que recolle as
débedas con subministradores de servizos que non teñen a condición estrita de
provedores, formalizadas en efectos de xiro aceptados.

Ex. 12. A reparación dunha máquina ascende a 400,00 €. Pagarase en 15 días. (IVE 21%)

400,00 (622) Reparacións e conservación


84,00 (472) H.P. IVE soportado
a (410) Acredores por prest de serviz 484,00

Ex. 13. Un avogado factúralle á empresa 300,00 € a crédito. (Retención do 15%). (IVE 21%)
(Os empresarios deben reterlle aos profesionais un 15%)

300,00 (623) Serv de profesionais independ


63,00 (472) H.P. IVE soportado
(4751) H.P. acredora por retencións
a practicadas 45,00
15%/300,00 por ser profesional
a (410) Acredores por prest de serviz 318,00
(300,00+63,00-45,00)
páx. 9
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

Ex. 14. O aluguer do local de negocio ascende a 1.800,00 €. Retención do 19%. Abónase por
transferencia bancaria. (IVE 21%)
(Os arrendamentos de local de negocio deveñan IVE e o pagador debe efectuar unha
retención do 19% que ingresará en Facenda; os arrendamentos cuxo destino sexa vivenda
están exentos de IVE e de retención).

1.800,00 (621) Arrendamentos e canons


378,00 (472) H.P. IVE soportado
(4751) H.P. acredora por retencións
a practicadas 342,00
19%/1.800,00 por ser local de negocio
a (572) Bancos c/c
(1.800,00+378,00-342,00) 1.836,00

Ex. 15. A factura do transporte dunha venda, ascende a 85,00 €. Págase en efectivo. (IVE 21%)

85,00 (624) Transportes


17,85 (472) H.P. IVE soportado
a (570) Caixa, euros 102,85

Ex. 16. A prima do seguro contra incendios é de 1.250,00 €


(As primas de seguro están exentas de IVE)

1.250,00 (625) Primas de seguros


a (410) Acredores por prest de serviz 1.250,00

Ex. 17. Compra mercadorías a crédito por 250,00 €. O provedor carga en factura 20,00 € por
gastos de transporte e 15,00 de seguro. (IVE 21%)
(Neste caso aplícase IVE sobre o gasto por seguro que nos carga o provedor porque forma
parte do prezo que nos cobra o provedor).

285,00 (600) Compras de mercadorías


(250,00+20,00+15,00)
59,85 (472) H.P. IVE soportado
21%/285,00 a (400) Provedores 344,85

Ex. 18. O banco cárgalle 8,00 € por comisións bancarias dunha xestión de cobro. (IVE 21%)

8,00 (626) Servizos bancarios e similares


1,68 (472) H.P. IVE soportado
a (572) Bancos c/c 9,68

páx. 10
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

Ex. 19. Por unha campaña de publicidade factúrannos 650,00 €. A operación efectúase a
crédito. (IVE 21%)

650,00 (627) Pub prop e relación públicas


136,50 (472) H.P. IVE soportado
a (410) Acredores por prest de serviz 786,50

Ex. 20. A factura do teléfono ascende a 65,00 €. (IVE 21%)

65,00 (629) Outros servizos


13,65 (472) H.P. IVE soportado
a (410) Acredores por prest de serviz 78,65

Ex. 21. A factura da luz ascende a 89,00 €. (IVE 21%)

89,00 (628) Subministracións


18,69 (472) H.P. IVE soportado a (410) Acredores por prest de serviz 107,69

Ex. 22. No banco cárganlle a factura da luz.

107,69 (410) Acredores por prest de serviz


a (572) Bancos c/c 107,69

Ex. 23. No banco cárganlle a factura do teléfono.

78,65 (410) Acredores por prest de serviz


a (572) Bancos c/c 78,65

Ex. 24. A empresa encárgalle a un laboratorio un traballo de investigación. O importe que nos
facturan é de 1.350,00 €. (IVE 21%)

1.350,00 (620) Gtos en inv e des del exercicio


283,50 (472) H.P. IVE soportado
a (410) Acredores por prest de serviz 1.633,50

2.4. TRIBUTOS

630. Imposto sobre beneficios


Importe do imposto sobre beneficios devindicado (devengado) no exercicio.

631. Outros tributos


Importe dos tributos dos que a empresa é contribuínte e non teñan asento específico
noutras contas deste subgrupo ou na conta 477.
páx. 11
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

Ex. 25. O Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) pagado por banco é de 126,89 €

126,89 (631) Outros tributos


a (572) Bancos c/c 126,89

Ex. 26. O pago a conta do Imposto sobre Beneficios é de 823,00 € pagados por banco.

823,00 (473) H.P. retencións e pagos a conta


a (572) Bancos c/c 823,00

Ex. 27. A empresa obtivo un beneficio antes de impostos de 8.400,00 €. Tipo impositivo
25%. Rexistrar o imposto (tendo en conta o pago a conta).

2.100,00 (630) Imposto sobre beneficios


25%/8.400,00 a (473) H.P. retencións e pagos a conta 823,00
(4752) H.P. acredora por impto sobre
a sdades 1.277,00

NOTA: os impostos non teñen IVE

2.5. GASTOS DE PERSOAL

Inclúense no subgrupo 64 as retribucións ao persoal, calquera que sexa a forma ou o concepto


polo que se satisfán, cotas da S.S. a cargo da empresa e os demais gastos de carácter social.

Non todo o valor do salario é pago pola empresa ao traballador, senón que parte retenllo para
pagar á Facenda Pública o IRPF e á S.S. as cotas que lle corresponde pagar ao traballador.
Desta maneira, a empresa convértese en substituto do contribuínte, tendo a obrigación de
pagar a estes organismos as cantidades retidas.

640. Soldos e salarios


Remuneracións fixas e eventuais ao persoal da empresa.

641. Indemnizacións
Cantidades que se entregan ao persoal da empresa para resarcirlles dun dano ou
prexuízo. Indemnizacións por despedimento e xubilacións anticipadas.

642. Seguridade social a cargo da empresa


Cotas da empresa a favor dos organismos da S.S. polas diversas prestacións que estes
realizan.

649. Outros gastos sociais


Gastos de natureza social realizados en cumprimento dunha disposición legal ou
voluntariamente pola empresa. Cítanse, a título indicativo, as subvencións a economatos
páx. 12
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

e comedores; sostemento de escolas e institucións de formación profesional; bolsas para


estudo; primas por contratos de seguros sobre a vida, accidentes, enfermidade, etc.,
excepto as cotas da Seguridade Social.

Ex.28. A Barraca S.A. abonou por banco aos seus empregados a nómina deste mes que
presenta o seguinte detalle:

Soldo íntegro......................... 6.325,10


S.S. cota patronal.................... 1.455,00
S.S. cota obreira...................... 316,25
Retención por IRPF................. 750,00

6.325,10 (640) Soldos e salarios


1.455,00 (642) Seg soc a cargo da empresa
a (476) Org da Seg soc, acredores 1.771,25
(1.455,00+316,25)
(4751) H.P. acredora por retencións
a practicadas 750,00
a (572) Bancos c/c 5.258,85

Ex. 29. A empresa abónalle por transferencia bancaria a un traballador 12.500,00 € en


concepto de xubilación anticipada.

12.500,00 (641) Indemnizacións


a (570) Bancos c/c 12.500,00

Ex. 30. As bolsas de estudo a traballadores ascenden a 950,00 €. Abonadas por banco.

950,00 (649) Outros gastos sociais


a (572) Bancos c/c 950,00

Ex. 31. A prima anual do seguro de accidentes dos traballadores ten un importe de 947,00 €.
Paga a través de banco.

947,00 (649) Outros gastos sociais


a (572) Bancos c/c 947,00

Ex. 32. Paga por banco a débeda coa Seguridade Social (do ex. 28).

1.771,25 (476) Org da Seg soc, acredores


a (572) Bancos c/c 1.771,25

Ex. 33. Paga por banco a débeda con Facenda (do ex. 28).

(4751) H.P. acredora por retencións


750,00 practicadas a (572) Bancos c/c 750,00

páx. 13
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

Ex. 34. A empresa anticípalle a un traballador 1.100,00 € a través de transferencia bancaria.

1.100,00 (460) Anticipo de remuneracións


a (572) Bancos c/c 1.100,00

Ex. 35. A empresa concédelle a un traballador un préstamo de 1.500,00 que lle ingresa na súa
coa corrente. A devolver en 10 meses con pagos iguais a descontar da nómina.

1.500,00 (544) Créditos a c/p ao persoal


a (572) Bancos c/c 1.500,00

Ex. 36. A empresa abona as nóminas por banco, aplica o anticipo, desconta a cota de
amortización do préstamo e deixa pendente de pago 2.000,00 €.

Soldo íntegro......................... 6.225,10


S.S. cota patronal.................... 1.355,00
S.S. cota obreira...................... 300,25
Retención por IRPF................. 730,00

6.225,10 (640) Soldos e salarios


1.355,00 (642) Seg soc a cargo da empresa
a (476) Org da Seg soc, acredores 1.655,25
(1.355,00+300,25)
(4751) H.P. acredora por retencións
a practicadas 730,00
a (460) Anticipo de remuneracións 1.100,00
a (465) Remuneracións ptes de pago 2.000,00
a (544) Créditos a c/p ao persoal 150,00
a (572) Bancos c/c 1.944,85

NOTA: non hai IVE en ningunha destas operacións de persoal.

2.6. OUTROS GASTOS DE XESTIÓN

650. Perdas de créditos comerciais incobrables


Perdas por deterioro en insolvencias firmes de clientes e debedores do grupo 4.

(O seu funcionamento aparece no apartado 6.5.- As provisións por operacións


comerciais da unidade CF01. O plan xeral de contabilidade. Aplicacións
informáticas).

páx. 14
CONTABILIDADE E FISCALIDADE CF01: 01 O proceso contable por operacións comerciais

659. Outras perdas en xestión corrente


As que tendo esta natureza, non figuran en contas anteriores.
En particular, reflectirá a regularización anual de utensilios (utillaje) e ferramentas.

Ex. 37. A empresa compra utensilios por 6.300,00 €. (IVE 21%). Concédenlle 60 días para
pagar.

6.300,00 (214) Utensilios


1.323,00 (472) H.P. IVE soportado
a (523) Provedores de inmobilizado a c/p 7.623,00

Ex. 38. A empresa realiza un reconto físico dos utensilios a 31/12/XX e detecta que se
perderon elementos por valor de 90,00 €.

(659) Outras perdas en xestión


90,00 corrente
a (214) Utensilios 90,00

páx. 15

Você também pode gostar