Você está na página 1de 5

Laura Núñez Pardo 4º ESO B

COMPROMETIDOS: O LEGADO DA SEGUNDA


GUERRA MUNDIAL
Laura Núñez Pardo 4ºB 7/2/2023

ÍNDICE

Pax. 195 Exercicio 20 2

O Dereito Internacional Humanitario: 2


● Busca información e explica que é o Dereito Internacional Humanitario e cando xurdiu.
2
● Os malos tratos a prisioneiros de guerra e os xenocidios son delitos estipulados como
crimenes de guerra. Coñeces algún caso de xenocidio que ocorrese na Idade
Contemporánea, ademáis do Holocausto? 2
● Investiga o que é a Corte Penal Internacional de Haia e cando se creou. 2

Pax. 195 Exercicio 21 3

A ONU: 3
● Para que naceu a ONU se xa existía a Sociedade de Nacións? 3
● Cumpre actualmente esta organización a mesma función para a que foi creada? 3
● Investiga quen é o Secretario Xeral da ONU e como se financia esta institución. 3
● Entra na web das Nacións Unidas e explica o significado que ten o emblema desta
organización internacional. 4

WEBGRAFÍA 4

1
Laura Núñez Pardo 4ºB 7/2/2023

TEMA 7: A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

COMPROMETIDOS: O legado da II Guerra Mundial:

Pax. 195 Exercicio 20


O Dereito Internacional Humanitario:

● Busca información e explica que é o Dereito Internacional


Humanitario e cando xurdiu.

É un conxunto de normas que tratan de limitar os efectos dos conflictos armados.


Protexe ás persoas que non participan ou que xa non participan nos combates e
limita os medios e métodos de facer a guerra. Tamén é coñecido como o “dereito da
guerra”.
Considérase que 1864 e cando xorde este dereito, porque é o ano no que se asina
o Convenio de Xenebra do 22 de agosto 1864, para mellorar a sorte dos militares
feridos dos exércitos. Este convenio sentou as bases do Dereito Internacional
Humanitario.

● Os malos tratos a prisioneiros de guerra e os xenocidios son


delitos estipulados como crimenes de guerra. Coñeces algún caso
de xenocidio que ocorrese na Idade Contemporánea, ademáis do
Holocausto?

Houbo varios, pero os máis notorios foron os producidos durante o réxime


comunista na URSS.
Coa fin de eliminar aos granxeiros e agricultores que non apoiaban os procesos de
expropiación e para debilitar un posible movemento nacionalista ucraniano, Stalin
fixo que a situación de fame e escaseza fora a peor, endurecendo as condicions das
granxas , cerrando as fronteiras e creando brigadas que entraban nas casas e
levábanse o alimento. Este suceso coñecese como Holodomor, que sucedeu entre
1932 e 1934 e provocou a morte de 4 millóns de persoas.

● Investiga o que é a Corte Penal Internacional de Haia e cando se


creou.

É un tribunal de xustiza internacional cuxa sede está en Haia, países Baixos. A súa
función é xulgar ás persoas acusadas de crímenes de guerra, xenocidio, agresión e
pouca humanidade.
Creouse en xullo de 1998, tras unha Conferencia Diplomática de plenipotenciarios
das Nacions Unidas sobre o establecemento dunha Corte Penal Internacional,
celebrada en Roma

2
Laura Núñez Pardo 4ºB 7/2/2023

Pax. 195 Exercicio 21


A ONU:

● Para que naceu a ONU se xa existía a Sociedade de Nacións?

Ao comprobar que a Sociedade de Nacións non cumplira co seu cometido, que era
evitar conflitos entre países que puideran levar a unha nova guerra, posto que non
evitara a Segunda Guerra Mundial, decidiron facer algo. Así, 51 países
comprometéronse a manter a paz e a seguridade internacional, mellorar o nivel de
vida e os Dereitos Humanos.

● Cumpre actualmente esta organización a mesma función para a


que foi creada?

A misión principal desta organización cando foi creada foi manter a paz no mundo.
Agora segue cumprindo con esa misión, pero engadiu algunhas más. Como por
exemplo: promover e protexer os dereitos humanos, coordinar as operacións de
socorro frente a crises humanitarias, aprobar misións de paz , impoñer sancións a
quen incumplen os dereitos humanos, usar a forza se existe unha ameaza contra a
seguridade internacional, promover o desarrolo sostible…

● Investiga quen é o Secretario Xeral da ONU e como se financia


esta institución.

O actual Secretario das Nacións Unidas (ONU), noveno ocupante do cargo, é


Antonio Guterres, de Portugal . Asumiu o cargo o 1 de xaneiro de 2017. O 18 de
xuño de 2021, Guterres, foi reelixido Secretario Xeral para un segundo mandato.
O presuposto ordinario da ONU financiase con contribucións obligatorias e é
aprobado na Asamblea Xeral. A Comisión Xeral de Asuntos Administrativos é a
encargada de establecer que porcentaxe do presuposto total debe aportar cada
Estado membro en función da súa riqueza. Ademáis do presuposto xeral , a ONU
xestiona dous máis: o das misións de mantemento da paz e o dos tribunais penales
internacionais.

● Entra na web das Nacións Unidas e explica o significado que ten o


emblema desta organización internacional.

Este emblema consiste nun mapa do mundo que representa unha proxección
centrada no Polo Norte, inscrita nunha coroa que son unhas ramas de olivo
cruzadas douradas, sobre un fondo celeste e a superficie hidrográfica en blanco.

3
Laura Núñez Pardo 4ºB 7/2/2023

Inclúe cinco círculos concéntricos. Escolleuse a cor azul porque simboliza a paz, en
oposición ao vermello que se relaciona coa guerra. Tamen é un símbolo cunha
aspiración, xa qyue apela as esperanzas e os soños pola paz e a unidade das
persoas en todo o mundo.

WEBGRAFÍA

dih.es.pdf (icrc.org)
CEDIH - EL DERECHO INTERNACIONAL HUMANITARIO - Cruz Roja
Los genocidios más terribles y sanguinarios del siglo XX (muyinteresante.es)
https://es.wikipedia.org/wiki/Corte_Penal_Internacional#Historia
Organización de las Naciones Unidas (ONU) | Cancillería (cancilleria.gov.co)
La Organización | Naciones Unidas
¿Cómo se financia la ONU? - El Orden Mundial - EOM
¿Para qué sirve la ONU? Funciones de Naciones Unidas (ayudaenaccion.org)
El emblema y la bandera de las Naciones Unidas | Naciones Unidas

Você também pode gostar